{"id":28441,"date":"2016-01-01T21:01:53","date_gmt":"2016-01-01T19:01:53","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28441"},"modified":"2016-01-01T21:02:32","modified_gmt":"2016-01-01T19:02:32","slug":"o-petroglifo-de-conxo-como-nunca-o-vistes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/01\/01\/o-petroglifo-de-conxo-como-nunca-o-vistes\/","title":{"rendered":"O petr\u00f3glifo de Conxo como nunca o vistes"},"content":{"rendered":"<p>Quer\u00eda facerte este agasallo de primeiros de ano. <\/p>\n<p>Estou aprendendo moito sobre fotogrametr\u00eda. Creo que vai abrir unha nova v\u00eda para poder virtualizar o patrimonio e difundilo. As\u00ed que aproveitando que te\u00f1o esta aut\u00e9ntica marabilla de estaci\u00f3n de arte rupestre preto da casa, fun e realicei este obxecto 3D que agora poderedes disfrutar. Non \u00e9 a primeira vez que se virtualiza o petr\u00f3glifo do Castri\u00f1o de Conxo, e de feito \u00e9 moi recomendable para facer pr\u00e1cticas, xa que ten un acceso doado. O que alterei foi lixeiramente a percepci\u00f3n para &#8220;desvelar&#8221; aquelo que \u00e9 moi d\u00edficil de apreciar sobre a laxe. Esta \u00e9 a marabilla da fotogrametr\u00eda: desvelar o aparentemente oculto e darnos a oportunidade de contemplar os paneis dos petr\u00f3glifos coa s\u00faa superficie, rugosidade, orientaci\u00f3n&#8230;que os calcos en papel non poden ofrecernos. Ollo: a fotogrametr\u00eda non substit\u00fae exactamente ao calco en papel, porque hai detalles que non consegue representar, ou non o fai axeitadamente. Pero \u00e9 outra ferramenta complementaria tanto para investigadores como divulgadores. Como veredes, no caso do petr\u00f3glifo de Conxo a fotogrametr\u00eda \u00e9 especialmente valiosa para observar unha boa parte das representaci\u00f3ns que est\u00e1n na zona alta da rocha, que poden pasar inadvertidas cando se visita presencialmente o conxunto. <\/p>\n<p>Para os que non o co\u00f1ezades, este petr\u00f3glifo \u00e9 unha das grandes xoias desco\u00f1ecidas que temos na cidade. Pasaron gobernos municipais de todas as cores pol\u00edticas, houbo plans de todo tipo&#8230;pero o petr\u00f3glifo segue a ser un gran desco\u00f1ecido, a pesar do innegable valor que ten e o que sorprende -c\u00f3nstame- cando levas visitantes a\u00ed. Esta \u00e9 unha das poucas representaci\u00f3ns de panoplias guerreiras da Idade do Bronce que temos no pa\u00eds. Todas elas est\u00e1n bastante separadas entre si. Aqu\u00ed vas ver pu\u00f1ais, alabardas, espadas, os famosos &#8220;escutiformes&#8221; ou &#8220;estandartes&#8221; que son todo un enigma porque non temos nada similar no rexistro arqueol\u00f3xico&#8230;<\/p>\n<p>Creei no Sketchfab unha minivisita guiada de cinco puntos cos principais elementos do conxunto. Polo emprazamento desta laxe, no borde da croa dun castro, observando unha paisaxe e un cami\u00f1o natural vindo da costa, e pola disposici\u00f3n dos elementos, se cadra foi un lugar especialmente importante para as elites guerreiras de hai miles de anos, durante a Idade do Bronce. Hoxe vas poder velas dun xeito moi pr\u00f3ximo a como se visualizaban hai miles de anos. Disfr\u00fatao.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/sketchfab.com\/models\/828ffae54aef445481556af0237de66b\/embed\" frameborder=\"0\" allowfullscreen mozallowfullscreen=\"true\" webkitallowfullscreen=\"true\" onmousewheel=\"\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A fotogrametr\u00eda rev\u00e9lanos as partes ocultas dunha das representaci\u00f3ns de armas prehist\u00f3ricas m\u00e1is importantes do pa\u00eds. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2016\/01\/01\/o-petroglifo-de-conxo-como-nunca-o-vistes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O petr\u00f3glifo de Conxo como nunca o vistes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28442,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39,18],"tags":[],"class_list":["post-28441","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28441","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28441"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28441\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28444,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28441\/revisions\/28444"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28442"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28441"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28441"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28441"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}