{"id":29024,"date":"2016-08-31T19:01:39","date_gmt":"2016-08-31T17:01:39","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29024"},"modified":"2016-08-31T19:10:12","modified_gmt":"2016-08-31T17:10:12","slug":"irlanda-ideas-sobre-a-masificacion-do-turismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/08\/31\/irlanda-ideas-sobre-a-masificacion-do-turismo\/","title":{"rendered":"Irlanda: ideas sobre a masificaci\u00f3n do turismo"},"content":{"rendered":"<p><em>Foto: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Este ver\u00e1n tiven a oportunidade de co\u00f1ecer un pouqui\u00f1o de Irlanda. Para min este \u00e9 un asunto especial: te\u00f1o unha relaci\u00f3n animosa, cultural e mesmo pol\u00edtica moi especial con esta illa, pero nunca a pisara. As\u00ed que esta foi unha primeira toma de contacto cun espazo que durante moito tempo foi imaxinado, lido, aprendido, pero non sentido cos nosos sentidos. <\/p>\n<p>F\u00edxome pensar moito, moit\u00edsimo. Porque as proximidades entre Galicia e Irlanda que me chamaron a atenci\u00f3n non son exactamente as derivadas da nosa vella conexi\u00f3n cultural c\u00e9ltica, sen\u00f3n aquelas que te\u00f1en que ver m\u00e1is ben coa nosa situaci\u00f3n actual no mundo. Pa\u00edses perif\u00e9ricos, dependentes dunha gran metr\u00f3pole pr\u00f3xima a n\u00f3s que leva os nosos fillos de mellor talento, atrapados entre a s\u00faa vella identidade e o futuro. Aprend\u00edn moito en Irlanda, e moito a\u00ednda o estou reciclando. Estes d\u00edas irei publicando cr\u00f3nicas coa finalidade de presentarvos os sitios nos que estiven (moitos t\u00f3picos, alg\u00fans desco\u00f1ecidos e fascinantes) porque realmente paga a pena visitar o pa\u00eds e a li\u00f1a que conecta directamente Santiago de Compostela con Dubl\u00edn \u00e9 un aut\u00e9ntico luxo que hai que aproveitar mentres a te\u00f1an. <\/p>\n<p>Si quer\u00eda dicir un par de cousas antes de comezar estes posts. Irlanda \u00e9 un modelo de \u00e9xito no caso do turismo. Que nunha illa cun ver\u00e1n desapacible, temperaturas de 19\u00ba-20\u00ba, gastronom\u00eda paup\u00e9rrima, chuviscadas continuas e cidades bastante pobres no que \u00e9 arquitectura e cultura te\u00f1a todos os visitantes que te\u00f1an, \u00e9 algo para pensar. Porque examinei todo o que Irlanda ofrec\u00eda con moito detalle, e aqu\u00ed v\u00e9n unha historia que non \u00e9 c\u00f3moda de contar. <\/p>\n<p>O caso de \u00e9xito de Irlanda ten que ver co ingl\u00e9s, en gran medida, e coa ocupaci\u00f3n de &#8220;lugar primixenio&#8221; que ten Irlanda para moit\u00edsima da comunidade norteamericana. Os irlandeses non contan as s\u00faas historias mellor do que n\u00f3s as contamos. Moitas veces fano peor, de maneira confusa. Pero est\u00e1n en ingl\u00e9s, falan todos en ingl\u00e9s e chegan a un p\u00fablico angloparlante. Algunhas das historias irlandesas participan da gran f\u00e1brica de entretemento audiovisual norteamericano, a\u00ednda que reflicten t\u00f3picos, \u00e1s veces odiosos ou aburridos para os irlandeses. Pero chegan a ese mercado americano que volve a Irlanda porque Irlanda ocupa unha necesidade para os Estados Unidos. Pero \u00e1s veces a visi\u00f3n que dan de Irlanda nas pel\u00edculas americanas \u00e9 como cando n\u00f3s vemos algunha serie infame do Cami\u00f1o de Santiago en Antena 3 ou en Televisi\u00f3n Espa\u00f1ola e nos levamos as mans \u00e1 cabeza. A cuesti\u00f3n importante a\u00ed \u00e9 o mercado de recepci\u00f3n, os americanos. <\/p>\n<p>Pero ese \u00e9xito tur\u00edstico de Irlanda debe facernos reflexionar, tam\u00e9n, sobre o que n\u00f3s queremos para Galicia. E po\u00f1o un caso. Visitamos Monasterboice, un dos antigos sitios altomedievais do val do Boyne. Aqueles mosteiros son, sobre todo, virtuais. Hai algunha ru\u00edna dunha capela posterior ao mosteiro medieval, a m\u00edtica torre redonda e un cruceiro ou dous. \u00c9 dicir, aire. Neste caso, aire nun lugar hoxe usado como camposanto pola comunidade