{"id":28661,"date":"2016-01-23T22:00:25","date_gmt":"2016-01-23T20:00:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28661"},"modified":"2016-01-23T22:04:34","modified_gmt":"2016-01-23T20:04:34","slug":"revisionismo-e-identidade-o-1916-irlandes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/01\/23\/revisionismo-e-identidade-o-1916-irlandes\/","title":{"rendered":"Revisionismo e identidade: o 1916 irland\u00e9s"},"content":{"rendered":"<p>En Irlanda levan uns meses cunha curiosa pol\u00e9mica. Este ano conmem\u00f3rase o centenario do Alzamento de Pascua, un dos acontecementos capitais do proceso de liberaci\u00f3n de Irlanda e que mesmo, historiograficamente, consid\u00e9rase de alg\u00fan xeito o inicio do declive do Imperio Brit\u00e1nico. O Alzamento de Pascua foi un punto e aparte no proceso de loita pola independencia: aconteceu no centro de Dubl\u00edn, remexeu conciencias e acabou con todos os seus l\u00edderes fusilados. A partir dese momento o regueiro de sangue rebelde medrou o seu cauce e d\u00e9ronse os episodios m\u00e1is duros de enfrontamento entre os fenianos e o ex\u00e9rcito brit\u00e1nico. <\/p>\n<p>A pol\u00e9mica veu porque o goberno irland\u00e9s decidiu iniciar o programa conmemorativo (que toca eidos moi diferentes) cun v\u00eddeo absolutamente delirante. Antes de seguir gustar\u00edame que o vexas: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"360\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/en_02HqvNQ8\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>E agora estaraste a preguntar: onde se fala do alzamento? Pois si, unicamente no sitio que o viches. No primeiro segundo da li\u00f1a do tempo inicial. Para calquera irland\u00e9s medianamente sensible este v\u00eddeo \u00e9 unha afrenta. Para os dem\u00e1is, sinxelamente escandaloso. Non s\u00f3 non se lembra aos patriotas que morreron tralo alzamento, sen\u00f3n que adem\u00e1is o v\u00eddeo conv\u00edrtese nun absoluto lamec\u00fas a Inglaterra, coa Ra\u00ed\u00f1a Isabel e David Cameron (David Cameron!) aparecendo no v\u00eddeo, con mensaxes sobre a reconciliaci\u00f3n e a colaboraci\u00f3n. Calquera goberno t\u00edtere dun pa\u00eds invadido ter\u00eda m\u00e1is escr\u00fapulos que os neocons e liberais que dominan nestes momentos o Goberno irland\u00e9s. S\u00f3 lles falta pedir perd\u00f3n por alzarse!!! O esc\u00e1ndalo foi tan grande que o v\u00eddeo desapareceu da <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UC_oWzk_Gr8TPDsWExyVvyzw\">canle oficial gubernamental de Youtube<\/a> coa que conmemoran o centenario. <\/p>\n<p>A pol\u00e9mica non se fixo de esperar. Aqu\u00ed tedes unha <a href=\"https:\/\/innisfree1916.wordpress.com\/2016\/01\/21\/quien-le-teme-a-1916-el-revisionismo-historico-de-la-tecnocracia-neoliberalneocolonial-irlandesa\/\">excelente argumentaci\u00f3n<\/a> ao respecto, que pasa pola seguinte tese. A gravidade deste revisionismo hist\u00f3rico que procura solapar exactamente o que fixeron os rebeldes irlandeses. Hoxend\u00eda, a iso se lle chamar\u00eda -alomenos desde os vencedores- terrorismo. E, sobre todo, os acontecementos de 1916 supo\u00f1en unha perigosa inspiraci\u00f3n: rebeld\u00eda, acci\u00f3n, inconformismo. O goberno irland\u00e9s foi tan torpe que no canto de edulcorar eses termos -como fan todos os neocons astutos- xenerou a m\u00e1is absoluta parodia de si mesmo e da s\u00faa ideolox\u00eda acomodaticia e subornidada a Londres. A Irlanda actual observouse nun espello dram\u00e1tico. <\/p>\n<p>Os v\u00eddeos-resposta foron o seguinte paso. Este que po\u00f1o \u00e9 do Sinn Fein. Ten tam\u00e9n un dubidoso gusto audiovisual, pero \u00e9 un exemplo de como moitos irlandeses enfocaron doutro xeito un centenario que debera dar lugar a unha reflexi\u00f3n profunda sobre a Irlanda actual, a divisi\u00f3n da illa a nivel territorial, a crecente divisi\u00f3n social e o seu rol na Europa actual e a s\u00faa relaci\u00f3n co Reino Unido. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"360\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/2fyZo7DmlGs\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Irlanda levan uns meses cunha curiosa pol\u00e9mica. Este ano conmem\u00f3rase o centenario do Alzamento&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/01\/23\/revisionismo-e-identidade-o-1916-irlandes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Revisionismo e identidade: o 1916 irland\u00e9s<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28662,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14],"tags":[],"class_list":["post-28661","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28661","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28661"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28661\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28666,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28661\/revisions\/28666"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28662"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28661"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28661"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28661"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}