{"id":26655,"date":"2014-10-05T21:01:02","date_gmt":"2014-10-05T19:01:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26655"},"modified":"2014-10-05T21:50:44","modified_gmt":"2014-10-05T19:50:44","slug":"tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-ii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/10\/05\/tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-ii\/","title":{"rendered":"Tralas pegadas da Lexi\u00f3n do Oeste (II)"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Dous posibles novos campamentos romanos s\u00famanse a Cornado e comezan a retratar unha nova visi\u00f3n do proceso da conquista romana no occidente da Gallaecia<\/div>\n<p>Un dos grandes enigmas arqueol\u00f3xicos de Galicia \u00e9 que non sabemos como se produciu realmente o proceso de conquista do occidente da Gallaecia, a zona correspondente coa Galicia actual. Esta ausencia de evidencias dun proceso de conquista violenta ten propiciado todo tipo de debates ao respecto, sobre todo porque nesas ausencias non estaban presentes as estruturas que caracterizan \u00e1 conquista romana: os famosos campamentos militares. Os dous historicamente escavados en Galicia, A Cidadela en Sobrado dos Monxes (A Coru\u00f1a) e <em>Aquis Querquennis<\/em>, en Bande (Ourense) son posteriores ao proceso de conquista do noroeste. Sen embargo, nos \u00faltimos anos, as zonas de Asturias, de Cantabria e de Castela e Le\u00f3n comezaron a vivir unha aut\u00e9ntica &#8216;febre do campamento&#8217;. A popularizaci\u00f3n da fotograf\u00eda a\u00e9rea e outras tecnolox\u00edas coma os modelos dixitais de terreo obtidos con LIDAR comezaron a amosar unha cara crud\u00edsima da conquista no <em>Bellum Asturum<\/em> e no <em>Bellum Cantabrum<\/em>. Efectivamente, a campa\u00f1a b\u00e9lica fora tan dura como pintaban as fontes. Aparecen campamentos, asedios, un retrato terrible dunha guerra ocorrida xa hai dous mil anos. <\/p>\n<p>Revisando estes mesmos campamentos in situ ou coas mesmas t\u00e9cnicas asociadas \u00e1 fotograf\u00eda a\u00e9rea, com\u00e9zase a intuir cal \u00e9 o problema para localizar este tipo de estruturas, tan ef\u00e9meras, en Galicia: a estremada compartimentaci\u00f3n da paisaxe, a densidade de poboaci\u00f3n, a transformaci\u00f3n continua do territorio ao longo dos s\u00e9culos, a colonizaci\u00f3n agraria de terras que noutros lugares ser\u00edan desbotadas por pouco f\u00e9rtiles&#8230;terreo e terreo remov\u00e9ndose e remexendo as vellas trazas de campamentos de marcha e estacionais que a penas duraban uns d\u00edas ou meses. E logo a inmensa maleza devor\u00e1ndoo todo&#8230; En zonas como Asturias e Cantabria, con elevadas monta\u00f1as escollidas como campamentos romanos, nas que unicamente se deu unha econom\u00eda pastoril, a herba hoxe \u00e9 un aut\u00e9ntico libro no que se len as trazas das lexi\u00f3ns. <\/p>\n<p>Pero pouco a pouco parece que esa perspectiva vai cambiando. Comezan a aparecer datos que nos est\u00e1n amosando que hai unha parte da Historia que non est\u00e1 escrita, que aparentemente non encaixa nas fontes cl\u00e1sicas, pero que est\u00e1 a\u00ed, e a xulgar pola dimensi\u00f3n dos recintos que est\u00e1n a aparecer, non \u00e9 menor. <\/p>\n<p>Este venres pasado presentamos no <a href=\"http:\/\/flash.gijon.es\/museos\/guerrasAC\/programa.html\">I Encontro Arqueol\u00f3gico Las Guerras Astur-C\u00e1ntabras<\/a>, celebrado en Gij\u00f3n, a comunicaci\u00f3n &#8220;Novedades de la presencia del ej\u00e9rcito romano en el occidente galaico&#8221;, dando conta de tres relevantes achados . Os asinantes da comunicaci\u00f3n foron os arque\u00f3logos Jos\u00e9 Manuel Costa (USC), autor da tese de doutoramento m\u00e1is recente no Estado sobre castrametaci\u00f3n romana, Rebeca Blanco-Rotea (Incipit-CSIC) especialista en arqueolox\u00eda da arquitectura militar, Jo\u00e3o Fonte, experto en sistemas de informaci\u00f3n xeogr\u00e1fica aplicados \u00e1 arqueolox\u00eda, especializado en Idade do Ferro e romanizaci\u00f3n e m\u00e1is este servidor que escribe. <\/p>\n<p>As <em>Novidades sobre a presenza do ex\u00e9rcito romano<\/em> son tres, e unha xa a co\u00f1ecedes. Era relativa ao posible campamento militar romano de O Cornado (Negreira, A Coru\u00f1a), e del xa deramos conta o arque\u00f3logo Ant\u00f3n Malde e m\u00e1is eu nun congreso sobre fortificaci\u00f3ns en Carnota <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2013\/06\/04\/tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-i\/\">e m\u00e1is no post anterior desta serie<\/a>, e da que en breve aparecer\u00e1 unha detallada publicaci\u00f3n de caract\u00e9r m\u00e1is cient\u00edfico. <\/p>\n<p>Pero as outras d\u00faas son tan interesantes e fascinantes, como suxestivas. Son o sitio arqueol\u00f3xico de Campos (Vila Nova de Cerveira) e de Ferreira do Valadouro. Aqu\u00ed vedes a s\u00faa disposici\u00f3n nun mapa en relaci\u00f3n \u00e1s v\u00edas romanas documentadas en Galicia, segundo diferentes autores. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mapa_sitios_arqueoloxicos.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os tres sitios arqueol\u00f3xicos te\u00f1en en com\u00fan, curiosamente, a s\u00faa proximidade ao mar. E son os tres primeiros dun proceso m\u00e1is global, no que hai m\u00e1is sitios arqueol\u00f3xicos, pero que deben ir sendo probados, comprobados e analizados con tempo e recursos. Grandes campamentos romanos localizados na zona occidental da Gallaecia. Imos co primeiro, Campos. Vaivos sorprender: <\/p>\n<h3>O posible campamento romano de Campos<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/campos_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Campos foi descuberto mentres se revisaban os fotogramas do voo americano sobre Portugal. Rebeca Blanco est\u00e1 a rematar a s\u00faa tese sobre as fortificaci\u00f3ns de fronteira na \u00e9poca moderna entre Galicia e Portugal e localizou o Fortim de Campos, unha fortificaci\u00f3n constru\u00edda durante a Guerra da Restaura\u00e7\u00e3o Portuguesa (1640-1668) para cortar o paso ao ex\u00e9rcito galego que se fortificara no lugar de S\u00e3o Pedro da Torre. A cuesti\u00f3n \u00e9 que os portugueses non escolleron o sitio en balde: nun aut\u00e9ntico n\u00f3 natural de comunicaci\u00f3ns, na mesma Depresi\u00f3n Meridiana, con gran visibilidade no contorno e&#8230;no interior dun recinto de enormes dimensi\u00f3ns, de case seis hect\u00e1reas no seu tama\u00f1o total, e case cuadrangular, con lenzos de 244 metros de lado. Cito da nosa comunicaci\u00f3n:<\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Formado por el trazado de dos l\u00edneas paralelas -una interior de tonalidad blancuzca (5,5-6,5 m de anchura) y otra mucho m\u00e1s oscura, casi negra, al exterior (3,5-5 m)-, dibuja sobre el terreno una planta en forma de U con sendos esquinales rectangulares redondeados. De acuerdo con los criterios de acumulaci\u00f3n diferencial de humedad, podr\u00eda presumirse la presencia de una estructura positiva, del tipo parapeto o terrapl\u00e9n, y de un corte en el terreno posteriormente rellenado con materiales sueltos, conformando un <em>agger ac uallum<\/em>.<\/p><\/blockquote>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/campos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Para comprender ben as dimensi\u00f3ns do recinto, podedes ver no interior, na zona superior dereita, o Fortim de Campos, unha estrutura moito m\u00e1is pequena (dun modelo documentado nesta Guerra de Restauraci\u00f3n para esta zona) que, adem\u00e1is, non est\u00e1 ali\u00f1ada con respecto ao xacemento e segue outra l\u00f3xica de orientaci\u00f3n, mesmo en relaci\u00f3n a un cami\u00f1o e unhas estruturas dispostas no interior. Por certo, o recinto romano de Campos ten m\u00e1is chicha: nesta foto vese algo m\u00e1is, e moi interesante. Pero n\u00f3s deixamos a s\u00faa an\u00e1lise para unha futura publicaci\u00f3n que est\u00e1 en curso. Se ves algo, <em>chapeau<\/em>!