{"id":28321,"date":"2015-11-30T02:16:21","date_gmt":"2015-11-30T00:16:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28321"},"modified":"2015-11-30T21:15:27","modified_gmt":"2015-11-30T19:15:27","slug":"real-vikings-galicia-no-imaxinario-mundial-sobre-os-vikingos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/11\/30\/real-vikings-galicia-no-imaxinario-mundial-sobre-os-vikingos\/","title":{"rendered":"Real Vikings: Galicia no imaxinario mundial sobre os vikingos"},"content":{"rendered":"<p>Non te\u00f1o moito tempo estes d\u00edas para actualizar o blog xa que estou inmerso nun apaixonante proxecto do que a penas vou avanzar uns datos por falta de tempo. Estes d\u00edas, un equipo de Take5 Productions, a empresa canadiense que est\u00e1 a producir a famosa serie hist\u00f3rica <em>Vikings<\/em>, que narra as aventuras de Ragnar Lothbrok e os seus seguidores e familia na conquista de Europa, est\u00e1 en Galicia. \u00c9 unha das series de ficci\u00f3n m\u00e1is exitosas dos \u00faltimos anos a nivel mundial. A produtora est\u00e1 a realizar un documental de acompa\u00f1amento da serie no que se investiga ao redor da realidade e a ficci\u00f3n ao redor da serie. Isto \u00e9, un documental que ser\u00e1 emitido en todo o mundo en paralelo coa cuarta tempada da serie o vindeiro outono de 2016. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A cuarta tempada de <em>Vikings<\/em> narrar\u00e1 as aventuras do fillo de Ragnar na ficci\u00f3n, Bjorn, nos seus raids no sur de Europa: desde Galicia e o Mediterr\u00e1neo. As\u00ed que o documental ir\u00e1 sobre iso: sobre a pegada dos raids vikingos nas costas europeas e incluso mediterr\u00e1neas. Tras longas conversas finalmente a produtora vai dedicar un cap\u00edtulo completo da serie documental a Galicia, emitido a mill\u00f3ns de persoas en todo o mundo. Andamos estes d\u00edas coa filmaci\u00f3n en diferentes puntos do pa\u00eds. Isto \u00e9 importante aclaralo: nos medios publicouse estes d\u00edas (n\u00f3s non dimos esa informaci\u00f3n) que a serie <em>Vikings<\/em> \u00eda gravar en Catoira. Isto \u00e9 certo, pero Catoira s\u00f3 \u00e9 unha parte de toda a historia, que involucra en realidade a toda Galicia, do norte ao sur. O equipo de Take5 est\u00e1\/estamos rodando quince ou dezaseis horas diarias, ao longo da Costa da Morte: Camelle, Arou e Santa Mari\u00f1a, e o seu marabilloso imaxinario oral ao redor da pirater\u00eda e o seu v\u00ednculo coa topograf\u00eda da zona, Carnota co seu conxunto de fortificaci\u00f3ns nobiliares e paisanas da \u00e9poca de Bjorn e posteriores, Catoira e as s\u00faas fortificaci\u00f3ns constru\u00eddas despois e por mor da torrenteira de ataques do s\u00e9culo X, A Mari\u00f1a Lucense co seu bispo santo, loitador especializado contra os vikingos&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Son d\u00edas intensos e fascinantes, pero \u00e9 magn\u00edfico ollar a reacci\u00f3n dos expertos internacionais ante o tesouro patrimonial que preservamos, tanto no imaxinario como nas evidencias materiais. Acompa\u00f1ados dunha das m\u00e1ximas autoridades mundiais en arqueolox\u00eda vikinga, o doutor Neil Price, profesor da Universidade de Uppsala, en Suecia, e a doutora Irene Garc\u00eda, da Universidade de Aberdeen, aseg\u00farovos que \u00e9 impresionante observar a s\u00faa cara e a do resto do equipo de Take5 cando co\u00f1ecen a arqueolox\u00eda altomedieval do pa\u00eds. Poucas veces te\u00f1o visto emocionarse a anglosax\u00f3ns como o est\u00e1n a facer en Galicia. No noso programa, a cultura galega \u00e9 parte fundamental: escoitamos aos Druidas da Rolda da Costa da Morte, celebramos a gastronom\u00eda do pa\u00eds en Casal do Cereixo, falamos con mari\u00f1eiros, buzos, labregos&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikings_tv_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha importante reflexi\u00f3n \u00e9 que toda a produci\u00f3n, moi custosa, est\u00e1 a facerse co di\u00f1eiro privado da compa\u00f1\u00eda. Vi\u00f1eron atra\u00eddos pola Historia que aqu\u00ed exist\u00eda, e non polos cartos dunha Administraci\u00f3n p\u00fablica. Vi\u00f1eron porque quixemos contar esta historia ao mundo a trav\u00e9s das novas tecnolox\u00edas, porque establecimos redes de maneira incansable e porque cremos que a xenerosidade coas historias e coas persoas \u00e9 a base de que este pa\u00eds prospere e se vexa no mundo. A intensa reacci\u00f3n\/interacci\u00f3n dos galegos da \u00e9poca ante os raids vikingos cobra, agora, visibilidade internacional sen un peso p\u00fablico, sen pailanadas de pagar talegadas a cantantes de Miami e a gu\u00edas vermellas: simplemente porque as historias o merecen, cremos en n\u00f3s mesmos para defendelas e queremos contalas ao mundo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A produtora de Vikings conecta a famosa serie de ficci\u00f3n co noso pa\u00eds<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/11\/30\/real-vikings-galicia-no-imaxinario-mundial-sobre-os-vikingos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Real Vikings: Galicia no imaxinario mundial sobre os vikingos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28347,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39],"tags":[],"class_list":["post-28321","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28321","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28321"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28321\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28349,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28321\/revisions\/28349"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28347"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28321"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28321"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28321"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}