{"id":2742,"date":"2007-05-27T15:09:42","date_gmt":"2007-05-27T13:09:42","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/05\/27\/restaurante-roberto-en-san-xulian-de-sales-vedra-excelente-produto-cunha-mirada-de-autor\/"},"modified":"2007-10-18T23:18:45","modified_gmt":"2007-10-18T21:18:45","slug":"restaurante-roberto-en-san-xulian-de-sales-vedra-excelente-produto-cunha-mirada-de-autor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/05\/27\/restaurante-roberto-en-san-xulian-de-sales-vedra-excelente-produto-cunha-mirada-de-autor\/","title":{"rendered":"Restaurante Roberto, en San Xuli\u00e1n de Sales (Vedra): excelente produto cunha mirada de autor"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2741\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/roberto_1.jpg\" alt=\"roberto_1.jpg\" \/><br \/>\n<em>Fachada do Restaurante Roberto. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Se un busca en Internet informaci\u00f3n m\u00e1is ou menos estendida sobre o <a href=\"http:\/\/www.galinor.es\/santiago\/roberto.html\">Restaurante Roberto<\/a> (981511769) vai acabar frustrado. A diferencia doutros restaurantes, Roberto non circula demasiado na boca-teclado de xornalistas, blogueiros e afeccionados, e mesmo nunha comunidade de gourmets como Verema s\u00f3 hai unha <a href=\"http:\/\/www.verema.com\/comunidad\/mesasyvino\/restaurante.asp?restaurante=118\">pequena referencia<\/a>. Tel\u00e9fonos de contacto, enumeraci\u00f3n de alg\u00fans pratos e xa. Ese mutismo \u00e9 un bo indicador dos cami\u00f1os polos que transita Roberto Crespo, o chef e propietario deste restaurante ubicado en San Xuli\u00e1n de Sales (Vedra), a uns dez minutos de Santiago pero en pleno contorno rural. Uns cami\u00f1os, unhas tendencias algo solitarias na actualidade. Comida de produto e de mercado, baseada na excelencia do peixe e marisco galegos e con discretas innovaci\u00f3ns, resultado das exploraci\u00f3ns de Roberto, m\u00e1is relacionadas coa busca do bo xantar cl\u00e1sico que coa pura experimentaci\u00f3n. O restaurante parece aseguralo, tam\u00e9n, distanciado dos circu\u00edtos tur\u00edsticos, nun lugar moi, moi discreto, pechado entre magnolios e altos muros. A sona do Restaurante Roberto, que a ten, circula m\u00e1is ben con tradici\u00f3n oral. E como toda tradici\u00f3n oral, \u00e1s veces, vai adobiada de elementos fant\u00e1sticos. O propio Roberto Crespo cultiva, en parte, ese silencio. Non \u00e9 home de moitas palabras, como me contaron e puiden comprobar no mesmo restaurante. Non lle parece interesar: segue o seu cami\u00f1o, atemporal, lonxe de modas, tomando s\u00f3 o que lle interesa de viaxes, libros, ideas. <\/p>\n<p>Ao Restaurante Roberto ch\u00e9gase atravesando o verd\u00edsimo val de San Xuli\u00e1n de Sales. \u00c9 unha fermosa casona, da arquitectura burguesa do XIX, pensada para lecer dos seus vellos propietarios nun contorno agrad\u00e1bel. A penas cruzando a estrada rural un entra no Pazo San Cibr\u00e1n, un excelente establecemento hosteleiro rexentado por unha propietaria carism\u00e1tica, Maika Iglesias. E o propio Roberto ofrece algunhas habitaci\u00f3ns no piso superior. \u00c1 casa \u00e9ntrase pola s\u00faa porta, como no vello tempo. \u00c1brese a escada orixinal conservada, e unha sucesi\u00f3n de pequenos comedores instalados seguindo a estrutura da mansi\u00f3n, a xeito de reservados. Unha biblioteca. Unha solaina. A coci\u00f1a. Un salonci\u00f1o de costura, se cadra. \u00c9 o reino do <em>Sargadelos<\/em>, dos libros de pazos editados por Deputaci\u00f3ns, das xerras de Gundiv\u00f3s e Bu\u00f1o. N\u00f3s comimos ao car\u00f3n da lareira, nun ambiente escuro e bastante \u00edntimo. <\/p>\n<p>A carta de Roberto est\u00e1 moi orientada \u00e1s estaci\u00f3ns e aos produtos de mercado, e debe variar con bastante frecuencia. Xunto con men\u00fa \u00e1 carta, o chef ofrece dous men\u00fas degustaci\u00f3ns diferentes, un de 47 euros e outro, longo como un papiro, titulado <em>Para co\u00f1ecernos m\u00e1is<\/em>, de 76. Os dous abundan nunha sucesi\u00f3n de mariscos, peixes e carnes, guarnicionados con hortalizas de primeir\u00edsima