{"id":27465,"date":"2015-07-30T21:12:30","date_gmt":"2015-07-30T19:12:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27465"},"modified":"2015-07-30T21:15:47","modified_gmt":"2015-07-30T19:15:47","slug":"o-estrano-presaxio-dos-ceos-durante-a-guerra-civil","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/07\/30\/o-estrano-presaxio-dos-ceos-durante-a-guerra-civil\/","title":{"rendered":"O estra\u00f1o presaxio dos ceos durante a Guerra Civil"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Ou de como os nosos av\u00f3s volveron a ler os c\u00e9os en clave de funesto augurio<\/div>\n<p>Os seguidores de Cap\u00edtulo Cero lembrar\u00e1n que en maio publiquei un documento fascinante localizado por meu pai: o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2015\/05\/12\/un-documento-historico-excepcional-o-dietariodiario-de-carmelo-dominguez-sobre-a-pobra-do-caraminal\/\">dietario do patr\u00f3n de barco Carmelo Dom\u00ednguez<\/a>, un mari\u00f1eiro da Pobra do Carami\u00f1al que entre os anos 20 e 40 do s\u00e9culo XX foi levando un rexistro escueto pero denso da vida e da morte na Pobra do Carami\u00f1al. \u00c9 un documento interesant\u00edsimo para co\u00f1ecer a sociedade vilega dunha poboaci\u00f3n mar\u00edtima galega e a penetraci\u00f3n dunha industria cultural tan importante coma o cinema. <\/p>\n<p>Ao ler o documento quedeime intrigado cunha sucinta anotaci\u00f3n. Cando chega a Guerra Civil, don Carmelo Dom\u00ednguez fai anotaci\u00f3ns m\u00e1is breves, e apr\u00e9ciase o terror que se instala, sobre todo no primeiro ano do conflito. Pero no ano 1938, en xaneiro, aparece esta anotaci\u00f3n: <\/p>\n<blockquote><p>DIA 25.- Se vio una aurora boreal que dur\u00f3 hasta la una del d\u00eda siguiente, admira a la gente haci\u00e9ndole pensar en &#8220;nuevos castigos&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Quedeime moi intrigado con isto, non s\u00f3 polo propio fen\u00f3meno metereol\u00f3xico, que me resultaba chocante, sen\u00f3n tam\u00e9n con algo m\u00e1is profundo desde o punto de vista cultural. Tradicionalmente asignabamos a sociedades prehist\u00f3ricas ou antigas a interpretaci\u00f3n do c\u00e9o como predictor do noso futuro. A astrolox\u00eda, etc. Pero aqu\u00ed estabamos vendo, en pleno s\u00e9culo XX, como nunha vila galega un fen\u00f3meno que sucede na atm\u00f3sfera \u00e9 contemplado como un aviso sobre o futuro. Algo tan impresionante e tan raro de ver nas nosas latitudes como unha &#8220;aurora boreal&#8221;. <\/p>\n<p>Posteriormente, falando con outros amigos sobre este tema, varios deles afirmaron terlles escoitado aos seus av\u00f3s que se producira esta &#8220;aurora boreal&#8221; e que provocara unha gran desaz\u00f3n na xente. Hai que pensar que no ano 1938 o conflito b\u00e9lico xa estaba moi focalizado e que as zonas de retagarda, a\u00ednda que segu\u00edan baixo un r\u00e9xime de terror, xa pasaran o peor. Pero haber\u00eda que situarse no momento e saber o que pod\u00eda ser iso. <\/p>\n<p>Onte, falando co f\u00edsico Juli\u00e1n Flores, volveu a aparecer esta historia. &#8220;Claro, \u00e9 a tormenta solar de 1938&#8221;, d\u00edxome, e <a href=\"http:\/\/www.elmundo.es\/elmundo\/2013\/01\/23\/ciencia\/1358933296.html\">pasoume algo de informaci\u00f3n sobre ela<\/a>. As\u00ed que, en realidade, trat\u00e1rase dunha aurora boreal que, nas nosas latitudes, se manifestara nunha estra\u00f1a cor vermella inundando o horizonte noturno. O fen\u00f3meno, e adem\u00e1is con esa cor, non puido ser considerado fermoso nin moito menos, sen\u00f3n vinculado de forma sobrenatural a unha guerra que os \u00eda marcar para sempre, ao ceo tinguido de sangue coma se fora un vers\u00edculo b\u00edblico. A tormenta solar de 1938 afectar\u00eda especialmente aos sistemas el\u00e9ctricos nas comunicaci\u00f3ns trasatl\u00e1nticas e nos Estados Unidos, onde a electrificaci\u00f3n urbana era moito maior. Aqu\u00ed, sobre todo, f\u00edxonos volver \u00e1 Idade Media ou \u00e1 Antig\u00fcidade por uns d\u00edas. <\/p>\n<p>Un detalle interesante \u00e9 que o propio Don Carmelo Dom\u00ednguez define o fen\u00f3meno como &#8220;aurora boreal&#8221; xa desde o primeiro momento, como \u00e9 l\u00f3xico nunha vila de mari\u00f1eiros que poder\u00edan estar perfectamente familiarizados co fen\u00f3meno nas s\u00faas viaxes polo Atl\u00e1ntico. Lendo algunhas testemu\u00f1as do fen\u00f3meno noutros puntos da pen\u00ednsula, a definici\u00f3n que dan os paisanos \u00e9 moito menos precisa.<\/p>\n<p>Esta \u00e9 a t\u00edpica historia que eu nunca o\u00edra pero que, cando a compartes, resulta que a sab\u00eda &#8220;todo o mundo&#8221;, hai ducias de publicaci\u00f3ns, etc. Te\u00f1o que reco\u00f1ecer que eu non ti\u00f1a nin idea, as\u00ed que a comparto para que outros tam\u00e9n o poidan saber e, sobre todo, buscar testemu\u00f1as. Tedes escoitado na vosa casa sobre esta aurora? Sabedes algunha an\u00e9cdota? Se \u00e9 as\u00ed e vos apetece, deix\u00e1dea nos comentarios. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ou de como os nosos av\u00f3s volveron a ler os c\u00e9os en clave de funesto&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/07\/30\/o-estrano-presaxio-dos-ceos-durante-a-guerra-civil\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O estra\u00f1o presaxio dos ceos durante a Guerra Civil<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27466,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39],"tags":[],"class_list":["post-27465","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27465","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27465"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27465\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27466"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27465"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27465"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27465"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}