{"id":28667,"date":"2016-02-08T23:21:52","date_gmt":"2016-02-08T21:21:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28667"},"modified":"2016-02-09T10:40:06","modified_gmt":"2016-02-09T08:40:06","slug":"o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-i-unha-reivindicacion-das-cruces","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/02\/08\/o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-i-unha-reivindicacion-das-cruces\/","title":{"rendered":"O secreto escondido na  Pedra Leirada (I): unha reivindicaci\u00f3n das cruces"},"content":{"rendered":"<p><em>Este post est\u00e1 dedicado a don Domingo Regueira, reivindicador dos petr\u00f3glifos cruciformes do Barbanza. <\/em><\/p>\n<p>Para ir de aventuras non \u00e9 preciso viaxar ao Amazonas. As aventuras son, sobre todo, estados intelectuais. A min g\u00fastame aquelas que significan unha pequena descuberta, que acontecen moi preto de ti, no f\u00edsico, no emocional e no intelectual. <\/p>\n<p>Qu\u00e9rovos falar da Pedra Leirada. Tr\u00e1tase dun penedo -dentro dun gran conxunto de batolitos- que se atopa a media altura na subida a p\u00e9 ao monte da Curota, na Pobra do Carami\u00f1al. Hoxend\u00eda \u00e9 todo unha explotaci\u00f3n forestal -que antes foi canteira- e os vellos e antigos cami\u00f1os dos labregos que sub\u00edan ao monte na procura do imprescindible batume, base para estercar os campos, cruzaban a\u00ed, e ao car\u00f3n da Pedra Leirada atopaban un pequeno chan de acougo. O r\u00edo baixaba pequeno e rebuldeiro ao car\u00f3n. A Pedra Leirada non \u00e9 a m\u00e1is grande das que al\u00ed se atopan, nin a de forma m\u00e1is caprichosa. Pero sen d\u00fabida \u00e9 a m\u00e1is importante. <\/p>\n<p>A Pedra Leirada \u00e9 unha das pedras barbanzonas dos Sete Reinados. Ao cabo deses Sete Reinados, conta a lenda, unha cabra dar\u00e1 unha patada e amosar\u00e1 o tesouro que hai al\u00ed. Unha pedra que pos\u00fae un encanto que agocha un secreto. E unha pedra tan importante que est\u00e1 conectada por un t\u00fanel con outra pedra da outra banda da r\u00eda de Arousa -e isto si que \u00e9 unha lenda estra\u00f1a, xa que os t\u00faneles conectan realidades m\u00e1is pr\u00f3ximas. Era o Encanto o que explicaba as cruces gravadas al\u00ed. <\/p>\n<p>Ao longo de s\u00e9culos, non sabemos cando, as xentes que por ese cami\u00f1o empinado remontaban o monte foron deixando signos cruciformes. Sementados en varias pedras do conxunto, as cruces collen diferentes xeitos. \u00c1s veces parecen case antropomorfos. Outras veces, a s\u00faa peana, ou certo barroquismo, delata a s\u00faa orixe cristi\u00e1. <\/p>\n<p><strong>Unha reivindicaci\u00f3n dos petr\u00f3glifos cruciformes<\/strong><\/p>\n<p>O Barbanza \u00e9 unha terra de petr\u00f3glifos. T\u00e9molos de todos os tipos e cores, pero eu quero reivindicar neste post a forza e o chamado dos que sempre parecen secundarios fronte a fermosos cervos, armas do Bronce e intrigantes espirais, c\u00edrculos e labirintos. \u00c1s cruces sempre as despachamos de maneira r\u00e1pida: marcos de fincas, de coutos, de parroquias. A outra explicaci\u00f3n, tam\u00e9n case mec\u00e1nica, \u00e9 a cristianizaci\u00f3n de lugares anteriores. Que nos poden dicir as evidentes e simplonas cruces cando temos xenetes, alabardas, labirintos e cabalos ao gallope? <\/p>\n<p>Para as d\u00faas hip\u00f3teses, en moitos casos, hai motivos fundados. Parece f\u00f3ra de toda d\u00fabida que moitas cruces marcan territorios de \u00e9poca cristi\u00e1: a\u00ednda hai pouco, no pleito que hai pola praia da Lanzada entre as parroquias do Grove e Sanxenxo, a existencia dunha pedra marco con cruces foi empregada como evidencia legal. Os pleitos est\u00e1n cheos deste tipo de divisi\u00f3ns. A outra das hip\u00f3teses \u00e9 m\u00e1is difusa e intrigante: as cruces ser\u00edan a cristianizaci\u00f3n de espazos pag\u00e1ns. Hai tam\u00e9n petr\u00f3glifos que tam\u00e9n indican claramente este tipo de pr\u00e1cticas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lousado.