{"id":26561,"date":"2014-09-23T08:46:10","date_gmt":"2014-09-23T06:46:10","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26561"},"modified":"2014-09-23T15:01:22","modified_gmt":"2014-09-23T13:01:22","slug":"unha-fenda-no-vino-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/23\/unha-fenda-no-vino-galego\/","title":{"rendered":"Unha fenda no vi\u00f1o galego?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/viticultores.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Compostela Gastron\u00f3mica<\/em><\/p>\n<p>Onte polo ser\u00e1n houbo unha interesante mesa redonda no Festival Compostela Gastron\u00f3mica titulada &#8220;Os visionarios do vi\u00f1o galego&#8221;. Participaron nela destacados viticultores acreditados nos \u00faltimos anos pola calidade dos seus vi\u00f1os. Dominique Roujou, Eulogio Pomares (Z\u00e1rate, R\u00edas Baixas), Fernando Algueira (Algueira, Ribeira Sacra), Bernardo Est\u00e9vez (Issu\u00e9, Ribeiro) e Xurxo Alba (Albamar, R\u00edas Baixas), moderados pola sumiller Eva Pizarro. Os viticultores falaron, entre outras cousas, da s\u00faa relaci\u00f3n coas denominaci\u00f3ns de orixe como instituci\u00f3ns. A tendencia xeral foi acusar \u00e1s denominaci\u00f3ns de inmobilismo, de botar vi\u00f1os para atr\u00e1s porque eses vi\u00f1os non se axustaban \u00e1 &#8220;tipicidade&#8221; das uvas da zona. Pero todos os presentes na mesa dubidaban sobre &#8220;que era iso da tipicidade&#8221; e en que medida as Denominaci\u00f3ns de Orixe poden establecer os l\u00edmites do que \u00e9 &#8220;t\u00edpico&#8221; e o que non. Para eles, estas restrici\u00f3ns, m\u00e1is subxectivas que obxectivas, limitaba a capacidade de innovaci\u00f3n ao redor das variedades. Pomares, de Z\u00e1rate, aludiu a un vi\u00f1o seu que R\u00edas Baixas botou para atr\u00e1s por que non se axustaba aos est\u00e1ndares e que hoxe se vende en restaurantes de Washington a 100 d\u00f3lares botella. Algueira referiuse a como lle botaron para atr\u00e1s a primeira elaboraci\u00f3n que fixo de Merenzao porque era un &#8220;tinto sen cor&#8221; (a baixa intensidade da cor \u00e9 unha das caracter\u00edsticas propias da uva merenzao). <\/p>\n<p>A xulgar polo que al\u00ed se falou, estamos nun momento importante e delicado. Historicamente, as DOs foron moi importantes no mercado do vi\u00f1o galego como xeito de acreditar unhas m\u00ednimas garant\u00edas na elaboraci\u00f3n, tratamento e limpeza dos vi\u00f1os que se \u00edan comercializar, pero nestes momentos, o mundo do vi\u00f1o cambiou, os est\u00e1ndares m\u00ednimos de limpeza e calidade xa est\u00e1n m\u00e1is ou menos claros e se est\u00e1 comezando a entrar noutra fase: hai viticultores que est\u00e1n tentando ir m\u00e1is al\u00e1, moitas veces querendo desandar o cami\u00f1o e volvendo a elaborar directamente en madeira, etc. Ao seren tan pouco flexibles cos criterios de &#8220;tipicidade&#8221; ou de elaboraci\u00f3n, est\u00e1n as DOs est\u00e1n a limitar as posibilidades, a creatividade e a exploraci\u00f3n dos seus viticultores m\u00e1is pioneiros? Coincide, adem\u00e1is, que eses pioneiros son adem\u00e1is moitas veces os m\u00e1is prestixiados dos viticultores dunha rexi\u00f3n, e son eles os que se atopan inc\u00f3modos e non se remexen dentro dnha camisa que, ao mellor, venlles xa un pouco pequena. <\/p>\n<p>Podemos chegar a un momento perigoso no que os vi\u00f1os con denominaci\u00f3n signifiquen &#8220;vi\u00f1os est\u00e1ndar&#8221;, de li\u00f1al de supermercado, e os vi\u00f1os galegos sen etiqueta de DO, de prestixiosas firmas, signifiquen singularidade e excelencia? Est\u00e1n a ser as DOs moi conservadoras, protexendo os intereses dos grandes adegueiros, m\u00e1is conservadores e homologables nas s\u00faas elaboraci\u00f3ns? Hai inercias e rutinas instaladas nas DOs? Algueira resumiuno a opini\u00f3n dos viticultores cunha frase: &#8220;Son funcionarios. Queren que a vendima acabe r\u00e1pido&#8221;, en alusi\u00f3n \u00e1 falta de comprensi\u00f3n de que cada variedade aut\u00f3ctona ten un momento \u00f3ptimo distinto para ser colleitada e iso alonga moito o periodo de vendima (no que se estreman os controis das DOs sobre o produto). <\/p>\n<p>O asunto non \u00e9 desde logo menor e onte ese foi o debate, viv\u00edsimo, que estaba sobre a mesa. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto: Compostela Gastron\u00f3mica Onte polo ser\u00e1n houbo unha interesante mesa redonda no Festival Compostela Gastron\u00f3mica&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/23\/unha-fenda-no-vino-galego\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha fenda no vi\u00f1o galego?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26562,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22],"tags":[],"class_list":["post-26561","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26561","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26561"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26561\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26562"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26561"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26561"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26561"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}