{"id":27045,"date":"2015-01-23T09:35:20","date_gmt":"2015-01-23T07:35:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=27045"},"modified":"2015-01-23T09:43:57","modified_gmt":"2015-01-23T07:43:57","slug":"pintia-ata-cando-poden-descansar-os-mortos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/01\/23\/pintia-ata-cando-poden-descansar-os-mortos\/","title":{"rendered":"Pintia: ata cando poden descansar os mortos?"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Unha necr\u00f3pole vaccea \u00e1 que acuden os mortos contempor\u00e1neos. <\/div>\n<p>Pintia \u00e9 un interesante e pouco popularizado sitio arqueol\u00f3xico, preto de Padilla de Duero e moi inmediato a Pe\u00f1afiel. Tr\u00e1tase dunha cidade vaccea, un dos pobos celt\u00edberos da Idade do Ferro, que posteriormente tivo ocupaci\u00f3n romana e mesmo visig\u00f3tica. En total son unhas 125 hect\u00e1reas dun poboado que tivo o seu c\u00e9nit no s\u00e9culo IV a.C. e que hai que mirar de xeito ben distinto, por exemplo, a un castro na s\u00faa configuraci\u00f3n. A cidade, que contaba cunha s\u00f3lida muralla, est\u00e1 mudada nunhas grandes eiras. Como sempre acontece por estas partes da Pen\u00ednsula, d\u00e1se un fen\u00f3meno que aos afeccionados galegos nos resulta ben chamativo: todas as eiras labradas est\u00e1n cheas de cer\u00e1mica \u00e1 que aqu\u00ed lle dariamos moito valor: anacos de \u00e1nforas, sigillatas, cer\u00e1micas estampilladas&#8230;as culturas materiais que perviviron noutras partes da pen\u00ednsula son moito m\u00e1is diversas que as da Idade do Ferro galega. <\/p>\n<p>Pintia est\u00e1 conformada por un h\u00e1bitat -Las Quintanas- pero despois tam\u00e9n por dous ou tres enigm\u00e1ticos espazos sobre os que se ten traballando de forma disimilar e que valer\u00edan para unha clase de microtoponimia e arqueolox\u00eda. Sa\u00edndo da &#8220;cidade&#8221; (insisto, hoxe unhas leiras que s\u00f3 conservan baixo a terra unhas poucas fiadas de muralla), est\u00e1n unhas fincas chamadas Los Cenizales, e m\u00e1is al\u00e1, outras chamadas Las Ruedas. En Las Ruedas est\u00e1 a necr\u00f3pole do poboado, con miles de enterramentos por cremaci\u00f3n, e debe posiblemente ao seu nome a que aqu\u00ed foron localizadas estelas discoideas. A hip\u00f3tese do equipo escavador conecta a necr\u00f3pole das Ruedas con Los Cenizales, que fican nunha posici\u00f3n intermedia entre o cemiterio e a cidade. Este lugar hoxe \u00e9 sobrecolledor. Efectivamente, segue habendo moit\u00edsima cinza vella diseminada nestas leiras. Como digo, a hip\u00f3tese \u00e9 que este lugar era o crematorio dos mortos, onde estes eran reducidos a cinzas ata seren gardados en potas e levados \u00e1s Ruedas. Pon os pelos de punta descubrir a\u00ednda toda esa grisallada na leira despois de miles de anos de laboreo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pintia_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pintia_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A necr\u00f3pole s\u00f3 est\u00e1 escavada moi parcialmente, pero d\u00e1 moito que pensar. Cada morto estaba sinalado por unha pequena estela informe, sen inscrici\u00f3n moitas delas ata \u00e9poca romana. Algunhas m\u00e1is relevantes, pod\u00edan ter, como dic\u00eda, unha estela. Baixo a pedra de sinalizaci\u00f3n local\u00edzase algo moi importante: unha pequena foxa, e dentro dela, o cacharro coas cinzas do defunto -nas que sobreviven sempre varios osos que lles permiten aos cient\u00edficos datar o sexo e idade do morto- e un enxoval que var\u00eda en funci\u00f3n das persoas, pero nas que moitas veces se atopan armas, f\u00edbulas, bens de luxo&#8230;obxectos queridos que acompa\u00f1an ao morto no al\u00e9n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pintia_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na recuperaci\u00f3n da necr\u00f3pole de Las Ruedas d\u00e9ronse varios procesos interesantes que me fixeron cavilar e dar moitas voltas ao lugar. No lugar de localizaci\u00f3n de determinadas tumbas sen estelas, estas foron substitu\u00eddas por cipreses. Un poeta local escribiu un poema base\u00e1ndose na documentaci\u00f3n cient\u00edfica da tumba; poemas que aluden \u00e1 mocidade do morto, ao seu x\u00e9nero, a alg\u00fan obxecto que pertenc\u00eda. Son poemas moi <em>memento mori<\/em>, claro, pero non deixa de ser unha invenci\u00f3n de memorias e unha invenci\u00f3n dos mesmos mortos. Pero o m\u00e1is fascinante \u00e9 que, nun estremo da necr\u00f3pole comez\u00e1ronse a depositar unha sorte de placas modernas cos nomes de mortos contempor\u00e1neos. Desco\u00f1ezo se est\u00e1n depositadas as s\u00faas cinzas baixo estas plaqui\u00f1as, pero si os seus nomes e a s\u00faa memoria, prolong\u00e1ndose naquel cemiterio tras case dous mil anos de interrupci\u00f3n do seu uso. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pintia_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A impresi\u00f3n, claro, \u00e9 a de pasear por un pac\u00edfico e calmo cemiterio, co repouso e acougo que sempre ofrecen os camposantos. Cal \u00e9 a forma de ver isto: como un espazo museogr\u00e1fico ou como un lugar de memoria e respecto? Ou como as d\u00faas cousas ao mesmo tempo? Baixo os nosos p\u00e9s descansan mortos que, na perspectiva e mentalidade de hoxe, agochan importante informaci\u00f3n cient\u00edfica. As\u00ed que o simb\u00f3lico, o sagrado e o cient\u00edfico confl\u00faen neste lugar. A partir de que momento os homes deixamos de ser humanos e pasamos a ser unicamente contedores de datos cient\u00edficos? Na mi\u00f1a mentalidade atea, creo que ese momento comeza a producirse desde o mesmo momento de morrer, pero un paseo por este cemiterio de hai dous mil anos, un humilde cemiterio da Idade do Ferro, tam\u00e9n permite comprobar que a dignidade humana vai al\u00e9n dos s\u00e9culos, que \u00e9 un di\u00e1logo constru\u00eddo con poes\u00edas e coa vontade de querer repousar nas proximidades daqueles que son considerados devanceiros, a\u00ednda que neste val do Douro, entre os vacceos e n\u00f3s, te\u00f1an pasados ducias de culturas, xentes, ex\u00e9rcitos, repoboaci\u00f3ns e xen\u00e9ticas. Aqu\u00ed vese moi ben como os av\u00f3s son figuras necesarias. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha necr\u00f3pole vaccea \u00e1 que acuden os mortos contempor\u00e1neos. Pintia \u00e9 un interesante e pouco&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2015\/01\/23\/pintia-ata-cando-poden-descansar-os-mortos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Pintia: ata cando poden descansar os mortos?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":27050,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-27045","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27045","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27045"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27045\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27050"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27045"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27045"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27045"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}