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este \u00e9, por exemplo, o petr\u00f3glifo de Lousado, en Burgueira. Un m\u00e1is de moitos nos que os gravadores das cruces afan\u00e1ronse en cristianizar como for este fermoso labirinto. <\/p>\n<p>Sen embargo, a mi\u00f1a idea \u00e9 que non debemos esgotar a\u00ed a an\u00e1lise das cruces, porque ao igual que outros tipos de petr\u00f3glifos prop\u00f3\u00f1ennos lecturas e explicaci\u00f3ns ao redor das sociedades que os elaboraron -pensemos, por exemplo, nos fascinantes paneis de armas que est\u00e1n dispersos pola Galicia occidental, sempre frontais, sempre sobre un espazo aberto, ollando para un pequeno val e v\u00eda de comunicaci\u00f3n-, tam\u00e9n os petr\u00f3glifos cruciformes nos contan moito sobre unha sociedade que temos m\u00e1is lonxe. Unha das ideas neste sentido \u00e9, por exemplo, a de relacionar os cruciformes con zonas de tr\u00e1nsito da sociedade tradicional, igual que o facemos cos petr\u00f3glifos prehist\u00f3ricos. No caso da Pedra Leirada, por exemplo, hai v\u00ednculos claros dese tr\u00e1nsito. Pero outra idea moi interesante \u00e9 asociar o cruciforme a alg\u00fan tipo de experiencia relixiosa, ou m\u00e1xica, individual. A\u00ednda hoxe en d\u00eda observamos iso nos santuarios do Deza, onde centos de crentes &#8220;customizan&#8221; as paredes do santuario coas s\u00faas cruces, dun xeito tremendamente semellante \u00e1s acumulaci\u00f3ns de cruces que vemos nalgunhas rochas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cruces_corpinho.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cruces no santuario do Corpi\u00f1o<\/em><\/p>\n<p>Te\u00f1o a percepci\u00f3n de que esta pr\u00e1ctica de relixiosidade popular \u00e9 moi importante para comprender estes petr\u00f3glifos cruciformes, toda vez que misteriosamente a s\u00faa memoria perdeuse en boa parte dos casos. A xente adoita saber onde est\u00e1n as cruces, \u00e1s veces as pedras poden ter asociadas tradici\u00f3n oral, pero ningu\u00e9n explica claramente as cruces. Como se puido perder a memoria desta pr\u00e1ctica? En que medida era unha pr\u00e1ctica colectiva ou unha sucesi\u00f3n de pr\u00e1cticas individuais?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cruces_1946.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Petr\u00f3glifos cruciformes e sistema viario tradicional (1946) na Leirada.<br \/>\n<\/em><br \/>\nPor alg\u00fan motivo non moi explicado, na zona de Pedra Leirada esta pr\u00e1ctica deuse de maneira repetida en diferentes pedras ao car\u00f3n do cami\u00f1o. Dunha banda e doutra da Curota aparecen enormes batolitos que te\u00f1en, nas s\u00faas paredes verticais, repetici\u00f3ns de cruces, \u00e1s veces combinadas con alfabetiformes. Na pedra das Lobeiras, por exemplo, as cruces est\u00e1n ubicadas dunha maneira que evitan a visibilidade, nunha zona recollida, tam\u00e9n nas proximidades dun regato. A ubicaci\u00f3n destes petr\u00f3glifos, vista no seu conxunto, f\u00e1lanos dunha sociedade agraria, fortemente imprantada no seu territorio, que ve o monte como unha fonte de recursos directos e que precisa subir e baixar del coa maior eficiencia e rapidez posible. