{"id":29011,"date":"2016-08-01T19:26:13","date_gmt":"2016-08-01T17:26:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=29011"},"modified":"2016-08-01T19:26:13","modified_gmt":"2016-08-01T17:26:13","slug":"iniciamos-a-recuperacion-do-muro-de-medeiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/08\/01\/iniciamos-a-recuperacion-do-muro-de-medeiros\/","title":{"rendered":"Iniciamos a recuperaci\u00f3n do Muro de Medeiros"},"content":{"rendered":"<p><em>Ilustraci\u00f3n de Manel Cr\u00e1neo<\/em><\/p>\n<p>Pres\u00e9ntovos o proxecto do <a href=\"http:\/\/murodemedeiros.net\">Muro de Medeiros<\/a>, unha das iniciativas arqueol\u00f3xicas m\u00e1is fascinantes nos que participo. Levamos varios meses traballando no sitio de vagar e xa podemos comezar a facer p\u00fablico este proxecto que ir\u00e1 cristalizando, se todo vai ben, nos vindeiros anos. Tr\u00e1tase de recuperaci\u00f3n, investigaci\u00f3n e musealizaci\u00f3n do Muro da Cidade de Medeiros, un impo\u00f1ente castro ubicado en Monterrei, nas proximidades de Medeiros -unha das aldeas m\u00e1is grandes de Galicia- que se atopa nunhas excelentes condici\u00f3ns de conservaci\u00f3n. <\/p>\n<p>O proxecto est\u00e1 promovido polo Concello de Monterrei, grazas ao apoio da comunidade de montes de Medeiros, e patrocinado pola adega Mara Moura, do grupo Mart\u00edn C\u00f3dax, que produce un dos vi\u00f1os m\u00e1is vendidos da D.O., e que agora crea unha marca espec\u00edfica vinculada ao xacemento arqueol\u00f3xico: Mara Moura (logo expl\u00edcovos m\u00e1is en detalle). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/murodemedeiros.net\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/castro_caminho.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Para comezar, xa podedes disfrutar da primeira fase do proxecto: despois de varias d\u00e9cadas tupido e case inaccesible, a croa do Muro de Medeiros xa \u00e9 accesible de novo a trav\u00e9s dun simple paseo que permitir\u00e1 apreciar a incrible envergadura das murallas do xacemento arquel\u00f3xico: unha fortificaci\u00f3n cunha fase de ocupaci\u00f3n clara da Idade do Ferro e con moitas inc\u00f3gnitas abertas. <\/p>\n<p>Entre elas, a existencia de m\u00e1is de vintecinco lagares rupestres na ladeira do castro, nun contorno dunha enorme densidade cultural con xacementos de diferentes \u00e9pocas. Nesta primeira fase 2016, o obxectivo ser\u00e1 a\u00ednda limpar moita m\u00e1is superficie que a croa, para co\u00f1ecer exactamente o n\u00famero de lagares rupestres e estruturas arqueol\u00f3xicas. En ulteriores campa\u00f1as, a investigaci\u00f3n achegarase a determinar a cronolox\u00eda de ocupaci\u00f3n do castro, a s\u00faa extensi\u00f3n, pero tam\u00e9n a relaci\u00f3n entre este espazo arqueol\u00f3xico e o cultivo e explotaci\u00f3n do vi\u00f1o. Aqu\u00ed, en Medeiros, d\u00e1se unha confluencia moi especial entre paisaxe, arqueolox\u00eda, agricultura e cultura. <a href=\"http:\/\/www.murodemedeiros.net\">Podes consultar todo sobre o proxecto no noso web<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/profile.php?id=581701788679320&#038;fref=ts\">no Facebook<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/murodemedeiros.net\/wp-content\/uploads\/2016\/07\/med_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Nos anos 50 don Manuel Taboada Chivite excavou no Muro de Medeiros e grazas a el temos un importante material de primeira man para comezar a explorar o xacemento do castro. Grazas a el co\u00f1ecimos o mellor resume desa confluencia entre arqueolox\u00eda, sociedade tradicional, agricultura e cultura que te\u00f1o visto en moito tempo: a lenda da Moura de Medeiros, unha moura que en agradecemento \u00e1 hospitalidade dos veci\u00f1os, agas\u00e1llales coa pranta do vi\u00f1o para sempre. Esta