{"id":28424,"date":"2015-12-22T19:41:05","date_gmt":"2015-12-22T17:41:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28424"},"modified":"2015-12-22T20:32:29","modified_gmt":"2015-12-22T18:32:29","slug":"cando-un-castro-agacha-un-templo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/12\/22\/cando-un-castro-agacha-un-templo\/","title":{"rendered":"Cando un castro agacha un templo"},"content":{"rendered":"<p><em><a href=\"http:\/\/culturagalega.gal\/noticia.php?id=25989\">Publicado orixinalmente en culturagalega.gal<\/a> o 22 de decembro de 2015<\/em><\/p>\n<p><strong>O Monte do Facho (H\u00edo, Cangas do Morrazo) tense convertido nun lugar famoso nos \u00faltimos anos polas escavaci\u00f3ns que sacaron \u00e1 luz a existencia dun santuario galaicorromano dedicado ao deus Berobreo fundado a partir do s\u00e9culo III d.C., nun espazo cunhas vistas impresionantes sobre a Costa da Vela. Pero agora sabemos por que o santuario est\u00e1 al\u00ed. Segundo unha nova interpretaci\u00f3n presentada polo arque\u00f3logo Jos\u00e9 Su\u00e1rez, xa trescentos anos antes da fundaci\u00f3n do santuario galaicorromano, todo o castro era un complexo relixioso, con pequenos templos dedicados \u00e1s deidades galaicas e espazos para banquetes rituais.<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p>Un dos aspectos m\u00e1is discutidos e procurados da Idade do Ferro en Galicia \u00e9 a existencia de santuarios e espazos de culto \u00e1s divindades. Malia a existencia de numerosas teor\u00edas, de indicios e dun numeroso rexistro de deuses galaicos testemu\u00f1ados en aras de \u00e9poca romana \u0096case sempre desprazadas do seu desco\u00f1ecido lugar orixinal-, os espazos de culto do tempo dos castros, ao igual que os enterramentos, son esquivos desde o punto de vista arqueol\u00f3xico. As pr\u00e1cticas e as crenzas a penas deixan restos se non hai un templo no que se practiquen. <\/p>\n<p>Pero a nova interpretaci\u00f3n que aporta Jos\u00e9 Su\u00e1rez, arque\u00f3logo escavador do castro do Monte Facho, pode axudar non s\u00f3 a enfocar investigaci\u00f3ns do futuro, sen\u00f3n tam\u00e9n &#8220;a reinterpretar moitas cousas que se atoparon en castros desde hai trinta ou corenta anos, que eran an\u00f3malas e non ti\u00f1an explicaci\u00f3n&#8221;, afirma o especialista. O arque\u00f3logo publicou recentemente <a href=\"https:\/\/www.academia.edu\/19455515\/_Monte_do_Facho_castro_ou_santuario_A_campa\u00f1a_do_2008_e_a_arquitectura_sacra_na_Cultura_Castrexa_\">a s\u00faa interpretaci\u00f3n en Portugalia<\/a>, unha co\u00f1ecida revista acad\u00e9mica portuguesa que homenaxeou no seu \u00faltimo volume ao catedr\u00e1tico de Arqueolox\u00eda da USC Fernando Acu\u00f1a Castroviejo. <\/p>\n<p><strong>Unha longa secuencia cultural<\/strong><br \/>\nPara comprendelo, imos situarnos no Monte Facho. Este importante sitio arqueol\u00f3xico, declarado Ben de Interese Cultural, est\u00e1 ubicado na parroquia de H\u00edo, en Cangas. \u00c9 un lugar cunha dilatada secuencia cultural. &#8220;Comeza cun importante episodio no Bronce final do que a\u00ednda temos poucas noticias, despois est\u00e1 o que pensamos que era un castro e por \u00faltimo o episodio do santuario de \u00e9poca galaicorromana tard\u00eda, entre o s\u00e9culo III e o V. E, por \u00faltimo, o monte foi empregado polo sistema de vixilancia costeira da Coroa Espa\u00f1ola entre os s\u00e9culos XVII e XIX&#8221;, resume Jos\u00e9 Su\u00e1rez. Deste \u00faltimo momento \u00e9 a famosa garita de pedra que est\u00e1 ubicada no cumio do monte, cunhas impresionantes vistas sobre a Costa da Vela, as Illas C\u00edes e o Cabo Home. <\/p>\n<p>O Facho foi escavado inicialmente polo Instituto Arqueol\u00f3xico Alem\u00e1n para estudar un lugar \u00fanico. Unha comunidade galaicorromana fora colocando, na parte m\u00e1is alta do monte, sobre as ru\u00ednas dun antigo castro abandonado trescentos anos antes, unha sorte de &#8220;bosque de aras&#8221;, un conxunto de altares dedicados ao deus Berobreo colocados en terrazas, ollando para o grandioso espect\u00e1culo do mar aberto. Non sabemos moito sobre Berobreo, ag\u00e1s que o seu nome \u00e9 de cerna galaica e que a xente lle ped\u00eda pola s\u00faa sa\u00fade. O concello de Cangas quixo levar a escavaci\u00f3n m\u00e1is al\u00e1, e Jos\u00e9 Su\u00e1rez fixo varias campa\u00f1as de escavaci\u00f3n no castro, ubicado a menor altura que o santuario galaicorromano. Durante os traballos \u00eda detectando anomal\u00edas no rexistro arqueol\u00f3xico, achados que non parec\u00edan corresponderse cos habituais dun castro.