<\/p>\n<p>Desgrazadamente, toda a superficie de Campos foi destru\u00edda por un pol\u00edgono industrial. Este fen\u00f3meno,curiosamente, vai afectar a outros posibles recintos localizados noutras partes de Galicia (e a\u00ednda non p\u00fablicos). Curiosamente, a l\u00f3xica de emprazamento destes recintos e os pol\u00edgonos industriais contempor\u00e1neos vai coincidir bastante. <\/p>\n<h3>Ferreira do Valadouro <\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ferreira_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ferreira_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>P\u00faxonos sobre a pista deste posible recinto romano a din\u00e1mica asociaci\u00f3n cultural Mari\u00f1a Patrimonio. Ubicado nunha eucalipteira que sufre historicamente unha intensa afecci\u00f3n forestal, o recinto at\u00f3pase a escasos metros do casco urbano de Ferreira do Valadouro. O contraste entre fotograf\u00edas a\u00e9reas de diferentes momentos hist\u00f3ricos, o modelo dixital do terreo e as evidencias de superficie na zona noroeste -a m\u00e1is problem\u00e1tica de identificar nas fotograf\u00edas a\u00e9reas e no MDT fan posible que fagamos esta proposta de recinto castrametal que presenta unha modulaci\u00f3n 4:3 moi marcada. <\/p>\n<p>A posici\u00f3n do recinto do Valadouro, pr\u00f3ximo a toda unha zona de explotaci\u00f3n mineira reco\u00f1ecida a finais dos 90 que, adem\u00e1is, est\u00e1 a verse ampliada cos novos achados do grupo de Mari\u00f1a Patrimonio, e cunhas comunicaci\u00f3ns privilexiadas entre a costa e o interior, revela interesantes potencialidades para comprender a romanizaci\u00f3n da \u00e1rea. <\/p>\n<h3>Que nos contan estes recintos?<\/h3>\n<p>Polo momento a\u00ednda non contamos con indicios que nos permitan datar de xeito absoluto estes recintos pero a posibilidade que pertenzan a un momento inicial da presenza romana no noroeste \u00e9 elevada, especialmente se temos en conta a implicaci\u00f3n do ex\u00e9rcito na construci\u00f3n de infraestruturas, a posta en marcha e control de explotaci\u00f3ns mineiras, adem\u00e1is das funci\u00f3ns de seu dun amplo continxente militar. Tede en conta que ata o momento non ti\u00f1amos m\u00e1is evidencias arqueol\u00f3xicas da presenza militar de \u00e9poca xulioclaudia que algunhas testemu\u00f1as epigr\u00e1ficas da presenza de soldados e centuri\u00f3ns. Pero falt\u00e1bannos os seus cuarteis. Agora os datos estannos comezando a facer pensar ao respecto. Queda moito traballo a\u00ednda, inxente traballo, pero a lexi\u00f3n ou lexi\u00f3ns ausentes parece que est\u00e1n aparecendo, ocultas baixo dous mil anos de Historia.  <\/p>\n<p>\u00c1 luz deste tipo de achados, parece que \u00e9 preciso considerar e repensar a natureza e alcance da misi\u00f3n do ex\u00e9rcito romano na zona m\u00e1is occidental da Gallaecia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dous posibles novos campamentos romanos s\u00famanse a Cornado e comezan a retratar unha nova visi\u00f3n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/10\/05\/tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-ii\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Tralas pegadas da Lexi\u00f3n do Oeste (II)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26662,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-26655","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26655","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26655"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26655\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26662"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26655"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26655"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26655"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}