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mamoas_cruces.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 interesant\u00edsimo comparalo,por exemplo, coa distribuci\u00f3n de m\u00e1moas na zona. As m\u00e1moas conc\u00e9ntranse nas \u00e1reas de desprazamento m\u00e1is a longa distancia, con pendentes m\u00e1is suaves, ideais para trasladar gando dun lugar a outro. <\/p>\n<p><strong>O secreto da Pedra Leirada<\/strong><\/p>\n<p>Tanto no cat\u00e1logo da Xunta como nos poucos traballos que atenderon a este conxunto, como pode ser o de Javier e Jorge Guiti\u00e1n sobre os petr\u00f3glifos do Barbanza, menci\u00f3nase no panel desta pedra a presenza de numerosos cruciformes de diferentes formas, e unicamente cruciformes (desco\u00f1ezo se hai algunha outra referencia que se me escape). O sorprendente \u00e9 que hab\u00eda algo m\u00e1is, moi dif\u00edcil de ver, e que conseguimos observar grazas \u00e1s novas tecnolox\u00edas.<\/p>\n<p>\u00c9 preciso deternos antes no que \u00e9 a propia configuraci\u00f3n do batolito, que \u00e9 do m\u00e1is interesante. Hai varios petr\u00f3glifos con formas cruciformes distribuidos en diferentes laxes, pero hai un panel claramente principal. A diferencia doutros moitos petr\u00f3glifos,que se poden ver desde o chan, desde un cami\u00f1o, desde a perspectiva dun cami\u00f1ante, para ver o panel principal da Pena Leirada hai que acceder deliberadamente. Hai que gabear por varias pedras e subir con coidado ata o alto dunha plataforma natural. Os petr\u00f3glifos est\u00e1n agachados da primeira vista e requiren un esforzo de quen os busca. Unha vez arriba, se non tes vertixe, podes comezar a buscar. O petr\u00f3glifo est\u00e1 moi, moi desgastado, non \u00e9 nada doado ver al\u00ed algo. E, sen d\u00fabida, o primeiro que se ven son cruces. Pero un d\u00eda o meu irm\u00e1n envioume algo. Unhas fotos un pouco confusas, feitas cunha lanterna, pero que falaban de algo m\u00e1is. Aqu\u00ed est\u00e1: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leirada_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leirada_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O petr\u00f3glifo era moito m\u00e1is antigo do que parec\u00eda! En canto puidemos acheg\u00e1monos a el e practicamos unha fotogrametr\u00eda. O que observamos ao xenerar o modelo dixital emocionounos. O relato desta vella pedra, esta pedra que acompa\u00f1ou as horas e os traballos de pastores, labregos e cami\u00f1antes ao longo de s\u00e9culos, era moito m\u00e1is extenso, fermoso e intrigante. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/leirada_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta \u00e9 a historia dun di\u00e1logo entre os petr\u00f3glifos de d\u00faas \u00e9pocas. Camuflado baixo as cruces, moi desgastado, podedes ver na zona alta da pedra un conxunto de catro combinaci\u00f3ns circulares conc\u00e9ntricas. Unha delas, a superior, aproveita o volume natural da rocha para crear unha sensaci\u00f3n de prominencia: f\u00e1lanos de que os nosos devanceiros entend\u00edan estas representaci\u00f3ns en tres dimensi\u00f3ns, e usaban esas tres dimensi\u00f3ns cando pod\u00edan. O fascinante \u00e9 que esa f\u00f3rmula de li\u00f1as conc\u00e9ntricas tam\u00e9n se ocupa na forma que est\u00e1 \u00e1 s\u00faa dereita: vedes unha especie de superficie alongada delimitada por li\u00f1as conc\u00e9ntricas e cunha fila de p\u00edas na zona superior. Iso estanos contando que hab\u00eda un concepto detr\u00e1s dos c\u00edrculos conc\u00e9ntricos que non era necesariamente circular, sen\u00f3n que envolv\u00eda <em>algo<\/em>.