{"id":29161,"date":"2016-12-03T12:33:45","date_gmt":"2016-12-03T10:33:45","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29161"},"modified":"2016-12-03T12:33:45","modified_gmt":"2016-12-03T10:33:45","slug":"a-cultura-do-codigo-en-galicia-21","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/12\/03\/a-cultura-do-codigo-en-galicia-21\/","title":{"rendered":"A cultura do c\u00f3digo en Galicia 21"},"content":{"rendered":"<p>Grazas ao amable convite de David Miranda Barreiro e Mart\u00edn Veiga, os editores do <em>Galicia 21. Journal of contemporary studies<\/em> -unha publicaci\u00f3n de referencia para os estudos galegos a nivel internacional- publiquei un artigo invitado no que fago unha reflexi\u00f3n sobre o futuro da lingua e cultura galega nas redes. Creo que estas reflexi\u00f3ns son moi importantes para pensarmos, entre todos, como afrontar os desaf\u00edos de Internet e como afectan a unha cultura e lingua minorizadas como son a nosa. <\/p>\n<p>Ch\u00e1mame moito a atenci\u00f3n que durante o nacemento de Internet hab\u00eda certa preocupaci\u00f3n na comunidade acad\u00e9mica e intelectual galega sobre o impacto das novas tecnolox\u00edas na nosa situaci\u00f3n cultura. Esta preocupaci\u00f3n derivou en acci\u00f3ns, en activismo, pero tam\u00e9n en reflexi\u00f3ns publicadas. \u00c9 chamativo que nos \u00faltimos anos Internet deixara de ser un campo de atenci\u00f3n importante para os estudos galegos, e dispo\u00f1amos de moi poucas reflexi\u00f3ns en voz alta que pensen sobre que desaf\u00edos, problemas, ameazas e oportunidades nos ofrece a medio e longo prazo. <\/p>\n<p>O meu artigo <em>A cultura do c\u00f3digo. Retos para a identidade galega na \u00e9poca dos algoritmos<\/em> vai neste sentido. \u00c9 unha reflexi\u00f3n ao redor dunha Internet que xa \u00e9 moi diferente da de finais dos 90, moi baseada nas redes sociais, a nube, o <em>big data<\/em> e os algoritmos de predici\u00f3n de gustos e intereses. No artigo expreso a mi\u00f1a preocupaci\u00f3n porque a cultura da computaci\u00f3n asociada \u00e1 elaboraci\u00f3n destes algoritmos que rexen boa parte da nosa experiencia dixital (a\u00ednda que non sexamos conscientes) desprezan a longa cola de usos, gustos e personalidades diversas e minoritarias en favor de grandes tendencias. Xa que logo, a \u00fanica posibilidade que temos para que a nosa lingua e culturas te\u00f1an algunha representatividade neste contexto vai estar baseada non s\u00f3 no ser, no estar, sen\u00f3n sobre todo nunha vontade activa de facer, de definir unha comunidade e as s\u00faas zonas de visibilidade. A nova Internet tennos que convertir a todos en activistas, a\u00ednda que nun novo tipo de activismo. No artigo denuncio que, debido \u00e1 separaci\u00f3n entre letras e ciencias, boa parte dos problemas xenerados por estes cambios en Internet non son apreciados ou tidos en conta como relevantes pola comunidade: non se ven, non se perciben, non se analizan criticamente. O novo activisimo cultural galego debera incorporar moito m\u00e1is -como as\u00ed foi ao principio de internet- a unha cultura cient\u00edfica capaz de interpretar estas ameazas, ou transformaci\u00f3ns, e formulalas en voz alta para que sexan comprendidas e se poida actuar. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.galicia21journal.org\/F\/pdf\/Galicia21_F_07_Gago.pdf\">Podes descargar o artigo aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O futuro da lingua e cultura galegas na rede en Galicia 21. Journal of contemporary studies. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/12\/03\/a-cultura-do-codigo-en-galicia-21\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A cultura do c\u00f3digo en Galicia 21<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29162,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[],"class_list":["post-29161","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29161","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29161"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29161\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29163,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29161\/revisions\/29163"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29162"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29161"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29161"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29161"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}