{"id":28836,"date":"2016-04-13T21:34:19","date_gmt":"2016-04-13T19:34:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28836"},"modified":"2016-04-14T08:19:32","modified_gmt":"2016-04-14T06:19:32","slug":"historia-das-historias-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/04\/13\/historia-das-historias-de-galicia\/","title":{"rendered":"Historia das Historias de Galicia"},"content":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas est\u00e1 sa\u00edndo \u00e1s librar\u00edas un libro moi especial no que te\u00f1o a honra de participar: <em><a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/libro.php?id=4258911\">Historia das Historias de Galicia<\/a><\/em>. Editado por Xerais baixo a coordinaci\u00f3n do catedr\u00e1tico de Historia Moderna da USC Isidro Dubert, o libro re\u00fane a unha manchea de especialistas que disertan e debaten ao redor das cuesti\u00f3ns m\u00e1is controvertidas da nosa Historia. Aqu\u00ed vai o texto da contracapa:<\/p>\n<blockquote><p>No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a \u00abdoma e castraci\u00f3n da nobreza\u00bb, a existencia dos S\u00e9culos Escuros, a chegada e instalaci\u00f3n dos catal\u00e1ns, o fusilamento dos M\u00e1rtires de Carral ou o suposto \u00abatraso secular\u00bb de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en funci\u00f3n das distintas conxunturas pol\u00edticas e culturais polas que atravesou o pa\u00eds. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atenci\u00f3n a eses cambios e mudanzas, \u00e1s s\u00faas implicaci\u00f3ns sociais, culturais ou ideol\u00f3xicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de p\u00f3r remedio a este esquecemento, desvelando as\u00ed aspectos pouco co\u00f1ecidos \u2013e mesmo in\u00e9ditos\u2013 do noso pasado colectivo.<\/p><\/blockquote>\n<p>Na n\u00f3mina de autores est\u00e1n profesores como Francisco Gonz\u00e1lez Garc\u00eda, Jos\u00e9 Miguel Andrade Cernadas, Anselmo L\u00f3pez Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo Romero, Mar\u00eda del Carmen Saavedra V\u00e1zquez, Pegerto Saavedra Fern\u00e1ndez, Ram\u00f3n Villares, Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto ou Edelmiro L\u00f3pez Iglesias. O importante traballo de Isidro Dubert foi dese\u00f1ar a partitura sobre os que uns autores dialogan con outros, xuntando diferentes perspectivas sobre os mesmos periodos ou acontecementos. A noticia importante, ao meu ver, \u00e9 que vista en conxunto non parece quedar moito dos enconados debates dos 90: as posturas aproxim\u00e1ronse e enfri\u00e1ronse, ofrecendo un marco moi interesante para dialogar con serenidade sobre temas nos que hai vinte anos parec\u00eda que se \u00eda a vida. <\/p>\n<p>No meu caso, participo co artigo &#8220;Os celtas na cabina do doutor Who: a constante reinvenci\u00f3n dunha realidade&#8221;. O meu texto non pretende ser un texto de historiador, porque eu non son  historiador. Escribo m\u00e1is ben a visi\u00f3n dun analista cultural. Vaia por diante que eu creo no que arque\u00f3logos como Barry Cunnlife ou Alfredo Gonz\u00e1lez Ruibal chaman uns &#8220;celtas de longa duraci\u00f3n&#8221;, \u00e9 dicir, unha secuencia de interacci\u00f3ns no \u00e1mbito atl\u00e1ntico e con outras zonas que vai moito m\u00e1is al\u00e1 da Idade do Ferro e dun car\u00e1cter  \u00fanico, e no que Galicia est\u00e1 profundamente inserida. Creo que o proceso cultural do Atl\u00e1ntico e a s\u00faa relaci\u00f3n co continente e o Mediterr\u00e1neo \u00e9 fascinante e as teses illacionistas ou de influencia excesivamente mediterr\u00e1nea minaron dramaticamente a nosa visi\u00f3n das culturas da Prehistoria. <\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/historia_historias-675x1024.jpg\" alt=\"historia_historias\" width=\"675\" height=\"1024\" class=\"aligncenter size-large wp-image-28837\" srcset=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/historia_historias-675x1024.jpg 675w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/historia_historias-198x300.jpg 198w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/historia_historias-396x600.jpg 396w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/historia_historias-150x228.jpg 150w, https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/historia_historias.jpg 1000w\" sizes=\"auto, (max-width: 675px) 100vw, 675px\" \/><\/p>\n<p>No libro critico, esencialmente, que a discusi\u00f3n sobre os celtas est\u00e1 viciada por