{"id":28822,"date":"2016-04-12T08:42:48","date_gmt":"2016-04-12T06:42:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28822"},"modified":"2016-04-12T08:51:24","modified_gmt":"2016-04-12T06:51:24","slug":"a-lata-que-brillaba-unha-historia-oral-do-casco-de-leiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/04\/12\/a-lata-que-brillaba-unha-historia-oral-do-casco-de-leiro\/","title":{"rendered":"A lata que brillaba: un relato oral do casco de Leiro"},"content":{"rendered":"<p>O xoves pasado viv\u00edn un destes momentos que quedan na t\u00faa memoria para toda a vida: emocionante, verdadeiro e digno de imitar por moita xente. En Rianxo homenaxeamos a Jos\u00e9 Vicente Somoza, o descubridor desa marabilla do Bronce Final que \u00e9 o Casco de Leiro, hoxe conservado no Museo de Santo Ant\u00f3n da Coru\u00f1a. O concello de Rianxo decidiu celebrar a pequena xesta deste vello mari\u00f1eiro ao cumpr\u00edrense corenta anos do descubrimento da prodixiosa peza no Curruncho dos Porcos, na ribeira da parroquia de Leiro. Unha conmemoraci\u00f3n non s\u00f3 do achado da peza, sen\u00f3n do gran xesto de Jos\u00e9 Vicente Somoza: entregala \u00e1 Administraci\u00f3n e, deste xeito, garantir o seu disfrute p\u00fablico. <\/p>\n<p>\u00c9 unha aut\u00e9ntica marabilla escoitar do propio Jos\u00e9 Vicente Somoza a historia do descubrimento. \u00c9 unha gozada non s\u00f3 por como se conecta a s\u00faa historia co universo interpretativo dos tesouros en Galicia, sen\u00f3n adem\u00e1is polo fermos\u00edsimo galego de Rianxo, a riqueza oral dunha persoa que ten o seu esquema ling\u00fc\u00edstico na nosa lingua desde o seu nacemento. Podes escoitalo aqu\u00ed (con algunhas interpelaci\u00f3ns aclaratorias -e risas- nosas):<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"100%\" height=\"450\" scrolling=\"no\" frameborder=\"no\" src=\"https:\/\/w.soundcloud.com\/player\/?url=https%3A\/\/api.soundcloud.com\/tracks\/258582799&amp;auto_play=false&amp;hide_related=false&amp;show_comments=true&amp;show_user=true&amp;show_reposts=false&amp;visual=true\"><\/iframe><\/p>\n<p>Trala explicaci\u00f3n de Somoza falou a arque\u00f3loga Bea Comendador, quen describiu brevemente a peza e sinalou todo o que falta de estudar sobre a peza e o seu contexto e contorno, en especial as posibilidades de interpretaci\u00f3n arqueoastron\u00f3mica. Segundo Comendador, a peza pode estar marcando un calendario solilunar, pero ser\u00eda preciso estudala a fondo. Roberto Pena, xefe do Servizo de Arqueolox\u00eda da Xunta de Galicia, explicou a lexislaci\u00f3n auton\u00f3mica e estatal en materia de achados fortu\u00edtos: como se declaran, que compensaci\u00f3ns se poden recibir, que entra dentro e f\u00f3ra desa categor\u00eda&#8230; Pola mi\u00f1a banda, quixen homenaxear non s\u00f3 ao se\u00f1or Somoza, sen\u00f3n a todos os descubridores fortu\u00edtos de tesouros. Avancei unha charla cunha (micro)Historia dos tesouros galegos que a ver se en outono imparto m\u00e1is ampla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/somoza_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Jos\u00e9 Vicente Somoza recibindo unha placa por parte do alcalde e o concelleiro de Patrimonio.<\/em><\/p>\n<p>Simplemente dicir que este tipo de eventos son moi importantes, porque permiten crear unha cultura patrimonial local. A trav\u00e9s do exemplo dos que xa o fixeron, o resto aprendemos modelos de facer as cousas. Oxal\u00e1 m\u00e1is concellos galegos se animen a este tipo de actos: non costan nada e g\u00e1\u00f1ase moito.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escoita de primeira man o divertido relato do achado do casco de Leiro (Rianxo)<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/04\/12\/a-lata-que-brillaba-unha-historia-oral-do-casco-de-leiro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A lata que brillaba: un relato oral do casco de Leiro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28823,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-28822","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28822","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28822"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28822\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28831,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28822\/revisions\/28831"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28823"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28822"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28822"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28822"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}