{"id":28767,"date":"2016-03-21T22:54:30","date_gmt":"2016-03-21T20:54:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28767"},"modified":"2016-03-21T22:54:54","modified_gmt":"2016-03-21T20:54:54","slug":"o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-ii-o-petroglifo-agochado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/03\/21\/o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-ii-o-petroglifo-agochado\/","title":{"rendered":"O secreto escondido na Pedra Leirada (II): o petr\u00f3glifo agochado"},"content":{"rendered":"<p>Si, ti\u00f1a que telo escrito antes, como promet\u00edn. Pero a vida vai moi r\u00e1pido e estes meses te\u00f1o o blog a baixo ritmo porque estou preparando cousas de moito alento, que requiren moita atenci\u00f3n, e que agardo que poidades disfrutar comigo nos vindeiros meses. Pero estou, vaia se estou. A\u00ednda que coma os vellos, xa calo m\u00e1is que digo, cando menos ata que remate estes proxectos de longo alcance aos que destino o pouco tempo libre que te\u00f1o. <\/p>\n<p>E agora volvemos \u00e1 Pedra Leirada, na Pobra do Carami\u00f1al. No episodio anterior, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2016\/02\/08\/o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-i-unha-reivindicacion-das-cruces\/\">que te recomendo que refresques se non te acordas ben<\/a>, contabamos que a Pedra Leirada \u00e9 un petr\u00f3glifo cheo de cruces na aba do Monte Curota, cunhas impresionantes vistas sobre a R\u00eda de Arousa. A clave do episodio anterior era que viamos como a Pedra Leirada non estaba soa, sen\u00f3n vinculada a outras pedras que conformaban un conxunto de grandes pened\u00edas con gravados cruciformes, distribu\u00eddas ao redor do cami\u00f1o tradicional de acceso ao monte por parte das aldeas do interior da Pobra. <\/p>\n<p>A revelaci\u00f3n, o achado, o fermoso era que a trav\u00e9s da t\u00e9cnica fotogram\u00e9tica desvelabamos que a pedra ti\u00f1a unha dilatad\u00edsima tradici\u00f3n, conforme \u00e1 elevada densidade de lendas que a rodean. O fascinante era que as cruces estaban distribu\u00eddas pola pedra ao redor de motivos xa inapreciables, pola erosi\u00f3n, a simple vista. Un conxunto de gravados prehist\u00f3ricos conformados alomenos por motivos circulares e un intrigante motivo inspirado neles, pero con volume aplicado. As cruces falaban co vello encanto:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leirada_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pois ben, xa sabedes que onde hai un petr\u00f3glifo prehist\u00f3rico hai m\u00e1is. Lembrei unha pedra que vira de pequeno, cando Miguel e m\u00e1is eu andabamos polo monte e co\u00f1eciamos todos aqueles cami\u00f1os vellos de memoria. A pedra estaba nun fragueiro que se conservaba na mi\u00f1a memoria con tanta precisi\u00f3n que a penas dubidei en metros en localizala de novo despois de vinte anos. Hab\u00eda algo fermoso para min: volver a un lugar no que non retornaches en vinte anos, pero sendo ti un home distinto, e percibindo de maneira distinta todo. E al\u00ed estaba a pedra. Nunha sorte de plataforma natural, exc\u00e9ntrica con respecto a aquel cami\u00f1o da Pedra Leirada pero indubidablemente dentro do mesmo contexto. Un novo petr\u00f3glifo para a Pobra do Carami\u00f1al e unha nova estaci\u00f3n para este interesant\u00edsimo conxunto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canteira_vella_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cham\u00e9moslle Petr\u00f3glifo da Canteira Vella, porque se atopa moi preto da explotaci\u00f3n, xa abandonada hai varias d\u00e9cadas. Se cadra a canteira vella levouse por diante tam\u00e9n algunha outra estaci\u00f3n, pero esta sobreviviu e \u00e9 convencional e cun punto interesante tam\u00e9n. Os lectores de Cap\u00edtulo Cero ou de Herdeiros pola Forza saben do &#8216;mal das p\u00edas&#8217;: esa inmensa paix\u00f3n por visualizar petr\u00f3glifos onde a pedra \u00e9 naturalmente caprichosa. Moitas veces con petr\u00f3glifos as\u00ed mov\u00e9monos en terreos ambiguos, pero neste est\u00e1 clara a intervenci\u00f3n artificial. Hai na comarca outros as\u00ed. Aqu\u00ed o podes ver en tres dimensi\u00f3ns. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/3bc65d3b830a43e0a5d0555b213c2e52\/embed\" frameborder=\"0\" allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"font-size: 13px; font-weight: normal; margin: 5px; color: #4A4A4A;\">\n<p>Iso si, o petr\u00f3glifo, volto a ver vinte anos despois, cobra para min unha nova dimensi\u00f3n. Agora sei que \u00e9 habitual que haxa estaci\u00f3ns de arte rupestre a media altura nas abas dos montes, que mesmo haxa certa especializaci\u00f3n de motivos. Se cadra a Curota mereza unha revisi\u00f3n m\u00e1is ampla e poidamos atopar m\u00e1is sorpresas. Polo de agora, sabemos que este lugar era importante no pasado, o suficiente para ir enchendo de petr\u00f3glifos unha determinada zona do monte. O m\u00e1is fascinante da arqueolox\u00eda e do pasado \u00e9 como este \u00e9 capaz de outorgar, de s\u00fapeto, novos sentidos a un accidente xeogr\u00e1fico como a Curota, que sempre estivo a\u00ed, pero que gardaba moito m\u00e1is do que esperabamos. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/84666\/2016\/03\/petroglifo-da-canteira-vella\/\">Aqu\u00ed tes a localizaci\u00f3n e ficha en patrimoniogalego.net<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>B\u00f3talle unha ollada a estaci\u00f3n de arte rupestre in\u00e9dita da Pobra do Carami\u00f1al. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/03\/21\/o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-ii-o-petroglifo-agochado\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O secreto escondido na Pedra Leirada (II): o petr\u00f3glifo agochado<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28768,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-28767","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28767","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28767"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28767\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28769,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28767\/revisions\/28769"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28768"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28767"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28767"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28767"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}