{"id":26452,"date":"2014-09-08T19:03:50","date_gmt":"2014-09-08T17:03:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26452"},"modified":"2014-09-08T21:45:41","modified_gmt":"2014-09-08T19:45:41","slug":"cadernos-de-escocia-terras-baixas-e-corazons-soterrados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/08\/cadernos-de-escocia-terras-baixas-e-corazons-soterrados\/","title":{"rendered":"Cadernos de Escocia: Terras baixas e coraz\u00f3ns soterrados"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Escocia \u00e9 un pa\u00eds dividido en dous e unido contra un. Aqu\u00ed, as Terras Baixas, foi onde se formou o reino de Escocia, se coroaron os seus reis e luciron grandes abad\u00edas de esplendor europeo. Pero esta paisaxe mansa, maina e f\u00e9rtil \u00e9 a gran desco\u00f1ecida para os viaxeiros, incluso a misteriosa reliquia conectada lendariamente con Santiago.<\/div>\n<p><em>Do libro <\/em><em>Cadernos de Escocia<\/em> (en proceso de produci\u00f3n)<br \/>\nFotograf\u00edas: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n<p>Edimburgo aband\u00f3nase r\u00e1pido en coche. Tras deixar o centro atr\u00e1s hai alg\u00fan suburbios de casi\u00f1as baixas dun vermello pardo, antigo, case victoriano, obreiro. Aparecen as tapias de propiedades grandes rodeando a esta cidade da que non sabes canto pertence ao mar e canto ao campo. E non se tarda practicamente nada, se cadra non m\u00e1is de dez minutos, en conducir por un campo feraz, de pequenas aldeas e casais, valados de pedra, grandes fincas cheas de cereal e bosquetes nos que pola noite durmen as curuxas e durante o d\u00eda campan solitarios nunha paisaxe totalmente agraria. <\/p>\n<p>Estamos nas Lowlands, a autenticamente remota, a realmente desco\u00f1ecida paisaxe escocesa, malia estar ao car\u00f3n de Edimburgo e a fronteira inglesa. Anodina coma o interior do campo franc\u00e9s, razonablemente f\u00e9rtil, de campos extensos e granxeiros relativamente pr\u00f3speros, achairada, sazonada artisticamente con grandes propiedades dos s\u00e9culos XVIII ou XIX. As Lowlands escocesas, as Terras Baixas, \u00e9 o lugar no que as cousas aconteceron realmente no vello reino de Alba, en contraposici\u00f3n \u00e1s Highlands, as Terras Altas, onde se cadra as cousas foron so\u00f1adas ou inventadas. A terra da realidade contra a terra do mito. <\/p>\n<p>A historia est\u00e1 repleta dos territorios duais, uns incomodamente f\u00edsicos, outros liberadores e imaxinarios, a penas sostidos por unha presa de realidade \u00e1 terra: \u00e9 coma se os pa\u00edses precisaran un refuxio no que \u00e9 posible manter unha certa dose de irrealidade, de onirismo, dunha fantas\u00eda que non \u00e9 tolerable noutros lugares. Os Estados Unidos actuais so\u00f1an en Alaska, a Galicia dos 80 so\u00f1ou nos Ancares e a dos 90 so\u00f1ou no Courel, Escandinavia so\u00f1a en Laponia, a Irlanda do seu Rexurdimento nas Illas Aran, e as\u00ed sucesivamente. A tecedeira dos relatos escoceses pensou nas Highlands para crear libremente a Escocia ideal, pouco contraditoria, libre nos so\u00f1os de quen a so\u00f1aban. <\/p>\n<p>Sen embargo, a maior parte da poboaci\u00f3n escocesa actual vive ben lonxe da Escocia t\u00edpica que aparece nas gu\u00edas tur\u00edsticas e nas pel\u00edculas. No censo de 2011, adv\u00edrtese como o eixo sure\u00f1o Edimburgo-Glasgow -coas cidades sat\u00e9lite de Falkirk, Stirling ou Bellshill, entre outras moitas- concentra unha enorme cantidade de poboaci\u00f3n. No Leste, se cadra atra\u00eddos polo petr\u00f3leo desde mediados do s\u00e9culo XX, existe unha