{"id":28310,"date":"2015-11-26T00:32:16","date_gmt":"2015-11-25T22:32:16","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28310"},"modified":"2015-11-26T00:48:12","modified_gmt":"2015-11-25T22:48:12","slug":"casa-marcelo-a-estrela-volve-brillar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/11\/26\/casa-marcelo-a-estrela-volve-brillar\/","title":{"rendered":"Casa Marcelo: a estrela volve brillar"},"content":{"rendered":"<p><em>Marcelo Tejedor e Mart\u00edn<\/em><\/p>\n<p>O cinco de febreiro de 2013 Casa Marcelo, o primeiro restaurante do Estado en propo\u00f1er como \u00fanica oferta un men\u00fa degustaci\u00f3n, pechaba as s\u00faas portas. A gastronom\u00eda xa estaba de moda, a\u00ednda que o fen\u00f3meno televisivo non aparecera, e os chefs estaban xa sometidos a unha importante presi\u00f3n vinculada \u00e1 s\u00faa presenza p\u00fablica, aos medios de comunicaci\u00f3n, patrocinios, etc. E, no medio desa fervedoira, Marcelo Tejedor, un dos grandes coci\u00f1eiros de Galicia, decide pechar o seu restaurante e reinventarse. \u00c9 un dos coci\u00f1eiros que te\u00f1o mellor documentados en Cap\u00edtulo Cero. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?s=casa+marcelo\">Podes ver aqu\u00ed moitas cr\u00f3nicas<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/carballos_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Falamos bastante diso con el. Marcelo Tejedor cr\u00eda que a s\u00faa antiga f\u00f3rmula de mantel de lino, louza de luxo, grandes facturas na mesa e rituais estaba rematada, alomenos para el. Foi a Madrid a facer un acto simb\u00f3lico: devolver a s\u00faa estrella Michel\u00edn, unha das m\u00e1is antigas e unha das m\u00e1is fiables do pa\u00eds. Tam\u00e9n estaba canso de toda a far\u00e1ndula que rodeaba \u00e1 gastronom\u00eda: quer\u00eda recuperar a s\u00faa vida, a\u00ednda que iso non significa descanso, buscar un negocio sustentable<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/novo_marcelo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/novo_marcelo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Platos da nova Casa Marcelo<\/em><\/p>\n<p>Tras a cat\u00e1strofe de To\u00f1i Vicente, a capital de Galicia ficaba sen estes importantes referentes para o turismo gastron\u00f3mico. O sete de abril do mesmo ano, despois de que o propio Marcelo, medio equipo e os albaneis se meteran con todo tipo de armamento lixeiro de combate obreiro no restaurante, aparec\u00eda o novo concepto: unha longa barra, sen reservas, coci\u00f1a de tapeo baseada en fusi\u00f3n galaico-xaponesa-mexicana, coitelos e garfos de pau, servilletas en servilleteiro, unha m\u00ednima presenza de vi\u00f1os e, de aquela, unha barra xaponesa. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2013\/04\/07\/a-cocina-de-guerrilla-de-marcelo-tejedor\/\">Coci\u00f1a de Guerrilla que podes ver neste post<\/a>. Todo informal, entrada e sa\u00edda de coci\u00f1eiros mesturada con camareiros, apelando &#8220;chicos&#8221; aos clientes e cun claro concepto de coci\u00f1a para disfrutar, moita dela coas mans. O \u00e9xito do restaurante \u00e9 enorme: Casa Marcelo distanciouse do glamour m\u00e1is ou menos sereno doutras das grandes salas do pa\u00eds mantendo un ticket final para o cliente bastante elevado. Ese \u00e9 o miragre. O negocio sustentable est\u00e1base conseguindo. <\/p>\n<p>Marcelo Tejedor non deu sinais de existencia en todo o d\u00eda. Alg\u00fans amigos coci\u00f1eiros tentaron contactar hoxe con el pola tarde, e o seu tel\u00e9fono estaba desconectado, o Whatsapp sen dobles checks, e tampouco foi recoller a s\u00faa estrela \u00e1 gala que esta noite se celebrou no Hostal dos Reis Cat\u00f3licos. O impredecible e brillante Marcelo Tejedor segue a ser toda unha inc\u00f3gnita. <\/p>\n<p>A ese concepto deulle a Gu\u00eda Michel\u00edn a nova estrela. Non \u00e9 a primeira vez que a Gu\u00eda concede no Estado unha estrela a un concepto informal de restauraci\u00f3n, pero a recuperaci\u00f3n da estrela para Marcelo Tejedor significa que os baremos da propia Gu\u00eda -sempre bastante r\u00edxidos- est\u00e1n cambiando, abrindo abanos e rachando as distinci\u00f3ns entre restauraci\u00f3n &#8220;formal&#8221; e restauraci\u00f3n &#8220;informal&#8221;. Non se pode ir m\u00e1is al\u00e1 nese an\u00e1lise, na medida en que a Gu\u00eda \u00e9 opaca a explicar os motivos polos que concede as estrelas e n\u00f3s dedic\u00e1monos a interpretalos. O caso \u00e9 que en Galicia sumamos trece estrelas, que non esta nada mal. Segundo Benbo, <a href=\"http:\/\/www.benbo.eu\/actualidad\/casa-marcelo-recupera-estrella\/\">somos