<\/p>\n<p>&#8220;A campa\u00f1a do 2008 foi a gota que colmou o vaso&#8221;, sinala Jos\u00e9 Su\u00e1rez, &#8220;ese ano foi o punto de non retorno na interpretaci\u00f3n do santuario. Durante as campa\u00f1as anteriores iamos atopando peculiaridades que nos intrigaban, pero \u00e9 que na campa\u00f1a 2008 o \u00fanico que atopamos foron anomal\u00edas. Elementos que apuntaban a que as estruturas que escavabamos ti\u00f1an unha funci\u00f3n allea ao dom\u00e9stico&#8221;. <\/p>\n<p>Durante esa campa\u00f1a, o equipo de Jos\u00e9 Su\u00e1rez det\u00edvose nunha zona pr\u00f3xima ao cumio do castro. Hab\u00eda catro estruturas ubicadas nunha sorte de aterrazamento, e divididas por un muro doutras. &#8220;O que al\u00ed hab\u00eda ti\u00f1a a apariencia de casas circulares co aparello t\u00edpico do cambio de era, a diferencia doutras zonas do castro nas que hab\u00eda morfolox\u00edas at\u00edpicas&#8221;, indica Jos\u00e9 Su\u00e1rez. A\u00ed acababa o normal e comezaba o an\u00f3malo. &#8220;As estruturas estaban compartimentadas internamente, o cal \u00e9 raro nos castros. Aparec\u00edan outras estruturas de dif\u00edcil explicaci\u00f3n no interior como unhas repisas de forma cadrangular colocadas contra os muros, foxas interiores sen nada dentro que nos indicara o seu uso e algunha delas constru\u00edda antes de facer o chan. E non hab\u00eda fogares, s\u00f3 nun caso unha sorte de lareira de dif\u00edcil explicaci\u00f3n, sen carb\u00f3ns, e asociado a ela o gravado dunha serpe&#8221;, sinala Jos\u00e9 Su\u00e1rez. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/facho_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Vista da pedra co gravado da serpe. Foto: Jos\u00e9 Su\u00e1rez<br \/>\n<\/em><br \/>\n<strong>Os animais de pedra<\/strong><br \/>\nNon era o \u00fanico animal que apareceu nesa terraza. Esa \u00faltima estrutura na que estaba a serpe, ti\u00f1a un cipo no vest\u00edbulo, unha pedra fincada, con dous ollos e unha figuraci\u00f3n da parte traseira cunhas li\u00f1as horizontais. E, no exterior, apareceron o que se co\u00f1ece na pl\u00e1stica castrexa como amarradoiros, pedras talladas para atar animais, unha dela coa figura dun xabar\u00edn. Su\u00e1rez asegura que estas figuras non puideron valer para atar bestas. &#8220;Estatigraficamente aparecen ca\u00eddos da parte de riba das casas, e non ten sentido dispo\u00f1elos a esa altura para facer esa funci\u00f3n. Por outra banda, as casas est\u00e1n tan xuntas que \u00e9 inviable que leves os animais por al\u00ed&#8221;. E hab\u00eda m\u00e1is elementos. Unha das casas ti\u00f1a un betilo, unha pedra c\u00f3nica con finalidades rituais, dunha fonda tradici\u00f3n mediterr\u00e1nea, ancrado na porta da estrutura. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/facho_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nVista dun dos amarradoiros con cabeza de animal. Foto: John Patterson\/Instituto Arqueol\u00f3xico Alem\u00e1n<\/p>\n<p>A estas alturas, Su\u00e1rez xa ti\u00f1a claro con que se atopaba. As estruturas desa terraza &#8220;son templos pequeni\u00f1os dedicados a deidades concretas relacionadas con animais. Un deles asociado a un xabar\u00edn, outro a un carneiro, animais que son habituais no \u00e1mbito castrexo. Nesta campa\u00f1a atop\u00e1monos cunha pl\u00e1stica non naturalista e cunha iconograf\u00eda m\u00e1is complexa de detectar. As repisas s\u00f3 poden ser identificadas como altares ou lugares para colocar ofrendas. Son frecuentes no \u00e1mbito ib\u00e9rico ou no mundo hispano occidental&#8221;. <\/p>\n<p>Todo isto levoulle a Su\u00e1rez a cambiar a visi\u00f3n total do castro. &#8220;Todo o castro est\u00e1 dedicado ao culto&#8221;, afirma, &#8220;con partes diferenciadas no seu interior. Na zona inferior atopamos estruturas de maiores dimensi\u00f3ns que parecen acoller outro tipo de ritos, con m\u00e1is xente e con elementos vinculados \u00e1 comensalidade, aos banquetes rituais. E