{"id":28891,"date":"2016-05-16T21:05:29","date_gmt":"2016-05-16T19:05:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28891"},"modified":"2016-05-16T21:08:23","modified_gmt":"2016-05-16T19:08:23","slug":"serj-o-mesmo-que-fago-eu-nas-minas-cancions-vino-en-o-anxo-negro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/05\/16\/serj-o-mesmo-que-fago-eu-nas-minas-cancions-vino-en-o-anxo-negro\/","title":{"rendered":"Serj: \u201cO mesmo que fago eu nas mi\u00f1as canci\u00f3ns vino en O Anxo Negro\u201d"},"content":{"rendered":"<p><strong>Con trinta e tres anos, <a href=\"http:\/\/www.serj.es\">Serj<\/a> \u00e9 un notable m\u00fasico da Costa da Morte. O seu \u00faltimo \u00e1lbum \u00e9 Velaiv\u00e9n, e est\u00e1 inmerso na composici\u00f3n dunha nova e prometedora \u00f3pera rock. Compuxo a banda sonora do proxecto audiovisual baseado en <em>O Anxo Negro<\/em> e nesta entrevista c\u00f3ntanos a s\u00faa  visi\u00f3n da m\u00fasica e a de compo\u00f1er sobre unha novela. Porque diso trata o seguinte desaf\u00edo de <em>O Anxo Negro<\/em>, antes da s\u00faa presentaci\u00f3n oficial. Ser\u00eda posible facer non un booktrailer do libro, sen\u00f3n un trailer dun filme sobre a novela? Como ser\u00eda, que contar\u00eda? Ma\u00f1\u00e1 martes 17 pola noite, D\u00eda das Letras Galegas, os suscritores de <em>O Anxo Negro <\/em>recibir\u00e1n en primicia este trailer dunha versi\u00f3n cinematogr\u00e1fica posible da novela, un experimento audiovisual a cargo de Sole Felloza que non vos deixar\u00e1 indiferentes [<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/oanxonegro\">clicka aqu\u00ed para subscribirte<\/a>]. E, para o resto, distribuirase o m\u00e9rcores pola ma\u00f1\u00e1. <\/strong><\/p>\n<p><strong>Como empezaches na m\u00fasica?<\/strong><br \/>\nCando era pequeno, deb\u00eda ter oito ou nove anos, era un neno regordete. Hab\u00eda unha clase de gaita na aldea do lado e meus pais apunt\u00e1ronme para que fora en bicicleta e as\u00ed adelgazara. As\u00ed foi! Da man dun profe de gaita chamado Suso Baamonde. <\/p>\n<p><strong>Es dunha zona na que a m\u00fasica tradicional segue moi viva. <\/strong><br \/>\nPasamos por un momento de auxe a finais dos 90 co boom de Carlos N\u00fa\u00f1ez. S\u00e9guese mantendo algo, hai moitas asociaci\u00f3ns de nenos e nenas, a Carballeira de Zas, pero todo o boom do folk xa non \u00e9 o que era. <\/p>\n<p><strong>Que outras influencias tes?<\/strong><br \/>\nDesde o folk, m\u00fasica \u00e9tnica, tradicional, rock progresivo, pop\u2026 Todo o que sexa m\u00fasica e transmita emoci\u00f3ns. \u00c9 importante esta batalla entre o cerebro e a emoci\u00f3n. Hai moitos m\u00fasicos que se sinten obrigados a facer m\u00fasica para m\u00fasicos, pero o importante \u00e9 transmitir emoci\u00f3ns, con independencia do x\u00e9nero. Todo o que cae nos meus o\u00eddos esc\u00f3itoo con moita paix\u00f3n. Por iso lamento tanto o que est\u00e1 a pasar hoxe coa m\u00fasica. Grupos moi b\u00f3s con moi pouca visibilidade. <\/p>\n<p><strong>A Costa da Morte m\u00e1rcache moito na m\u00fasica. <\/strong><br \/>\nEu entendo que calquera persoa que fai un produto art\u00edstico, sempre botas parte de ti e ti formas parte dun contorno inmediato. O clima pode condicionar moito a maneira de ser non s\u00f3 a nivel individual sen\u00f3n tam\u00e9n social. N\u00f3s vivimos nun sitio que marca car\u00e1cter polo clima, polo orograf\u00eda, pola cultura e a sociedade. <\/p>\n<p><strong> En <em>Velaiv\u00e9n<\/em> vin un m\u00fasico de moito talento, pero tam\u00e9n que andaba \u00e1 busca do seu propio estilo. <\/strong><br \/>\nTotalmente. Non \u00e9 tanto unha busca dun estilo sen\u00f3n unha maneira de expresarse. Non busco un estilo propio, pero dado que pertenzo \u00e1 Costa da Morte e te\u00f1o as mi\u00f1as experiencias propias, iso n\u00f3tase. Fl\u00fao da maneira que me sae. <\/p>\n<p><strong>Ch\u00e1mame a atenci\u00f3n de que as t\u00faas canci\u00f3ns, no seu desenvolvemento, son pouco previsibles. <\/strong><br \/>\nQuero que o o\u00ednte mante\u00f1a o interese, pero iso \u00e9 renunciar a cousas. A unha persoa non iniciada p\u00f3delle custar un chisco porque non \u00e9 previsible. Tento manter o interese polo que est\u00e1 sonando, e de que maneira se consigue iso? D\u00e1ndolle riqueza estrutural, harm\u00f3nica, e cambiando as estruturas. <\/p>\n<p><strong>E a que renuncias?