{"id":27501,"date":"2015-09-05T14:15:22","date_gmt":"2015-09-05T12:15:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27501"},"modified":"2015-09-05T14:24:03","modified_gmt":"2015-09-05T12:24:03","slug":"manuel-bistro-restauracion-heroica-en-monforte-de-lemos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/09\/05\/manuel-bistro-restauracion-heroica-en-monforte-de-lemos\/","title":{"rendered":"Manuel Bistr\u00f3: restauraci\u00f3n heroica en Monforte de Lemos"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">O conci\u00f1eiro Manuel Fern\u00e1ndez prop\u00f3n unha restauraci\u00f3n moderna e de prezo imbatible en Monforte de Lemos<\/div>\n<p>Se \u00e1 viticultura nas ariscas e verticais ladeiras do Sil se lle chama &#8220;viticultura heroica&#8221;, \u00e1 gastronom\u00eda do novo coci\u00f1eiro Manuel Fern\u00e1ndez, o restaurante Manuel Bistr\u00f3, tam\u00e9n se lle pode chamar &#8220;restauraci\u00f3n heroica&#8221;. A zona de Monforte e en xeral a Ribeira Sacra adoece de sitios de referencia para a restauraci\u00f3n que vaian un pouco m\u00e1is al\u00e1 do concepto &#8220;casa de comidas&#8221;. En realidade, \u00e9 un gran problema para o desenvolvemento do sector tur\u00edstico da zona e mesmo da industria do vi\u00f1o, e o mesmo acontece nos resto das denominaci\u00f3ns ag\u00e1s R\u00edas Baixas, onde a oferta de restauraci\u00f3n si \u00e9 moito m\u00e1is diversificada. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manuel_bistro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Tosta de foie. <\/em><\/p>\n<p>O <a href=\"http:\/\/www.donmanuelbistro.com\">restaurante Manuel Bistr\u00f3<\/a> \u00e9 unha interesante evoluci\u00f3n a partir do cl\u00e1sico negocio de vodas. De feito, a entrada ao recinto \u00e9 toda unha lecci\u00f3n dos cambios na idea da arquitectura de restaurantes desde os 60-70 ata a actualidade. Por unha banda est\u00e1 un gran edificio branco, que debe acoller o sal\u00f3n de vodas, estilo &#8220;desarrollismo galaico dos 60&#8221; e por outra banda est\u00e1 a moderna construci\u00f3n onde se atopa o Manel Bistr\u00f3, un concepto de restaurante aberto e modular, moi di\u00e1fano, con grandes lunas, perfectamente regulado na temperatura e coa coci\u00f1a \u00e1 vista. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manuel_bistro_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Langostinos con prebe de soia<\/em><\/p>\n<p>O restaurante ofrece unha carta de pratos relativamente ampla, e unha excelente adega na que se miman moito as referencias da Ribeira Sacra. Menciono isto especialmente porque non \u00e9 tan habitual que un restaurante da zona vin\u00edcola galega aposte tanto polos vi\u00f1os do territorio. O servizo do vi\u00f1o, adem\u00e1is, impecable. Solicitamos unha botella e, ante a ausencia de stock, o camareiro buscou un equivalente ao mesmo prezo da que pediramos. Resultou ser un Cruceiro, un Amandi a 10 euros en carta que \u00e9 unha estupenda relaci\u00f3n calidade prezo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manuel_bistro_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Bonito con coulis de tomate<\/em><\/p>\n<p>Adem\u00e1is da carta, o Manuel Bistr\u00f3 ten dous men\u00fas degustaci\u00f3n, o Coup\u00e9 e o Longueur. O Coup\u00e9 ten un prezo imbatible de 24 euros (creo lembrar) e o Longueur de 37. Tam\u00e9n hai un executivo a 14 euros. Quen queira que estea afeccionado aos prezos dos men\u00fas degustaci\u00f3n na Galicia litoral estar\u00e1 bastante abraiado con estes prezos, pero \u00e9 para estalo. Escollimos o Coup\u00e9 e non ficamos para nada defraudados. Un concepto de gastronom\u00eda moderna, con cousas que estaban de moda hai tres ou catro anos (non serei eu quen o critique, hai que facer esa gastronom\u00eda en Monforte de Lemos), moi ben preparadas, con coci\u00f1a lixeira, de excelente calidade no produto e certa atenci\u00f3n \u00e1 estacionalidade. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manuel_bistro_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/manuel_bistro_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Comezamos cunha tosta de foie, seguido cun dos cl\u00e1sicos da casa, uns langostinos fritidos e crocantes en preve de soia, un bonito en coulis de tomate e un solombo ib\u00e9rico, para rematar con iogur artes\u00e1n. Un men\u00fa tecnicamente impecable, ideal para facer turismo pola tarde sen sensaci\u00f3n de pesadez. Menci\u00f3n importante tam\u00e9n \u00e9 o excelente e impecable servizo de mesa. <\/p>\n<p>Non \u00e9 doado apostar por unha gastronom\u00eda &#8220;algo distinta&#8221; en territorios de padal moi conservador, pero o mozo Manuel Fern\u00e1ndez parece que foi conseguindo a f\u00f3rmula: contendo o risco, apostando por sabores populares, ricos e por unha gastronom\u00eda que permite facer vida no resto do d\u00eda. E a prezos inso\u00f1ables, nestes momentos, nas R\u00edas Baixas. Merece organizar unha excursi\u00f3n a Monforte para comer a\u00ed. A ver se ma\u00f1\u00e1 ou pasado podo darvos algunha pista m\u00e1is para visitar esta vila luguesa. <\/p>\n<p>Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza <\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O conci\u00f1eiro Manuel Fern\u00e1ndez prop\u00f3n unha restauraci\u00f3n moderna e de prezo imbatible en Monforte de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/09\/05\/manuel-bistro-restauracion-heroica-en-monforte-de-lemos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Manuel Bistr\u00f3: restauraci\u00f3n heroica en Monforte de Lemos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27504,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-27501","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27501","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27501"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27501\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27504"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27501"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27501"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27501"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}