{"id":27581,"date":"2015-10-07T20:43:40","date_gmt":"2015-10-07T18:43:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27581"},"modified":"2015-10-07T23:14:09","modified_gmt":"2015-10-07T21:14:09","slug":"viaxe-por-galicia-de-george-borrow-unha-deliciosa-viaxe-no-tempo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/10\/07\/viaxe-por-galicia-de-george-borrow-unha-deliciosa-viaxe-no-tempo\/","title":{"rendered":"Viaxe por Galicia, de George Borrow: unha deliciosa viaxe no tempo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/viaxe_galicia.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" vspace=\"4\" hspace=\"4\" \/>A\u00ednda nunca me parara a ler a Viaxe por Galicia de George Borrow, o viaxeiro ingl\u00e9s que andivera vendendo Biblias polo pa\u00eds (e polo resto de Espa\u00f1a) durante o s\u00e9culo XIX e deixara constancia das s\u00faas experiencias nun libro que foi un best-seller do seu tempo: <em>The Bible in Spain<\/em>. Xerais acaba de publicar unha nova edici\u00f3n -anotada por Salvador Garc\u00eda Boda\u00f1o- deste magn\u00edfico cl\u00e1sico que nos leva \u00e1 Galicia de 1837. E o que vemos a trav\u00e9s dos ollos de Borrow \u00e9 tan fascinante que non podemos deixar de ler. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, a idea que se nos transmite de Galicia \u00e9 a dun miserento e pobre far west. Si, far west no sentido das pel\u00edculas. En 1837, nas principais v\u00edas de comunicaci\u00f3n entre as cidades galegas, a xente esperaba o paso do correo -que vi\u00f1a escoltado por militares- para sumarse \u00e1 caravana e evitar as\u00ed os ataques de bandoleiros. Literalmente. O carlismo a\u00ednda estaba moi quente. E os bandoleiros que atrapaban decapit\u00e1banos e p\u00fa\u00f1anos, cravados en picas, \u00e1 beira do cami\u00f1o durante meses. A Galicia que Borrow nos describe \u00e9 de casoupas, choupanas, baiucas, chouzas, poboadas de individuos desconfiados, que cando entran en contacto co escritor procuran estafarlle dun xeito ou doutro. \u00c9 unha Galicia estremadamente localista, na que os compostel\u00e1ns botan pestes dos coru\u00f1eses e os pontevedreses dos vigueses. \u00c9 unha Galicia na que a xente non co\u00f1ece os Evanxeos -digo literalmente- e cando uns de Padr\u00f3n conseguiron uns en Inglaterra, a igrexa castigounos por accederen \u00e1 fonte orixinal. \u00c9 un retrato brutal na que os galegos envexan aos catal\u00e1ns o dinamismo en obter riqueza da nosa propia terra e na que moitos xa pensan en emigrar. <\/p>\n<p>Pero hai cousas marabillosas, xa case perdidas, coma os nubeiros, que cabalgan sobre as nubes. Un dos gu\u00edas que ter\u00e1 Borrow, que non serven para nada, declararalle ser nubeiro e correr por riba das nubes no c\u00e9o, e tam\u00e9n ver a Estadea polas noites nos p\u00e1ramos. Puro Cunqueiro un s\u00e9culo antes que Cunqueiro. <\/p>\n<p>Viaxe por Galicia perm\u00edtenos comprender moito mellor as dificultades de desprazamento no interior do pa\u00eds, labir\u00edntico e, sobre todo, desco\u00f1ecido para os locais que, polo xeral, s\u00f3 co\u00f1ecen as proximidades do seu h\u00e1bitat. Unha viaxe no tempo entre fragas, uces, pequenas choupanas, e esa miseria f\u00edsica e moral -ollo, descrita desde os prexu\u00edzos dun ingl\u00e9s- dos nosos devanceiros que tanto nos sorprende. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ednda nunca me parara a ler a Viaxe por Galicia de George Borrow, o viaxeiro&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/10\/07\/viaxe-por-galicia-de-george-borrow-unha-deliciosa-viaxe-no-tempo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Viaxe por Galicia, de George Borrow: unha deliciosa viaxe no tempo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27582,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-27581","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27581","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27581"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27581\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27582"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27581"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27581"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27581"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}