numerosos fen\u00f3menos e que \u00e9 unha discusi\u00f3n inconclusa por natureza no \u00e1mbito arqueol\u00f3xico porque os celtas, ou o que entendemos como celtas, son algo que van moito m\u00e1is al\u00e1 da Idade do Ferro e do rexistro arqueol\u00f3xico. Os celtas que hoxe pensamos sucederon moitas veces despois das s\u00faas &#8220;\u00e9pocas&#8221;. \u00c9 dicir, a discusi\u00f3n arqueol\u00f3xica non resolve nada sobre o celtismo porque o que se entende por celtismo incl\u00fae moitas cousas que sucederon ou detectamos despois da Idade do Ferro. O celtismo ten que ver, m\u00e1is ben, cun longo proceso de fermentaci\u00f3n e cambio cultural, lento, que foi modificando os valores da palabra &#8220;celta&#8221; ao longo de s\u00e9culos. <\/p>\n<p>A mi\u00f1a cr\u00edtica \u00e9, m\u00e1is ben, \u00e1 capacidade galaica de desaproveitar posibilidades e de comportarnos como novos ricos, tam\u00e9n en materia de identidades. Eu reivindico un celtismo que non s\u00f3 \u00e9 arqueol\u00f3xico, sen\u00f3n que \u00e9 esencialmente unha ferramenta contempor\u00e1nea para tender necesar\u00edsimas redes en Europa e cos pa\u00edses perif\u00e9ricos do Atl\u00e1ntico cos que nos unen moit\u00edsimas m\u00e1is cousas que o deus Lugh. <\/p>\n<p>Defendo o celtismo como unha v\u00eda de penetraci\u00f3n en mercados importantes para a nosa industria cultural, como un \u00e1mbito de debate sobre multitude de elementos que afectan aos pa\u00edses celtas e que habitualmente non se debaten. Gustamos de quedarnos nos misterios de Santa Br\u00edxida e de San Brand\u00e1n. Falo de enerx\u00edas renovables, caladoiros pesqueiros, hipertensi\u00f3n, alcolismo, despoboamento do rural, linguas minorizadas, competici\u00f3ns n\u00e1uticas, investimento p\u00fablico e privado, reuma, endemismos atl\u00e1nticos, o paso das aves migratorias cara \u00c1frica, a pol\u00edtica de inmigraci\u00f3n dos Estados que acollen estas naci\u00f3ns celtas, o desenvolvemento da sociedade da informaci\u00f3n e da industria cultural, o turismo e os t\u00f3picos rurais, a cr\u00eda de ostra, mexil\u00f3n e navalla, o desenvolvemento auton\u00f3mico destes pa\u00edses en relaci\u00f3n ao Estado central, a tradici\u00f3n oral, o nacionalismo pol\u00edtico, o envellecemento poboacional e a migraci\u00f3n da xente nova, os festivais folk e a relaci\u00f3n entre m\u00fasica tradicional e outros x\u00e9neros, a relaci\u00f3n coas comunidades das nosas di\u00e1sporas americanas, a cobertura 3G e 4G do rural, etc. Non sei se me explico. Os pa\u00edses atl\u00e1nticos, miles de anos despois, seguen a compartir de maneira fascinante trazos sociol\u00f3xicos e culturais actuais, e non s\u00f3 crenzas en difuntos insomnes e fontes sagradas. Como ben sabedes, Lugh e a Tr\u00edada de Matres mola (m\u00f3lame) moito, pero a produci\u00f3n audiovisual ou literaria do s\u00e9culo XXI tam\u00e9n. Esa poderosa etiqueta, esa gran ferramenta identitaria que \u00e9 o celtismo vai moito m\u00e1is al\u00e1 e o mundo celta segue notablemente vivo, transform\u00e1ndose e facendo que ese propio concepto tan ambiguo como \u00e9 o &#8220;celta&#8221;, siga sendo funcional e nos identifique no mundo. <\/p>\n<p>A mi\u00f1a experiencia nos \u00faltimos anos, de viaxes ou de traballos con xente destes pa\u00edses, faime dicilo dun xeito bastante claro: est\u00e1n agardando por n\u00f3s. E mentras, n\u00f3s, estamos a velasvir. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un novo libro no que debatimos sobre as grandes cuesti\u00f3ns da nosa identidade hist\u00f3rica. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/04\/13\/historia-das-historias-de-galicia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Historia das Historias de Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28837,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-28836","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28836","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28836"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28836\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28852,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28836\/revisions\/28852"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28837"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28836"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28836"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28836"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}