{"id":26600,"date":"2014-09-30T23:47:54","date_gmt":"2014-09-30T21:47:54","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26600"},"modified":"2014-10-01T08:38:36","modified_gmt":"2014-10-01T06:38:36","slug":"no-ronsel-das-barcas-de-coiro-explorando-o-mosteiro-de-san-miguel-da-coelleira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/30\/no-ronsel-das-barcas-de-coiro-explorando-o-mosteiro-de-san-miguel-da-coelleira\/","title":{"rendered":"No ronsel das barcas de coiro: explorando o mosteiro de San Miguel da Coelleira"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Vencellados entre si polos treb\u00f3ns, as tempestades, as vivas mar\u00e9s e os prados mari\u00f1os que fan de campa de tantos mari\u00f1eiros afogados, catro illas de San Miguel encaran no Atl\u00e1ntico a bravura dos invernos, na soedade da s\u00faa santa e m\u00edtica memoria. Visitamos a m\u00e1is desco\u00f1ecida das catro: San Miguel da Coelleira<\/div>\n<p><em>Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/em><\/p>\n<p>Catro San Migueles prendidos do mar en illotes escarpados, catro prioratos altomedievais naufragando nas s\u00faas oraci\u00f3ns, invocando a un anxo guerreiro que agacha, na s\u00faa m\u00e1scara veneciana, un bravo deus que urraba no fondo do Oc\u00e9ano. Catro misi\u00f3ns para aplacar a un deus escuro, poderoso, ancestral. Catro irm\u00e1ns de diferente fortuna, como nunha par\u00e1bola evanx\u00e9lica: do rico e querido ata o esquencido e pr\u00f3digo. Catro San Migueles na Breta\u00f1a, en Cornualles, en Irlanda e Galicia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Son Saint Michel, entre a Breta\u00f1a e Normand\u00eda, o raio que prende na terra, a <em>Mirabilia<\/em> arquitect\u00f3nica medieval, un prodixio de pedra sustentada no aire. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Son Skellig Michael, enfronte da costa irlandesa de Kerry, mosteiro de afoutos celtas irlandeses que viviron en ni\u00f1os de pedra, pendurados dunha terraza sobre os cant\u00eds, ata que as invasi\u00f3ns normandas e o cambio de mente do mundo levounos de volta \u00e1 ribeira. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/colleira_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Son Saint Michael&#8217;s Mount, lugar dun bosque primixenio queimado e arrasado, como foi o monte do Pindo e Saint Michael bret\u00f3n. Nesta illa de Cornualles floreceu un priorato e logo unha mansi\u00f3n aristocr\u00e1tica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E no sur do Oc\u00e9ano com\u00fan, nese universo de so\u00f1os, mareas, crenzas, cami\u00f1os l\u00edquidos e invisibles, o m\u00e1is desco\u00f1ecido, o m\u00e1is invisible, o m\u00e1is inexplorado, o \u00faltimo San Miguel, San Miguel da Coelleira. A bravura deste mar de Bares non puido con el, a\u00ednda que moitas p\u00e1xinas web digan o contrario. Nas s\u00faas paredes a\u00ednda est\u00e1n prendidos versos en lat\u00edn rezados a este vento, a este foxo case infranqueable de auga. <\/p>\n<p>Seis veces tentamos visitar este lugar. Nunca foi posible. No meu interior, pensaba que non o conseguiriamos ata a novena vez, como corresponder\u00eda a un lugar m\u00e1xico coma este. Por sorte, Mari\u00f1a Patrimonio organizou esta viaxe so\u00f1ada desde hai d\u00e9cadas. O mar do Vicedo, de Bares, o mar da illa de Ansar\u00f3n; este litoral de cant\u00eds, furnas e seres m\u00e1xicos, bendecido nas s\u00faas ribeiras, sobre os seus cant\u00eds, polos monxes altomedievais que vi\u00f1eron escapando da invasi\u00f3n