{"id":26784,"date":"2014-11-02T13:27:14","date_gmt":"2014-11-02T11:27:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26784"},"modified":"2014-11-02T13:48:40","modified_gmt":"2014-11-02T11:48:40","slug":"red-obsession-cando-o-vino-se-convirte-nun-valor-capitalista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/11\/02\/red-obsession-cando-o-vino-se-convirte-nun-valor-capitalista\/","title":{"rendered":"Red Obsession: cando o vi\u00f1o se dispara no mercado"},"content":{"rendered":"<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"750\" height=\"422\" src=\"\/\/www.youtube.com\/embed\/tL326WZCPSQ?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>O filme documental <em>Red Obsession<\/em> est\u00e1 dirixido por David Roach e Warwick Ross. A sedutora voz de Russell Crowe introd\u00facenos nesta fascinante historia, que ten o seu principal acerto no enfoque, no problema que presenta xusto neste momento, na ameaza para o concepto tradicional de adega e do mundo do vi\u00f1o. <\/p>\n<p>A presi\u00f3n do mercado chin\u00e9s sobre os tintos de Burdeos, as s\u00faas consecuencias disparadas no sobrecuste de determinadas marcas de vi\u00f1o e a &#8220;expulsi\u00f3n&#8221; dese mercado doutros consumidores tradicionais. O documental narra as exorbitantes, e sen d\u00fabida ningunha, disparatadas cifras que se pagan por caixas das marcas bordelesas m\u00e1is reputadas e fai pensar nas diferencias a\u00ednda existentes entre o mercado do vi\u00f1o e outros. A\u00ednda que as marcas son importantes, a excesiva confianza nunha marca, m\u00e1is que nun territorio, do consumidor chin\u00e9s -que est\u00e1 desorientado no labirinto de denominaci\u00f3ns e diferencias do bordel\u00e9s- provoca estas oscilaci\u00f3ns que colapsan e condicionan a\u00f1adas enteiras. O vi\u00f1o funciona nestes momentos como un valor de cambio e investimento, e \u00e9 empregado en China como un marcador de status para unha emerxente clase de novos millonarios que buscan na bebida elementos de status igual que o fan na roupa ou nos coches. <\/p>\n<p>Neste sentido, o documental est\u00e1 narrado de xeito trepidante, especialmente na s\u00faa primeira parte, voando entre Burdeos e China, entre propietarios, cr\u00edticos e coleccionistas. Axuda a comprender un sinsentido do capitalismo, pero tam\u00e9n o modo no que as marcas centenarias de Burdeos abordan este proceso, que non deixa de ser tam\u00e9n unha forte presi\u00f3n, perigosa, sobre as s\u00faas centenarias marcas <em>premier cru<\/em>. Isto \u00e9 do m\u00e1is interesante, a s\u00faa actitude pilat\u00edstica. Elas est\u00e1n a\u00ed para ga\u00f1ar di\u00f1eiro, e a especulaci\u00f3n asociada \u00e1s botellas de Chateaux Latour \u00e9 algo que non vai con eles. En certo xeito, a\u00ednda que non de maneira tan acusada, xa viron isto previamente co consumidor millonario americano ou \u00e1rabe. Saben que rematar\u00e1 e que, se xestionen ben, cando os chineses normalicen a s\u00faa relaci\u00f3n co vi\u00f1o, eles continuar\u00e1n, m\u00e1is ricos que antes. Os adegueiros franceses, por suposto, b\u00f3tanlle a culpa a elementos alleos a eles, pero iso s\u00f3 \u00e9 parcialmente certo. Eles, coma os adegueiros italianos, espa\u00f1ois ou galegos, te\u00f1en axentes en China tentando colocar o seu produto. E tam\u00e9n son os primeiros en banalizalo ao convertelo en parte da cadea de valor falsaria da diferencia de clases. Un tipo como Jean Luc Thunevin, por exemplo, un dos precursores dos vi\u00f1os de garaxe e que se aproveita desa fama &#8220;independente&#8221; de &#8220;bad boy&#8221;, non dubida en facer este anuncio infame para vender os seus vi\u00f1os en China. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"\/\/player.vimeo.com\/video\/16217058\" width=\"600\" height=\"409\" frameborder=\"0\" webkitallowfullscreen mozallowfullscreen allowfullscreen><\/iframe> <\/p>\n<p>Ao igual que <em>Mondovino<\/em>, pero moito mellor realizada a nivel audiovisual que esta, <em>Red Obsession<\/em> peca de metraxe. A historia xa se contou perfectamente en 60 minutos, pero o documental segue ata os 75 minutos, prolong\u00e1ndose coma un polo sen cabeza. Mesmo se fai dif\u00edcil para un amante do vi\u00f1o, pero cumpre a s\u00faa funci\u00f3n: ver un mundo do vi\u00f1o formado, en realidade, por moitos mundos distintos, e saber que todo pa\u00eds que prospera busca no vi\u00f1o un referente. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O filme documental Red Obsession est\u00e1 dirixido por David Roach e Warwick Ross. A sedutora&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/11\/02\/red-obsession-cando-o-vino-se-convirte-nun-valor-capitalista\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Red Obsession: cando o vi\u00f1o se dispara no mercado<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26785,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,22],"tags":[],"class_list":["post-26784","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-vino","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26784","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26784"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26784\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26785"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26784"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26784"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26784"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}