{"id":26517,"date":"2014-09-17T22:01:30","date_gmt":"2014-09-17T20:01:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26517"},"modified":"2014-09-17T22:13:40","modified_gmt":"2014-09-17T20:13:40","slug":"cadernos-de-escocia-o-destino-dunha-pedra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/17\/cadernos-de-escocia-o-destino-dunha-pedra\/","title":{"rendered":"Cadernos de Escocia: O Destino dunha pedra"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Edimburgo \u00e9 unha cidade que vive por, para e da cultura, e sabe como facelo. <\/div>\n<p><em>Extra\u00eddo do libro Cadernos de Escocia (en produci\u00f3n)<\/em><br \/>\nFotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n<p>Lembrei \u00e1 mi\u00f1a avoa, cando me dic\u00eda: \u201cneno, moito che ghustan as pedras, as\u00ed sempre est\u00e1s no monte que hai abondo delas\u201d. Sempre me chamou a atenci\u00f3n que a mi\u00f1a avoa non apreciaba demasiada diferencia entre aquelas pedras tocadas pola man da cultura, moldeadas e artificializadas, e aquelas que eran penedos, cons, ou laxes naturais. Te\u00f1o que dicir que eu tampouco.(&#8230;)<\/p>\n<p>Cando un canteiro de Palmeira, autor de intrigantes caras de pedra que deixaba penduradas de pereiras e maceiras, me dixo que el non fac\u00eda nada art\u00edstico: simplemente executaba o que estaba dentro da pedra, fiquei sorprendido, pero non tardei en entendelo. De alg\u00fan xeito as pedras nos levan onde n\u00f3s non podemos: \u00e1 permanencia. <\/p>\n<p>Edimburgo \u00e9 unha cidade bas\u00e1ltica que esconde no seu interior, no coraz\u00f3n mesmo da cidade, posiblemente no seu lugar m\u00e1is protexido, unha pedra de arenisca. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O basalto out\u00f3rgalle a Edimburgo certo aire misterioso que o victorianismo de moitos dos edificios perfila, incrementa, constr\u00fae. A perspectiva escura do monumento de Walter Scott, os templos inacabados nas colinas, ru\u00ednas ordenadas e limpas tan ao gusto dos ilustrados, a perpetua sensaci\u00f3n de final de chuvasco, dan certa impresi\u00f3n de que vai aparecer un drag\u00f3n por detr\u00e1s da Arthur\u2019s Seat, o fermoso outeiro verde, pelado de \u00e1rbores, que se destaca no medio da cidade. Un ceo cheo de g\u00e1rgolas voantes, iso \u00e9 o que lle falta a Edimburgo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estamos paseando por Prince\u2019s Street, xusto o centro mesmo da cidade, onde temos o hotel, e observando desde a\u00ed por unha banda a vella Edimburgo, que sube a trav\u00e9s da Milla Real ata o castelo. A luz impactando sobre o castelo \u00e9 un prodixio esc\u00e9nico, variando a cada segundo como se un iluminador tolo quixese explorar todas as texturas da rocha bas\u00e1ltica. Pola valgada do medio, onde antes estivo o lago Nor, corren hoxe os fermosos xard\u00edns de Princess Street. O que m\u00e1is me gusta deles \u00e9 a casi\u00f1a do xardi\u00f1eiro e o que m\u00e1is me impresiona, coma se fora un vello xubilado, \u00e9 o reloxio bot\u00e1nico, coidado por unha familia de reloxeiros da cidade desde hai un s\u00e9culo e mimado polos xardineiros. Pampos, observamos as tarefas de limpeza, e como os pacientes xardi\u00f1eiros escoceses embisten contra liques e carrizos tan propios do clima escoc\u00e9s. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Te\u00f1o a tentaci\u00f3n de deixarme entrar e perder horas na National Portrait Gallery, ese Parten\u00f3n deitado entre os xard\u00edns e a estaci\u00f3n de tren, que fica al\u00f3 embaixo. A primeira vez que pasei pola galer\u00eda, tend\u00eda a ficar hipnotizado en cada sala; sempre hab\u00eda algu\u00e9n que, m\u00e1is que falarme, prop\u00fa\u00f1ame adivi\u00f1arlle o car\u00e1cter e o xeito. Arist\u00f3cratas de fazulas encarnadas coma o meu av\u00f3 ou coma min, cuperose norte\u00f1a; banqueiros, mulleres enigm\u00e1ticas que sempre calan o que pensan. Pero