certa poboaci\u00f3n nucleada ao redor de Aberdeen -que, en certo xeito, tam\u00e9n \u00e9 unha lowland, unha terra baixa doada de habitar e cultivar, e Inverness, que concentra certa industria de servizos ao redor das terras altas. O centro do pa\u00eds, o norte e o oeste, esas monta\u00f1as fermosas, belas e cheas de br\u00e9tema,  son extensi\u00f3ns baleiras, cunha poboaci\u00f3n polo xeral inferior \u00e1s 0,1 persoas por hect\u00e1rea: con algunhas zonas de Ourense, estamos falando dos grandes paramos europeos, as consecuencias das revoluci\u00f3ns industriais do XVIII e o XIX e a emigraci\u00f3n como resposta social. <\/p>\n<p>(&#8230;)<\/p>\n<p>Outra das cousas que Galicia e Escocia te\u00f1en en com\u00fan \u00e9 que o mellor, artisticamente falando, do seu patrimonio medieval, son as abad\u00edas e mosteiros. Algu\u00e9n me rebatir\u00e1 que os castelos son ben bonitos, pero estar\u00e1 aplicando certamente categor\u00edas galegas e hisp\u00e1nicas, pensando que o fen\u00f3meno dos castelos \u00e9 medieval. Ben \u00e9 certo que a maior parte dos castelos que est\u00e1n en p\u00e9 hoxe en Escocia te\u00f1en, efectivamente, fundaci\u00f3ns baixomedievais (do XIII ou XIV) pero a obra en pedra, as fachadas e os volumes, son  \u00e1s veces militares, de finais do s\u00e9culo XV, XVI ou XVII, ou pacegas xa dos s\u00e9culos XVIII e XIX. Aqu\u00ed non houbo nin Irmandi\u00f1os nin Reis Cat\u00f3licos que botaran abaixo as fortalezas dos nobles. \u00c1s veces preg\u00fantome que ter\u00eda pasado se en Galicia non se deran eses movementos. Cambiar\u00eda a paisaxe do pa\u00eds? Teriamos os outeiros cheos de torres rom\u00e1nticas e ruinosas?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed, nas terras baixas, os reis escoceses (e eventualmente os ingleses) patrocinaron catro grandes mosteiros que hoxe son esqueletes de balea deitados en apacibles vilas.  Xoias do rom\u00e1nico e do g\u00f3tico, son obras magn\u00edficas e chamativas. Viaxando cara o sur, a escasos quince quil\u00f3metros da fronteira con Inglaterra, est\u00e1 Jedburgh, unha das catro grandes abad\u00edas. A vili\u00f1a de Jedburgh, atravesada polo r\u00edo Jed, \u00e9 un apacible lugar de 4000 habitantes, famosa polas s\u00faas carnicer\u00edas e por un doce con sabor a menta tra\u00eddo polos ingleses.  Como dic\u00eda, igrexa e pol\u00edtica eran -e seguen a ser- asuntos ben pr\u00f3ximos. Os reis escoceses promoveron a instalaci\u00f3n dos agustinos e en 1147 comezouse a constru\u00edr a abad\u00eda de Jedburgh baixo o patrocinio de David I. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao meu ver, \u00e9 posiblemente a m\u00e1is fermosa factura rom\u00e1nica de Escocia, unha fermos\u00edsima xoia que \u00e9 ao mesmo tempo espiritualidade e poder, fascinaci\u00f3n e misticismo. Hoxe conservamos o esquelete da igrexa da abad\u00eda -o resto dos edificios ficaron unicamente nas fundaci\u00f3ns-, pero iso faino observarlo como un prodixio a\u00e9reo e luminoso: unha transformaci\u00f3n forzosa do rom\u00e1nico en g\u00f3tico, dos pilares grosos afianzados na mentalidade medieval e a luz abr\u00edndose paso polas galer\u00edas xa dando conta do novo estilo luminoso. . <\/p>\n<p>A abad\u00eda sufriu o cambio de mans continuo durante a Idade Media ata que os protestantes fix\u00e9rona trizas no s\u00e9culo XVI, entrementres acolleu cortes reais, intercambios, acordos diplom\u00e1ticos. Cando casou nela Alexandre III con Yolande de Dreux, en 1285, c\u00f3ntase que unha aparici\u00f3n pantasmal deu un aviso \u00e1 congregaci\u00f3n sobre a morte do