{"id":28481,"date":"2016-01-13T09:31:28","date_gmt":"2016-01-13T07:31:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28481"},"modified":"2016-01-13T09:40:14","modified_gmt":"2016-01-13T07:40:14","slug":"memorias-del-cigarral-emocion-sobre-un-anaco-de-chan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/01\/13\/memorias-del-cigarral-emocion-sobre-un-anaco-de-chan\/","title":{"rendered":"Memorias del Cigarral: emoci\u00f3n sobre un anaco de chan"},"content":{"rendered":"<p>Hai neste libro d\u00faas cousas ben interesantes: a figura do m\u00e9dico Gregorio Mara\u00f1\u00f3n e a memoria dun lugar exacto, no que sucederon cousas concretas. Non \u00e9 un lugar calquera: non \u00e9 unha catedral, un pazo real ou unha praza p\u00fablica. \u00c9 un espazo de intimidade privada, un xard\u00edn rodeado dun muro, un lugar de descanso familiar, e das cousas fermosas e tr\u00e1xicas que sucederon nel ao longo de case cincocentos anos. Gregorio Mara\u00f1\u00f3n Bertr\u00e1n de Lis, neto do c\u00e9lebre m\u00e9dico republicano, d\u00e1 conta neste libro de historias concretas e ponlas familiares e detalla como foi transform\u00e1ndose o Cigarral de Menores, unha propiedade de lecer adquirida polo seu av\u00f3 con s\u00f3 trinta e cinco anos. El adquiriu e procura preservar a finca na filosof\u00eda do seu av\u00f3. <\/p>\n<p>A historia das casas, dos lugares, sempre \u00e9 singular. Todo o que al\u00ed aconteceu, todo o que os humanos falaron e viviron, fica como unha sombra s\u00f3 pendente da memoria, prendida sutilmente con f\u00edos, mesmo as historias m\u00e1is grandes. No Cigarral aconteceu as\u00ed: nese lugar, \u00e1 calor de Gregorio Mara\u00f1\u00f3n congregouse boa parte da intelectualidade da Rep\u00fablica e importantes figuras da ciencia e da cultura europeas. Eran outros tempos e hab\u00eda outro tempo. Al\u00ed fix\u00e9ronse lecturas de grandes obras. A audiencia sent\u00e1base \u00e1 fresca da tarde e o autor proced\u00eda a ler a s\u00faa obra enteira. As\u00ed o fixo Garc\u00eda Lorca con <em>Vodas de sangue<\/em>, e na tradici\u00f3n oral familiar l\u00e9mbrase que ao rematar o circunspecto Mara\u00f1\u00f3n non puido evitar secar as b\u00e1goas da traxedia, ou unha das an\u00e9cdotas m\u00e1is chuscas: cando Unamuno leu o ladrillazo de <em>San Manuel Bueno M\u00e1rtir<\/em>, ao rematar un Lorca desesperado polo tocho tirouse \u00e1 fonte con traxe e todo, ceibando as risas dun auditorio respectuoso. Outra an\u00e9cdota curiosa: contan que un galegu\u00edsimo Valle Incl\u00e1n, cando veu Toledo desde o mirador da finca, o primeiro que dixo foi: &#8220;como chova todo iso dis\u00f3lvese e vaise abaixo&#8221;. Foi o mesmo que dixeron meus pais a primeira vez que viron esa cidade. E non creo que eles e Valle foran os \u00fanicos galegos en pensalo. <\/p>\n<p>G\u00fastanme os libros que nos falan dun sentido de lugar, da significaci\u00f3n que representa un espazo concreto nun conxunto de homes, e no que estes deitan, emocional e sentimentalmente, sobre ese territorio. A idea de propiedade -que \u00e9 vella de vez- non deixa de ser unha idea vana no fondo, nunha pespectiva biol\u00f3xica do ser humano. Ser &#8220;propietario&#8221; de algo est\u00e1 protexido por centos de leis, que xeneran miles de problemas administrativos, xur\u00eddicos, con outros propietarios, pero no fondo non deixa de ser unha ilusi\u00f3n. Cando n\u00f3s chegamos \u00e1 Barcia, descubrimos que en realidade o noso cachi\u00f1o de mundo era tam\u00e9n unha parte mediada do territorio dun mi\u00f1ato, por exemplo, que rex\u00eda con man f\u00e9rrea o lugar e evitaba a presenza de ratos; ou que ese terreo pod\u00eda estar cruzado por varias tra\u00eddas doutros veci\u00f1os, r\u00edos subterr\u00e1neos que simbolicamente pertencen a outros estando na t\u00faa propiedade, a trav\u00e9s de acordos tomados xeraci\u00f3ns atr\u00e1s mediante a palabra que deben ser tan respectados coma os papeis; ou que al\u00ed d\u00e1banse interesantes interacci\u00f3ns entre diferentes tipos de flora, entrecruzando a fraga de Malpica, os r\u00edos Boo e Mao, que preservaban teimudos a s\u00faa pronuncia medieval entre os veci\u00f1os (os r\u00edos, sempre as toponimias m\u00e1is conservadoras do noso pa\u00eds), e as antigas presas humanas convert\u00edanse en fermosas fervenzas falando de como a natureza acaba por reciclar os traballos humanos. Ser propietario \u00e9 van, \u00e9 s\u00f3 imaxinaci\u00f3n: querer un pequeno territorio, pola contra, \u00e9 trasladar o mellor do ser humano, a s\u00faa emoci\u00f3n e as s\u00faas relaci\u00f3ns con outros seres -humanos ou non- a un espazo concreto. <\/p>\n<p>Se un escribe despois sobre isto, e fala con paix\u00f3n dos atardeceres pous\u00e1ndose sobre Toledo, acaba de comporse un libro fermoso que convirte en universal un pequeno territorio \u00edntimo e familiar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai neste libro d\u00faas cousas ben interesantes: a figura do m\u00e9dico Gregorio Mara\u00f1\u00f3n e a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/01\/13\/memorias-del-cigarral-emocion-sobre-un-anaco-de-chan\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Memorias del Cigarral: emoci\u00f3n sobre un anaco de chan<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28482,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-28481","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28481","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28481"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28481\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28489,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28481\/revisions\/28489"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28482"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28481"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28481"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28481"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}