{"id":26551,"date":"2014-09-22T17:11:41","date_gmt":"2014-09-22T15:11:41","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26551"},"modified":"2014-09-22T17:17:59","modified_gmt":"2014-09-22T15:17:59","slug":"a-ceramica-castrexa-en-galicia-unha-exposicion-que-paga-a-pena-visitar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/22\/a-ceramica-castrexa-en-galicia-unha-exposicion-que-paga-a-pena-visitar\/","title":{"rendered":"&#8220;A cer\u00e1mica castrexa en Galicia&#8221;: unha exposici\u00f3n que paga a pena visitar"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/alumnos_arqueoloxia.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Alumnos do Master Interuniversitario de Arqueolox\u00eda en visita did\u00e1ctica.<\/em><\/p>\n<p>Moitas veces, a cer\u00e1mica \u00e9 case o resto invisible dos sitios arqueol\u00f3xicos. Cubertas de publicaci\u00f3ns, portadas, o mellor lugar dos museos&#8230;van para xoias de metal, esculturas, restos epigr\u00e1ficos. Pero a humilde cer\u00e1mica segue a ser, en territorios como Galicia, o principal elemento que se vai localizar, o m\u00e1is abundante, e o que nos vai axudar en primeira instancia, moitas veces, a identificar os momentos de ocupaci\u00f3n dun castro. Pode fallar o metal, poden fallar os restos org\u00e1nicos pero cer\u00e1mica&#8230;malo ser\u00e1 que non haxa un pouco de cer\u00e1mica para facer falar aos nosos devanceiros! De a\u00ed a relevancia de exposici\u00f3ns como <em>A cer\u00e1mica castrexa en Galicia<\/em>, que se pode visitar no Pazo de Fonseca da USC, en Santiago de Compostela, <strong>ata o d\u00eda 30 de setembro<\/strong>.  <\/p>\n<p>O peculiar sentido do aproveitamento que ti\u00f1an os galaicos do seu mobiliario fai que moi poucas veces nos cheguen pezas enteiras. A visi\u00f3n da cer\u00e1mica \u00e9, case sempre, parcial, e moitas veces en 2D, en publicaci\u00f3ns, pero non apreciamos a s\u00faa forma, o seu volume global, a textura e a posici\u00f3n no espazo para o que foron concibidas. Neste caso, a Fundaci\u00f3n Terra Termarum de Cuntis emprendeu un s\u00f3lido proxecto de investigaci\u00f3n a partir da reconstruci\u00f3n das pezas localizadas no propio Castroland\u00edn -un importante sitio arqueol\u00f3xico para comprender a transici\u00f3n entre as formas culturais da costa e do interior na Idade do Ferro- e das principais li\u00f1as e \u00e9pocas da cer\u00e1mica castrexa de toda Galicia, tal e como as identificara a profesora da USC Pepa Rey nunha m\u00edtica tese de doutoramento. O resultado perm\u00edtenos apreciar varios s\u00e9culos de tradici\u00f3n, de transformaci\u00f3n art\u00edstica e varias xeograf\u00edas, de xeito visible e case intuitivo, con detalles fermosos que nos falan de tecnolox\u00eda aplicada. Por exemplo, habedes de mirar onde se dispu\u00f1an as \u00e1sas en moitas das potas cer\u00e1micas que vedes aqu\u00ed: \u00edan polo interior porque penduraban dos postse e as\u00ed o lume non as calcinaba. Posteriormente, alg\u00fans modelos dispor\u00e1n de protectores para o lume no exterior, bordes que protexen o cordel da acci\u00f3n deste. <\/p>\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 interesante comprender en termos sociais, porque todo nelas fala da sociedade e, se cadra, mesmo do x\u00e9nero. Conceptos como a evoluci\u00f3n dos volumes de almacenamento e o que deixan entrever: estas pezas, aparentemente mudas, revelan o profundo sentido comunitario do acto de xantar que ti\u00f1an estas sociedades. Son potas para compartir, para dispo\u00f1er alimento en com\u00fan. Mesmo boa parte das xerras que se sabe que eran empregadas para o consumo de vi\u00f1o ou birra foron, posiblemente, compartidas. Neste sentido, estas potas galaicas son artefactos cunha maior capacidade de volume que as do mundo romano, por exemplo, o que revela un incremento da individualidade, ou dos n\u00facleos familiares m\u00e1is pequenos na sociedade romana en relaci\u00f3n \u00e1 galaica. Tam\u00e9n \u00e9 fascinante identificar aquelas pezas que est\u00e1n facendo unha chiscadela vintage a outros modelos, como \u00e1 cester\u00eda, a trav\u00e9s da imitaci\u00f3n de sogueados, ou aos caldeiros de metal, a maior parte deles desaparecidos. E non perdan oportunidade de visitar unha peza rar\u00edsima, de utilidade indefinida, reconstru\u00edda a partir dun exemplar de Viladonga. Unha sorte de poti\u00f1o moi pequeno con seis asas que \u00e9 un aut\u00e9ntico crebacabezas funcional (e non me suxiran inmediatamente que \u00e9 &#8220;uso ritual&#8221;, eh?). <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Alumnos do Master Interuniversitario de Arqueolox\u00eda en visita did\u00e1ctica. Moitas veces, a cer\u00e1mica \u00e9 case&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/22\/a-ceramica-castrexa-en-galicia-unha-exposicion-que-paga-a-pena-visitar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&#8220;A cer\u00e1mica castrexa en Galicia&#8221;: unha exposici\u00f3n que paga a pena visitar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26552,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-26551","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26551","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26551"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26551\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26552"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26551"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26551"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26551"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}