rei, quen no seguinte ano morreu, efectivamente, da ca\u00edda dun cabalo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non moi lonxe de Jedburgh fica a marabilla de Melrose Abbey. Outra volta, un val amable, unha vili\u00f1a fermosa de casas baixas e un r\u00edo que a atravesa e que no seu tempo deu servizo a este mosteiro cisterciense. Melrose tam\u00e9n foi fundada en 1146 polo rei David I e, como Jedburgh e boa parte das abad\u00edas cat\u00f3licas nas Illas Brit\u00e1nicas, conserva unicamente a igrexa. \u00c9 fascinante poder ver estas ru\u00ednas para adquirir certas noci\u00f3ns do catolicismo que noutras igrexas, que sufriron modificaci\u00f3ns en \u00e9pocas posteriores \u00e1 Idade Media, xa non \u00e9 posible detectar, como a estrita barreira que en Melrose exist\u00eda, no interior da igrexa, entre os monxes e os famuli que non chegaban a profesar pero que, entrando ao servizo da Igrexa, ceib\u00e1banse dunha vida terrible en campos fr\u00edos. <\/p>\n<p>As arquer\u00edas no baleiro de Melrose, a luz penetrando por onde antes os vitrais encheron estes espazos de cor, outorga ao conxunto unha fermosura engaiolante. Walter Scott, que era un aut\u00e9ntico amante destas ru\u00ednas, suxer\u00eda disfrutalas \u00e1 luz da l\u00faa, m\u00e1is que \u00e1s do sol. <\/p>\n<p>As\u00ed o di no seu poema <em>The lay of the last minstrel<\/em> (O laio do \u00faltimo trobador).  <\/p>\n<p><em>If thou would&#8217;st view fair Melrose aright,<br \/>\nGo visit it by the pale moonlight;<br \/>\nFor the gay beams of lightsome day<br \/>\nGild, but to flout, the ruins grey. (&#8230;)<br \/>\nWhen silver edges the imagery,<br \/>\nAnd the scrolls that teach thee to live and die;<br \/>\nWhen distant Tweed is heard to rave,<br \/>\nAnd the owlet to hoot o&#8217;er the dead man&#8217;s grave,<br \/>\nThen go&#8211;but go alone the while&#8211;<br \/>\nThen view St. David&#8217;s ruin&#8217;d pile;<br \/>\nAnd, home returning, soothly swear,<br \/>\nWas never scene so sad and fair!<\/em><\/p>\n<p>(Se pretendes ver Melrose con xeito,<br \/>\nvai visitala no p\u00e1lido luar;<br \/>\nXa que os raios brillantes da luz do d\u00eda<br \/>\nreforzan, desprez\u00e1ndoas, o gris das ru\u00ednas (&#8230;)<br \/>\nCando a prata define as imaxes,<br \/>\ne as inscrici\u00f3ns que te ensinan a vivir e morrer:<br \/>\ncando o distante r\u00edo Tweed esc\u00f3itase rosmar,<br \/>\ne a curuxa ouvea sobre a tumba do home morto,<br \/>\nlogo vai -pero vai ti s\u00f3 nese momento-<br \/>\ne mira a p\u00eda arruinada de San David;<br \/>\ne cando volvas a casa, xura verdadeiramente,<br \/>\nque nunca houbo momento tan triste e fermoso!)<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pola contra, n\u00f3s debemos disfrutar destas ru\u00ednas cun dos d\u00edas m\u00e1is fermosos e azuis que outorga o ver\u00e1n escoc\u00e9s, un d\u00eda apacible de prados luminosos. Subo arrastrando a mi\u00f1a vertixe ata o campanario para ver unha fermosa colecci\u00f3n de caras, de g\u00e1rgolas, e dentro delas, un curioso porco (se cadra porco bravo?) que toca a gaita. A gaita medieval que, por certo, e sen \u00e1nimo de meterme en pol\u00e9mica ningunha, aparecer\u00e1 sempre representada nas g\u00e1rgolas escocesas -m\u00e1is tarde veremos outra en Rosslyn Chapel-  cun s\u00f3 ronc\u00f3n, ao xeito da galega. Supo\u00f1o que a de tres ronc\u00f3ns era m\u00e1is ben a gaita militar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_13.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Griffith, Roger (1835). \u201cMelrose Abbey &#038; ruined interior\u201d.