na zona superior, antes do cumio, estes edificios de culto relacionados con deidades concretas. Por \u00faltimo, no cumio, chama a atenci\u00f3n a ausencia de materiais de \u00e9poca castrexa&#8221;. Este fen\u00f3meno das croas baleiras \u00e9 relativamente habitual no mundo galaico, onde desde Asturias ata o norte de Portugal se atopan castros que te\u00f1en baleira e sen estruturas a zona central, \u00e1s veces delimitada cunha muralla. <\/p>\n<p><strong>Paralelismos<br \/>\n<\/strong>Un castro que parece un lugar para vivir pero que en realidade, \u00e9 un lugar para falar cos deuses. Para Jos\u00e9 Su\u00e1rez, o Facho \u00e9 un espazo con soluci\u00f3ns particulares que pode atopar paralelos con outros sitios pero s\u00f3 de maneira parcial. &#8220;L\u00e9vase especulando desde hai tempo no mundo da Galia coa posibilidade de existencia de oppida (cidades fortificadas) santuario, pero nunca se definiran. No mundo celt\u00edbero temos espazos de culto dentro de grandes asentamentos. Repisas as\u00ed atopamos no mundo ib\u00e9rico, galo, celt\u00edbero. Foxas, tam\u00e9n. A pl\u00e1stica zoomorfa tam\u00e9n, en moitos lugares. Os betilos eas estelas tam\u00e9n existen noutros sitios. Hai confluencias parciais pero non globais&#8221;.<br \/>\nPero malia sinalar a especificidade do Facho, Su\u00e1rez cre que a s\u00faa proposta pode ter un gran valor para a arqueolox\u00eda galega. &#8220;Vai permitir reinterpretar castros escavados hai trinta ou corenta anos, que de aquela xa ti\u00f1an anomal\u00edas pero como estaban mesturadas no espazo dom\u00e9stico ficaban apartadas. Isto vai permitir tam\u00e9n saber no futuro, cando vas traballar, onde te moves, se nun castro convencional ou noutro dedicado ao culto, ou vas poder identificar as zonas de culto nos castros&#8221;. <\/p>\n<p>Unha das consecuencias pr\u00e1cticas do que o arque\u00f3logo prop\u00f3n \u00e9 pensar de novo os chamados amarradoiros, un tipo de obxecto que se atopa con certa frecuencia nos sitios da Idade do Ferro.&#8221;Estes lugares permitir\u00e1n identificar relaci\u00f3ns entre espazos e deidades. Esta reinterpretaci\u00f3n non \u00e9 s\u00f3 estil\u00edstica, sen\u00f3n que nos pode achegar ao mundo da ritualidade e do culto&#8221;. <\/p>\n<p>Ter\u00edan moitos dos castros que hoxe visitamos espazos de culto que non foron ou non puideron ser interpretados como tales? Poder\u00edan ser alg\u00fans destes castros lugares nos que non se viv\u00eda, sen\u00f3n aos que se acud\u00eda a celebrar rituais en momentos determinados? Sabedor das pol\u00e9micas e dos debates que xeneran estas interpretaci\u00f3ns, Su\u00e1rez quere deixar clara a s\u00faa posici\u00f3n. &#8220;Eu fago unha defensa da arqueolox\u00eda da relixi\u00f3n, ou do ritual, desde a perspectiva dos datos concretos e precisos. \u00c9 posible un achegamento a estes \u00e1mbitos complexos e inmateriais a trav\u00e9s da propia arqueolox\u00eda con claves arqueol\u00f3xicas. A min non me doen prendas en reco\u00f1ecer que tardei anos en chegar ata aqu\u00ed. Foi un proceso dif\u00edcil. Pero escavando certa estensi\u00f3n, con coidado e estando aberto a estas posibilidades podes chegar a estas interpretaci\u00f3ns&#8221;. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p> Jos\u00e9 Su\u00e1rez reinterpreta o castro do Monte Facho coma un enorme espazo de culto prerromano<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/12\/22\/cando-un-castro-agacha-un-templo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cando un castro agacha un templo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28427,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-28424","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28424","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28424"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28424\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28431,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28424\/revisions\/28431"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28427"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28424"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28424"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28424"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}