penso que entraremos na Old Town pola estreita ruela na que viv\u00eda Gordon Ramsay, se cadra o mellor dos retratistas escoceses: un aut\u00e9ntico psic\u00f3logo do pincel. Preg\u00fantome que \u00e9 o que fai o que o retrato triunfara tanto nestas latitudes. <\/p>\n<p>\u00c9 sempre un exercicio interesante deixar pasar uns anos entre as visitas a unha cidade, e ver que \u00e9 o que perciben os teus ollos na diferencia, porque o que perciben fala de como ti cambiastes. A vez anterior que estiven en Edimburgo quedeime coa Old Town, a cidade alta, a cidade dos calex\u00f3ns, coa cidade das f\u00e1bricas reconvertidas en centros de arte e pubs. Por suposto era novo, pero al\u00ed suced\u00edan cousas que \u00e1s mi\u00f1as alturas non ti\u00f1a visto. Lembro un marabilloso bar neocl\u00e1sico, iluminado con luz tenue, e del sa\u00edren cinco princesas de taconazos e vestidos lixeiros coma se pasearan por Mikonos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Lembro cami\u00f1ar serio por Grassmarket cun amigo e pararnos un grupo de escoceses. N\u00f3s pux\u00e9monos en garda e eles dix\u00e9ronnos: \u201cei t\u00edos, ides moi serios, estades ben?\u201d. \u201cSi, si\u201d, contestamos sorprendidos. \u201cVinde connosco, ouh!\u201d, contestaron aqueles <em>chavs<\/em> de Falkirk que vi\u00f1eran sa\u00edr de marcha ao lugar. Lembro cami\u00f1ar por esta cidade de avenidas anchas, que pola noite bal\u00e9irase de turistas de autob\u00fas e conv\u00edrtese nun lugar no que as cervexas prestan e se bebe sen medo a perder as composturas. <\/p>\n<p>Desta volta, disfrutei moito m\u00e1is a New Town, a delicia de cidade neocl\u00e1sica levantada a partir de 1766 por James Craig, na \u00e9poca da Ilustraci\u00f3n escocesa, que sen d\u00fabida debeu ser a m\u00e1is divertida polas que pasou Edinburgo Por al\u00ed pasaban tipos como David Hume, Adam Smith, James Hutton e Joseph Black. Hoxe, NewTown, coas s\u00faas casas de estilo paladiano e os parques tan tupidos que son opacos desde o exterior, segue a ter o aire tranquilo que lle quixeron no XVIII para que os ricos de Edinburgo non se marcharan para Londres; a \u00fanica excepci\u00f3n \u00e9 Rose Street, a r\u00faa historicamente de mala reputaci\u00f3n, metida no coraz\u00f3n desta plani\u00f1a neocl\u00e1sica, e na que hoxe est\u00e1n os pubs e restaurantes para turistas. \u00c9 unha sorte de r\u00faa do Franco perfectamente esquencible. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta cidade, como Dubl\u00edn, \u00e9 unha aut\u00e9ntica festa literaria. Os escritores son homenaxeados en cada esquina, e os pubs concorridos polas figuras do XVIII, XIX ou XX conte\u00f1en un senn\u00famero de placas sobre as andanzas dos escritores. \u00c9 imposible non sentir envexa por esta cidade no que a cultura \u00e9 a principal industria e saben activala sen problemas nin rubor. A cidade de Edimburgo ten claro que o seu PIB prov\u00e9n da cultura; ter\u00edan que ser imb\u00e9ciles se desaproveitan unha marca creada durante anos ao respecto, e incubada en festivais de todo tipo. Pensei en como en Galicia, malia termos todo o potencial, a cultura s\u00e9guenos a vir un pouco grande, e como cidades como Compostela viven nestes momentos de rendas, podendo ir moito m\u00e1is al\u00f3. <\/p>\n<p>O Festival Fringe de mon\u00f3logos, cl\u00e1sico antecesor do Festival de Teatro, est\u00e1 monopolizado este ano pola cuesti\u00f3n do referendum sobre a independencia; nada que ver os debates p\u00fablicos sobre esta cuesti\u00f3n nos gali\u00f1eiros ib\u00e9ricos. Os escoceses non precisan demostrarse nada especial a si mesmos nin aos dem\u00e1is: as casas te\u00f1en un Yes ou un \u201cNo, thanks\u201d pegado na xanela se cadra e as manifestaci\u00f3ns p\u00fablicas que vimos en Escocia definir\u00edanse aqu\u00ed como  \u201ccorrillow\u201d. Realmente o debate p\u00fablico est\u00e1 na prensa e algo en Internet. Pero