{"id":27222,"date":"2015-03-31T20:37:09","date_gmt":"2015-03-31T18:37:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27222"},"modified":"2015-04-01T00:28:50","modified_gmt":"2015-03-31T22:28:50","slug":"a-horta-dobradoiro-unha-nova-proposta-entre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/03\/31\/a-horta-dobradoiro-unha-nova-proposta-entre\/","title":{"rendered":"A Horta do Obradoiro: coci\u00f1a con fondo e ideas frescas para un novo polo gastron\u00f3mico"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Tres novos coci\u00f1eiros abren aos p\u00e9s da Catedral de Santiago unha proposta de coci\u00f1a de sabor e produto, que se construir\u00e1 conforme eles mesmos evolucionen. <\/div>\n<p>Xusto enfronte da m\u00edtica Casa Marcelo, e no local do restaurante Huertas,referencia de certa gastronom\u00eda de nivel a principios dos 90 en Compostela, tres novos coci\u00f1eiros ve\u00f1en de abrir unha nova proposta: a Horta do Obradoiro (r\u00faa Hortas, 16). Son Francisco Kike Pi\u00f1eiro, Vanesa Vera Avola e Eloy Cancela. Os tres son novos, pero tam\u00e9n est\u00e1n bregados noutras coci\u00f1as. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A proposta do restaurante ten de todo en termos de dese\u00f1o: desde unha pequena barra inicial ata un coqueto comedor de poucas mesas que atravesa unha rampa que conduce a un invernadoiro exterior, no que os clientes de barra com\u00fan aproveitan a escasa luz compostel\u00e1 e un pequeno espazo axardinado, estreito e cheo de \u00e1rbores decorativas que caracterizan estas hortas secretas da r\u00faa Hortas, ao p\u00e9 da catedral, se cadra unha das chiscadelas m\u00e1is encantadoras de Compostela. A propia casa do restaurante \u00e9 un vello edificio do XVII, no que a tradici\u00f3n conta que viviron os m\u00fasicos da Catedral. Aqu\u00ed e al\u00f3 hai chiscadelas que falan de como os propios coci\u00f1eiros estiveron involucrados nos procesos de reforma e decoraci\u00f3n ata as cellas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A proposta gastron\u00f3mica \u00e9 singular: hai unha carta dividida en tres m\u00f3dulos, no que un deles est\u00e1 baleiro e vai af\u00edn \u00e1 vocaci\u00f3n de aprendizaxe do local. Mentres o primeiro dos m\u00f3dulos aposta por pratos m\u00e1is tradicionais do acervo culinario galego, de culler ou non, como polbo \u00e1 mugardesa ou potaxe de vixilia, o m\u00f3dulo central escolle propostas m\u00e1is creativas que proceden do acervo e da experiencia previa dos coci\u00f1eiros. O terceiro m\u00f3dulo, a\u00ednda baleiro, significar\u00e1 as creaci\u00f3ns que vaian xurdindo a partir desta s\u00edntese de tres coci\u00f1as e un local moi especial ao longo destes anos que ve\u00f1en. De feito, o local a\u00ednda non est\u00e1 inaugurado oficialmente (ser\u00e1 en maio) pero nos tres d\u00edas que leva o \u00e9xito xa \u00e9 notable. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/horta_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sobre esa gastronom\u00eda, dicir que nos gustou moito. Unha primeira impresi\u00f3n (con s\u00f3 catro platos consumidos) \u00e9 a da satisfacci\u00f3n por estar en mans de coci\u00f1eiros con oficio que saben manexarse estupendamente na coci\u00f1a tradicional, adapt\u00e1ndoa a un contexto actual, na que as comidas deben ser nutritivas, saborosas, pero tam\u00e9n lixeiras. Os ourizos, servidos ben frescos; o potaxe de vixilia e o polbo \u00e1 mugardesa, pratos alixeirados, cos puntos de cocci\u00f3n determinados de forma meticulosa, con caldos limpos e lixeiros -a\u00ed \u00e9 a principal diferencia coas elaboraci\u00f3ns m\u00e1is tradicionais- de sabores concentrados, persistentes, e que dan ga\u00f1as de baleirar as peroli\u00f1as. De postre, un biscoito de cenouras excelente, ou -a mi\u00f1a recomendaci\u00f3n- proben o postre de maz\u00e1 asada e xeado de canela. <\/p>\n<p>A Horta d&#8217;Obradoiro \u00e9 aire fresco para unha hosteler\u00eda compostel\u00e1 que non estaba a pasar polo seu mellor momento: un concepto que se complementa \u00e1 perfecci\u00f3n con Casa Marcelo, xusto enfronte -unha coci\u00f1a totalmente distinta- e que configura un aut\u00e9ntico polo gastron\u00f3mico na zona de Hortas, se pensamos que moi preto est\u00e1 un dos mellores restaurantes de coci\u00f1a tradicional, o Don Quijote, e o restaurante m\u00e1is ilustrado da cidade, o Pedro Roca. Catro conceptos distintos e os catro dunha elevada calidade e diferente rango de prezos. Un respiro feliz para unha Compostela que est\u00e1 bastante despistada!<\/p>\n<p>A carta de vi\u00f1os a\u00ednda est\u00e1 bastante discreta. A idea do local \u00e9 manter unhas trinta referencias moi cambiantes, un pouco no concepto de sumiller\u00eda actual de non acumular stocks de vi\u00f1o que non se poidan defender. <\/p>\n<p>Prezo medio duns 20 euros, 25 con vi\u00f1o. <strong>E un plus<\/strong>: Carta e servizo en galego. <\/p>\n<p>Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tres novos coci\u00f1eiros abren aos p\u00e9s da Catedral de Santiago unha proposta de coci\u00f1a de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/03\/31\/a-horta-dobradoiro-unha-nova-proposta-entre\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Horta do Obradoiro: coci\u00f1a con fondo e ideas frescas para un novo polo gastron\u00f3mico<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27232,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-27222","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27222","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27222"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27222\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27232"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27222"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27222"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27222"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}