{"id":28305,"date":"2015-11-23T22:25:13","date_gmt":"2015-11-23T20:25:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=28305"},"modified":"2015-11-23T22:33:51","modified_gmt":"2015-11-23T20:33:51","slug":"a-situacion-do-illote-de-guidoiro-areoso-a-debate-no-ccg","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/11\/23\/a-situacion-do-illote-de-guidoiro-areoso-a-debate-no-ccg\/","title":{"rendered":"A situaci\u00f3n do illote de Guidoiro Areoso a debate no CCG"},"content":{"rendered":"<p>Este venres pola tarde o Consello da Cultura Galega acolle unha xornada sobre o illote de Guidoiro Areoso que incl\u00fae unha sesi\u00f3n de diagn\u00f3stico e informaci\u00f3n sobre a riqueza arqueol\u00f3xica do illote e as din\u00e1micas erosivas mari\u00f1as que est\u00e1n propiciando a destruci\u00f3n do seu important\u00edsimo fondo arqueol\u00f3xico, as\u00ed como a visi\u00f3n local sobre o illote e a s\u00faa consideraci\u00f3n como ben patrimonial. <a href=\"http:\/\/consellodacultura.gal\/evento\/200425\">A xornada \u00e9 aberta e gratu\u00edta e podedes inscribirvos aqu\u00ed<\/a>. <\/p>\n<p>Se non sabes de que vai a cousa, aqu\u00ed podes ver o documental que fixen eu, a nivel persoal, do illote: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"360\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/wSF3tHR5pEI\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Copipego o programa da web do CCG: <\/p>\n<p>Esta xornada abre unha actividade organizada pola Secci\u00f3n de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, denominada Encontros monogr\u00e1ficos co Patrimonio Cultural, coa que queremos po\u00f1er en marcha uns encontros abertos \u00e1 cidadan\u00eda que po\u00f1an o foco tanto na caracterizaci\u00f3n de bens patrimoniais como na formulaci\u00f3n de tipos de protecci\u00f3n deses bens, entre outros aspectos, e que partan de procesos relacionados co Patrimonio Cultural que se estean desenvolvendo en Galicia e que poidan ser de interese xeral polo seu alcance, resultados, singularidade, repercusi\u00f3n p\u00fablica ou entidade patrimonial dos elementos sobre os que se focalicen. O obxectivo \u00e9 darlles difusi\u00f3n e xerar debate sobre eles, propiciando unha actividade participativa, de car\u00e1cter mensual, que discorra en converxencia coas percepci\u00f3ns da propia cidadan\u00eda.<\/p>\n<p>Os Encontros in\u00edcianse cun monogr\u00e1fico sobre Guidoiro Areoso no que recoller a propia vivencia da cidadan\u00eda, os resultados das intervenci\u00f3ns patrimoniais e a experiencia dos xestores. Guidoiro \u00e9 un illote situado na R\u00eda de Arousa no que existen numerosas pegadas da ocupaci\u00f3n humana durante a prehistoria recente. Neste lugar v\u00e9\u00f1ense desenvolvendo nos \u00faltimos anos unha serie de actividades transversais que implican a comunidade cient\u00edfica, as administraci\u00f3ns p\u00fablicas e as asociaci\u00f3ns cidad\u00e1s da zona, que levan anos traballando pola s\u00faa conservaci\u00f3n. A\u00ednda que foi obxecto dunha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica na d\u00e9cada de 1980, recentemente o illote volveu chamar a atenci\u00f3n destes axentes pola importante erosi\u00f3n litoral que v\u00e9n sufrindo e que pon en perigo a conservaci\u00f3n deste patrimonio cultural e natural.<\/p>\n<p><strong>PROGRAMA<br \/>\n<\/strong><br \/>\n16:15 horas<br \/>\nPresentaci\u00f3n<\/p>\n<p>16:30 horas<br \/>\nSesi\u00f3n de relatorios<br \/>\nGuidoiro Areoso, un territorio prehist\u00f3rico baixo a area<br \/>\nXos\u00e9 Ignacio Vilaseco V\u00e1zquez, arque\u00f3logo<br \/>\nVulnerabilidade e erosi\u00f3n dos xacementos de Guidoiro Areoso: a achega dos novos<br \/>\nm\u00e9todos de fotogrametr\u00eda<br \/>\nEl\u00edas L\u00f3pez-Romero, Honorary Fellow, Durham University (UK), e investigador asociado do Incipit, CSIC<br \/>\nCambios xeomorfol\u00f3xicos, ambientais e ocupaci\u00f3n humana no Holoceno Medio e Final na costa atl\u00e1ntica do NO da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica<br \/>\nRam\u00f3n Blanco-Chao, Departamento de Xeograf\u00eda, Universidade de Santiago de Compostela<br \/>\nGuidoiro Dixital: da recuperaci\u00f3n de informaci\u00f3n \u00e1 reconstruci\u00f3n 3D dunha paisaxe en evoluci\u00f3n<br \/>\nPatricia Ma\u00f1ana-Borraz\u00e1s, investigadora colaboradora do Incipit, CSIC<\/p>\n<p>18:00 horas<br \/>\nPausa<\/p>\n<p>18:15 horas<br \/>\nMesa redonda. Perspectivas sobre Guidoiro Areoso dende a Illa de Arousa<br \/>\nRosa Mar\u00eda Viana Rodr\u00edguez, concelleira de Turismo, Cultura e Deportes da Illa de Arousa<br \/>\nPablo Iglesias, Asociaci\u00f3n Pandulleiros. Grupo de Amigos da Historia da Arousa<\/p>\n<p>19:00 horas<br \/>\nMesa redonda. Guidoiro Areoso. A illa, proceso patrimonial activo. Protecci\u00f3n e conservaci\u00f3n<br \/>\nMar\u00eda del Carmen Mart\u00ednez \u00cdnsua, directora xeral de Patrimonio Cultural<br \/>\nIago Seara, coordinador da Secci\u00f3n de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega<br \/>\nRebeca Blanco Rotea, arque\u00f3loga e membro da Secci\u00f3n de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega<\/p>\n<p>19:45 horas<br \/>\nDebate<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Podes participar no encontro aberto este venres<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/11\/23\/a-situacion-do-illote-de-guidoiro-areoso-a-debate-no-ccg\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A situaci\u00f3n do illote de Guidoiro Areoso a debate no CCG<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28306,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-28305","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28305","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28305"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28305\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":28307,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28305\/revisions\/28307"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28306"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28305"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28305"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28305"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}