{"id":28868,"date":"2016-04-25T08:26:14","date_gmt":"2016-04-25T06:26:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28868"},"modified":"2016-04-25T10:08:31","modified_gmt":"2016-04-25T08:08:31","slug":"galicia-100-un-gran-proxecto-para-contar-a-cultura-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/04\/25\/galicia-100-un-gran-proxecto-para-contar-a-cultura-galega\/","title":{"rendered":"Galicia 100: un gran proxecto para contar a cultura galega"},"content":{"rendered":"<p>Hai dous anos que desde o Consello da Cultura Galega comezamos a constru\u00edr este gran proxecto que agora comezamos a difundir. <em>Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura<\/em> \u00e9 un enorme proxecto de divulgaci\u00f3n cultural que busca contar Galicia e a s\u00faa cultura a partir de cen obxectos do noso pasado, desde o Paleol\u00edtico Inferior ata os anos 90 do s\u00e9culo XX. 100 obxectos escollidos como un exercicio de di\u00e1logo co noso pasado, nos que coexisten vizosas e grandes xoias con humildes pezas etnogr\u00e1ficas, obxectos &#8216;fetiche&#8217; vinculados a momentos hist\u00f3ricos moi concretos con outros dunha dilatada presenza, uso e funci\u00f3n. A clave \u00e9 a capacidade de di\u00e1logo deses obxectos connosco e &#8216;entre eles&#8217;, como unha maneira de facernos pensar sobre a nosa herdanza cultural pero tam\u00e9n sobre como nos axudan estes obxectos do pasado a interpretar o presente desde a s\u00faa distancia de s\u00e9culos. <\/p>\n<p>Galicia 100 nace no ronsel de importantes proxectos nomeadamente do mundo anglosax\u00f3n, como <em>A History of the World in 100 objects<\/em>, do Museo Brit\u00e1nico, <em>Ireland in 100 objects<\/em>, promovido polo Goberno irland\u00e9s e redactado por Fintan O&#8217;Toole ou <em>101 Objects that made America<\/em>, promovido nos Estados Unidos polo Smithsonian Institute. A gran diferencia entre estes pa\u00edses \u00e9 o noso \u00e9 a existencia en todos eles dun Museo Nacional que no seu momento creou un imaxinario moble, un imaxinario dos grandes e pequenos obxectos; en Galicia ese imaxinario a penas existe (si en cambio haino do patrimonio inmoble) e ese foi un dos aspectos m\u00e1is interesantes nos que traballar. Neste sentido, como comisario do proxecto, non te\u00f1o m\u00e1is que palabras de agradecemento para o Consello Asesor de expertos, encabezado por Ram\u00f3n Villares, para os meus compa\u00f1eiros de traballo no CCG e para Roc\u00edo Figueroa, a coordinadora, por todo o traballo e ilusi\u00f3n que botaron nesta idea, as\u00ed como ao dese\u00f1ador da mostra, Pepe Barro. <\/p>\n<p>Galicia 100 \u00e9 e ser\u00e1 moit\u00edsimas cousas. En colaboraci\u00f3n con Afundaci\u00f3n, o 10 de maio inauguraremos na r\u00faa do Vilar, na sede desa entidade, unha importante exposici\u00f3n que conter\u00e1 boa parte das pezas seleccionadas (algunhas, debido \u00e1 s\u00faa fraxilidade e volume non se puideron traer) que logo itinerar\u00e1 \u00e1 Coru\u00f1a e Vigo. \u00c9 un ambicioso cat\u00e1logo que vos sorprender\u00e1, dun marcado ton divulgativo, con informaci\u00f3n sobre cada unha das pezas. \u00c9 todo un proxecto dixital interactivo asociado, cunha app con toda a informaci\u00f3n e un modo &#8216;visita guiada \u00e1 expo&#8217;, unha web e varios desenvolvementos t\u00e9cnicos importantes, como recreaci\u00f3ns 3D de varios dos obxectos, dos que obtuvimos unha copia detallad\u00edsima para o futuro e para a s\u00faa divulgaci\u00f3n, e estes marabillosos v\u00eddeos cos que queremos contarvos que \u00e9 para n\u00f3s Galicia 100. Neles, a xente de I DO visual, dirixida por Fran X. Rodr\u00edguez, transmitiu o que n\u00f3s pediamos: como en <em>Galicia 100<\/em> os obxectos cobran vida. Neste caso, o sartego de Fern\u00e1n P\u00e9rez de Andrade. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"853\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/nCPm10RWFCM\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Nos vindeiros d\u00edas veredes m\u00e1is animaci\u00f3ns marabillosas e a partir de hoxe no programa cultural Zigzag da Televisi\u00f3n de Galicia ir\u00e9mosvos presentando quince das pezas da nosa escolma. E nas vindeiras semanas teredes m\u00e1is detalle deste proxecto no que botamos alma, ilusi\u00f3n e t\u00e9cnica para achegar a cultura e a Historia de Galicia a todos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un gran proxecto expositivo e divulgativo para explorar o pasado e a cultura de Galicia.  <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/04\/25\/galicia-100-un-gran-proxecto-para-contar-a-cultura-galega\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Galicia 100: un gran proxecto para contar a cultura galega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28869,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39,34],"tags":[],"class_list":["post-28868","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","category-obxectos-de-cultura","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28868","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28868"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28868\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28875,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28868\/revisions\/28875"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28869"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28868"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28868"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28868"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}