{"id":27262,"date":"2015-04-15T08:23:38","date_gmt":"2015-04-15T06:23:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27262"},"modified":"2015-04-15T08:23:38","modified_gmt":"2015-04-15T06:23:38","slug":"culturagalega-un-cambio-de-deseno-unha-nova-vision","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/04\/15\/culturagalega-un-cambio-de-deseno-unha-nova-vision\/","title":{"rendered":"culturagalega: un cambio de dese\u00f1o, unha nova visi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Onte presentamos un cambio de dese\u00f1o (e de concepto) importante en <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.gal\">culturagalega<\/a>. Aqu\u00ed vai o texto que escrib\u00edn para dar conta sucinta de en que consiste o cambio.  <\/p>\n<p>O 14 de abril de 1947 a nosa lingua deu un salto excepcional. Da man de dous afoutos xornalistas galegos da BBC, Alexandre Reimundez e Felipe Fern\u00e1ndez Armesto, a prestixiosa radio p\u00fablica brit\u00e1nica iniciou ese d\u00eda as emisi\u00f3ns dun programa en galego destinado ao mundo enteiro. Con colaboradores coma Pl\u00e1cido Castro, ou os correspondentes desde Galicia Leuter Gonz\u00e1lez Salgado e Francisco Fern\u00e1ndez del Riego, polo programa en galego da BBC pasou boa parte da n\u00f3mina de intelectuais de Galicia. A lingua e a cultura galegas empregaban, por primeira vez, un soporte de alcance mundial.<\/p>\n<p>Quixemos aproveitar unha data tan sinalada para presentar un novo dese\u00f1o de culturagalega e honrar a memoria dos emprendedores que decidiron sacar a cultura galega ao mundo. A nosa plataforma cumpre xa quince anos nas redes desde que fora inaugurada un 10 de outubro de 2000 no Consello da Cultura Galega e este ser\u00e1 o terceiro gran cambio gr\u00e1fico que se acomete. \u00c9 o medio nacido en li\u00f1a en galego m\u00e1is veterano do pa\u00eds.<\/p>\n<p>Resum\u00edmoste os cambios e a nova filosof\u00eda en cinco r\u00e1pidas ideas.<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">culturagalega.gal.<\/span><\/p>\n<p>A partir de hoxe xa podes acceder a culturagalega desde o sufixo .gal, espec\u00edfico da lingua e cultura galegas.<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">Adaptaci\u00f3n.<br \/>\n<\/span><br \/>\nUnha das claves do novo dese\u00f1o \u00e9 a responsividade, \u00e9 dicir, a capacidade tecnol\u00f3xica do medio a adaptarse \u00e1s diferentes superficies nos que este se visualiza. A nova culturagalega outorga unha gran flexibilidade para ser vista de xeito c\u00f3modo e espec\u00edfico para web, tablets, e m\u00f3biles.<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">Profundidade e lixeireza<br \/>\n<\/span><br \/>\nA nova culturagalega emprende unha nova visi\u00f3n xornal\u00edstica que se ir\u00e1 desenvolvendo nos vindeiros meses, abrindo unha nova concepci\u00f3n de servizo p\u00fablico informativo. Producirase m\u00e1is informaci\u00f3n destinada a orientar, a conectar, a crear un espazo informativo galego na rede, no que fontes de informaci\u00f3n, produtores e creadores de contidos canda medios e mediadores poidan ser visibilizados de maneira m\u00e1is estreita. Ao mesmo tempo, culturagalega prestar\u00e1 m\u00e1is atenci\u00f3n a temas que ser\u00e1n tratados m\u00e1is en profundidade, ao longo do tempo; temas decisivos e grandes historias que deben ser co\u00f1ecidas.<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">Cada p\u00e1xina \u00e9 o punto de partida.<br \/>\n<\/span><br \/>\nUn dos futuros do xornalismo \u00e9 participar no fluxo informativo das persoas. Cada persoa conectada, hoxend\u00eda, dese\u00f1a o seu propio fluxo de informaci\u00f3n. Queremos que a cultura galega chegue cada vez a m\u00e1is persoas, facendo o esforzo de ir n\u00f3s a eles, e non agardar que eles ve\u00f1an a n\u00f3s. Queremos estar no r\u00edo social que abastece de ideas aos cidad\u00e1ns, a trav\u00e9s de p\u00e1xinas ben constru\u00eddas e en detalle, que valgan para acceder ao resto de contidos da plataforma e mesmo do Consello da Cultura Galega.<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">A acci\u00f3n \u00e9 a reflexi\u00f3n<br \/>\n<\/span><br \/>\nCremos que a vindeira d\u00e9cada vai ser crucial para a supervivencia da nosa lingua, cultura e industria cultural, tal e como a co\u00f1ecemos nun sentido moderno: a dunha cultura viva e europea, cun inmenso leigado en parte a\u00ednda sen aproveitar. Na vindeira d\u00e9cada xog\u00e1monos un xeito de porvir para a nosa cultura e, polo tanto, para o noso pa\u00eds. culturagalega leva quince anos informando d\u00eda a d\u00eda dos f\u00edos m\u00e1is vivos e creativos de Galicia: os vindeiros dez ser\u00e1n os anos nos que debamos recuperar o p\u00fablico, ga\u00f1ar outros novos e constru\u00edr o futuro. Este redese\u00f1o \u00e9 a nosa primeira acci\u00f3n para esta reflexi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte presentamos un cambio de dese\u00f1o (e de concepto) importante en culturagalega. Aqu\u00ed vai o&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/04\/15\/culturagalega-un-cambio-de-deseno-unha-nova-vision\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">culturagalega: un cambio de dese\u00f1o, unha nova visi\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27263,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-27262","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-medios","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27262","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27262"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27262\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27263"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27262"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27262"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27262"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}