sen excesos. A sensaci\u00f3n \u00e9 de que, pase o que pase, non vai pasar nada, ou pasar\u00e1 ou que pasou, malia o tremendismo ingl\u00e9s destes d\u00edas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>G\u00fastame o fetichismo escoc\u00e9s cos obxectos; obxectos que son capaces de seren guieiros, de representar valores, e custodi\u00e1rense como manifestaci\u00f3ns efectivas de poder; obxectos con parafernalia, chuler\u00eda e d\u00faas ou tres novelas escritas sobre eles. Un dos s\u00edmbolos da falta de normalidade de Galicia, por exemplo, \u00e9 a ausencia de s\u00edmbolos en forma de obxectos. Algu\u00e9n poder\u00e1 dicir que temos pezas representativas e importantes nos nosos museos. Estou absolutamente de acordo, pero como ningu\u00e9n en Galicia vai os museos ag\u00e1s que lle obriguen, coma nos colexios, as grandes pezas da nosa historia vela\u00ed est\u00e1n mortas de risa. E tampouco \u00e9 unha cuesti\u00f3n do seu valor intr\u00ednseco ou hist\u00f3rico, sen\u00f3n do seu relato. As pezas de poder, as pezas simb\u00f3licas, son pezas das que leva m\u00e1is tempo contar a historia que lles deu a sona que o seu valor hist\u00f3rico ou art\u00edstico real. Moitos dos nosos obxectos son pezas mortas, ausentes da historia e das persoas que as tiveron nas mans.<\/p>\n<p>Velaqu\u00ed est\u00e1n estas masas humanas entrando ao Castelo de Edinburgo, en gran parte para ver as armas restitu\u00eddas de Escocia, literalmente as xoias da Corona e un pedrolo. No patio fronte a fachada do Castelo, por certo, est\u00e1 montado un xigantesco escenario con gradas. Al\u00ed durante o ver\u00e1n repres\u00e9ntase a Military Tatoo, un espect\u00e1culo a medias entre un desfile militar e unha xornada de c\u00e1nticos e bailes rexionais, coroado por un gaiteiro solitario que se manda uns temas desde a muralla. O grader\u00edo e a instalaci\u00f3n \u00e9 tan horroroso que dubido que mesmo nun pais tan laxo en temas patrimoniais como \u00e9 o noso lle permitiran ter instalado semellante monstro de pl\u00e1stico e metal diante da fachada. Pero os militares brit\u00e1nicos seguen tutelando o castelo e as armas de Escocia, en teor\u00eda cedidas pero que seguen sendo propiedade do Estado brit\u00e1nico, e supo\u00f1o que lle queren sacar tallada \u00e1s hordas masivas de turistas que suben aqu\u00ed. De feito, a ra\u00ed\u00f1a Isabel II a\u00ednda sentou as s\u00faas cachas sobre a Pedra do Destino, de aquela na abad\u00eda de Westminster. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O interior do castelo \u00e9 como un supermercado de souvenirs escoceses; reco\u00f1ezo que te\u00f1o curiosidade por ver a Mons Meg, a descomunal bombarda flamenca que foi mandada facer por Felipe III, Duque de Borgo\u00f1a, e que se lle regalou ao rei Xacobe II, o marido da s\u00faa sobri\u00f1a, en 1457. Un regalo de machotes, sen d\u00fabida. M\u00e1is ou menos na mesma \u00e9poca entraba a p\u00f3lvora en Galicia, e tam\u00e9n da man das bombardas e dos arcabuceiros. As bombardas foron empregadas contra as murallas de Pontevedra polas mesnadas de Pedro Madruga cando este retornou do exilio portugu\u00e9s disposto a vingarse dos irmandi\u00f1os en 1469. Que o seu uso se debe xeneralizar, non cabe d\u00fabida porque os poucos castelos reformados despois da Revolta Irmandi\u00f1a xa est\u00e1n dese\u00f1ados para resistiren mellor os tiros desa artiller\u00eda diab\u00f3lica. <\/p>\n<p>Ch\u00e1mame a atenci\u00f3n, sobre todo, a imaxe de \u2018poder tecnol\u00f3xico\u2019 que te\u00f1en este tipo de instrumentos, constru\u00eddos no seu d\u00eda coma un desaf\u00edo t\u00e9cnico, como propaganda, como instrumento de terror, como \u2018arma definitiva\u2019. Hoxend\u00eda, a idea de m\u00e1quina \u00fanica e irreemprazable non existe; todo \u00e9 substitu\u00edble e a nosa relaci\u00f3n coa tecnolox\u00eda vive nun presente continuo. Cando lle pregunto a alumnos