{"id":26651,"date":"2014-10-04T11:47:26","date_gmt":"2014-10-04T09:47:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26651"},"modified":"2014-10-04T11:48:09","modified_gmt":"2014-10-04T09:48:09","slug":"iphone-6-plus-mais-ben-mini-ipad-mini","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/10\/04\/iphone-6-plus-mais-ben-mini-ipad-mini\/","title":{"rendered":"iPhone 6 Plus? M\u00e1is ben Mini iPad Mini"},"content":{"rendered":"<p><em>Foto: Tim Cook, CEO de Apple, presentando os novos modelos<\/em><\/p>\n<p>Levo dous d\u00edas cun iPhone 6 Plus de Apple. Como sabedes, \u00e9 o modelo &#8220;grande&#8221; do novo lanzamento que fixo a compa\u00f1\u00eda da maz\u00e1. Decid\u00edn optar por este modelo por dous motivos: o primeiro \u00e9 que, a\u00ednda que eu recibo moitas chamadas, o meu principal uso do tel\u00e9fono adoita ser m\u00e1is como asistente persoal (axenda, mapas, documentaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n electr\u00f3nica), as\u00ed que me parec\u00eda interesante un tel\u00e9fono que me dese unha maior comodidade de lectura. O segundo \u00e9 o gran problema dos smartphones, estas bater\u00edas tan limitad\u00edsimas, que no meu caso do anterior iPhone 5 non me daban chegado ao d\u00eda e me fac\u00edan vivir situaci\u00f3ns inc\u00f3modas se ti\u00f1a chamadas importantes ou necesidades de consulta da informaci\u00f3n a partir das sete e media ou oito da noite. <\/p>\n<p>Tras dous d\u00edas de uso do iPhone 6 Plus creo que xa podo facer algunhas valoraci\u00f3ns. O primeiro, confirmar por en\u00e9sima vez como a Internet se volve hist\u00e9rica para ben e para mal cada vez que se lanza un novo produto de Apple, e a cantidade de paridas que poden circular impunemente pola rede. Nin bendgate (a tonter\u00eda esa de doblar o tel\u00e9fono) nin problemas relevantes co iOS8 (que adem\u00e1is, Apple tarda horas en solucionar como moito) nin outras chorradas. O tel\u00e9fono funciona perfectamente e un desastre coma min pode levalo no pantal\u00f3n e tranquilos, que non dobla. Agora ben, se queredes po\u00f1ervos de p\u00e9 sobre o seu borde e facer d\u00faas piruetas, machacalo nun iunque con d\u00faas mazas de troll e agardar que non casque a pantalla ou tiralo a unha trituradora de lixo e agardar que saia impune, o problema sabedes que o tedes v\u00f3s, m\u00e1is que o iPhone. <\/p>\n<p>Con respecto \u00e1 bater\u00eda, \u00e9 certo: dura moito m\u00e1is (tarda m\u00e1is en cargar, claro) e convirte o tel\u00e9fono nun elemento moi c\u00f3modo. E con respecto \u00e1s dimensi\u00f3ns, pois a\u00ed \u00e9 onde a decisi\u00f3n \u00e9 m\u00e1is subxectiva e persoal. Efectivamente, se o que buscas \u00e9 un tel\u00e9fono m\u00f3bil, eu recomendar\u00edate a versi\u00f3n inferior, o iPhone 6. Se o que buscas \u00e9 un asistente para o teu traballo, se cadra o iPhone 6 Plus sexa unha mellor decisi\u00f3n. E atenci\u00f3n \u00e1 xente que lle gusta ler: lese estupendamente ben nesta m\u00e1quina. \u00c9 como levar un libri\u00f1o no peto, que agora si podes ler comodamente al\u00ed onde esteas. A experiencia de usuario dist\u00e1nciase do m\u00f3bil para entrar noutra categor\u00eda de produto. Por iso, a sensaci\u00f3n que me deu o tel\u00e9fono no seu conxunto (un teclado m\u00e1is grande e c\u00f3modo) \u00e9 que en realidade Apple, no iPhone 6 Plus, estanos a vender un Mini iPad Mini. <\/p>\n<p>E aqu\u00ed v\u00e9n o asunto curioso: dun tempo a esta parte a pol\u00edtica de unificaci\u00f3n dos produtos de Apple fai que te\u00f1an a sensaci\u00f3n de que en realidade, o que estou a adquirir son pantallas, m\u00e1is que hardware. \u00c9 dicir, adquiro un tama\u00f1o para unha experiencia que \u00e9 case com\u00fan en todas as s\u00faas m\u00e1quinas. Non acabo de ter en conta que iso, para o consumidor, sexa bo a medio prazo. A ralentizaci\u00f3n de vendas de iPad, por exemplo, pode ter moitas causas, pero unha delas sen d\u00fabida \u00e9 o feito de que \u00e9 unha m\u00e1quina tan boa que non ten sentido cambiar por outra da compa\u00f1\u00eda ata que o ciclo tecnol\u00f3xico literalmente a desborde. Esta sensaci\u00f3n de mercar pantallas de tama\u00f1os distintos, m\u00e1is que ordenadores distintos, \u00e9 complicada e controvertida. Non te\u00f1o un criterio final sobre ela. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto: Tim Cook, CEO de Apple, presentando os novos modelos Levo dous d\u00edas cun iPhone&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/10\/04\/iphone-6-plus-mais-ben-mini-ipad-mini\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">iPhone 6 Plus? M\u00e1is ben Mini iPad Mini<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26652,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[],"class_list":["post-26651","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-tendencias-en-deseno","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26651","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26651"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26651\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26652"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26651"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26651"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26651"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}