{"id":26483,"date":"2014-09-12T17:33:04","date_gmt":"2014-09-12T15:33:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26483"},"modified":"2014-09-12T17:33:04","modified_gmt":"2014-09-12T15:33:04","slug":"u2-e-apple-unha-alianza-envelenada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/12\/u2-e-apple-unha-alianza-envelenada\/","title":{"rendered":"U2 e Apple: unha alianza envelenada?"},"content":{"rendered":"<p>U2: indubidablemente unha das bandas rock m\u00e1is famosas da Historia, unha aut\u00e9ntica icona musical de finais do s\u00e9culo XX e principios do XXI. \u00c9 dicir, unha poderos\u00edsima marca capaz de facer unha pequena revoluci\u00f3n en cada lanzamento dun novo \u00e1lbum. Ata agora, precisamente, ese era o momento cumio de calquera gran banda: un acontecemento singular que acontec\u00eda cada dous ou tres anos e que marcaba o inicio de apote\u00f3sicas xiras mundiais. <\/p>\n<p>Sen embargo U2 apostou por vincularse a outra poderosa marca global, Apple, con intereses na industria da m\u00fasica como vendedor, pero indubidablemente, con un gran espectro de valores adicionais vinculados \u00e1 creatividade, \u00e1 tecnolox\u00eda, etc. Como agasallo para os seus usuarios, Apple decidiu agasallar o contido do seu \u00faltimo \u00e1lbum, <em>Songs of Innocence<\/em>, aos seus usuarios; a data, coincidindo co lanzamento do iPhone 6 e o Watch, fai pensar en que \u00e9 parte da mesma campa\u00f1a; como obxectivo colateral tam\u00e9n pode estar potenciar o iTunes Match, o servizo na nube de Apple no iCloud. Acordos coma este levan tempo, as\u00ed que \u00e9 posible que non te\u00f1a moito que ver co filtrado de datos de famosos que realizaron os hackers desde os servidores de Apple hai poucos d\u00edas. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que te\u00f1o certa percepci\u00f3n de que U2 errou notablemente na s\u00faa estratexia ao escolleren como socio de lanzamento a Apple. Literalmente, devorou o lanzamento do disco na marea de opini\u00f3ns e comentarios do iPhone, e todo parece indicar que o novo \u00e1lbum de U2 (sen entrar en valoraci\u00f3ns musicais) vai pasar sen pena ni gloria, como bailarina m\u00e1is do ballet dos tel\u00e9fonos bonitos de Apple. Ti\u00f1a sentido para unha enorme marca global como U2 entregar o seu m\u00e1is prezado ben -un \u00e1lbum completo de 11 pistas- a outra marca que a \u00eda empregar como parte das atracci\u00f3ns da s\u00faa feira de Nadal? Ti\u00f1a sentido sacrificar parte da escasa, e cada vez m\u00e1is curta, escala da econom\u00eda de atenci\u00f3n que te dedican os consumidores, dentro dun acontecemento tecnol\u00f3xico global? <\/p>\n<p>Na mi\u00f1a opini\u00f3n, U2 cometeu un erro estrat\u00e9xico vital, pero al\u00e9n diso hai unha reflexi\u00f3n sobre como deben comportarse as marcas dos creadores en relaci\u00f3n \u00e1s marcas dos vendedores e os distribuidores no futuro desta econom\u00eda dixital da cultura ou da econom\u00eda da cultura dixital. Porque todo indica aqu\u00ed que neste novo mundo os osos dan abrazos demasiado fortes e amorosos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>U2: indubidablemente unha das bandas rock m\u00e1is famosas da Historia, unha aut\u00e9ntica icona musical de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/12\/u2-e-apple-unha-alianza-envelenada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">U2 e Apple: unha alianza envelenada?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,15],"tags":[],"class_list":["post-26483","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-musica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26483","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26483"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26483\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26483"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}