musulmana, e que se fusionaron con este mundo, a\u00ednda tan inexplorado, do Ortegal e a costa norte galega nos albores da Alta Idade Media. <\/p>\n<p>A illa da Coelleira \u00e9 unha das grandes f\u00e1bricas de lendas de Galicia, un lugar cheo de misterio que a fantas\u00eda e a imaxinaci\u00f3n foron colonizando: \u00e1 atracci\u00f3n dos galegos polas illas en xeral s\u00famaselle que aqu\u00ed, nas vilas da costa de Ortegal, a fascinaci\u00f3n por esta illa v\u00e9n de vello. E todo iso en a penas unhas cantas hect\u00e1reas desoladas, en forte pendente, navegando polo Atl\u00e1ntico, case \u00e1 deriva, por diante do Vicedo. As lendas son tan abundantes, se cadra, pola escasa documentaci\u00f3n que nos ficou daquel mosterio que estivo aqu\u00ed. O seu nome en lat\u00edn induce mesmo a pensar en cunqueirianas fantas\u00edas: <em>San Micaelis de Quonicularia<\/em>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>As lendas<\/h3>\n<p>A primeira referencia lendaria \u00e1 Coelleira est\u00e1 publicada de xeito curioso. O erudito local Justo Pico de Coa\u00f1a publicou en <em>La Ilustraci\u00f3n Gallega y Asturiana<\/em>, en 1888, o artigo en galego &#8220;Carta a Basti\u00e1n da Pallarega&#8221;, en teor\u00eda un emigrante do pa\u00eds residente en Boston (Estados Unidos). Nese artigo, Pico de Coa\u00f1a c\u00f3ntalle que os primeiros monxes da Coelleira navegaban ata Viveiro, en barcas de Coiro, para dicir misa na capela que logo ser\u00eda igrexa dos franciscanos. Vibrante imaxe a destes monxes percorrendo o mar en tales barcas, ao mellor estilo irland\u00e9s! Ter\u00eda influencia Pico de Coa\u00f1a das referencias de Estrab\u00f3n \u00e1s vellas barcas de coiro ou acceder\u00eda \u00e1 literatura rexionalista irlandesa que falaba dos <em>curraghs<\/em>? Ou ser\u00eda a propia tradici\u00f3n local o que preservou tal cousa? Ou \u00e9 unha tradici\u00f3n atl\u00e1ntica? Exactamente a mesma lenda c\u00f3ntase dos monxes de Skellig Michael, s\u00f3 que al\u00ed a mitolox\u00eda converteuse na estatua que vedes a\u00ed enriba. <\/p>\n<p>Pero a lenda m\u00e1is co\u00f1ecida da Coelleira \u00e9 que fala do seu mosteiro templario. Un mosteiro no que ser\u00edan executados a traiz\u00f3n trinta e cinco monxes soldados a cargo dun noble da familia de Bernal de Quir\u00f3s, que deixou escrito no seu testamento do s\u00e9culo XIV: &#8220;E tam\u00e9n mando que se digan trinta e seis misas pola alma dos templarios que matei e fixen matar por orde do noso Se\u00f1or o Rei en San Miguel da Coelleira&#8221;. O certo \u00e9 que esta lenda est\u00e1 viv\u00edsima na zona, e a\u00ednda se conserva unha casa na que, na tradici\u00f3n familiar, figura que foi acollido o \u00fanico templario que salvou da masacre. <\/p>\n<p>O certo \u00e9 que o misterioso mosteiro d\u00e1 para moito, porque entre o primeiro documento que conservamos del, do ano 1095, e os documentos que volven aparecer, no s\u00e9culo XV, hai un lapso misterioso de trescentos anos nos que non hai nin rastro da historia do mosteiro de San Miguel. Pero a documentaci\u00f3n do XV amosa un cenobio depauperado, pero de tradici\u00f3n anterior. As\u00ed as cousas, \u00e9 normal que a tradici\u00f3n se dispare. <\/p>\n<h3>A documentaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Para m\u00e1is, a documentaci\u00f3n tam\u00e9n engade alg\u00fan detalle m\u00edtico. Nese primeiro documento do ano 1095 a doaz\u00f3n que realiza Vimara Meendez \u00e9 recibida polo abade da illa e polo bispo Gonzalo, irm\u00e1n de Pedro