{"id":26398,"date":"2014-08-29T00:44:08","date_gmt":"2014-08-28T22:44:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26398"},"modified":"2014-09-08T19:09:47","modified_gmt":"2014-09-08T17:09:47","slug":"explorando-o-muro-e-iii-eses-brittunculi-do-demo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/29\/explorando-o-muro-e-iii-eses-brittunculi-do-demo\/","title":{"rendered":"Explorando o Muro (e III): eses Brittunculi do demo"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Vindolanda \u00e9 unha das xoias do Muro: un campamento onde os voluntarios son benvidos e os romanos a\u00ednda nos falan desde as s\u00faas tabletas. <\/div>\n<p><strong>Traduci\u00f3n do cartel de arriba, que te recibe nada m\u00e1is entrar en Vindolanda: <\/strong><br \/>\n<em><strong>A experiencia dunha vida.<\/strong> Miles de persoas te\u00f1en tomado parte como escavadores voluntarios en Vindolanda. Certamente \u00e9 unha experiencia excitante e desafiante. Cada ano, a Fundaci\u00f3n Vindolanda d\u00e1 a benvida a caras familiares e novos voluntarios ao equipo de escavaci\u00f3n, todos conectados por unha paix\u00f3n pola arqueolox\u00eda. <\/em><\/p>\n<p>Seguindo a estrada cara o oeste, deixamos atr\u00e1s Housesteads e non moi lonxe, hai que desviarse a Vindolanda, que est\u00e1 metida entre os campos de cultivo e os prados; ch\u00e9gase a ela a trav\u00e9s dun m\u00ednimo carreiro que d\u00e1 lugar a unha agra enorme onde est\u00e1 todo o complexo arqueol\u00f3xico. Vindolanda \u00e9 un xacemento arqueol\u00f3xico de gran parecido a Housesteads, se ben o seu emprazamento non \u00e9 tan espectacular: a media altura nun pequeno val que descende. O certo \u00e9 que o que Housesteads ten de esc\u00e9nico e visual, co Muro do emperador cortando horizontes, Vindolanda o ten de m\u00e1xico, ou m\u00e1is ben de f\u00edsico e qu\u00edmico. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>A composici\u00f3n do solo brit\u00e1nico, a turba, ten para os galegos amantes da arqueolox\u00eda esa sorte de fascinaci\u00f3n un tanto envexosa. O solo brit\u00e1nico preserva os restos org\u00e1nicos estupendamente, o cal permite facer revelaci\u00f3ns incribles, preservar momias conservadas en turba, madeiros, postes, mangos de armas, o que se queira. A acidez do solo galego devora todo canto material org\u00e1nico se deposita nel: esa voracidade leva o tempo, e imposibilita, a maior parte das veces, acceder a unha visi\u00f3n integral dunha cultura. Iso obs\u00e9rvase ben cando escavas un castro: \u00e9 como se tiraras un retrato a algu\u00e9n e s\u00f3 aparecera a roupa coa que est\u00e1 vestido. A escavaci\u00f3n dun castro ofrece cer\u00e1micas, anacos de metal corro\u00eddo, industrias l\u00edticas, ducias de mu\u00ed\u00f1os de pedra, e poderosas cabanas e murallas. Ten un silencio estra\u00f1o, a escavaci\u00f3n: o silencio dos ausentes, magnificado porque moito deles desaparece comesto pola qu\u00edmica do solo. <\/p>\n<p>Pero os galaicos deixaban atr\u00e1s moit\u00edsimo m\u00e1is: cando Rafael Rodr\u00edguez escavou o poboado da Lanzada, que ficara no seu momento cuberto pola area, accedimos a unha visi\u00f3n da prehistoria de Galicia radicalmente distinta. A area si preserva ben o material org\u00e1nico, e de s\u00fapeto apareceu a\u00ed un mundo cheo de restos biol\u00f3xicos. \u00d3sos de fauna, marisco, espi\u00f1as de peixe, cunchas, todo estrado e ciscado por todas partes, berrando a evidencias a vida humana que al\u00ed houbo, amos\u00e1ndonos que a visi\u00f3n dun castro na Idade do Ferro non hab\u00eda de ser, non moito menos, impoluta, porque mesmo a noci\u00f3n de desperdicio, de lixo, \u00e9 diferente \u00e1 do mundo contempor\u00e1neo. Aquel impresionante rexistro de lixo proclamaba os olores que hab\u00edan atafegar os fuci\u00f1os do viaxeiro que visitara un destes poboados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Nova \u00e1rea aberta en Vindolanda<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Esa lameira chunga de a\u00ed dentro \u00e9 onde aparecen todas as marabillas de madeira, lenzo&#8230;do campamento<br \/>\n<\/em><br \/>\nEsta turba, este medio hip\u00f3xico, \u00e9 dicir, con baixas condici\u00f3ns de os\u00edxeno no que a auga e a terra preservaron as condici\u00f3ns de determinados materiais \u00e9 o que fai \u00fanica a Vindolanda. Posiblemente, se estivera en ladeira como Housesteads, a auga ter\u00eda corrido ao fondo do val, pero aqu\u00ed non acontece, fica acumulada nas ru\u00ednas. En cada \u00e1rea escavada do