{"id":26487,"date":"2014-09-14T19:45:47","date_gmt":"2014-09-14T17:45:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26487"},"modified":"2014-09-14T19:53:30","modified_gmt":"2014-09-14T17:53:30","slug":"cadernos-de-escocia-o-orgullo-dos-sinclair-e-a-masa-de-vieiras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/14\/cadernos-de-escocia-o-orgullo-dos-sinclair-e-a-masa-de-vieiras\/","title":{"rendered":"Cadernos de Escocia: O orgullo dos Sinclair e a masa de vieiras"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Un dos monumentos m\u00e1is misteriosos de Escocia \u00e9 a capela de Rosslyn: en realidade \u00e9 un prodixio da arte e do imaxinario baixomedieval e hai quen ve nela a fin dun cami\u00f1o imaxinario e pag\u00e1n que comeza en Compostela<\/div>\n<p><em>[&#8230;]Extra\u00eddo do libro Cadernos de Escocia (en produci\u00f3n)<\/em><br \/>\n<strong>Fotos:<\/strong> <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n<p>O final da Idade Media \u00e9 a nivel art\u00edstico un aut\u00e9ntico <em>melting pot<\/em>. A arte ao caldeiro extra\u00edda desta fervenza de crenzas, en parte redentoristas, en parte renacentistas, en parte apocal\u00edpticas, desembocou en estilos de arte distintos: desde a sobriedade tecnol\u00f3xica do Renacemento italiano ata o curioso barroquismo que, nos pa\u00edses m\u00e1is atl\u00e1nticos, parece converterse na traca final de estilos art\u00edsticos que confiaban as mensaxes \u00e1s pedras. <\/p>\n<p>Un caso tan magn\u00edfico como pouco estudado \u00e9 a Capela da Alba, na mi\u00f1a parroquia de Santiago do De\u00e1n, na Pobra do Carami\u00f1al. Unha especie de pequeno universo plateresco simb\u00f3lico en miniatura incrustado no medio dunha igrexa da que as s\u00faas trazas xerais falan do g\u00f3tico mari\u00f1eiro dos navegantes e mercadores da Galicia do s\u00e9culo XIV e XV. Creo que foi en sexto de EXB cando no catecismo nos mandaban para a Capela de Alba, unha das mellores mostras desde plateresco que parece rom\u00e1nico e g\u00f3tico de todo o pa\u00eds, constru\u00edda a principios do s\u00e9culo XVI. Aturaba a insufrible ensinanza perd\u00e9ndome nas inalcanzables simbolox\u00edas que estouraban por todos os estremos da Capela: cabaleiros vencendo a le\u00f3ns, grifos estendendo as s\u00faas alas, aves fenix renacendo, cristos en diferentes posici\u00f3ns, santos e m\u00e1rtires indescrifrables, un poderoso arcanxo vencendo a un monstro de terrores milenarios, as caliveiras que parec\u00edan observarnos desde os nichos de alcaldes e burgueses. Fascin\u00e1bame, sobre todo, un sorrinte esquelete cunha gada\u00f1a, pero tam\u00e9n os s\u00edmbolos que alud\u00edan \u00e1 mi\u00f1a pequena vila. Al\u00e9n, no firmamento celestial, naquela b\u00f3veda gran\u00edtica, unha fermos\u00edsima l\u00faa e sol, e un fermoso barco do s\u00e9culo XV, ben armado, cun orgulloso castelo de popa, as velas ao vento, e as vieiras que testemu\u00f1aban que a orgullosa Pobra do De\u00e1n de inicios do s\u00e9culo XVI era se\u00f1or\u00edo de Santiago e mesmo porto de peregrinaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Hai pouco, nun roteiro con amigos que son profesores de Historia da Arte en institutos fal\u00e1banme da barreira de incomprensi\u00f3n que se estaban a atopar. A perda de referencias cat\u00f3licas nas familias galegas fac\u00edan cadros, retablos, p\u00f3rticos, incomprensibles para os estudantes de secundaria. Algo para n\u00f3s comprensible como a idea de Pentecost\u00e9s, coas linguas de lume unxido