{"id":27242,"date":"2015-04-05T21:14:19","date_gmt":"2015-04-05T19:14:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27242"},"modified":"2015-04-05T21:16:23","modified_gmt":"2015-04-05T19:16:23","slug":"consensos-sobre-a-ausencia-un-estudo-sobre-a-publicidade-turistica-da-xunta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/04\/05\/consensos-sobre-a-ausencia-un-estudo-sobre-a-publicidade-turistica-da-xunta\/","title":{"rendered":"&#8220;Consensos sobre a ausencia&#8221;: un estudo sobre a publicidade tur\u00edstica da Xunta"},"content":{"rendered":"<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/o607cfxtyRc\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><br \/>\n<em>Spot de &#8220;Galicia es \u00fanica&#8221; (2006)<\/em><\/p>\n<p>O Anuario Internacional da Comunicaci\u00f3n Lus\u00f3fona 2014, dispo\u00f1ible online, acolle un pequeno estudo meu titulado &#8220;Consensos sobre a ausencia. O &#8216;destino Galicia&#8217; na publicidade audiovisual da Xunta de Galicia&#8221;, no que analizo as mensaxes e a construci\u00f3n do destino Galicia no repertorio de anuncios audiovisuais financiados por Turismo de Galicia entre os anos 2006 e 203. <\/p>\n<p>As mi\u00f1as conclusi\u00f3ns res\u00famense no propio t\u00edtulo do artigo: un <span class=\"highlight\">consenso contru\u00eddo a partir de ausencias deliberadas<\/span>. Estes anuncios conseguiron funcionar e ter a aprobaci\u00f3n dun gran n\u00famero de galegos de diferentes ideolox\u00edas, e iso intrig\u00e1bame: como se construiu algo aceptado por xente tan distinta? A mi\u00f1a proposta \u00e9 que est\u00e1 constru\u00eddo a partir de facer invisible, de deixar atr\u00e1s, de facer ausente todo aquelo que xenera problem\u00e1tica e conflito na nosa sociedade. <\/p>\n<p>Este \u00e9 un extracto das conclusi\u00f3ns: <\/p>\n<blockquote><p>A publicidade tur\u00edstica tende a eliminar a conflitividade interna dos destinos, unhas veces camufl\u00e1ndoo e outras veces ofrecendo un discurso alternativo (&#8230;). As elusi\u00f3ns e ausencias da marca Galicia revelan as profundas contradici\u00f3ns, dificultades e tensi\u00f3ns sociais e locais existentes na Galicia contempor\u00e1nea. (&#8230;) A elevada calidade t\u00e9cnica dos spots de Galicia -posiblemente en termos est\u00e9ticos son os m\u00e1is coidados e innovadores que se producen no Estado para a s\u00faa difusi\u00f3n en cadeas xeralistas- provoca unha primeira ollada acr\u00edtica. <\/p>\n<p>S\u00f3 cando se chama a atenci\u00f3n sobre as ausencias \u00e9 cando se percibe o produto publicitario como un modelo en certo xeito truncado, acomodaticio, que non s\u00f3 mostra, sen\u00f3n que tam\u00e9n agocha. A construci\u00f3n dunha Galicia inmemorial permite h\u00e1bilmente evitar as refefencias \u00e1 industria tur\u00edstica galega actual, pero tam\u00e9n aos debates ao redor dos modelos urbanos e de h\u00e1bitat que queremos. Implica tam\u00e9n unha renuncia dos propios xestores do spot en aceptar o que a Galicia do s\u00e9culo XXI \u00e9 a nivel humano, e o que pode amosar a un for\u00e1neo. A ausencia de localizaci\u00f3ns concretas -que sempre son puntos que motivan o desprazamento dun usuario, que non vai s\u00f3 a \u201cGalicia\u201d sen\u00f3n a destinos determinados- permite evitar a confrontaci\u00f3n do executivo auton\u00f3mico cos poderes locais de todo tipo; a ausencia de sociedade sup\u00f3n tam\u00e9n evitar a xesti\u00f3n de elementos de conflito e discusi\u00f3n interna. <\/p>\n<p>A maiores, o discurso do spot est\u00e1 subordinado e estremadamente orientado a un destino concreto: o turista espa\u00f1ol. Os spots non tentan amosar unha visi\u00f3n de Galicia constru\u00edda desde dentro, e desde o mundo actual, sen\u00f3n a que xa est\u00e1 constru\u00edda polos dem\u00e1is (e aceptada internamente). Como vimos, o turista espa\u00f1ol est\u00e1 especialmente consolidado no mercado do turismo galego, pero chama a atenci\u00f3n que ante a necesidade de incrementar o turismo estranxeiro, o goberno galego se resigne a realizar campa\u00f1as s\u00f3 en medios galegos e estatais. Unha ollada \u00e1s p\u00e1xinas oficiais de turismo no Youtube de Euskadi e Catalu\u00f1a permiten comprender que realizar esa campa\u00f1a promocional -dentro das marxes competenciais do Estatuto- \u00e9 perfectamente posible.\n<\/p><\/blockquote>\n<p><a href=\"https:\/\/www.academia.edu\/11458514\/Consensos_sobre_a_ausencia._O_destino_Galicia_na_publicidade_audiovisual_da_Xunta_de_Galicia\">Aqu\u00ed podes ler o artigo completo<\/a>. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"640\" height=\"360\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/AHd26qNDVps\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><br \/>\n<em>\u00daltimo spot ata o momento: &#8220;Galicia o bo cami\u00f1o&#8221;<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Spot de &#8220;Galicia es \u00fanica&#8221; (2006) O Anuario Internacional da Comunicaci\u00f3n Lus\u00f3fona 2014, dispo\u00f1ible online,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/04\/05\/consensos-sobre-a-ausencia-un-estudo-sobre-a-publicidade-turistica-da-xunta\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&#8220;Consensos sobre a ausencia&#8221;: un estudo sobre a publicidade tur\u00edstica da Xunta<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14],"tags":[],"class_list":["post-27242","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-audiovisual","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27242","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27242"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27242\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27242"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27242"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27242"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}