{"id":27381,"date":"2015-05-31T23:52:17","date_gmt":"2015-05-31T21:52:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27381"},"modified":"2015-05-31T23:58:44","modified_gmt":"2015-05-31T21:58:44","slug":"a-ultima-viaxe-marineira-dos-monxes-da-merce","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/05\/31\/a-ultima-viaxe-marineira-dos-monxes-da-merce\/","title":{"rendered":"A \u00faltima viaxe mari\u00f1eira dos monxes da Merc\u00e9"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Un estra\u00f1o costume dos monxes da Pobra do Carami\u00f1al enlaza as relaci\u00f3ns de poder entre comunidades relixiosas coas antiqu\u00edsimas lendas locais<\/div>\n<p>Levo toda a tarde d\u00e1ndolle voltas a unha imaxe fascinante, destas que visualizas m\u00e1is ben no escenario dun filme, que non acabas de comprender totalmente, que en si mesma \u00e9 un trazo impactante que fica na retina e na memoria. Unha historia das ritualidades e dos costumes que se preservaban, como relaci\u00f3ns de poder, e como relaci\u00f3ns simb\u00f3licas, na Galicia de hai uns s\u00e9culos. Para situarvos: na mi\u00f1a vila, na Pobra do Carami\u00f1al, hab\u00eda un mosteiro franciscano fundado pola familia Xunqueiras no s\u00e9culo XV. Foi fundado na parroquia do Xobre, ao p\u00e9 dun castro, sobre o mar e sen d\u00fabida o lugar deb\u00eda ter unha antiga tradici\u00f3n xa. Hai non moitos anos rescatouse unha ara romana empregada para atar as dornas al\u00f3. <\/p>\n<p>No medio da ensenada da Pobra do Carami\u00f1al hab\u00eda tam\u00e9n outro famoso lugar de monxes: o Priorato da Merc\u00e9. Depend\u00eda de San Marti\u00f1o Pinario e existe tam\u00e9n cando menos desde o s\u00e9culo XVI (e seguramente desde algo antes). O lugar \u00e9 famoso porque al\u00ed durmiu Frei Mart\u00edn Sarmiento o d\u00eda anterior \u00e1 exploraci\u00f3n que fixo do vello mosteiro en ru\u00ednas da Miserela e do misterioso Pozo Negro que o rodea, pero tam\u00e9n porque Valle Incl\u00e1n mercouno para constru\u00edr al\u00ed o seu so\u00f1o de fidalgu\u00eda rural. O sitio, nas \u00faltimas d\u00e9cadas, estivo rodeado de pol\u00e9mica por temas de propietarios, propiedade da capela, etc. Mirade este mapa para situardes os dous lugares, que vedes que non est\u00e1n especialmente distantes, a\u00ednda que no cami\u00f1o entre os dous hab\u00eda que superar tres r\u00edos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_merce.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pois ben. Hoxe estiven lendo un interesant\u00edsimo libro de historia local: <em>Her\u00e1ldica de A Pobra do Carami\u00f1al. Sus Linajes<\/em>, do se\u00f1or Ramiro Villoch, editado polo Liceo Pueblense. Entre outros interesantes datos sobre a vila que aqu\u00ed se mostran, aparece unha imaxe fant\u00e1stica. A\u00ednda que a capela do priorato da Merc\u00e9 era tam\u00e9n lugar de enterramento, os seus monxes ti\u00f1an dereito a ser enterrados en dous sitios: a igrexa de Postmarcos (a da parroquia na que est\u00e1 o priorato) e no mosteiro do Xobre. A cuesti\u00f3n \u00e9 o que fac\u00edan cando ti\u00f1an un monxe morto. Os monxes buscaban un barco de certa entidade e constru\u00edan todo un ritual. A cruz da Parroquia de Postmarcos p\u00fa\u00f1ase na proa do barco, e o morto era levado polo mar, acompa\u00f1ado da s\u00faa congregaci\u00f3n de monxes, ata o mosteiro do Xobre, onde os franciscanos recib\u00edan e acoll\u00edan ao beneditino morto e pu\u00f1an en marcha todos os rituais do funeral. <\/p>\n<p>O se\u00f1or Villoch busca unha explicaci\u00f3n pr\u00e1ctica para este chamativo comportamento. O mal estado das estradas e o feito de que os pasais dos dous r\u00edos que era necesario atravesar para chegar ao mosteiro estaban anegados no inverno (en realidade tres). Pero a historia, nun mundo tan ritualista coma o do Antigo R\u00e9xime, onde como digo todo est\u00e1 codificado e regulamentado, parec\u00edame un pouco estra\u00f1a como para obedecer unicamente a unha cuesti\u00f3n pr\u00e1ctica relativamente menor. Hai que ter en conta que no Antigo R\u00e9xime moitos mortos de certo poder traslad\u00e1banse durante moitos quil\u00f3metros para seren soterrados al\u00ed onde se indicaban as mandas testamentarias. Lin os diferentes exemplos do se\u00f1or Villoch e alg\u00fans dos enterramentos prod\u00facense en xullo ou xu\u00f1o, en \u00e9poca sde seca. E en ningunha das cr\u00f3nicas de traslado se fala da excepcionalidade do recurso mar\u00edtimo, sen\u00f3n todo o contrario: parece unha parte m\u00e1is do sepelio. <\/p>\n<p>Estamos ante un fascinante e sorprendente ritual que non podo deixar de po\u00f1er en conexi\u00f3n con todo un universo de crenzas nas que o cat\u00f3lico e o pag\u00e1n se entrecruzan. O Priorato da Merc\u00e9 est\u00e1 ao car\u00f3n da desembocadura do r\u00edo Pedras, que as vellas lendas de Postmarcos falan de como foi remontado por San Amaro nunha barca de pedra para fundar o mosteiro de San Xo\u00e1n da Miserela. Monxes e santos navegantes, entre as illas de Solstici\u00f3n e o mundo normal, entre o para\u00edso, o mundo dos mortos e o dos vivos. Este estra\u00f1o xeito de trasladar o corpo debe lembrar unha antiga alianza, pero tam\u00e9n se cadra esta \u00faltima viaxe reproduce -a\u00ednda que xa eles, ao final, no XIX, non foran totalmente conscientes- unha antiga viaxe ao mundo dos mortos ou ao encontro de Deus, no final do mar.  <\/p>\n<p>Non podo menos que lembrar tam\u00e9n que os monxes do mosteiro do Xobre vi\u00f1eron tam\u00e9n das entra\u00f1as da serra do Barbanza. Abandonaron no s\u00e9culo XV aquel vello eremitorio fundado, nas lendas, por San Amaro nunha barca de pedra, e mantiveron a memoria dese traslado dun xeito detallado. As\u00ed o lin eu fascinando hai xa m\u00e1is dunha d\u00e9cada, nun manuscrito que a\u00ednda non foi editado e que espero que siga existindo. \u00c9 todo ese  universo de memorias, lendas, de devoci\u00f3ns e de rituais que consolidan relaci\u00f3ns de poder, o que escenifican estas procesi\u00f3ns de defuntos mortos polo mar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un estra\u00f1o costume dos monxes da Pobra do Carami\u00f1al enlaza as relaci\u00f3ns de poder entre&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/05\/31\/a-ultima-viaxe-marineira-dos-monxes-da-merce\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A \u00faltima viaxe mari\u00f1eira dos monxes da Merc\u00e9<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27382,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-27381","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27381","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27381"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27381\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27382"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27381"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27381"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27381"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}