campamento, p\u00f3dese observar un solo anegado, un barrizal negro e turbio que \u00e9 o maior tesouro de Vindolanda. <\/p>\n<p>Porque aqu\u00ed, neste campamento, esa turba ten custodiado durante case dous mil anos armas, aperos de labranza, zapatos, roupa. Por atopar, este ver\u00e1n atoparon mesmo unha tapa de inodoro de madeira e estaban buscando a spongia que clausura este coti\u00e1n acto \u00edntimo. As\u00ed de impresionante \u00e9 o tema da preservaci\u00f3n de materias org\u00e1nicas. <\/p>\n<p>O m\u00e1is importante desta condici\u00f3n excepcional do solo \u00e9 que ten legado unha das maiores colecci\u00f3ns de cartas orixinais conservadas do Imperio Romano, entre elas, a primeira carta que conservamos escrita por unha muller, Claudia Severa, a muller de  Aelio Broccho, comandante dun forte pr\u00f3ximo sen identificar, a Sulpicia Lepidina, convid\u00e1ndoa a unha festa de cumpreanos. As cartas de Vindolanda, remitidas entre funcionarios, soldados, comerciantes, conseguen transmitir o que as pedras non poden: a vida do d\u00eda a d\u00eda, os prezos, as necesidades, os intereses e o mesmo pensamento dos que habitaron neste lugar. Hai reportes da intelixencia militar dando conta dos modos de loita da cabaleir\u00eda britana, cartas de recomendaci\u00f3n, listas da compra. Matices importantes, como a visi\u00f3n denigratoria do conquistador sobre o conquistado, resumida nunha palabra: Brittunculi, que se traduce como estes \u2018cativos bret\u00f3ns\u2019 ou \u2018britonci\u00f1os\u2019 nun sentido despectivo. <\/p>\n<p>En Vindolanda podes ver perfectamente como se sacaban da terra estas tabletas. \u00c9 certamente parecido a enzoufar nunha lameira coma un cocho. Est\u00e1s metido no barro, e vas sacado paladas cadradas de terra e barro que son delicadamente peiteadas para ver se nelas queda alg\u00fan tesouro org\u00e1nico. Malia os traballos tan delicados que se rexen en Vindolanda para rescatar algunhas das m\u00e1is prezadas xoias coti\u00e1 que te\u00f1amos visto do Imperio Romano, a Fundaci\u00f3n enorgull\u00e9cese dos voluntarios. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nTraduci\u00f3n do cartel (tam\u00e9n na recepci\u00f3n de Vindolanda):<br \/>\n<em><strong>Arqueolox\u00eda activa.<\/strong> De abril a setembro este \u00e9 un sitio arqueol\u00f3xico activo. Cada ano sabemos m\u00e1is de Vindolanda grazas \u00e1s nosas escavaci\u00f3ns, que se engaden \u00e1 historia do sitio. Interesado en botar unha man? Por que non solicitas escavar nun dos principais sitios arqueol\u00f3xicos romanos de Gran Breta\u00f1a? A Fundaci\u00f3n Vindolanda ten aceptado voluntarios nas s\u00faas escavaci\u00f3ns desde a s\u00faa fundaci\u00f3n en 1970. A Fundaci\u00f3n reco\u00f1ece a contribuci\u00f3n substancial que os nosos escavadores voluntarios fan para o noso co\u00f1ecemento do sitio e da Breta\u00f1a Romana como un todo. En Vindolanda, estamos comprometidos coa idea de que os escavadores voluntarios deberan ter a oportunidade de compartir a experiencia de traballar nun dos m\u00e1is excitantes sitios arqueol\u00f3xicos de Europa Occidental, e parte do sitio da Muralla de Hadriano, Patrimonio Mundial. <\/em><\/p>\n<p>Cando entras no edificio de recepci\u00f3n, varios carteis suli\u00f1an como Vindolanda leva d\u00e9cadas sendo un lugar de acollida para xentes de todo o mundo, amantes da arqueolox\u00eda, afeccionados, que se achegan ata al\u00ed para experimentar, de primeira man, o desaf\u00edo de escavar un forte romano. Os voluntarios de Vindolanda pagan, e ao facelo axudan ao Trust, a fundaci\u00f3n privada que sost\u00e9n o campamento, a continuar coas escavaci\u00f3ns, pero tam\u00e9n espallan unha experiencia que, a xulgar polo que un atopa pola rede, m\u00e1rcalles para toda a vida. E todo iso fano, obviamente, baixo supervisi\u00f3n t\u00e9cnica, nun dos xacementos m\u00e1is delicados de \u00e9poca romana en Europa. Toda unha lecci\u00f3n fronte aos discursos falsos e interesados que \u00e1s veces nos atopamos en Galicia. En Vindolanda traballan arque\u00f3logos porque hai voluntarios. Vindolanda florece como un lugar de ciencia, de profesionais, e de xentes do com\u00fan que atopan al\u00ed unha resposta a unha paix\u00f3n. <\/p>\n<p>E hai m\u00e1is. Unha se\u00f1ora maior, voluntaria, amablemente se achega a n\u00f3s, e sinalando ladeira abaixo, dinos:<\/p>\n<p>-Lembren pasar polo museo. Que moita xente marcha sen velo! <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Supo\u00f1o que o di porque o Museo est\u00e1 