{"id":28771,"date":"2016-03-23T00:29:57","date_gmt":"2016-03-22T22:29:57","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28771"},"modified":"2016-03-23T00:35:05","modified_gmt":"2016-03-22T22:35:05","slug":"fontan-cando-o-mapa-e-o-mundo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/03\/23\/fontan-cando-o-mapa-e-o-mundo\/","title":{"rendered":"Font\u00e1n: cando o mapa \u00e9 o mundo"},"content":{"rendered":"<p>Disfrutei ben co <em>Font\u00e1n<\/em>, a novela biogr\u00e1fica (Galaxia, 2016) coa que Marcos Calveiro ga\u00f1ou o Premio de Narrativa Breve Repsol. \u00c9 un libro moi do noso tempo, dividido en pequenos cap\u00edtulos nos que a acci\u00f3n vai evolucionando conforme se move a propia vida de Domingo Font\u00e1n, un dos persoeiros m\u00e1is interesantes do s\u00e9culo XIX no noso pa\u00eds. A el deb\u00e9moslle o magn\u00edfico mapa de Galicia, o primeiro mapa cient\u00edfico do pa\u00eds, incriblemente preciso. Hoxe, m\u00e1is dun s\u00e9culo despois, segue a ser v\u00e1lido e eu cons\u00faltoo con moita frecuencia. <\/p>\n<p>Para min o mapa de Font\u00e1n \u00e9 como estes labirintos de area dos monxes zen. Como te\u00f1o a sorte de contar cun bastante a man, cando preciso pensar de maneira creativa ach\u00e9gome ata a el e p\u00e9rdome seguindo aqueles cami\u00f1os que xa non est\u00e1n, ou observando como no seu interior latexa unha Galicia que segue a\u00ed escondida. Deixo levar a cabeza e realmente divago por aqueles cami\u00f1os labir\u00ednticos que son como ese xard\u00edn de pedra xapon\u00e9s. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/libro_fontan_2.jpg\" alt=\"\" align=\"left\"\/>Calveiro m\u00f3vese moi ben no rexistro hist\u00f3rico. A\u00ednda que \u00e9 complicado manter a coherencia cando un libro narra unha vida enteira, e polo tanto ti xa sabes \u00e1 perfecci\u00f3n como vai acabar o asunto, hai un nexo que vincula os diferentes momentos da vida de Font\u00e1n: unha pequena paisaxe da s\u00faa infancia, \u00e1 que el volve mentalmente con frecuencia. Calveiro bota man deste recurso para enfiar unha vida que, polo demais, vai seguindo con bastante fidelidade a partir da documentaci\u00f3n, a\u00ednda que se cadra se enrede bastante na tiran\u00eda dos datos, que ao final s\u00f3 reflicten dunha vida os aspectos m\u00e1is administrativos e burocr\u00e1ticos. Supo\u00f1o que os l\u00edmites entre ficci\u00f3n e realidade son o eterno debate literario e a s\u00faa resoluci\u00f3n un dif\u00edcil equilibrio que acaba sendo unha escolla persoal e, polo tanto, respectable. <em>Font\u00e1n<\/em> ten o grande m\u00e9rito de ser un dos poucos libros que se achega a un cient\u00edfico do XIX desde a nosa literatura, unha porta nova que se abre grazas a Calveiro. O bo oficio do escritor, veterano e novo ao mesmo tempo, consegue adem\u00e1is dotalo de viveza e atractivo para calquera mente minimamente curiosa. Un xeito interesante de achegarse \u00e1 vida dun dos grandes do s\u00e9culo XIX para este pa\u00eds. <\/p>\n<p>Por certo, quen te\u00f1a di\u00f1eiro, <a href=\"http:\/\/www.galantiqua.com\/piezas\/venta-antiguedades-carta-geometrica-domingo-fontan.html\">os amigos de Galantiqua venden unha das poucas Cartas Xeom\u00e9tricas orixinais de Domingo Font\u00e1n que est\u00e1n no mercado<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Marcos Calveiro resolve a vida do insigne xe\u00f3grafo cunha narrativa atractiva e moi did\u00e1ctica. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/03\/23\/fontan-cando-o-mapa-e-o-mundo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Font\u00e1n: cando o mapa \u00e9 o mundo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28772,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-28771","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28771","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28771"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28771\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28779,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28771\/revisions\/28779"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28772"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28771"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28771"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28771"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}