ou a outras persoas se lembran como era o software, ou un sitio web de hai anos m\u00edranme con sorpresa: en relaci\u00f3n a determinadas tecnolox\u00edas, como a web, moita xente carece de pasado, malia telo vivido. Pero Mons Meg representa unha \u00e9poca no que pod\u00eda haber un final para as cousas, igual que hab\u00eda un principio, e un recordaba como se iniciaba e como se remataban os asuntos. Xeralmente, mal. <\/p>\n<p>Mons Meg \u00e9 hoxe tan mandado que os nenos sentan no can\u00f3n para fotografarse. O castelo, elevado sobre a cidade, ofrece unha perspectiva marabillosa de campanarios de agulla e casi\u00f1as pequenas avanzando ata o mar. O final de Edinburgo, xa que logo, \u00e9 como trazo gordo  nun cadro impresionista, con r\u00faas regulares que avanzan ata a r\u00eda.<br \/>\nUn vello moi ben vestido de escoc\u00e9s esperta as angueiras retrat\u00edsticas dos turistas. O home vai perfecto: move os seus mocas\u00edns polo chan de pedras adosadas sen medo a esvarar. Trabo conversa con el e por curiosidade preg\u00fantolle: <\/p>\n<p>-E vostede de que clan \u00e9 logo?<br \/>\n-Eu son do clan dos xubilados, fillo -resp\u00f3ndeme retranqueiro. <\/p>\n<p>Entramos no edificio que custodia as Honras de Escocia, a colecci\u00f3n de xoias que son usadas durante a coroaci\u00f3n do rei. Como acontece cos Honores de Inglaterra, custodiados na Torre de Londres, hai que realizar unha sorte de cami\u00f1o inici\u00e1tico, enrevesado e labir\u00edntico, antes de acceder \u00e1 sala onde se gardan os s\u00edmbolos reais do pa\u00eds. A historia dos Honores escoceses \u00e9 moit\u00edsimo m\u00e1is divertida que a dos ingleses, por certo. A \u00faltima vez que esa coroa, cetro, espada&#8230;foron empregados foi durante a coroaci\u00f3n de Carlos II de Escocia, pero coa revoluci\u00f3n de Cromwell, os escoseses temeron que o ardor republicano destru\u00edra estas xoias como previamente destrozaran as inglesas. As\u00ed que primeiro agach\u00e1ronse no castelo de Dunnotar, un promontorio costeiro, e cando o castelo foi asediado polas tropas de Cromwell, sac\u00e1ronas de al e soterr\u00e1ronas na igrexa parroquial de Kinnneff. Foron d\u00faas mulleres as responsables da delicada misi\u00f3n, e hai dous relatos contrapostos sobre como o fixeron, pero os dous coinciden que a responsable de sacalos foi Anne Lindsay. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A primeira historia conta que Lindsay foi sacando as xoias do castelo no transcurso de tres visitas ao castelo nas que levaba mercador\u00edas, durante o asedio. Outra volta, m\u00e1is novelesca e, sen d\u00fabida, a mi\u00f1a preferida, conta que os Honores foron baixados a unha praia baixo o castelo e que unha criada da muller do cura parroquial fixo o parip\u00e9 de baixar cunha cesta a colleitar algas; meteu cautelosamente os Honores baixo o ramallo de mar e as xoias foron sacadas con seguridade, entre o cheiro da salitre e as areas grosas da praia, coma os agasallos dun rei das profundidades mari\u00f1as. <\/p>\n<p>Cando as cousas se calmaron e o Parlamento escoc\u00e9s decicidiu unirse a Inglaterra en 1707, as xoias xa non ti\u00f1an unha funci\u00f3n clara, e gard\u00e1ronse nunha c\u00e1mara do castelo de Edinburgo que ficou semiesquencida. Tivo que ser un grupo de colegas, encabezado por Walter Scott, quen lle comera a curiosidade por saber se aquelas valiosas e significativas xoias segu\u00edan agachadas. O 4 de febreiro de 1818, tras obteren permiso para abriren aquela porta selada m\u00e1is dun s\u00e9culo antes, fac\u00edan entrada na c\u00e1mara, provistos de cadanseu farol, e abof\u00e9 que eu pagar\u00eda algo por participar dese momento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\" http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/honours.