escondido, recoleto, nun pequeno can\u00f3n dun r\u00edo, pero paga velo tanto ou m\u00e1is que as propias ru\u00ednas. Un bosque coidad\u00edsimo, un xard\u00edn brit\u00e1nico no que todo est\u00e1 planificado ao mil\u00edmetro para que pareza natural e salvaxe, acolle o complexo dun mu\u00ed\u00f1o que mercou nos anos 30 o arque\u00f3logo Eric Birley, canda o propio terreo do forte, para acoller al\u00ed a que ser\u00eda a paix\u00f3n da s\u00faa vida. A sorpresa \u00e9 que Vindolanda, que est\u00e1 estruturada como unha Fundaci\u00f3n sen \u00e1nimo de Lucro, continuou a ser escavada polos seus fillos Robin e Anthony e nestes momentos o director arqueol\u00f3xico \u00e9 o seu neto Andrew Birley, un rapaz relativamente novo que est\u00e1 ao comando do equipo de arque\u00f3logos e voluntarios da escavaci\u00f3n. Unha familia consagrada durante tres xeraci\u00f3ns a un sitio arqueol\u00f3xico que tam\u00e9n \u00e9 un modo de vida!<\/p>\n<p>Como digo, paga a pena baixar \u00e1 Casa-Museo. O r\u00edo corre vizoso e humid\u00edsimo, un templete romano nun apacible meandro e unha serie de r\u00e9plicas de aras, que acaban por conformar un conxunto m\u00e1is victoriano que latino. E a casa. X\u00farolles que \u00e9 o mellor museo arqueol\u00f3xico que te\u00f1o visto na mi\u00f1a vida. Xeralmente, cando un museo ten grandes pezas, abandona moitas veces o discurso museogr\u00e1fico, a arela de contar, de xenerar unha narrativa a trav\u00e9s das pezas. En Vindolanda te\u00f1en pezas incribles, marabillosas e emotivas. Por exemplo, a maior colecci\u00f3n de calzado orixinal romano que te\u00f1o visto na mi\u00f1a vida: de neno, de se\u00f1ora, de militar. Que queres roupa romana? Tam\u00e9n a tes. Que queres ver como \u00e9 un almac\u00e9n arqueol\u00f3xico e un laboratorio? As portas son de cristal e est\u00e1n incorporadas secuencialmente no discurso correspondente. Nunca vin tan poucos metros cadrados tan ben pensados e aproveitados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_18.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Perdoen que flipe tanto co calzado, non son fetichista, pero nunca tal vin!<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_14.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_15.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>As salas de &#8220;evidencias&#8221;, ou sexa, os almac\u00e9ns, como parte do concepto museogr\u00e1fico. Brillante!<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_16.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_17.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vindolanda_19.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Humanidade desbordante nun pequeno medall\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>O despacho do se\u00f1or Birley (o vello) anda polo medio, coma un m\u00f3dulo de Ikea, cos seus mobles de madeira, e os seus bocetos de escavaci\u00f3n. Unha sala escura presenta a parte da colecci\u00f3n de tabletas que se conserva en Vindolanda, cun excelente gr\u00e1fico e apoio visual e de cores para interpretar e \u2018navegar\u2019 polas palabras latinas. A outra parte, a que est\u00e1 depositada no Museo Brit\u00e1nico, est\u00e1 amontonada nunha vitrina no medio dunha sala, sen m\u00e1is explicaci\u00f3n. A lecci\u00f3n \u00e9 directa e clara: non basta coas pezas. Hai que atopar o n\u00facleo e as ponlas desa historia. <\/p>\n<p>Vindolanda d\u00e9ixanos marcados, d\u00e9ixanos pensando, nesta viaxe de ida e volta. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vindolanda \u00e9 unha das xoias do Muro: un campamento onde os voluntarios son benvidos e<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/29\/explorando-o-muro-e-iii-eses-brittunculi-do-demo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Explorando o Muro (e III): eses Brittunculi do demo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26417,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,61,18,8],"tags":[],"class_list":["post-26398","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-escocia","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26398","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26398"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26398\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26417"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26398"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26398"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26398"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}