{"id":26677,"date":"2014-10-09T00:35:35","date_gmt":"2014-10-08T22:35:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26677"},"modified":"2014-10-09T00:47:37","modified_gmt":"2014-10-08T22:47:37","slug":"cadernos-de-escocia-unha-escada-para-salmons","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/10\/09\/cadernos-de-escocia-unha-escada-para-salmons\/","title":{"rendered":"Cadernos de Escocia: unha escada para salm\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/escaleira_salmons_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nPitlochry \u00e9 unha fermos\u00edsima vila de Perthshire, ao sur do parque natural das Cairngorms, toda ela dedicada aos deportes de natureza pero sosegados, tranquilos, para se\u00f1ores maiores. A s\u00faa r\u00faa principal \u00e9 un marabilloso repertorio de tendas de utiler\u00eda para cazadores e pescadores; os vellos sentan nos bancos planificando longas xornadas de pesca nos r\u00edos. Andas por Pitlochry e danche ga\u00f1as de ir saudando a todo o mundo, pola ma\u00f1\u00e1, mentres vas mercar un xornal saba e lle das unhas chuchadas \u00e1 cachimba. Digo que te dan ga\u00f1as, pero xa o fai a xente: unha rutina tradicional de sorrisos e portas con ax\u00f3uxeres que soan a bosque chin\u00e9s cando se abren e se pechan para coller o pan. <\/p>\n<p>Pitlochry adem\u00e1is ten un festival de teatro popular, unha versi\u00f3n escocesa do landismo, digamos, ou en clave galega, con se\u00f1oras estilo anakiro protagonizando enredos de sal\u00f3n. Unha das obras de m\u00e1is \u00e9xito do festival cham\u00e1base &#8220;Scandal in the Ceilidh&#8221;, que vir\u00edase traducindo, literalmente, como &#8220;Esc\u00e1ndalo na fiada&#8221;, e no que se\u00f1ores maduros vestidos con xerseis de rombos, mulleres enxoiadas prospectando a apariencia futura de Pili Pamp\u00edn e gaiteiros deslenguados protagonizan un elenco digno de Jos\u00e9 Luis Moreno. Iso si, o festival non recibe nin unha soa subvenci\u00f3n e est\u00e1 orgulloso diso: unha placa na entrada do teatro as\u00ed o conta, e coloca a todos os doadores locais que fan posible este momento de humor para maduros. <\/p>\n<p>Dous vellos amigos que xuntar\u00e1n uns cento cincuenta anos entre os dous est\u00e1n sentados nun primoroso banqui\u00f1o, acubillados baixo carballos, al\u00ed onde o r\u00edo Tummel baixa cuns r\u00e1pidos. Ambos os dous levan monos de pescador, as s\u00faas canas est\u00e9ndense sobre a auga fresca e cristalina do r\u00edo e te\u00f1en abertos cadanseus xornais. <\/p>\n<p>-P\u00e9scase moito aqu\u00ed?<br \/>\n-P\u00e9scase m\u00e1is que na casa, abof\u00e9 -conta serenamente o m\u00e1is novo, debe andar nuns setenta e ben longos. <\/p>\n<p>D\u00e1me unha risa parva ante a retrancada que me soltaron e os dous fitan para min pensando que tanta risa \u00e9 excesiva, pero que ao fin e ao cabo son estranxeiro e, xa que logo, de nervio f\u00e1cil.<\/p>\n<p>-E o banqui\u00f1o, \u00e9 seu?<br \/>\n-Non ho. Pero aqu\u00ed p\u00eddese quenda coma no m\u00e9dico -contesta o outro.<br \/>\n-Levaranlle alg\u00fan salm\u00f3n \u00e1s s\u00faas mulleres.<br \/>\n-Elas prefiren que lles levemos o retiro. <\/p>\n<p>P\u00e1rtome a gargalladas e fago un aceno de marchar. Un dos vellos ch\u00e1mame de volta: <\/p>\n<p>-Oia vostede! E p\u00f3dese saber a que veu a Pitlochry?<br \/>\n-Pasabamos por aqu\u00ed e paramos. Vimos das Cairngorms.<br \/>\n-Pois suban r\u00edo arriba un pouco que hailles unha cousa digna de ver.<br \/>\n-O que?<\/p>\n<p>E os vellos non contestan e fanme un aceno urx\u00edndome a que subamos. Efectivamente, non moi arriba hai unha pequena presa que embalsa a auga do Tummel. Pero a presa ten algo ao car\u00f3n. Algo fermoso e bonito. Unha escada para peixe. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/escaleira_salmons_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Resulta que \u00e9 un sistema de tanques con trinta e catro piscinas durante 310 metros. Est\u00e1 pensada para que os peixes poidan remontar o r\u00edo e seguir o seu curso natural. Hai moita troita, claro, pero o fermoso aqu\u00ed \u00e9 este salm\u00f3n de r\u00edo, este salm\u00f3n sen graxa, puro m\u00fasculo. O salm\u00f3n de San Rosendo, os que engordaban os abades de Santo Estevo de Ribas de Sil no estanque do Claustro Pequeno, que a\u00ednda hai quen conta que lle ensinou a asubiar a un e polas ma\u00f1\u00e1s saudaba lizgairo ao monxe coci\u00f1eiro cun canto de mait\u00edns. Aqu\u00ed en Escocia o salm\u00f3n tam\u00e9n \u00e9 m\u00edtico, pero a\u00ednda non ten as limitaci\u00f3ns legais de captura que te\u00f1en os nosos. <\/p>\n<p>O sistema \u00e9 enxe\u00f1oso. Os peixes van remontando e cada pouco tempo, unha piscina con auga m\u00e1is remansada perm\u00edtelles descansar e tomar folgos. E logo ve\u00f1a a seguir remontando piscinas ata a sa\u00edda. Un medidor autom\u00e1tico permite saber canto peixe sube cada ano. As autoridades estiman que remontan esta escada uns 5.400 salm\u00f3ns todos os anos. A escada de salm\u00f3ns est\u00e1 chea de turistas locais: aos escoceses enc\u00e1ntalles facer turismo de turbinas, cisternas, presas e canles. <\/p>\n<p>A compa\u00f1\u00eda escocesa de hidroelectricidade ten varias destas escadas para peixes: unha vez vistas, non parecen nin tanta inversi\u00f3n nin moito menos. Pero abraia que unha compa\u00f1\u00eda te\u00f1a tanto respecto por algo tan b\u00e1sico coma o ciclo natural dun r\u00edo. Est\u00e1 claro que estamos malacostumados. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Sole Pitlochry \u00e9 unha fermos\u00edsima vila de Perthshire, ao sur do parque natural das&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/10\/09\/cadernos-de-escocia-unha-escada-para-salmons\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cadernos de Escocia: unha escada para salm\u00f3ns<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26678,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[61,8],"tags":[],"class_list":["post-26677","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escocia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26677","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26677"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26677\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26678"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26677"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26677"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26677"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}