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Basicamente esta coroa, este cetro, esta espada agasallada polo Papa tr\u00e1enme moi ao fresco. Nos Museos episcopais escapo sempre da parte do \u201ctesouro\u201d, da colecci\u00f3n de c\u00e1lices, sagrarios e relicarios que vomitan ouro e prata. Par\u00e9cenme horrendos, e na mi\u00f1a memoria duran tan pouco coma os banners dos sitios web. <\/p>\n<p>Non as\u00ed a Pedra do Destino; realmente quero ver de novo o bloque de pedra que simbolizou a soberan\u00eda de Escocia, unha pedra revestida de historias de viaxes, se cadra para completar as s\u00faas orixes nas br\u00e9temas confusas e parcialmente mitol\u00f3xicas que visten o nacemento do reino de Escocia. A lenda m\u00e1is estendida \u00e9 que a Pedra do Destino chegou de Irlanda ata Argyll, no occidente das Highlands, al\u00ed onde se estableceu o reino de Dalriada nos s\u00e9culos posteriores ao abandono romano de Breta\u00f1a. A pedra estar\u00eda emparentada coa L\u00eda F\u00e1il, a Pedra da Coroaci\u00f3n irlandesa, e ambas as d\u00faas tiveran un orixe moi anterior. Reis hibernos e escoceses seguir\u00edan o mesmo ritual na s\u00faa investidura: sentar, po\u00f1er un p\u00e9, facer algo ao redor desa pedra da que, realmente, non se sabe que poder ten, pero que semella indispensable. Semella conter o Destino do pa\u00eds e do rei, de cando as d\u00faas cousas eran unha soa. <\/p>\n<p>Os vellos relatos irlandeses e escoceses manexaron o imaxinario lendario da s\u00faa procedencia ancestral nas vellas tribos irlandesas, pero a Pedra cruzou os mares con eles. As lendas -claramente pasadas polo matiz eclesi\u00e1stico- buscaron a orixe israelita destes pobos colonizadores de Irlanda que apousentaron un tempo en Galicia, e prepar\u00e1ronse desde a cidade de Brigantium para a conquista de Irlanda. A pedra, como trono, ter\u00eda vido cos continxentes armados dos fillos de Mil e percorrido despois das illas ata atopar o seu asento no castelo de Scone, onde foron coroados moitos dos reis escoceses ata que o feroz Eduardo I de Inglaterra levoulles a pedra para a Abad\u00eda de Westminster en Londres e sentou por riba dela en claro exercicio de gamberrismo pol\u00edtico.<\/p>\n<p>O marabilloso do pasado escoc\u00e9s \u00e9 o par\u00e1grafo anterior, no que involuntariamente pasei do mito \u00e1 Historia sen eu mesmo decatarme. <\/p>\n<p>As lendas do pobo navegante foron com\u00fans en ambos os dous lados do Atl\u00e1ntico moito antes de que Murgu\u00eda as recuperara para o saber popular, coma a referencia que fai a ela en 1722 Frai Xacobe de Castro, no seu <em>\u00c1rbol Cronol\u00f3gico de la Santa Provincia de Santiago<\/em>, que \u00e9 unha historia das vicisitudes da orde franciscana nas terras galegas desde a visita de San Francisco a Compostela. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/07\/11\/a-pedra-do-destino-e-o-rio-dos-relatos\/\">Contei esa historia aqu\u00ed<\/a>. [&#8230;]<\/p>\n<p>Ben \u00e9 certo que esta historia que tan clara ti\u00f1an no s\u00e9culo XIV os arist\u00f3cratas que asinaron a declaraci\u00f3n de Arbroath foi ficando esquencida co tempo. Creo que a cara que puxo a irm\u00e1 da ra\u00ed\u00f1a Isabel II de Inglaterra foi antol\u00f3xica cando, durante a s\u00faa visita oficial \u00e1 Coru\u00f1a en 2014, amos\u00e1ronlle no concello unha r\u00e9plica da Pedra do Destino que se custodia no consistorio. Ben merece esa r\u00e9plica outra historia!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Entro na ateigada c\u00e1mara e vela\u00ed es\u00e1, a humilde pedra, coas argolas que sirven para movela. Faime graza que as xoias de metal te\u00f1en unha rexa protecci\u00f3n de cristal de seguridade pero esta pedra, un s\u00edmbolo, sen d\u00fabida moito m\u00e1is grande, moito m\u00e1is fermoso, o s\u00edmbolo dun pobo que se considerou errante e que constru\u00edu a s\u00faa identidade ao redor de algo tan humilde e tan eterno, est\u00e1 desprotexida e \u00e1 vista. Conf\u00e9solles que no fondo do coraz\u00f3n ter\u00edame gustado descubrir, al\u00ed mesmo, que a Pedra do Destino estaba constru\u00eddo en granito do pa\u00eds, se cadra do monte Xalo ou do monte Neme. Pero a Pedra \u00e9 m\u00e1is ben de arenisca vermella. Din que hai moita desta pedra no lugar da coroaci\u00f3n medieval, en Scone, e a\u00ed o noso fermoso drag\u00f3n dourado parece volverse cinza; mais a pedra \u00e9 tan ambigua como para imaxinar, cos seus tons vermellizos, unha orixe da outra banda do mundo, al\u00ed onde o sol queima o deserto.