<\/em><\/p>\n<p>O tempo espiu as deliciosas esculturas que un d\u00eda encheron Melrose. Desde o cemiterio obs\u00e9rvase al\u00f3 enriba unha marabillosa Virxe Mar\u00eda g\u00f3tica, descabezada, e observando as estampas rom\u00e1nticas do s\u00e9culo XIX, onde as tumbas dos cabaleiros a\u00ednda repousaban entre moreas de capiteis arruinados, entra a melancol\u00eda lunar do bo de Walter Scott. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En Melrose soterr\u00e1ronse reis, duques, condes e a selecta aristocracia escocesa. No claustro, do que s\u00f3 quedan os alicerces, figura un destes deliciosos misterios lendarios escoceses. Cami\u00f1ando ao chou, entro na sala capitular e distingo un coraz\u00f3n gravado no chan, cunha lenda escrita nun ingl\u00e9s arcaizante. Fala dun noble coraz\u00f3n. Resulta que durante a escavaci\u00f3n arqueol\u00f3xica de 1996 foi atopado no subsolo da sala capitular unha caixa que conti\u00f1a unha plaqui\u00f1a. Alud\u00eda a que durante as obras levadas a cabo nas ru\u00ednas na d\u00e9cada de 1920 fora localizada unha caixa cun coraz\u00f3n neste lugar, e que este coraz\u00f3n era o de Robert the Bruce. E aqu\u00ed aparece outra historia que nos conecta intensamente con Galicia. <\/p>\n<p>O asunto non \u00e9 menor. Robert I the Bruce \u00e9 un dos grandes heroes nacionais de Escocia. Fillo dunha familia nobiliar con pretensi\u00f3ns ao trono, e tras disputas e mesmo o asasinato do seu rival Comyn, Robert accedeu ao trono en 1306, sendo coroado en Scone, no m\u00edtico lugar de entronizaci\u00f3n da monarqu\u00eda escocesa. Derrotado por Eduardo I, o cruel rei que aparece en Braveheart, escapou a Irlanda e as Illas Occidentais e de al\u00ed emprendeu unha terrible guerra de guerrillas contra os ingleses e a aristocracia escocesa aliada con eles, ata que os feitos desembocaron na batalla de Bannockburn en 1314, e nunha brutal campa\u00f1a de raids contra as cidades inglesas do norte. Eduardo I non reco\u00f1eceu a Robert the Bruce e, procurando a leximitidade, os bispos e arist\u00f3cratas de Escocia enviaron a famosa Declaraci\u00f3n de Abroath ao Papa: un notable documento que vincula, de novo, a Galicia con Escocia, e do que falaremos m\u00e1is adiante para non deter o relato. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_15.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>S\u00e9ntome nun banco e fico, disfrutando do sol, observando aquela humilde placa no chan na que disque est\u00e1 soterrado o coraz\u00f3n do rei que mandou restaurar este mosteiro tralas sanguentas guerras contra os ingleses. Poucos turistas dec\u00e1tanse do lugar, pero unha se\u00f1ora de longo pelo cano aparece, fica parada diante da placa, e ao pouco deposita unha rosa, que queda deitada entre a herba. Unha vermella rosa. Se cadra ela non saiba a lenda que n\u00f3s sabemos: ese coraz\u00f3n gardado baixo un humilde prado, o coraz\u00f3n dun rei imparable e valoroso, visitou o vello Reino de Galicia. <\/p>\n<p>A lenda conta que Robert the Bruce quixo ir loitar \u00e1s Cruzadas. Cando morreu, o seu corpo foi soterrado na abad\u00eda de Dumferline, pero o seu coraz\u00f3n quedou custodiado polo seu m\u00e1is fiel cabaleiro, Sir James Douglas. Robert expresara a s\u00faa intenci\u00f3n de morrer nas Cruzadas, e xa que non puidera ser, encargoulle a misi\u00f3n aos seus guerreiros. Sir James Douglas levou o coraz\u00f3n nunha caixa sobre o seu peito, e acompa\u00f1ado de Sir William de Keith, Sir William de St. Clair de Rosslyn e os irm\u00e1ns Sir Robert Logan de Restalrig e Sir Walter