{"id":27585,"date":"2015-10-11T19:18:14","date_gmt":"2015-10-11T17:18:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27585"},"modified":"2015-10-11T19:18:14","modified_gmt":"2015-10-11T17:18:14","slug":"respectaban-os-canteiros-os-petroglifos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/10\/11\/respectaban-os-canteiros-os-petroglifos\/","title":{"rendered":"Respectaban os canteiros os petr\u00f3glifos?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/buenaventura_aparicio.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O antrop\u00f3logo de Ponte Caldelas Buenaventura Aparicio -un dos expertos que m\u00e1is petr\u00f3glifos ten pateado na provincia de Pontevedra- comentoume hai anos isto mesmo que vedes publicado no artigo e que me deixou intrigado e pensando. A tese de Buenaventura -da que disp\u00f3n de m\u00e1is documentaci\u00f3n e probas- \u00e9 que os canteiros respectaron -en gran medida, lembrade que nisto non hai leis universais nin nada que se cumpra ao 100%- os petr\u00f3glifos cando \u00edan extraer pedra ao monte. A fermosa Laxe do Cervo, en Cu\u00f1as (Ponte Caldelas) era para el un exemplo deste suceder: nas extremidades dianteiras do cervo \u00e9 perceptible unha cu\u00f1a de canteiro que, en \u00faltimo momento, decidiu non executar e acabar as\u00b4con esta obra de arte. Buenaventura defende que tam\u00e9n viu o mesmo comportamento -salvar os petr\u00f3glifos- noutros importantes conxuntos da provincia pontevedresa.<\/p>\n<p>Deixoume intrigado porque nada m\u00e1is dicirmo comecei a pensar en cantos petr\u00f3glifos co\u00f1ec\u00eda eu nos que se puidera apreciar a extracci\u00f3n de pedra. E decateime de que, efectivamente, o traballo dos canteiros sempre est\u00e1 por todas partes pero non lembro ning\u00fan petr\u00f3glifo, ningunha figura claramente definida e reco\u00f1ecible, afectado por unha extracci\u00f3n. Isto \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is valioso porque como ben sabedes, s\u00f3 moi poucos petr\u00f3glifos son identificados como penedos singulares que levan asociadas lendas, e moitas veces estes penedos lendarios con petr\u00f3glifos red\u00facense a covi\u00f1as e p\u00edas -se cadra marcando un mundo da Idade do Ferro que contin\u00faa en \u00e9poca romana, medieval&#8230; O silenzo da memoria popular sobre laxes espectaculares e figurativas, con cervos e grandes conxuntos, \u00e9 tam\u00e9n significativo. Se non hab\u00eda unha presi\u00f3n simb\u00f3lica forte&#8230;que fac\u00eda que os nosos vellos, habilidosos e pr\u00e1cticos canteiros respectaran os conxuntos? De onde proced\u00eda o respecto por estas vellas formas?<\/p>\n<p>Non s\u00f3 iso. Estou pensando como por exemplo en Armea (Allariz), os canteiros extraeron literalmente un petr\u00f3glifo da s\u00faa ubicaci\u00f3n e pux\u00e9rono na base dun muro. Pod\u00edan ter destru\u00eddo o petr\u00f3glifo, pero hai claramente unha vontade de preservalo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cabras_laxe.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: A Fraga dos Mouros<\/em><\/p>\n<p>Un exemplo barbanz\u00f3n \u00e9 a Laxe das Cabras (Palmeira, Ribeira). O batolito gran\u00edtico, de excelente calidade, foi empregado polos canteiros, pero estes pararon a unha distancia prudencial (m\u00e1is dun metro) das cabras, nun exercicio tan intrigante como marabilloso de respecto \u00e1s figuras, dentro dunha sociedade tan practicista como era a tradicional. Algu\u00e9n, con todo, poderame po\u00f1er como exemplo contrario a voladura dos petr\u00f3glifos que estaban cabo do Dolmen de Axeitos&#8230;como digo, as normas sociais nunca se cumpren ao 100%. <\/p>\n<p>E v\u00f3s, co\u00f1ecedes casos curiosos da relaci\u00f3n entre petr\u00f3glifos e canteiros?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O antrop\u00f3logo de Ponte Caldelas Buenaventura Aparicio -un dos expertos que m\u00e1is petr\u00f3glifos ten pateado&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/10\/11\/respectaban-os-canteiros-os-petroglifos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Respectaban os canteiros os petr\u00f3glifos?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27586,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-27585","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27585","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27585"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27585\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27586"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}