{"id":27472,"date":"2015-08-30T21:26:52","date_gmt":"2015-08-30T19:26:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27472"},"modified":"2015-08-30T21:40:50","modified_gmt":"2015-08-30T19:40:50","slug":"san-hadrian-vello-outro-relato-das-orixes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/08\/30\/san-hadrian-vello-outro-relato-das-orixes\/","title":{"rendered":"San Hadri\u00e1n Vello: outro relato das orixes"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">De cando a arqueolox\u00eda alumea e completa un vello relato lendario en Corme<\/div>\n<p>Despois dun renovador agosto, toca volver a publicar en Cap\u00edtulo Cero, cunhas cantas historias que contarvos que xa est\u00e1n atrasadas pero que a\u00ednda as\u00ed pagan a pena. O primeiro \u00e9 aludir a un tipo de relato e de asentamento moi pouco abordado de maneira cient\u00edfica en Galicia pero moi abundante, e no que neste blog lle temos unha querencia especial: os relatos das orixes das vilas, as historias orais de como as aldeas estaban inicialmente noutros lugares e como eses lugares quedaron &#8220;marcados&#8221; de maneira particular no folclore, no imaxinario e mesmo na arqueolox\u00eda. Te\u00f1o para min que nestes relatos das orixes est\u00e1 unha importante clave na transformaci\u00f3n do poboamento do litoral galego entre a \u00e9poca alto e baixomedieval. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2013\/04\/15\/republicas-de-homes-libres-corcubion-e-os-relatos-das-orixes\/\">Podes ler o que xa escrib\u00edn sobre estes lugares aqu\u00ed<\/a>. <\/p>\n<p>Hoxe voume ocupar dun destes xacementos, se cadra un dos m\u00e1is interesantes tanto a nivel arqueol\u00f3xico como de folclore: San Hadri\u00e1n Vello. San Hadri\u00e1n \u00e9 o m\u00edtico lugar de emprazamento das comunidades alde\u00e1s que viven no val de Corme, preto de Corme Aldea, e <a href=\"http:\/\/www.ponteceso.net\/ca\/turismo\/index.php?mod=int&#038;tip=9&#038;lug=68\">este santo segue a ser o patr\u00f3n da parroquia<\/a>. A forma que ti\u00f1an as aldeas de contar este desprazamento \u00e9 a trav\u00e9s do cambio de lugar da igrexa. En teor\u00eda, a vella igrexa de San Adri\u00e1n estivo no seu emprazamento orixinal ata o s\u00e9culo XVIII, no que o santo foi trasladado \u00e1 nova. Ser\u00eda o \u00faltimo movemento da comunidade.<\/p>\n<p>En realidade, o que nos chamou a atenci\u00f3n do San Hadri\u00e1n Vello \u00e9 que a\u00ednda que a memoria popular lembra perfectamente a igrexa, o que se observa na primitiva ubicaci\u00f3n, \u00e9 moito m\u00e1is. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_hadrian_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O San Hadri\u00e1n Vello, situado monte arriba ao sur das aldeas de Forx\u00e1n e o Picouto, en Corme, foi localizado a nivel arqueol\u00f3xico por Elixio Vieites, a trav\u00e9s de patrimoniogalego.net, e comunicado \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio, quen procedeu a inventarialo neste ano. Se lestes o artigo que puxen antes, veredes que a maior parte dos &#8220;lugares orixinarios&#8221; est\u00e1n m\u00e1is ao interior, a m\u00e1is altura e m\u00e1is agachados que os poboamentos posteriores. As evidencias arqueol\u00f3xicas neses lugares son, habitualmente, restos de igrexas ou necr\u00f3poles, pero en San Hadri\u00e1n Vello \u00e9 distinto. Tivemos a oportunidade de visitalo cos amigos Ant\u00f3n Malde e Elisa Amigo. Aqu\u00ed hab\u00eda unha especie de fortificaci\u00f3n cun muro delimitador bastante curioso, e non menos curioso, unha chaira ao sur. Aqu\u00ed podedes ver un modelo dixital do terreo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_hadrian_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Como podedes apreciar, hai unha sorte de emprazamento defensivo dunha muralla ao redor dunha sorte de baluarte p\u00e9treo, e posteriormente, un segundo recinto anexo que nace do primeiro e que forma unha sorte de gran terraza que, cando se visita, comprende unha ladeira en pendente hoxe chea de eucaliptada infame. <\/p>\n<p>Os veci\u00f1os te\u00f1en un recordo moi nidio do emprazamento da capela: estaba ao sur desta fortificaci\u00f3n, xusto aos seus p\u00e9s, na chaira claramente artificial que se aprecia al\u00ed. Os veci\u00f1os falan de como hab\u00eda tumbas, de como estaban as bases de pedra e como mesmo atoparon unha canalizaci\u00f3n de augas labrada. O feito de que a necr\u00f3pole asociada \u00e1 antiga igrexa debe ter certa entidade res\u00famese nunha idea moi