Logan, emprenderon a viaxe das s\u00faas vidas. O reverendo Stone, na s\u00faa obra de 1927, <em>The Cult of Santiago<\/em>, indispensable para rastrexar as conexi\u00f3ns brit\u00e1nicas da peregrinaci\u00f3n a Compostela, d\u00e1 conta de que Sir James Douglas parou en Santiago para honrar el mesmo -o seu propio nome- e ao Rei Robert, que era moi devoto de Santiago, tras morto. A historia vive nas penumbras das lendas que unen os reinos de Escocia e Galicia desde tempo inmemorial: O propio reverendo James afirma que &#8220;non hai rexistro da presenza de Douglas na catedral, pero non te\u00f1o d\u00fabida ningunha de que estivo al\u00ed&#8221;. As cr\u00f3nicas escocesas que consultei -do XIX, o poema \u00e9pico The Brus de John Barbour, as memorias da Casa de Douglas- non mencionan esta peregrinaci\u00f3n a Compostela. Pero hai que afirmar que ser\u00eda moi factible facer unha paradi\u00f1a t\u00e9cnica na Coru\u00f1a, facer rapidamente o Cami\u00f1o Ingl\u00e9s, beber unhas boas xerras de Ribeiro trala devoci\u00f3n, e continuar cara o sur \u00e1 procura de pag\u00e1ns e infieis. A min parecer\u00edame perfectamente escoc\u00e9s. <\/p>\n<p>Como non hab\u00eda ningunha cruzada en curso en Palestina, os cabaleiros decidiron parar en Sevilla, onde se alistaron no ex\u00e9rcito de Afonso XI, nunha campa\u00f1a que \u00eda emprender contra o reino de Granada. Na batalla de Teba y Hardales os mouros fixeron unha manobra de despiste, e sir James Douglas botouse contra eles. Primeiro guindoulles o coraz\u00f3n de Robert the Bruce e logo berrou unha bravada: \u201cAgora pasa ti por diante nosa, como ti ter\u00edas querido, e n\u00f3s seguir\u00e9moste ou morreremos\u201d. O certo \u00e9 que uns cantos morreron, entre eles Sir Douglas, e o coraz\u00f3n foi recollido polos escoceses que sobreviviron \u00e1 batalla e levado a esta abad\u00eda de Melrose por Sir William Keithr. O certo \u00e9 que durante as escavaci\u00f3ns de 1996 abriuse cautelosamente a caixa e atoparon un coraz\u00f3n que, polo tama\u00f1o, poder\u00eda ser o do belicoso e heroico rei de Escocia, que a\u00ednda batallou, coma o Cid, despois de morto. <\/p>\n<p>Un rei que visita Galicia despois de morto atravesando o mar, e custodiado por bravos cabaleiros Douglas e Sinclair: as honras non sei se deberan corresponder a Santo Andr\u00e9 ou a Santiago. Pero permit\u00eddeme so\u00f1ar coa estampa aqu\u00ed, diante do coraz\u00f3n de Robert the Bruce. <\/p>\n<p>As\u00ed que non podemos menos que desviarnos co coche, abandonar as abad\u00edas, e internarnos pola campi\u00f1a en direcci\u00f3n a Kelso. Ao chegar unha granxa av\u00edsasenos que estamos nun terreo privado e adentr\u00e1monos por unha pista de terra que nos leva ata un sitio pouco co\u00f1ecido pero poderosamente ic\u00f3nico: a torre de Smailholm. As doces abad\u00edas non valen moito para percibir o sentimento de ameaza dos homes ante unha fronteira eternamente cruzada. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pouco ten que ver Smailholm cos descomunais castelos das sucesivas marcas cristi\u00e1s contra os \u00e1rabes que visitar\u00edan os cabaleiros escoceses de Robert The Bruce. Pero todo nela fala dunha vida dif\u00edcil. \u00c9 unha impo\u00f1ente torre, adusta, rexa, excepcionalmente alta para mirar ao longo das Lowlands o devir dos ex\u00e9rcitos ingleses. Da outra banda, obs\u00e9rvase no alto dun outeiro un cromlech. E, no chan, por baixo nosa, con ese efecto transparentador dos pastos escoceses, vela\u00ed vense o resto das cabanas dunha aldea de servos que un d\u00eda alimentaron a estes