Froilaz, conde de Traba e que, segundo Fern\u00e1ndez Pacios, non \u00e9 outro que o m\u00edtico San Gonzalo, protagonista da miragre do afundimento da escuadra pirata, posiblemente normanda, diante das costas de Foz. De aquela, nos documentos en lat\u00edn, a illa Coelleira ti\u00f1a un fermoso nome: Haber\u00e1 un segundo documento no ano 1099 e o mosteiro aillarase entre as br\u00e9temas do mar ata volver aparecer no s\u00e9culo XV. De aquela era un lugar moi pobre, de rendas moi exiguas, e acabar\u00e1 sendo anexionado pola Catedral de Mondo\u00f1edo. As\u00ed pasaron centos de anos de historia. Cando foi fundado San Miguel da Coelleira? Non \u00e9 posible sabelo polos documentos, pero alg\u00fans autores as\u00f3ciano ao movemento de homes de Igrexa que chegaban \u00e1 Mari\u00f1a e Ortegal escapando dos musulm\u00e1ns, os mesmos quen fundaron outros mosteiros na zona. Posteriormente, esta illa foi cultivada (deb\u00eda ser incrible vir de terra a traballar o campo aqu\u00ed) e a\u00ednda se pode observar o sistema de terrazas. Os baleeiros vascos tam\u00e9n a usaban como espazo de avistamento das baleas e estragaban as colleitas, ata que o cabido de Mondo\u00f1edo prohibiullo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non podo contar a emoci\u00f3n que sent\u00edn ao desembarcar nesta illa, unha das poucas que me quedan por visitar do noso litoral. Hai que chegar en barca neum\u00e1tica para reducir o impacto das ondas contra o min\u00fasculo porto, onde as augas son azuis, transparentes no fondo, entre cant\u00eds, e parecen chamarte como sereas para mergullarte entre as covas submarinas. Remontar a illa ata o faro \u00e9 facelo nun profundo cami\u00f1o rodeado de fieitos enormes que pouco a pouco, conforme acadamos as cotas superiores, vanse reducindo ata seren varridos polos ventos. No faro, os cant\u00eds descenden agresivos ata as augas do mar e a vista \u00e9 marabillosa, maxestuosa. As colonias de aves cortan o c\u00e9o e descubrimos fascinados, algo que ningu\u00e9n se agardaba. Toda a illa est\u00e1 inzada de \u00f3sos de churrasco. Si, digo ben, churrasco. E non \u00e9 dos turistas que ve\u00f1en aqu\u00ed (case ningu\u00e9n chega aqu\u00ed) sen\u00f3n que son tra\u00eddos polas gaivotas desde o continente. A s\u00faa procedencia \u00e9 inequ\u00edvoca: est\u00e1n serrados, cortados para seren asados en terra firme, roubados por estes paxaros que todo o levan. Quedeime pensando, cando os arque\u00f3logos do futuro nos escaven, chamarannos a civilizaci\u00f3n do churrasco? <\/p>\n<p><strong>O mosteiro<\/strong><br \/>\nUnha boa parte dos blogs que consultei falaban de que o mosteiro estaba desaparecido. Pero na nosa visita \u00e1 illa puidemos comprobar que non \u00e9 as\u00ed. Lonxe de ser un mito, o mosteiro existe, e segue en certo xeito en p\u00e9: est\u00e1 ubicado al\u00ed onde as condici\u00f3ns de habitabilidade son m\u00e1is \u00f3ptimas, hai unha densa capa de terra e na actualidade d\u00faas fontes que concentran a auga da illa antes de caer, como f\u00edos de prata, sobre o mar. O mosteiro est\u00e1 mergullado en fieitos, cabo do cami\u00f1o, e rodeado de terrazas que no seu tempo multiplicaron a habitabilidade deste espazo, polo dem\u00e1is notablemente protexido dos ventos dominantes desta costa. Os monxes deb\u00edanse sentir refuxiados, en certo xeito, nos d\u00edas de tempestade, mentres na perigos\u00edsima canle que hai entre a illa e a costa de enfronte -onde poder\u00edan estar as ru\u00ednas dunha fortificaci\u00f3n de d\u00edficil clasificaci\u00f3n cronol\u00f3xica- o mar, o fluxo e o refluxo prepar\u00e1base a engulir a todo cauto barco que se achegara ata al\u00ed.