calidade e nos que se busca o respecto m\u00e1ximo ao produto e \u00e1 tradici\u00f3n, ofrecendo unha nova vista sobre ela, a\u00ednda que iso poida provocar nunha certa repetici\u00f3n incomprens\u00edbel de pratos e aderezos -como servir zamburi\u00f1as e cigali\u00f1as de aperitivo ou de prato, ou o uso en dous platos consecutivos do vinagre de M\u00f3dena-. N\u00f3s optamos polo men\u00fa de 47 euros. Comezamos cuns aperitivos, e logo seguimos cunha <em>ensalada de cigali\u00f1as e verduras<\/em> (fant\u00e1stica), seguida pola s\u00faa famosa <em>vieira sobre fondo de pur\u00e9 de pataca e vinagreta<\/em> -xenial, salvo o abuso da vinagreta, que aniquilaba o fondo do prato-. Continuamos cunhas <em>zamburi\u00f1as gratinadas ao godello<\/em> -moi boas-, e seguimos cun <em>bacallau con verduras<\/em>, exactamente no seu punto. Como carne ofreceunos un <em>pich\u00f3n de Araiz con arroz de setas<\/em>, not\u00e1bel. Para rematar, tres postres encadenados, xeado de casta\u00f1as, chocolate con aceite de oliva e xeado de fresas -moi not\u00e1beis, especialmente o chocolate. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image2744\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/roberto_3.jpg\" alt=\"roberto_3.jpg\" \/><br \/>\n<em>Vieira con pur\u00e9 de patacas e vinagreta<\/em><\/p>\n<p>O restaurante ofrece tam\u00e9n unha proposta de maridaxe de vi\u00f1os co men\u00fa, e debe ser un dos poucos restaurantes galegos en atreverse a facelo. Por sete euros o restaurante s\u00edrveche cos mariscos un Albari\u00f1o Valtea (excelente), co bacallau un Ribeiro Gran Tenencia (normal) e co pich\u00f3n un crianza de Rioja, o Alt\u00fan (normal, pero result\u00f3n). Existe unha proposta de maridaxe tam\u00e9n para o men\u00fa <em>eterno<\/em> de 75 euros. \u00c9 unha idea xenial para poder apreciar diferentes vi\u00f1os, sobre todo neste tipo de men\u00fas que combinan mar e terra. O servizo, excelente, e os tempos entre pratos perfectamente sincronizados. O prezo, caro para o que se ofrece -se o comparamos con outros restaurantes da contorna no mesmo nivel ou superior-, pero ao mesmo tempo, cunha materia prima de primeir\u00edsima calidade, unha coidad\u00edsima atenci\u00f3n e unha atinada resoluci\u00f3n dos pratos. O seu gran valor est\u00e1, como na <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/06\/14\/xantando-na-casa-dos-martinez\/\">Casa dos Mart\u00ednez<\/a>, en Padr\u00f3n, na capacidade de po\u00f1er o acento persoal, de autor, de experiencia vital, sobre os pratos. <\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n<p>Un par de fotos m\u00e1is de pratos no interior do post<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image2743\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/roberto_2.jpg\" alt=\"roberto_2.jpg\" \/><br \/>\n<em>Ensalada de cigali\u00f1as con verduras<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" id=\"image2745\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/roberto_4.jpg\" alt=\"roberto_4.jpg\" \/><br \/>\n<em>Pich\u00f3n de Araiz con arroz con setas<\/em><\/p>\n<p><!--adsense#sete--><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fachada do Restaurante Roberto. Fotos: Sole Se un busca en Internet informaci\u00f3n m\u00e1is ou menos<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/05\/27\/restaurante-roberto-en-san-xulian-de-sales-vedra-excelente-produto-cunha-mirada-de-autor\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Restaurante Roberto, en San Xuli\u00e1n de Sales (Vedra): excelente produto cunha mirada de autor<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2741,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-2742","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2742","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2742"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2742\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2741"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2742"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2742"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2742"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}