<\/p>\n<p>Pero, como digo, o fascinante \u00e9 o di\u00e1logo, a conversa. Eu a isto chamar\u00edalle a evidencia arqueol\u00f3xica dun encanto, porque \u00e9 o que estamos a ver. Fix\u00e1devos ben nas cruces. Fix\u00e1devos en como est\u00e1n dispostas. Non est\u00e1n machacando os c\u00edrculos directamente sobre eles, sen\u00f3n que orbitan, est\u00e1n dispostas ao redor dos c\u00edrculos. \u00c1s veces superpostas, claro, pero outras moitas simplemente ao redor. Non hai un motivo natural para facer isto. As sucesivas cruces gravadas a\u00ed est\u00e1n dialogando cos c\u00edrculos conc\u00e9ntricos, se cadra estean conxurando o encanto que durme en Pedra Leirada. O que vemos nesta humilde pedra, esquencida no medio dunha agresiva explotaci\u00f3n forestal, \u00e9 o encontro de seres humanos ao longo dos s\u00e9culos, un encontro no que os cristi\u00e1ns interpretan e interaccionan cos s\u00edmbolos ancestrais. <\/p>\n<p>Hai unha terceira \u00e9poca nesta historia. E \u00e9 cando a tecnolox\u00eda, por fin, d\u00e1nos ollos para poder captar e entender esa relaci\u00f3n. A pedra escond\u00eda cousas que eran moi dif\u00edciles de entender ata o momento: a existencia arqueol\u00f3xica do encanto. O noso di\u00e1logo coas pedras \u00e9 tan distinto desas outras d\u00edas, pero seguimos a miralas, seguimos a estudalas, e seguimos a fascinarnos. Aqu\u00ed podes explorar ti mesmo Pedra Leirada: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/eecf2d04d53f44d1b40f0ecd83a1cd61\/embed\" frameborder=\"0\" allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n<p style=\"font-size: 13px; font-weight: normal; margin: 5px; color: #4A4A4A;\">\n<p>Por suposto, iso cambiaba a perspectiva sobre Pedra Leirada. Estabamos ent\u00f3n s\u00f3 ante un conxunto de cruciformes en diferentes pedras? Ou poder\u00eda haber algo m\u00e1is? Algo disposto nunha l\u00f3xica precristi\u00e1, pero tam\u00e9n de pastores, de agricultores, de xente que ascend\u00eda ata os amplos e limpos campos do alto do monte? Mir\u00e1rase ben o conxunto de Pedra Leirada?<\/p>\n<p>O vindeiro luns contareivos a segunda parte desta historia. E vaivos sorprender. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/82578\/2016\/02\/pedra-leirada-i\/\">A Pedra Leirada en patrimoniogalego.net<\/a><\/p>\n<p><em>Moitas grazas a Pablen Compostela polo seu consello, e a Sole (fotograf\u00eda), Xurxo e Miguel (primeiras imaxes noturnas). <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha nova lectura dun petr\u00f3glifo perm\u00edtenos ver as trazas arqueol\u00f3xicas dun encanto. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/02\/08\/o-secreto-escondido-na-pedra-leirada-i-unha-reivindicacion-das-cruces\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O secreto escondido na  Pedra Leirada (I): unha reivindicaci\u00f3n das cruces<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28696,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18],"tags":[],"class_list":["post-28667","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28667","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28667"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28667\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28705,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28667\/revisions\/28705"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28696"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28667"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28667"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28667"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}