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Baixo estas capas de fentos seguramente se pode describir a necr\u00f3pole que identificou algunha fonte de finais do XIX que visitou este lugar con esp\u00edrito aventureiro, e que nos deixou un enigm\u00e1tico texto inacabado. Pero como dic\u00eda, o mosteiro est\u00e1 a\u00ed. Eis a planta: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un pequeno recinto no que podemos identificar varias fases construtivas. Se cadra, o que esteamos vendo \u00e9 a obra de 1522, cando o bispo de Mondo\u00f1edo ordena a uns capataces &#8220;arreglar la compostura&#8221; do mosteiro. Os muros do edificio principal son s\u00f3lidos, de 90 cent\u00edmetros, e hai detalles nunha das d\u00faas estancias que me inducen a pensar que pode ser a pequena capeli\u00f1a deste lugar, coma os muros pechando en diagonal. Toda a orientaci\u00f3n do mosteiro \u00e9 leste-oeste, como todo edificio sagrado. A confirmaci\u00f3n de que o edificio est\u00e1 reaproveitando materiais do mosteiro, e que el mesmo pode ser a \u00faltima construci\u00f3n deste, aparece no lenzo oeste. Unha fiestra tapiada est\u00e1 bordeada coas partes dun antigo p\u00f3rtico medieval: os materiais decorativos m\u00e1is sagrados foron amortizados na que deb\u00eda ser a parte m\u00e1is noble do edificio, o &#8220;\u00e1bside&#8221; da pequena capeli\u00f1a interior.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_13.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Antigos elementos do mosteiro amortizados<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_15.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Restos de caleado interior<\/em><\/p>\n<p>Neste pequeno edificio non deberon vivir m\u00e1is de tres ou catro monxes, como moito. Alg\u00fan alto cargo de Mondo\u00f1edo a\u00ednda se retirou aqu\u00ed nos \u00faltimos anos da s\u00faa vida. Desde logo, este edificio non d\u00e1 para trinta e seis monxes templarios, pero desco\u00f1ecemos, por agora, a factura dos edificios anteriores, que deben estar aqu\u00ed abaixo, rode\u00e1ndonos, baixo esta capa de toxos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_17.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto a\u00e9rea: Humberto P. Pool<\/em><\/p>\n<p>Nesta fotograf\u00eda p\u00f3dese apreciar esa estrutura fosilizada dun pequeno mosteiro e a civilizaci\u00f3n ao seu redor. Non \u00e9 posible, baixo a frouma, determinar a funci\u00f3n final e a cronolox\u00eda dos aterrazamentos, socalcos e estruturas que se perciben baixo a densa vexetaci\u00f3n (que alomenos non \u00e9 toxo), a\u00ednda que a construci\u00f3n destas terrazas \u00e9 notablemente distinta \u00e1s outras estruturas agr\u00edcolas que vemos no resto da illa. \u00c9 posible, ao meu ver, que estes socalcos te\u00f1an a s\u00faa orixe no propio mosteiro (aqu\u00ed as terras son mellores, te\u00f1en m\u00e1is potencia) e que cando a illa foi cedida para o aproveitamento agrario no XVII e XVIII foran colonizadas, tam\u00e9n, as peores terras que est\u00e1n nunha cota m\u00e1is alta. Si vemos como o mosteiro era de ascetas, pero a s\u00faa ubicaci\u00f3n \u00e9 estrat\u00e9xica en relaci\u00f3n ao porto (no centro), a auga, e as mellores condici\u00f3ns t\u00e9rmicas da illa. \u00c1 dereita podedes apreciar esa estra\u00f1a estrutura rectangular, de certa entidade, que se fixo imposible de