<\/p>\n<p>A\u00ednda que a pedra pareza residir en Edimburgo de sempre, o certo \u00e9 que \u00e9 toda unha alegor\u00eda dos procesos contempor\u00e1neos que vive Escocia. Pa\u00eds mesurado e \u00e1 s\u00faa vez tremendamente orgulloo trala inxesta dunha pinta ou d\u00faas, o xenio nacional deu de si feitos bastante cachondos coma o rescate levado a cabo en 1950 por un grupo de estudantes nacionalistas escoceses que a roubaron noturnamente de Westminster e a agacharon nas ru\u00ednas da abad\u00eda de Abroath. A historia est\u00e1 plasmada nun filme que merece verse: Stone of Destiny (2008), dirixida por Charles Martin Smith, absolutamente recomendable para unha noite de s\u00e1bado. No ano 1996 produciuse a devoluci\u00f3n legal da Pedra do Destino \u201cmentres non houber ningunha coroaci\u00f3n\u201d, e funcionarios ingleses entreg\u00e1ronlla a funcionarios escoceses na fronteira. Ser\u00eda un dos grandes pasos da gradual Devoluci\u00f3n de Poderes, nun proceso que culmina no refer\u00e9ndum hist\u00f3rico do  xoves, 18 de setembro de 2014. <\/p>\n<p>O Parlamento escoc\u00e9s a\u00ednda hoxe ten moitas menos competencias que o galego, pero non ha d\u00fabida de que, perdendo o referendum, Escocia ga\u00f1ar\u00e1 moitas m\u00e1is competencias e orzamentos dos que agora xa ten. E ga\u00f1\u00e1ndoo, integrarase rapida e silandeiramente nunha Uni\u00f3n Europea da que forma parte esencial e que quere calquera cousa menos sarillos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/edimburgo_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Fico quieto tranquilamente, mirando a pedra, buscando os seus \u00e1ngulos de xeito errante. \u00c9 un pedrolo coma tantos outros, pero un pedrolo vestido polo drag\u00f3n das historias. \u00c1s veces estas pedras, en momentos determinados da Historia, falaban para predicir algo. Se cadra esa tradici\u00f3n sexa a mesma que a da Pedra que Fala, no rural compostel\u00e1n, e outras pedras galaicas con facilidades expresivas. Non consigo que a Pedra do Destino me fale, pero si unha muller de mediana idade que, sabedora do b\u00f3, ignora cetros e coroas e mira tam\u00e9n esta aburrida lousa. <\/p>\n<p>-E saber\u00e1 logo o destino que nos agarda ao noso pequeno pa\u00eds? -di, deixando caer a pregunta ao aire e mirando para ela.<br \/>\n-Namentres a pedra exista non hai fallo -d\u00edxenlle, vencendo a mi\u00f1a timidez. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Edimburgo \u00e9 unha cidade que vive por, para e da cultura, e sabe como facelo.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/17\/cadernos-de-escocia-o-destino-dunha-pedra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cadernos de Escocia: O Destino dunha pedra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26519,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[61,8],"tags":[],"class_list":["post-26517","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escocia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26517","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26517"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26517\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26519"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26517"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26517"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26517"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}