aos Ap\u00f3stolos, \u00e9 chin\u00e9s conceptual para un adolescente galego non cat\u00f3lico. Cumprir\u00e1 en breve ter algunha estratexia para amosar ou ensinar mitolox\u00eda cristi\u00e1, de cara a comprender toda a milenaria arte relixiosa dun pa\u00eds coma o noso. Imaxineime a eses adolescentes durante as d\u00faas horas de liada dominical do catecismo e a misa, perdidos entre as figuras da Capela de Alba, e decateime de que eu mesmo, incluso entendendo algunhas das figuri\u00f1as al\u00ed tratadas, imaxin\u00e1bame historias totalmente distintas, discursos misteriosos, claves secretas escondidas nas p\u00e9treas formas da mi\u00f1a capela. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As\u00ed que \u00e9 normal que tantas masas humanas acudan \u00e1 capela de Rosslyn. Velaqu\u00ed remata unha das novelas m\u00e1is vendidas de principios de s\u00e9culo: O C\u00f3digo da Vinci, e a s\u00faa pel\u00edcula hom\u00f3nima. Dan Brown, o escritor de dubidoso talento art\u00edstico pero fin\u00edsimo instinto comercial, ubicou na capela de Rosslyn, moi pr\u00f3xima a Edimburgo, algunhas das esceas finais do seu libro. Desc\u00falpenme se alg\u00fan incauto a\u00ednda non leu o libro, creo que non lles vou arruinar nada, pero preciso spoilerizar un pouco: aqu\u00ed Sophie, a compa\u00f1eira do profesor Robert Langdon, descubri incluso sen axuda de estupefacientes, que \u00e9 descendente directa de Xesucristo e que o Priorato de Si\u00f3n oculta a s\u00faa identidade para protexela. <\/p>\n<p>Como cambiou Rosslyn nas d\u00faas veces que a visitei! Da primeira volta, a entrada na que cobraban os tickets era un aut\u00e9ntico pendello, e hoxe todo un centro de interpretaci\u00f3n da capela, cos seus toqueteos interactivos, proxecci\u00f3ns, maquetas, e todo o que se pode agardar unha gran atracci\u00f3n tur\u00edstica. Segue habendo moito visitante que escoita con atenci\u00f3n as explicaci\u00f3ns gratu\u00edtas dos gu\u00edas que, no interior da igrexa, van detallando algunhas das escenas que se pode ver nesta abarrotada representaci\u00f3n do universo cristi\u00e1n e medieval. Os gu\u00edas t\u00f3manse con bastante iron\u00eda brit\u00e1nica o asunto de se aqu\u00ed est\u00e1 agachado o Santo Grial, desmerecendo burlescamente as teor\u00edas que falan dos seus patr\u00f3ns (\u201cSe houbera algo importante aqu\u00ed soterrado, pensan vostedes que os Sinclair ter\u00edan deixado en abandono este lugar durante centos de anos?\u201d), e rematando cun liberador \u201cit\u2019s up to you\u201d (depende de ti). Digo liberador porque aposto algo a que moitos dos que ateigan esta min\u00fascula capela que tardas horas en visitar de tantas cousas que conta, no fondo est\u00e1n convencidos, ou lles gustar\u00eda crer, que aqu\u00ed en Rosslyn se garda un gran secreto da historia cristi\u00e1 de Europa e lles encanta est\u00e1 no lugar no que \u00e9 custodiado. No fondo agardan, como romeiros cunha enfermidade, que nun esvar\u00f3n, nun mal apoiarse nunha pedra, esta xira e apareza un Santo Grial. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero o que garda Rosslyn \u00e9 m\u00e1is ben un dos m\u00e1is espl\u00e9ndidos conxuntos escult\u00f3ricos baixomedievais da Europa atl\u00e1ntica. A luz aqu\u00ed dentro \u00e9 sempre crepuscular, un luscofusco que lle acae moi ben ao universo simb\u00f3lico que garda a capela. Velaqu\u00ed est\u00e1n entremesturados alg\u00fans episodios familiares dos Sinclair, a familia de orixe franc\u00e9s que serviu devotamente aos reis de Escocia -e lembredes que un Sinclair acompa\u00f1ou a Sir William Douglas na peregrinaci\u00f3n hisp\u00e1nica de Robert the Bruce- con toda a teolox\u00eda b\u00edblica e a moral cat\u00f3lica do final da Idade Media. A capela foi mandada constru\u00edr por Sir William Sinclair en 1445. A familia ti\u00f1a o seu castelo nunha cota inferior, no fondo do val, aproveitando o meando do r\u00edo, pero a capela constru\u00eduse en zona m\u00e1is elevada e rocosa, se cadra no paso dun importante cami\u00f1o e pr\u00f3xima \u00e1s terras de labor. <\/p>\n<p>O seu fundador, Sir William Sinclair, un noble de gran importancia pol\u00edtica na Escocia do seu tempo, dise que tomou a orde de Cabaleiro de Santiago e a do Vellocino de Ouro. Parece que por aqu\u00ed sentimos o aleteo dunha das nosas serpes das historias; este drag\u00f3n que prende nunha historia e a vai levando entre as p\u00e1xinas dos libros. En Rosslyn Chapel a lenda conta que a masa coa que est\u00e1n ligados os muros e as pedras est\u00e1 feita a partir de vieiras trituradas, deixadas aqu\u00ed por miles de peregrinos retornados da s\u00faa peregrinaci\u00f3n a Santiago de Compostela. A partir desta e outras teor\u00edas, autores esoteristas como Tim Wallace Murphy te\u00f1en suxerido unha peregrinaci\u00f3n alternativa: ch\u00e1manlle o Cami\u00f1o do Alquimista e ser\u00eda un sendeiro inici\u00e1tico que partir\u00eda na fin da peregrinaci\u00f3n cat\u00f3lica, en Santiago de Compostela, e subir\u00eda ao norte, percorrendo distintos or\u00e1culos ligados entre si polo s\u00edmbolo do renacemento, da vieira, e rematar\u00eda aqu\u00ed nesta capela de Rosslyn ou na illa de Iona. Este Cami\u00f1o do Alquimista \u00e9 unha f\u00e1brica m\u00e1is ou menos contempor\u00e1nea de ficci\u00f3n, tecida ao f\u00edo da construci\u00f3n do esoterismo no s\u00e9culo XIX en pa\u00edses como Francia ou aqu\u00ed no Reino Unido, pero g\u00fastame o concepto que explora: cami\u00f1os non documentados, sentidos alternativos da viaxe persoal, a procura dunha Europa antiga de conectarse entre s\u00edmbolos desde o vello reino do sur, Galicia, ata os mares callados do Norte. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A capela de Rosslyn \u00e9 diminuta, e p\u00f3dese pasear por ela durante horas, pero un atrac\u00f3n de arte non vale para entendela. A nosa capacidade de atenci\u00f3n e retenci\u00f3n ten un l\u00edmite. Como Roma, como Nova York ou coma Lisboa, hai que volver en diferentes momentos da vida e non pasar moito tempo dentro. En cada vez ser\u00e1 posible unha lectura distinta: \u00e1s veces descubrir\u00e1s unha pasaxe do Antigo Testamento e outra volta un motivo art\u00edstico que te conecta co mosteiro de Alcoba\u00e7a ou cun priorato toscano. Tal efervesciencia b\u00edblica e versicular \u00e9 quen de convivir, como moitas veces no catolicismo, con marabillosas concepci\u00f3ns semipaganas, como a presenza reiterada dos green man. Incorporados \u00e1 tradici\u00f3n cristi\u00e1 pero sen d\u00fabida seres m\u00edticos que se moven polos bosques de Europa, independentes dos poderes deste mundo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os homes verdes, frecuentes nas Illas Brit\u00e1nicas, pero tam\u00e9n nas igrexas galegas, como ben demostrou Alfredo Erias, son esas figuras do se\u00f1or dos animais ou da natureza, o dono dos ciclos do mundo. Os m\u00e1is fermosos son aqueles que cuspen follas pola boca, no que todo neles \u00e9 vida incontrolada, feliz e desbocada. Dos galegos, os que