{"id":28885,"date":"2016-05-14T12:25:57","date_gmt":"2016-05-14T10:25:57","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28885"},"modified":"2016-05-14T12:27:19","modified_gmt":"2016-05-14T10:27:19","slug":"usc360-un-documental-en-realidade-inmersiva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/05\/14\/usc360-un-documental-en-realidade-inmersiva\/","title":{"rendered":"#usc360: un documental en realidade inmersiva"},"content":{"rendered":"<p>Unha das moitas cousas que pasaron esta semana foi moi importante e non quero que pase o tempo e non quede constancia, ou non a poidades disfrutar, porque se fixo para iso. Unha das materias que imparto na licenciatura de Xornalismo \u00e9 Novos Formatos e Produtos para a Rede,  pertence a cuarto da carreira. Eu considero que cuarto \u00e9 un ano que debe estar moi conectado con realidades que o alumno se vai atopar f\u00f3ra da Facultade inmediatamente, ou que lle permitan prospectar transformaci\u00f3ns no negocio da comunicaci\u00f3n e nas tecnolox\u00edas que se empregan, co\u00f1ec\u00e9ndoas de primeira man. <\/p>\n<p>As\u00ed que este ano estivemos mergullados nun proxecto moi interesante: o proxecto #usc360. Trat\u00e1base de realizar v\u00eddeos inmersivos en 360\u00ba describindo actividades realizadas na Universidade de Santiago de Compostela, non necesariamente acad\u00e9micas. Fixemos a presentaci\u00f3n este pasado xoves na Facultade de CC. da Comunicaci\u00f3n e creo que \u00e9 unha das primeiras experiencias deste tipo en Galicia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/gafasusc.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A xente que se instale uns cascos poder\u00e1 entrar nun concerto, facer unha visita guiada polos espazos hist\u00f3ricos da Universidade, correr nas pistas de atletismo, trepar por un roc\u00f3dromo ou co\u00f1ecer de primeira man tecnolox\u00eda industrial. <a href=\"http:\/\/www.novosmedios.gal\/usc360\">O proxecto pod\u00e9delo ver aqu\u00ed<\/a>, e aqu\u00ed tedes os catro v\u00eddeos. <\/p>\n<p>Para visualizalos en 360\u00ba debedes facelo en Google Chrome ou, moito m\u00e1is recomendable, cunhas gafas Google Cardboard e uns cascos. As\u00ed teredes unha experiencia inmersiva completa. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/si1DWJBDMZM\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/2EsM7zjRd7Q\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/my2unZX-nbE\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/i1a2KxzWPOc\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>A experiencia foi moi interesante porque detr\u00e1s dela subxace unha nova perspectiva da narrativa audiovisual, que se engadir\u00e1 \u00e1 que xa co\u00f1ecemos. \u00c9 moi diferente concebir unha linguaxe audiovisual para v\u00eddeos 360\u00ba que para un formato bidimensional. A propia concepci\u00f3n do produto se transforma de maneira radical, e aspectos como a edici\u00f3n, a linguaxe de planos, ten que ser totalmente redefinida. Hai determinadas dimensi\u00f3ns destes produtos que nos van aproximar moito m\u00e1is \u00e1 linguaxe esc\u00e9nica e teatral nos seus prantexamentos, e aspectos minusvalorados na actualidade que cobrar\u00e1n nova vida, como a dimensi\u00f3n espacial do audio. Nun documental 360\u00ba, o espazo \u00e9 unha variable compositiva m\u00e1is do relato, e iso obr\u00edganos a facer unha produci\u00f3n previa m\u00e1is exhaustiva e a compo\u00f1er as escenas atendendo a un punto de vista m\u00f3bil do usuario. En resumo, un reto alucinante desde o punto de vista narrativo. <\/p>\n<p>Non sei se isto \u00e9 unha febre tecnol\u00f3xica m\u00e1is ou se a realidade inmersiva chegar\u00e1 para quedarse. De principio, \u00e9 moi disruptiva con respecto aos h\u00e1bitos actuais do usuario, cada vez m\u00e1is acostumado a consumir relatos 2D acompa\u00f1ados dunha segunda pantalla na que interact\u00faan. Esta xeraci\u00f3n e as vindeiras non permitir\u00e1n solucionar esta multiatenci\u00f3n. Que un usuario asuma estar metido noutro lugar durante un n\u00famero variable de minutos ser\u00e1 algo que s\u00f3 decidir\u00e1 en moi poucas ocasi\u00f3ns, e cando considere xustificada esa &#8220;inmersi\u00f3n&#8221;. Cales son os factores da toma de decisi\u00f3n do usuario ser\u00e1 algo que haber\u00e1 que descubrir no futuro. <\/p>\n<p>Simplemente agradecer o traballo e a ilusi\u00f3n prestada polos meus alumnos neste proxecto. Foi marabilloso traballar con eles. Sempre defendo que a mocidade \u00e9 ouro, e este proxecto \u00e9 unha boa mostra diso. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Presento cos meus alumnos unha experiencia en realidade inmersiva 360\u00ba<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/05\/14\/usc360-un-documental-en-realidade-inmersiva\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">#usc360: un documental en realidade inmersiva<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28886,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,6,39],"tags":[],"class_list":["post-28885","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-tendencias-en-deseno","category-divulgacion-cientifica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28885","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28885"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28885\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28890,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28885\/revisions\/28890"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28886"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28885"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28885"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28885"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}