se\u00f1ores. A torre fix\u00e9rona os Pringles no s\u00e9culo XV. Logo dunha serie de raids procedentes de Northumbria en 1544 que roubaron 700 cabezas de gando e 100 cabalos, os Pringles recolleron as s\u00faas pertenzas e marcharon a vivir a un lugar m\u00e1is tranquilo. A Torre pasar\u00eda \u00e1 man dos Scott. Si, os de Walter Scott. Aqu\u00ed veu o escritor de pequeno, a tomar os aires tra\u00eddo desde Edimburgo, na granxa anexa a Smailholm, e aqu\u00ed o rapaz empapouse das baladas da Fronteira, que despois compilar\u00eda nun volume emblem\u00e1tico da s\u00faa vida. Antes da s\u00faa morte en 1832 quixo facer unha visita \u00e1 vella e adusta torre e levou con el ao gran pintor Turner, que a retratou fermosa e suficientemente misteriosa e rom\u00e1ntica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_14.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>William Turner (1834) \u201cSmailholm Tower\u201d<\/em><\/p>\n<p>Acheg\u00e1monos algo confusos ata a torre, dubidando se \u00e9 visitable ou non. O motivo da nosa d\u00fabida \u00e9 a ausencia clara dun sendeiro percorrido, andado por humanos, que se achegue ata a fortaleza. As ovellas pastan con tranquilidade e unha art\u00farica nube de mosquitos voa sobre a ci\u00e9naga que rodea a torre. Hai que dicir que se levantou un vento soberanamente fr\u00edo, e densas nubes de chumbo percorren este c\u00e9o interminable. Dubidamos no acceso, reco\u00f1ecemos as estruturas talladas na rocha e entramos no recinto. Un aviso nunha porta indica: \u201cA torre est\u00e1 aberta, pero \u00e1s veces temos a porta pechada polo mal tempo&#8221;. Abof\u00e9 que debe facer fr\u00edo terrible nestas soedades, neste p\u00e1ramo no que a ameaza vi\u00f1a \u00e1s veces do sur, pero \u00e1s veces tam\u00e9n do norte. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/melrose_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pouca cousa hai no seu interior. Os restos arqueol\u00f3xicos: pipas, navalli\u00f1as, moedas, fragmentos de vidro, falan da vida, m\u00e1is ou menos confortable, no interior desta torre. Alg\u00fans indicios de beberen licores tra\u00eddos dos Pa\u00edses Baixos, e o resto, esas escenificaci\u00f3ns con bonecos que tanto gustan aos escoceses. Como museo, Smailholm Tower non valer\u00eda un peso, pero non sent\u00edn perder nin un s\u00f3 minuto en achegarnos ata estes paramos. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed, neste fr\u00edo e neste vento, teceuse unha fronteira que a\u00ednda dura. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escocia \u00e9 un pa\u00eds dividido en dous e unido contra un. Aqu\u00ed, as Terras Baixas,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/09\/08\/cadernos-de-escocia-terras-baixas-e-corazons-soterrados\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cadernos de Escocia: Terras baixas e coraz\u00f3ns soterrados<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26457,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[61,8],"tags":[],"class_list":["post-26452","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escocia","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26452","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26452"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26452\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26457"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26452"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26452"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26452"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}