m\u00e1is me gustan son un home verde barroco e tard\u00edo que habita nunha fonte de Trasouteiro, en Vimianzo, os green men na igrexa de Ventosa (Agolada) ou os da igrexa do Azogue, en Betanzos. O green man m\u00e1is famoso de Rosslyn est\u00e1 na cabeceira: unha cara un pouco diab\u00f3lica que, por mor da arcada que descende, parece interrogar a cada un dos presentes, que non son poucos, pero non parece mal tipo. Lembro que cando me deixaba perder na imaxiner\u00eda da capela de Alba eu a\u00ednda non sab\u00eda o que eran os green men, pero relampos de memoria me animan a pensar que de volta, na Pobra do Carami\u00f1al, vounos atopar agochados nestes retablos p\u00e9treos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosslyn_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao car\u00f3n do famoso home verde est\u00e1 o Pilar do Aprendiz, unha magn\u00edfica columna revirada  que se contrasta co veci\u00f1o Pilar do Mestre, outra columna ben m\u00e1is can\u00f3nica. Aqu\u00ed temos unha lenda de rebeli\u00f3n: a do aprendiz que \u00e9 capaz de invertir o aprendido e aproveitar a ausencia do mestre para adiantar a idea dunha columna salom\u00f3nica que parece unha biblioteca de c\u00f3digo xen\u00e9tico -s\u00f3 parece, pero \u00e9 incrible como  algunha xente ve aqu\u00ed unha visi\u00f3n do ADN-. A historia m\u00e1is poderosa que vexo no Pilar do Aprendiz \u00e9 o da rebeli\u00f3n creativa, deixada como un acto \u00fanico, e que consiste en xirar e xirar e xirar ata o infinito. Lembroume o dinamismo desco\u00f1ecido e incrible da Sala Capitular de Oseira, onde o aprendiz xa deb\u00eda ser mestre e converteu aquel espazo de deliberaci\u00f3ns nun mu\u00ed\u00f1o en continuo movemento gravado na pedra, ou nunha sala de palmeiras no medio da monta\u00f1a ourens\u00e1. <\/p>\n<p>Sobre o capitel dun dos dous pilares est\u00e1 un elefante que buscan as nais para amosarllo aos nenos e tentar captar un pouco do aburrimento dos cr\u00edos, quen a\u00ednda non te\u00f1en idade, polo xeral, para pasmar en Rosslyn. Este elefante que simboliza a fortaleza e determinaci\u00f3n do Esp\u00edritu. Pensei que no \u00e1bside da capela de Alba, trala igrexa, naquel patio h\u00famido e areoso no que xogabamos antes ou despois da misa, nos observaba aquel elefante con arneses de guerra que xa ningunha nai ensina aos seus fillos. Ao car\u00f3n, un home pronuncia unha frase gravada nun friso que o tempo, ou outros homes, borraron. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un dos monumentos m\u00e1is misteriosos de Escocia \u00e9 a capela de Rosslyn: en realidade \u00e9&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/14\/cadernos-de-escocia-o-orgullo-dos-sinclair-e-a-masa-de-vieiras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cadernos de Escocia: O orgullo dos Sinclair e a masa de vieiras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26494,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[61,8],"tags":[],"class_list":["post-26487","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escocia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26487","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26487"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26487\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26494"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26487"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26487"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26487"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}