xa a cuarta comunidade aut\u00f3noma en estrelas Michel\u00edn<\/a>, unha importante posici\u00f3n. <\/p>\n<p>Hai que ir a unha gala destas para comprender as repercusi\u00f3ns simb\u00f3licas e econ\u00f3micas desta gu\u00eda. Lembro cando nos anos fortes dos blogs ti\u00f1amos a gur\u00fas de todo tipo -e a cr\u00edticos gastron\u00f3micos da vella onda- profetizando en p\u00fablico e en privado a fin das gu\u00edas. Eu sempre afirmei o contrario, e cada vez este tipo de gu\u00edas van ter m\u00e1is forza mentres a gastronom\u00eda xenere tanto negocio ao redor. A concesi\u00f3n de estrelas da Michel\u00edn a coci\u00f1eiros significa, para alg\u00fans destes restaurantes, non s\u00f3 un incremento da facturaci\u00f3n -que non \u00e9 realmente tan importante- sen\u00f3n sobre todo entrar nun circuito de congresos, patrocinios, marcas que \u00e9 onde se est\u00e1 a mover realmente a pasta nestes momentos. As propias Administraci\u00f3ns auton\u00f3micas -subidas finalmente ao carro da gastronom\u00eda- empregan a gu\u00eda como baremo para solicitar servizos a coci\u00f1eiros. A gu\u00eda \u00e9 como unha especie de bolsa que regula a cotizaci\u00f3n do coci\u00f1eiro e a s\u00faa imaxe p\u00fablica no mercado. \u00c9 tremendo, \u00e9 perigoso, pero \u00e9 as\u00ed. E iso permite explicar moitas cousas. <\/p>\n<p>A Gala de Santiago foi un exemplo, adem\u00e1is, de onde se move a pasta. En Madrid. O resto somos anani\u00f1os ao redor. A presenza de asistentes galegos foi m\u00ednima. Podo entender isto na medida en que esta presentaci\u00f3n \u00e9 a nivel de todo o Estado e Portugal e as prazas eran moi limitadas, pero o que xa non podo entender, precisamente pola mesma raz\u00f3n, o ninguneo feito desde os departamentos de prensa e marketing de Michelin aos medios de comunicaci\u00f3n especializados galegos. Non se dignaron nin en contestar nin en darlles acreditaci\u00f3ns a prestixiosos xornalistas do pa\u00eds, mentres a empresa tra\u00eda un bus de Madrid cheo de xornalistas e comunicadores desa cidade e os hospedaban no propio Hostal dos Reis Cat\u00f3licos. \u00c9 imposible non pensar que esta visi\u00f3n madrile\u00f1a das cousas non se traslada tam\u00e9n ao propio criterio de selecci\u00f3n dos resturantes na gu\u00eda, e todos deberiamos ser bastante conscientes diso. Temos unha aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica en que a Solla non lle dean a segunda estrella. Aseg\u00farolles que d\u00e1 vinte voltas obxectivas a unha boa parte dos dous estrelas da gu\u00eda espa\u00f1ola. \u00c9 tam\u00e9n especialmente grave na medida en que a Xunta, a trav\u00e9s de Turismo, debeu apoiar dalg\u00fan xeito -non sabemos como ou canto, nestes alardes de transparencia aos que estamos tan acostumados- a celebraci\u00f3n da gala, e non foi -ou non se preocupou- de garantir que o acto chegase convintemente aos galegos. Non me vale que isto \u00e9 &#8220;proxecci\u00f3n para f\u00f3ra&#8221; e parvadas as\u00ed: calquera sabe que eses argumentos son notablemente relativos e sen moito valor. <\/p>\n<p>A boa noticia \u00e9 o cami\u00f1o, paseni\u00f1o, de Galicia cara o seu propio modelo de referencia gastron\u00f3mica, e que vai ser forzosamente distinto ao de Euskadi, Catalu\u00f1a ou Madrid. Sitios asequibles, asumibles, sustentables, de calidade excelente, diseminados por todo o pa\u00eds. Noutros sitios pode haber supernovas, furados negros ou meteoritos, pero en Galicia temos unha constelaci\u00f3n estable, que pode durar alomenos tanto como a nosa querida V\u00eda L\u00e1ctea. <\/p>\n<p><em>Foto: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 brillante, pasional e impredecible. \u00c9 Marcelo Tejedor. A nova estrela Michel\u00edn galega. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/11\/26\/casa-marcelo-a-estrela-volve-brillar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Casa Marcelo: a estrela volve brillar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":17323,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-28310","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28310","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28310"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28310\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28317,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28310\/revisions\/28317"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17323"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28310"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28310"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28310"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}