acceder a p\u00e9 nunha visita curta como a que fixemos. Pode ser moitas cousas. Desde o cemiterio do que se nos fala nestas cr\u00f3nicas do XIX ata ru\u00ednas dunha edificaci\u00f3n&#8230;a cuesti\u00f3n \u00e9 que, o feito de que estea acoutado nunha illa na que non hai conflito por terras e tampouco hai animais salvaxes de consideraci\u00f3n, fai pensar nun uso de certa relevancia. <\/p>\n<p>Abandonado, humilde, fosilizado; o mosteiro non \u00e9 un prodixio art\u00edstico, nin moito menos. \u00c9 unha testemu\u00f1a, a\u00ednda en p\u00e9, da austeridade, da fe medieval, dunha fe vella requecida con lume de carqueixa, breixo e toxo. O gran valor das ru\u00ednas da Coelleira \u00e9 exactamente a s\u00faa virtude de voar a trav\u00e9s do tempo, como San Ero de Armenteira, de ofrecer, a quen o queira ver, o relampo dunha pequena comunidade que ti\u00f1a moito de eremita, e da configuraci\u00f3n dun modo de vida nun medio hostil e solitario, un modo de vida forxado na Idade Media ao longo dos reinos da fin do Atl\u00e1ntico e, no caso galego, nutrido polas din\u00e1micas culturais de presi\u00f3n, un mundo forxado entre refuxiados dun poderoso Islam e santos que aprenderon de ra\u00ed\u00f1as lobas xunta a m\u00e1rtires romanos. Al\u00ed est\u00e1 todo, agardando ser estudado. Al\u00ed o mar garda un anaco fermoso e pouco estudado da nosa cultura, do que somos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coelleira_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O d\u00eda \u00e9 \u00fanico aqu\u00ed no Ortegal: o c\u00e9o azul aberto de par en par, o mar limpo e cristalino, transparente; as furnas dos cant\u00eds, silenciosas, sen seren invocadas polo vento. Penso que me gustar\u00eda ficar aqu\u00ed tres ou catro d\u00edas, no medio da nada m\u00e1is posible. O d\u00eda ser\u00eda observar araos, gaivotas, se cadra alg\u00fan coello; a noite ser\u00eda termar das estrelas e ficar hipnotizado polo ritmo do faro e a resposta do Sem\u00e1foro de Bares, al\u00ed onde os nosos devanceiros do s\u00e9culo XIX e XX so\u00f1aron o \u00faltimo porto do Atl\u00e1ntico galego. Non poder\u00eda rezar a ning\u00fan deus, porque en ning\u00fan deus creo. Pero estou convencido de que sentir\u00eda, no m\u00e1is profundo e silencioso da noite, no momento no que o mesmo faro ficara a durmir, as camp\u00e1s dos outros San Migueles do Atl\u00e1ntico chamando \u00e1 congregaci\u00f3n dos monxes navegantes para botar as s\u00faas barcas de coiro ao mar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vencellados entre si polos treb\u00f3ns, as tempestades, as vivas mar\u00e9s e os prados mari\u00f1os que&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/30\/no-ronsel-das-barcas-de-coiro-explorando-o-mosteiro-de-san-miguel-da-coelleira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No ronsel das barcas de coiro: explorando o mosteiro de San Miguel da Coelleira<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26617,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35,8],"tags":[],"class_list":["post-26600","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26600","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26600"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26600\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26617"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26600"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26600"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26600"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}