<\/strong><br \/>\nA moito p\u00fablico, a ese que se deixa seducir polo primeiro que lle chega aos o\u00eddos. <\/p>\n<p><strong>Non te cortas un pelo en denuncias sociais. <\/strong><br \/>\nCando falas de temas tan delicados como a situaci\u00f3n pol\u00edtica e social, a m\u00fasica non deixa de ser un divertimento.  Eu admiro moito a moitos cantautores. Un artista ten que reflectir o que vive e denunciar o que sexa preciso. Ti mira, John Lennon cando estaba nos Beatles as s\u00faas canci\u00f3ns foron un boom, pero na s\u00faa segunda etapa Lennon cambiou a s\u00faa m\u00fasica e as canci\u00f3ns comezaron a ter unha profundidade bestial, como Imagine\u2026Creo que unha vez que fas unha canci\u00f3n debes transmitir algo con ela. <\/p>\n<p><strong>Que parte de m\u00fasico es individual e que parte \u00e9 grupo?<\/strong><br \/>\nEu fago canci\u00f3ns, fago todos os instrumentos e logo rod\u00e9ame de m\u00fasicos incribles como a xente que me acompa\u00f1a agora, para os directos. <\/p>\n<p><strong>Est\u00e1s preparando disco novo?<\/strong><br \/>\nSi , e non ten nada que ver co anterior. Vai ser un disco bastante conceptual, unha \u00f3pera rock. \u00c9 un disco con catro actos, con tres temas cada acto. Creo que vai sorprender. A idea fundamental  \u00e9 unha muller que sae da s\u00faa zona de confort: isto quere dicir a s\u00faa parella, o seu traballo\u2026esta muller emprende unha viaxe que se vai volcando en cada canci\u00f3n. Aqu\u00ed xogamos coa linguaxe, e queremos crear unha atm\u00f3sfera en cada canci\u00f3n que te transporte. <\/p>\n<p><strong>Como afrontaches o compo\u00f1er a banda sonora dunha novela como <em>O Anxo Negro<\/em>?<br \/>\n<\/strong>Pois con moita emoci\u00f3n ao ser unha das primeiras persoas en lela. Con moito entusiasmo, traballando para un libro desa calidade narrativa, tan entretido, que me tivo en vilo durante uns d\u00edas. Foi un enorme desaf\u00edo, porque estamos falando dun tema longo para apoiar unha experiencia audiovisual que espero que se convirta en filme alg\u00fan d\u00eda. Foi desafiante e gratificante ao mesmo tempo e \u00e9 curioso o que pasa que, cando un ten toda a liberdade do mundo para crear \u00e1s veces tes unha sensaci\u00f3n de vertixe. Sen embargo, cando a t\u00faa creatividade se restrinxe, \u00e9 como unha inxecci\u00f3n\u2026<\/p>\n<p><strong>Se tiveras que escoller unha personaxe do libro\u2026<\/strong><br \/>\nHome, \u00e1 mi\u00f1a avoa de pequena cham\u00e1moslle Mam\u00e1 Lilita, e na novela hai unha personaxe importante chamada Mam\u00e1 Sula. O mesmo que fago eu coas canci\u00f3ns vino tam\u00e9n en O Anxo Negro, porque xogas con diferentes momentos temporais e ambientaci\u00f3ns. O momento da Guerra Civil resultoume moi emocionante\u2026e os malos enc\u00e1ntanme, sobre todo Servando!<\/p>\n<p><em>Foto: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Falamos co m\u00fasico que compuxo a banda sonora da versi\u00f3n audiovisual de O Anxo Negro.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/05\/16\/serj-o-mesmo-que-fago-eu-nas-minas-cancions-vino-en-o-anxo-negro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Serj: \u201cO mesmo que fago eu nas mi\u00f1as canci\u00f3ns vino en O Anxo Negro\u201d<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28892,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,12,69],"tags":[],"class_list":["post-28891","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-libros","category-o-anxo-negro","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28891","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28891"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28891\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28897,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28891\/revisions\/28897"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28892"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28891"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28891"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28891"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}