gr\u00e1fica que nos contaron os veci\u00f1os: axudando a traballar aquela leira, aparec\u00edan por moitos sitios &#8220;\u00f3sos de xente&#8221;. Tam\u00e9n \u00e9 moi interesante que os veci\u00f1os neguen a existencia ou a memoria dunha fortificaci\u00f3n por riba da capela. S\u00f3 hab\u00eda capela, segundo eles. Isto non \u00e9 raro: \u00e9 o principio de suplantaci\u00f3n b\u00e1sico na cultura tradicional galega, polo cal o edificio m\u00e1is recente tende a anular a memoria das anteriores. Un castelo anula o castro anterior que puidera estar no lugar nas lendas da xente, por exemplo. E esta capela debeu anular este sitio arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_hadrian_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Interior da fortificaci\u00f3n<br \/>\n<\/em><br \/>\nSen embargo, a fortificaci\u00f3n existe, a\u00ednda que -e isto \u00e9 interesante- non \u00e9 nada doado precisar a s\u00faa cronolox\u00eda. Tr\u00e1tase dunha fortificaci\u00f3n que aproveita un outeiro de grandes afloramentos gran\u00edticos. Na pedra puidemos distinguir algunhas marcas feitas para asentamento de estruturas -o cal nos leva a un horizonte romano ou medieval- e nada m\u00e1is entrar hai unha sorte de intrigante estrutura p\u00e9trea de grandes dimensi\u00f3ns, como un torre\u00f3n ou algo as\u00ed. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_hadrian_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muros do &#8220;torre\u00f3n&#8221; na entrada<\/em><\/p>\n<p>Estamos outra volta nese ambiguo e proceloso mundo dos &#8220;castros que non parecen castros&#8221;. O que si est\u00e1 claro \u00e9 que a fortificaci\u00f3n exerceu unha significaci\u00f3n importante para esa comunidade ata o punto de que durante moitos s\u00e9culos a s\u00faa igrexa parroquial estivo encravada al\u00ed enriba, nun lugar de inc\u00f3modo acceso para todas as aldeas actuais, que est\u00e1n nunha cota m\u00e1is baixa no val. Unha inc\u00f3gnita importante \u00e9 se fortificaci\u00f3n e capela tiveron un uso coet\u00e1neo, no mesmo momento, e se esa importante planicie aos p\u00e9s da fortificaci\u00f3n puido ser, quizais, unha aldea vinculada a ese complexo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/san_hadrian_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cami\u00f1o das pescas entre Corme e O Couto<\/em><\/p>\n<p>O emprazamento de San Adri\u00e1n Vello \u00e9 moi interesante, xa que non est\u00e1 illado. A fortificaci\u00f3n domina todo o val, pero tam\u00e9n a comunicaci\u00f3n natural coa veci\u00f1a Ponteceso e O Couto, a trav\u00e9s do &#8220;cami\u00f1o das pescas&#8221;, que nos dic\u00edan os veci\u00f1os que empregaban as mulleres dos pescadores para iren vender o peixe a Ponteceso. A chaira artificial que rodea a zona superior da fortificaci\u00f3n, de boa terra, poder\u00eda tam\u00e9n albergar algunha sorte de poboamento altomedieval vinculado a esta fortificaci\u00f3n. <\/p>\n<p>O lugar est\u00e1 cheo de folclore, polo que nos contaron. Desde al\u00ed os &#8220;cat\u00f3licos&#8221; pelexaban contra os &#8220;herexes&#8221;, que viv\u00edan enfronte, etc, etc. Pero este caso \u00e9 interesante porque a arqueolox\u00eda \u00e9 quen de ampliar o relato oral desde o primeiro momento, creando moitas m\u00e1is preguntas sobre o sitio. <\/p>\n<p>Este lugar, xunto co &#8220;lugar orixinario&#8221; de Ni\u00f1\u00f3ns, ao car\u00f3n, demostra que esta idea do poboamento orixinario est\u00e1 presente en boa parte da costa galega. Tentaremos sistematizar estas ideas nun artigo cient\u00edfico. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De cando a arqueolox\u00eda alumea e completa un vello relato lendario en Corme Despois dun&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/08\/30\/san-hadrian-vello-outro-relato-das-orixes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">San Hadri\u00e1n Vello: outro relato das orixes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27473,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-27472","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27472","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27472"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27472\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27473"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27472"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27472"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27472"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}