{"id":2814,"date":"2007-06-08T19:34:20","date_gmt":"2007-06-08T17:34:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/06\/08\/moraima-nace-un-novo-albarino\/"},"modified":"2007-06-08T20:09:45","modified_gmt":"2007-06-08T18:09:45","slug":"moraima-nace-un-novo-albarino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/06\/08\/moraima-nace-un-novo-albarino\/","title":{"rendered":"Moraima: nace un novo Albari\u00f1o"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2813\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/moraima.jpg\" alt=\"moraima.jpg\" \/><\/p>\n<p>\u00bfQue agardas dun vi\u00f1o que desco\u00f1eces? \u00bfE cando ese vi\u00f1o faino unha amiga e estamos a d\u00edas da s\u00faa estrea comercial? Outra sensaci\u00f3n, desde logo. Especialmente se te falaron dese vi\u00f1o con cari\u00f1o, en seguidas ocasi\u00f3ns, se m\u00e1is que unha noticia \u00e9 unha confirmaci\u00f3n, se nel hai unha carga de ilusi\u00f3n persoal e case un proxecto vital. Non podes desrolar igual unha botella dun industrial Marques de C\u00e1ceres que o vi\u00f1o dunha amiga. E este sucedido fala exactamente desa opci\u00f3n. O vi\u00f1o de <em>Moraiminha<\/em>. <\/p>\n<p>Abrimos, con moita curiosidade, a elegante botella de <a href=\"http:\/\/www.adegamoraima.com\/\">Moraima<\/a>, esta nova proposta de albari\u00f1o que chega do concello de Barro, ao solpor, sentados na terraza. Mir\u00e1moslle a cor: palliza. Cheir\u00e1molo: flores blancas, prado verde. E prob\u00e1molo: no padal aparec\u00eda claramente a frescura e a acidez do albari\u00f1o nun primeiro momento pero, de s\u00fapeto, na punta da lingua, manifestouse a \u00e1nima real deste vi\u00f1o: un distintivo, orixinal, intenso, un sabor claramente doce. O Moraima \u00e9 pera, \u00e9 pexego, \u00e9 mel\u00f3n maduro ao remate de cada trago. Unha sensaci\u00f3n persistente que marca a este vi\u00f1o excelente, de trago longo e corpo xentil, untuoso abondo para ir con el m\u00e1is al\u00e1 do marisco, un vi\u00f1o para degustar por si s\u00f3. Asinar\u00eda aqu\u00ed mesmo se un d\u00eda me po\u00f1o a facer un vi\u00f1o e arrinco as\u00ed a aventura. Non puiden agardar, tras unha primeira copa tiven que levantarme e mandarlle a Salom\u00e9 Cancela un correo -ela ben o sabe-, que se poder\u00eda definir, como pouco, como entusiasmado. Case coma se fora meu. <\/p>\n<p>Moraima \u00e9 o froito dunha vontade familiar de rescatar a vella tradici\u00f3n da venda do vi\u00f1o. A familia dos Cancela, de Barro, vendeu durante d\u00e9cadas as s\u00faas colleitas a outras adegas, reservando unha pequena parte do cultivo para a elaboraci\u00f3 propia, pero perderan o \u00faltimo chanzo do proceso, o vender directamente o seu vi\u00f1o. Hoxe, 11 membros un\u00edronse na Sociedade Cooperativa Moraima e queren arrincar de novo a tradici\u00f3n de principios do s\u00e9culo XX. Salom\u00e9 Cancela \u00e9 a representante para o mundo e parte da estratosfera: co\u00f1ec\u00edmola primeiro na rede, co seu blog <em><a href=\"http:\/\/www.blogoteca.com\/depinchos\/\">De Pinchos<\/a><\/em>, e logo nas Xantanzas dos Blogastr\u00f3nomos, e al\u00ed soubemos das angueiras por sacar adiante o proxecto, por facer un vi\u00f1o moi vinculado \u00e1 terra, cunha filosof\u00eda de facer que a uva se exprese totalmente, evitando un dese\u00f1o excesivamente comercial do proxecto. &#8220;<em>O que lles dea a vi\u00f1a \u00e9 o que van embotellar<\/em>&#8220;, aseguran desde a adega, case como un principio de combate. <\/p>\n<p>O 18 de setembro do 2006 comezou a colleita, cunha uva moi madura, o cal se cadra sexa, xunto co repouso nas l\u00edas, a explicaci\u00f3n dese final prolongado de froita branca madura. Ese car\u00e1cter, tan estra\u00f1o, sit\u00faaos nun punto intermedio entre as d\u00faas grandes \u00e1reas da Denominaci\u00f3n de Orixe R\u00edas Baixas. A acidez inicial \u00e9 puro Saln\u00e9s, a flor branca do olor \u00e9 o Rosal, a vinificaci\u00f3n sobre l\u00edas out\u00f3rgalle esa carnosidade e dulzor. O m\u00e1is parecido que te\u00f1o probado \u00e9 o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/07\/25\/don-pedro-de-soutomaior-neve-carbonica-e-nora-2005-a-explosion-da-froita\/\"><em>Nora<\/em> que fai Alastair Gardner nas Neves<\/a>. \u00c9 un vi\u00f1o para padais novos, un vi\u00f1o que se reco\u00f1ece facilmente. Se todo vai ben, ter\u00e1 moita sorte. <\/p>\n<p>Iso parece indicar o seu nome: unha invocaci\u00f3n en tempos dif\u00edciles de novas adegas e vi\u00f1os. <em>Moraima<\/em> era a muller de Celso Emilio Ferreiro. Pero tam\u00e9n era o seu mantra persoal de poeta. En 1975, Celso Emilio escribiu con versos sinxelos unha emoci\u00f3n sinxela pero aut\u00e9ntica. Un pequeno himno que hoxe tam\u00e9n sa\u00fada o nacemento dun novo vi\u00f1o, e que encaixa ben con el: emoci\u00f3n sinxela, matices directos, amor polas cousas pr\u00f3ximas e pequenas. <\/p>\n<blockquote><p> Cando quero vivir<br \/>\n    digo Moraima.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    cando semento a espranza.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    e ponse azul a alba.<\/p>\n<p>    Cando quero so\u00f1ar<br \/>\n    digo Moraima.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    cando a noite \u00e9 pechada.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    e ponse a luz en marcha.<\/p>\n<p>    Cando quero chorar<br \/>\n    digo Moraima.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    cando a anguria me abafa.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    e ponse a mar en calma.<\/p>\n<p>    Cando quero surrir<br \/>\n    digo Moraima.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    cando a ma\u00f1\u00e1 \u00e9 crara.<br \/>\n    Digo Moraima<br \/>\n    e ponse a tarde mansa.<\/p>\n<p>    Cando quero morrer<br \/>\n    non digo nada.<br \/>\n    E m\u00e1tame o silencio<br \/>\n    de non decir Moraima.\n<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00bfQue agardas dun vi\u00f1o que desco\u00f1eces? \u00bfE cando ese vi\u00f1o faino unha amiga e estamos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/06\/08\/moraima-nace-un-novo-albarino\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Moraima: nace un novo Albari\u00f1o<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2813,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-2814","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2814","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2814"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2814\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2813"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2814"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2814"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2814"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}