lenda, a dunha moura agasallando con \u00e9xito aos veci\u00f1os cunha pranta \u00e9 excepcional, rem\u00edtenos a vellas historias de deuses ao longo de todo o mundo. <\/p>\n<p>A partir de a\u00ed constr\u00faese esta ilustraci\u00f3n preciosa de Manel Cr\u00e1neo que vedes na cabeceira. Unha ilustraci\u00f3n que alude a ese momento m\u00edtico, a un momento sen cronolox\u00eda. Un dos obxectivos do proxecto ser\u00e1 tentar achegarnos \u00e1 cronolox\u00eda deses lagares rupestres e, xa que logo, das orixes do vi\u00f1o en Monterrei. <\/p>\n<p>As\u00ed que este proxecto \u00e9 un so\u00f1o por moitos motivos. En primeiro lugar, por tentar desenvolver un concepto de museo ao aire libre con calma e modestia que axude a promover a mellora econ\u00f3mica da zona, pero tam\u00e9n que recupere a relaci\u00f3n inmemorial da comunidade de Medeiros con este espazo singular, moi conectado \u00e1s s\u00faas vidas. Pero tam\u00e9n por explorar as relaci\u00f3ns entre marketing, empresa privada e patrimonio cultural en Galicia, onde este proxecto \u00e9 moi importante e pioneiro para futuras acci\u00f3ns con m\u00e1is empresas e marcas. Mara Moura xa leva na s\u00faa etiqueta, difund\u00edndose por toda Galicia, a lenda da Moura e o nome de Medeiros por toda Galicia e o estranxeiro. E iso \u00e9 algo \u00fanico e marabilloso. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/visitantes_medeiros.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Primeiros visitantes do Muro de Medeiros<\/em><\/p>\n<p>Quero agradecer os meus compa\u00f1eiros neste viaxe. Ao Concello de Monterrei e ao seu alcalde, por ter a visi\u00f3n e decatarse da relevancia do proxecto, e po\u00f1erse inmediatamente con el. A Luis Paad\u00edn, un dos grandes sumilleres do pa\u00eds, que confiou en n\u00f3s para desenvolver a parte de comunicaci\u00f3n e ciencia deste proxecto, a Mara Moura pola s\u00faa confianza e pola ilusi\u00f3n que lle puxeron a este desenvolvemento, a Carlos Otero, o director arqueol\u00f3xico, pola s\u00faa seriedade e rigor no traballo, a Bruno P. R\u00faa, porque est\u00e1 elaborando <a href=\"http:\/\/murodemedeiros.net\/atlas-cultural-do-castro\/\">ese incrible Atlas que podedes consultar aqu\u00ed<\/a>, no que documentaremos a tradici\u00f3n oral de cada cent\u00edmetro da \u00e1rea do castro.<\/p>\n<p>Este ser\u00e1 un proxecto que se levar\u00e1 con tempo, baseado nos criterios da arqueolox\u00eda en comunidade e p\u00fablica, no que se ir\u00e1 avanzando de vagar, pero ano tras ano, documentando e publicando toda a informaci\u00f3n sobre o lugar. Entrementres, xa o <a href=\"http:\/\/murodemedeiros.net\/a-visita\/\">podedes visitar e disfrutar<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha importante experiencia de divulgaci\u00f3n e colaboraci\u00f3n entre comunidade, concello e empresa en Monterrei.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/08\/01\/iniciamos-a-recuperacion-do-muro-de-medeiros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Iniciamos a recuperaci\u00f3n do Muro de Medeiros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":29012,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-29011","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29011","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=29011"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29011\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":29014,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/29011\/revisions\/29014"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/29012"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=29011"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=29011"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=29011"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}