{"id":26506,"date":"2014-09-15T21:08:48","date_gmt":"2014-09-15T19:08:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26506"},"modified":"2014-09-15T21:14:17","modified_gmt":"2014-09-15T19:14:17","slug":"cando-as-baleas-entraban-na-ria-de-arousa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/15\/cando-as-baleas-entraban-na-ria-de-arousa\/","title":{"rendered":"Cando as baleas entraban na r\u00eda de Arousa"},"content":{"rendered":"<p>O que hoxe presento en Cap\u00edtulo Cero \u00e9 algo excepcional e marabilloso. Dous poemas populares compostos en momentos recentes do s\u00e9culo XX que narran dous acontecementos significativos na R\u00eda de Arousa: a aparici\u00f3n de baleas nos portos de Escarabote e do Bodi\u00f3n, ambos os dous en Boiro, e o comportamento dos habitantes da r\u00eda, tanto labregos como mari\u00f1eiros, ante un fen\u00f3meno tan singular. Tede en conta que na Arousa, a diferencia doutros portos do litoral galego, non hab\u00eda ningunha compa\u00f1\u00eda baleeira, as\u00ed que para moita xente, ver estes enormes mam\u00edferos mari\u00f1os era un acontecemento digno de ser lembrado, ou mesmo de ficar fixado na toponimia (Punta Ladi\u00f1a \/ Praia da Balea na Pobra do Carami\u00f1al). <\/p>\n<p>Te\u00f1o que agradecerlle a meu pai, Manuel Gago P\u00e9rez, a sorprendente e magn\u00edfica investigaci\u00f3n que est\u00e1 a levar a cabo, recuperando a memoria oral dos pequenos portos da R\u00eda de Arousa. Del, e das xentes que os conservaron na memoria, son os m\u00e9ritos de que hoxe poidamos publicar isto aqu\u00ed. <\/p>\n<p>A primeira das coplas ref\u00edrese a unha balea que bateu contra as pedras do peirao do Bodi\u00f3n (Boiro), onde hoxe est\u00e1 a f\u00e1brica de JEALSA. Contan que a balea ficou atrancada e vi\u00f1an xentes de toda a contorna para vela. Hab\u00edan que saltaba riba dela e xogaba, e a memoria estira a permanencia do animal, que de acordo con esta lenda aguantar\u00eda anos no porto. A se\u00f1ora Lola (a Cuca) de Ferreiros l\u00e9mbrase de fragmentos do poema que hoxe podemos publicar aqu\u00ed:<\/p>\n<p>Xa vos direi mais tarde<br \/>\no que lle ocorre a Barreiro,<br \/>\nnon lle quixo dala carne<br \/>\nos vecinos de Abanqueiro.<\/p>\n<p>Xa veredes vos agora<br \/>\na Praia do Bodi\u00f3n<br \/>\nqu\u00e9 bonito queda o ancoradoiro<br \/>\ncoa graxa do xibarr\u00f3n.<\/p>\n<p>Uns d\u00edn que \u00e9 unha balea<br \/>\noutros un xibarro<br \/>\nquen levou un saco dela<br \/>\nfoi Cachi\u00f1as de Graso.<\/p>\n<p>O se\u00f1or Agust\u00edn vi\u00f1a<br \/>\nna procura dunha rebanada<br \/>\nnon ti\u00f1a onde levala,<br \/>\nl\u00e9valla a neta na faldra.<\/p>\n<p>Acudiron de Cesp\u00f3n,<br \/>\nde Bealo e Tarago\u00f1a<br \/>\npara matar a Balea<br \/>\ntodos tra\u00edan lago\u00f1a.<\/p>\n<p>Dec\u00edan os mari\u00f1eiros<br \/>\na\u00ed ven un barco de guerra!<br \/>\nE cando varou na praia<br \/>\nresultou ser unha balea.<\/p>\n<p>Andades mortos de pena.<br \/>\nSeica vos chegou o cheiro<br \/>\nque tra\u00eda a balea?<\/p>\n<p>Outros veci\u00f1os da zona aclararon que seica chegaron traballadores das baleeiras da Costa da Morte, e lev\u00e1rona para o aserradoiro do se\u00f1or Figueiras, onde a descuartizaron e cort\u00e1rona en toros para levala de volta \u00e1 factor\u00eda.<\/p>\n<p>Outra balea que xenerou un aut\u00e9ntico acontecemento foi a que embarrancou en Peralto (Escarabote), e a\u00ednda deb\u00eda estar viva. Queda a memoria dela en se\u00f1ores e se\u00f1oras moi maiores que era nnenos cando o viron, e as coplas que se inventaron valeron para preservar esta memoria. O poema chegou moi mutilado a n\u00f3s, pero chegou. A se\u00f1ora Mar\u00eda Treus, dos Casais de Graso, l\u00e9mbraa porque xa que ela era da aldea da Madanela, cando ti\u00f1a que baixar \u00e1 Vila (a Pobra do Carami\u00f1al) a vender os produtos da horta \u00edaa cantando, coas outras nenas, polo cami\u00f1o. A copla completouse cos recordos de Tareixa Abu\u00edn, axudada polo seu home Bieito L\u00f3pez. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed vamos a cantar<br \/>\nEscoitade esta gran cousa<br \/>\nUn peixe de vinte metros<br \/>\nEntrou na r\u00eda da Arousa<\/p>\n<p>Dixemos os mari\u00f1eiros<br \/>\nA\u00ed ven un barco de guerra<br \/>\nCando varou na praia<br \/>\nVimos que era unha balea<\/p>\n<p>Eran as catro da tarde<br \/>\no\u00e9use unha ghritar\u00eda<br \/>\nque lle foran acudir<br \/>\nque a balea os com\u00eda.<\/p>\n<p><em>M\u00e1tala, m\u00e1tala<br \/>\nno la puedo matar<br \/>\n\u00a1qu\u00e9 dientes, qu\u00e9 ojos<br \/>\n tiene el animal!<\/em><\/p>\n<p>Acudiron de Rianxo<br \/>\nCesp\u00f3n e Tarago\u00f1a<br \/>\nPara matala a balea<br \/>\nTodos tra\u00edan a lago\u00f1a.<\/p>\n<p>Vi\u00f1eron de San Isidro<br \/>\nDe Gonderande e Les\u00f3n<br \/>\nPara matar a balea<br \/>\nTodos tra\u00edan arp\u00f3n.<\/p>\n<p>Nin valeron as lago\u00f1as<br \/>\nNin valeron os arp\u00f3ns<br \/>\nQue quen matou a balea<br \/>\nFoi un tal Jos\u00e9 Ram\u00f3n.<\/p>\n<p><em>M\u00e1tala, m\u00e1tala<br \/>\nno la puedo matar<br \/>\n\u00a1qu\u00e9 dientes, qu\u00e9 ojos<br \/>\n tiene el animal!<\/em><\/p>\n<p>Ven unha muller moi gorda<br \/>\nQue vive al\u00e1 en San Paio<br \/>\nE quere  cincoenta quilos<br \/>\nSe mos dades polo rabo.<\/p>\n<p>Pa levar nun feixe<br \/>\nFoi pedir un cabestro<br \/>\nE tanto quixo cargar<br \/>\nQue hasta lle rompeu o cesto<\/p>\n<p>Comeron peixe sen conto<br \/>\nEla e mailo seu se\u00f1or<br \/>\nAla polo medio da noite<br \/>\nChamaron polo doutor.<\/p>\n<p><em>M\u00e1tala, m\u00e1tala<br \/>\nno la puedo matar<br \/>\n\u00a1qu\u00e9 dientes, qu\u00e9 ojos<br \/>\n tiene el animal!<br \/>\n <\/em><\/p>\n<p>Fican medio perdidos alg\u00fans versos, como que un home da Vila algo fac\u00eda \u00e1 balea, mentres que outros fac\u00edan referencia a que os &#8220;zapatazos&#8221; (coletazos) que daba o animal eran tan fortes que os salseiros do mar chegaban ao campanario da igrexa da Madanela. A historia \u00e9 enormemente literaria, ata na s\u00faa confecci\u00f3n: o autor parece ser que foi o se\u00f1or Abelardo o Tatano da Angustia, que era analfabeto. Ent\u00f3n, como fac\u00eda as coplas? Cada vez que lle vi\u00f1a a inspirai\u00f3n, chamaba pola muller para que llas escribira sen importarlle se eran as tres da tarde ou as d\u00faas da ma\u00f1\u00e1. Haiche cousas que non poden esperar. A se\u00f1ora sab\u00edao e \u00eda con l\u00e1pis e papel para a mesi\u00f1a de noite. A composici\u00f3n circulaba en papeis e na palabra da xente, e mesmo chegou a competir nunha sorte de certame na Coru\u00f1a. <\/p>\n<p>Os dous textos, como vedes, son unha xoia para comprender os mecanismos da memoria a trav\u00e9s da tradici\u00f3n oral. Se vos fixades, todo est\u00e1 pensado para que a memoria sexa preservada: desde a rima ata a repetici\u00f3n de recursos nas d\u00faas composici\u00f3ns. Pero hai elementos singularmente valiosos a nivel antropol\u00f3xico, como \u00e9 o feito de que sexan os labradores e non os mari\u00f1eiros os que baixen a saquear a carne da balea. A copla, composta por mari\u00f1eiros, encaixa coa tensi\u00f3n social que eu te\u00f1o detectado en recompilaci\u00f3ns de tradici\u00f3n oral no Barbanza: a caracterizaci\u00f3n ridiculizada do outro grupo social e econ\u00f3mico. A paisaxe, con ducias de persoas saqueando a carne destes xigantes do mar, debeu ser similar durante centos ou miles de anos da historia arous\u00e1. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O que hoxe presento en Cap\u00edtulo Cero \u00e9 algo excepcional e marabilloso. Dous poemas populares&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/15\/cando-as-baleas-entraban-na-ria-de-arousa\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cando as baleas entraban na r\u00eda de Arousa<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26507,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-26506","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26506","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26506"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26506\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26507"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26506"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26506"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26506"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}