local. <\/p>\n<p>Ben, pois era s\u00e1bado. E vela\u00ed estaban as familias traballando con agarimo na limpeza das tumbas dos seus, como podemos ver en Galicia. Aquelas mulleres fal\u00e1bannos con serenidade dos seus netos, vi\u00favos, irm\u00e1ns mortos. E naquel sinxelo cementerio, humilde, coas tumbas todas apreixadas entre elas como en calquera adro galego, de s\u00fapeto chegaban excursi\u00f3ns e excursi\u00f3ns de turistas a ver o cruceiro. Ench\u00edan aquel lugar ata facelo intransitable para os veci\u00f1os, miraban o cruceiro sen entender nada durante cinco minutos e marchaban ao seguinte lugar. Duascentas ou trescentas persoas no adro dunha igrexa rural vendo un cruceiro! Neste caso a proximidade cultural cos irlandeses e o seu camposanto fac\u00edame sentir como un local, non como un turista. Sent\u00edame eu tam\u00e9n agredido por aquela marabunta. Os irlandeses, resignados coma n\u00f3s, saben que os turistas traen cartos. Pero non lles fac\u00eda nin graza. <\/p>\n<p>E a\u00ed decateime dunha cousa. \u00c9 isto o que queremos para Galicia? Definitivamente non. Porque Irlanda nos ensina cousas moi importantes: como foi un pa\u00eds pobre coma o noso, Irlanda non est\u00e1 edificada en clave imperial. Florencia, Par\u00eds, Londres, Roma, son cidades constru\u00eddas para &#8220;impactar&#8221; a masas xa a priori, por iso aturan as animaladas de visitantes que aturan. O poder creou escenarios para glorificarse, e a glorificaci\u00f3n sempre precisa masas. <\/p>\n<p>Pero ag\u00e1s tres ou catro sitios (a r\u00faa O&#8217;Connell de Dubl\u00edn ou o Trinity College), Irlanda \u00e9 un espazo pensado para pequenas comunidades rurais. A masificaci\u00f3n do turismo europeo destr\u00fae literalmente o encanto dos mesmos lugares. Porque non \u00e9 o mesmo que estean trescentas persoas na praza do Obradoiro (un espazo &#8220;imperial&#8221;) que se de s\u00fapeto metemos esas trescentas persoas a visitar unha igrexi\u00f1a do rom\u00e1nico rural de Taboada. Nese sentido, a sensaci\u00f3n de desbordamento deses lugares pequenos en escala -e grandes en significados- de Irlanda pareceume horrorosa. Toda esa xente \u00eda ver ese cruceiro, esas ru\u00ednas dunha hermida (s\u00f3 catro paredes sen decoraci\u00f3n) ou esa pedrafita pola potente historia que lles transmitiu a industria do entretemento, pero non creo que foran quen de comprender todo o que ese lugar transmite, porque son necesarias circunstancias que este turista non pode vivir (tempo, exploraci\u00f3n do espazo inmediato, falar cos paisanos) e que \u00e9 o que outorga o poderoso sentido ao territorio irland\u00e9s (ou o galego). <\/p>\n<p>En fin, pensei m\u00e1is cousas pero xa volas irei contando. Nos vindeiros d\u00edas e pouco a pouco, para divertirmos viaxando por Irlanda. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha viaxe a Irlanda al\u00e9rtame sobre a masificaci\u00f3n tur\u00edstica no rural. \u00c9 iso o que queremos?<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/08\/31\/irlanda-ideas-sobre-a-masificacion-do-turismo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Irlanda: ideas sobre a masificaci\u00f3n do turismo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29025,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[70,8],"tags":[],"class_list":["post-29024","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-irlanda","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29024","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29024"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29024\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29030,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29024\/revisions\/29030"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29025"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29024"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29024"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29024"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}