{"id":26360,"date":"2014-08-23T12:05:26","date_gmt":"2014-08-23T10:05:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26360"},"modified":"2014-09-08T19:09:47","modified_gmt":"2014-09-08T17:09:47","slug":"explorando-o-muro-ii-as-sombras-da-novena","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/23\/explorando-o-muro-ii-as-sombras-da-novena\/","title":{"rendered":"Explorando o Muro (II): As sombras da Novena"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Unha visita ao forte de Housesteads e ao coraz\u00f3n da paisaxe do Muro de Hadriano<\/div>\n<p><em>[&#8230;] Extracto do libro <\/em><em>Cadernos de Escocia, en produci\u00f3n. <\/em><\/p>\n<p>Ben mantidos e mellor almorzados marchamos de Newcastle pola A69, que compre deixar  \u00e1 altura de Heddon-on-the-wall, unha vili\u00f1a perif\u00e9rica que leva no seu nome o recordo da obra militar romana que queremos ver en detalle. En Heddon entramos pola estrada militar B6309 e xa estamos nunha campi\u00f1a amable, chea de casi\u00f1as dispersas, lugares, estradas cubertas de \u00e1rbores e amplos campos de cereal.<\/p>\n<p>O plan \u00e9 visitar a muralla, por suposto, e alg\u00fans dos fortes m\u00e1is co\u00f1ecidos. Non \u00e9 doado planificalo: esencialmente dos restos arqueol\u00f3xicos do Muro de Hadriano e instalaci\u00f3ns suplementarias enc\u00e1rganse varias entidades: English Heritage, o National Trust e outras pequenas fundaci\u00f3ns que coidan de lugares concretos. O problema \u00e9 que, de alg\u00fan xeito, compiten entre eles, de xeito que uns silencian a ubicaci\u00f3n doutros monumentos e, de alg\u00fan xeito, compiten un pouco entre si. As\u00ed acontece, por exemplo, entre o campamento de Housestead e o de Vindolanda: un est\u00e1 ao car\u00f3n do outro, a escasas millas, pero nos seus webs oficiais \u00e9 certamente dif\u00edcil relacionalos. Hai que acudir ao omnisciente Google Maps para decatarse de que a zona m\u00e1is visible -e, polo tanto, m\u00e1is tur\u00edstica do muro- est\u00e1 concentrada no centro, e todos eses monumentos tam\u00e9n. Nesa \u00e1rea central da estreita franxa de terreo que hai entre Newscastle (Leste) e Carlisle (Oeste), historicamente  moi pouco poboada polo clima de ameaza constante nos Borders, \u00e9 onde se pode apreciar a magnifencia do muro, sobre todo grazas aos esforzos de reconstruci\u00f3n levados a cabo polo National Trust nos anos 20 e 30. Aqu\u00ed \u00e9 onde se filman as fermosas panor\u00e1micas do Muro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un atopa, certamente, o que espera atopar. Hoxe vai calor en Northumbria, mesmo calor afagante, pero os invernos neste p\u00e1ramo terrible deben transmitir moito do que sent\u00edan os lexionarios que elevaron este muro. O Goberno brit\u00e1nico preservou delicadamente este lugar, que \u00e9 alleo \u00e1 horterada comercial, e se nos presenta nunha visi\u00f3n moi similar \u00e1 que un d\u00eda deberon ver os veci\u00f1os, os britanos, os lexionarios e os enxe\u00f1eiros militares que tomaron as decisi\u00f3ns do trazado do Muro. Este discorre \u00e1s veces como unha raia na chaira, na que os foxos achegan volume, pero neste centro, na zona esc\u00e9nica, os muro ascende por unha canteira, as colinas v\u00f3lvense algo m\u00e1is bravas e un espectacular cantil permite incrementar a cota de altura. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un lago manso, gris, a penas sobresae do p\u00e1ramo e das irregulares masas de turba; unha sombra de patos que voan en tri\u00e1ngulo sobre nosa van cara el; alg\u00fans grupos de ovellas pastan preto das cancelas, e a herba, seca, ten unha fasqu\u00eda dourada mecida polos ventos, hoxe amables, pero que na invern\u00eda son cortantes coma punz\u00f3ns. O muro \u00e9 como unha serpe mov\u00e9ndose ao redor de toda esta terra. Ao fondo desta nada, tralo muro, obs\u00e9rvase se cadra un denso e negro bosque de pi\u00f1eiros. <\/p>\n<p>-Quen \u00e9 o Outro? -digo para min, porque quero dicilo, porque me apetece. <\/p>\n<p>Quizais visitar o Muro consiste nisto: en subir a el, seguir a li\u00f1a de pedra, admirar o ton dourado da herba pero tam\u00e9n o dos solpores sobre esta pedra caliza, e logo mirar a inmensidade baleira do Norte. Crin ver esas siluetas que fan o contrario, que ollan este muro desde o libre Norte, estantes, calmas, agrupadas para vencer a inmensidade da paisaxe, de diferentes alturas, idades, sexos e condici\u00f3ns: grupos que observan o Imperio, sustanciado nunha barreira. O muro \u00e9 unha importante divisoria natural; hoxe sabemos que o muro dividiu territorios de tribos polo medio, as\u00ed que unha parte dos familiares vivir\u00eda dunha parte e a outra parte da outra. Que facilidades de tr\u00e1nsito haber\u00eda? <\/p>\n<p>Os historiadores div\u00eddense entre aqueles que ven m\u00e1is ben esta inxente obra como un xeito avanzado de cobro de taxas fronteirizas: nas barreiras os cidad\u00e1ns romanos, comerciantes, perd\u00edanse ao Norte (onde en numerosos fortes t\u00e9\u00f1ense atopado suntuarias pezas romanas que evidencian comercio e diplomacias), pero se cadra ao mellor era doado tam\u00e9n entrar ao Imperio para comerciar. Lembremos que os procesos de conquista romanos comezaban, antes que polas lexi\u00f3ns, polo comercio. A expedici\u00f3n de Xulio C\u00e9sar a Brigantium no 61 a.C., no occidente dos nosos \u00c1rtabros, tivo unha consecuencia inmediata que a\u00ednda se pode comprobar de xeito nidio no rexistro arqueol\u00f3xico dos castros galegos: a desaparici\u00f3n dos enfeites, dos vi\u00f1os e aceites p\u00fanicos e a s\u00faa substituci\u00f3n por anforada romana, as famosas Halltern-70 que traer\u00edan a Roma antes que a propia Roma. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Porta do castelo da milla 37<\/em><\/p>\n<p>En todo caso, non son moi desa visi\u00f3n do Muro coma un emporio comercial pola propia natureza da obra e de quen a gobernaba. A documentaci\u00f3n arqueol\u00f3xica aqu\u00ed tam\u00e9n \u00e9 bastante clara: hai portas nas que os arque\u00f3logos detectaron rodeiras no chan, con bastante uso, procedentes do Norte, pero tras un proceso de reformas na estrutura da porta, esta pasa de ser un lugar de tr\u00e1nsito a un lugar practicamente sen uso. Unha porta aberta cara a nada. Unha das m\u00e1is fermosas, a do castelo da milla 37, \u00e9 unha porta con arco que foi tapiada nada m\u00e1is ser constru\u00edda. George R. Martin imaxinou no seu Xogo de Tronos un muro descomunal, unha formaci\u00f3n entre artificial (polos castelos) e natural (polas s\u00faas dimensi\u00f3ns antihumanas), e no Muro do Norte de Martin non hai portas: a comunicaci\u00f3n entre os dous mundos non \u00e9 conceptualmente posible a non ser que se pretenda de xeito deliberado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O campamento desde arriba<\/em><\/p>\n<p>Chegamos co coche ata o parking do campamento de Housestead, mantido polo National Trust de Inglaterra. Unha li\u00f1a de \u00e1rbores tapa deliberadamente a vista do forte, que est\u00e1 no alto dun pequeno val, e desa tapia visual tan habitual en Europa nos museos e sitios arqueol\u00f3xicos ao aire libre que son de pagamento -estou pensando, por exemplo, no acueduto de Pont du Gard, en Uz\u00e8s- ded\u00facese que a maior parte dos visitantes chegan desde Newcastle e fan o percorrido de leste a oeste, xa que se un chega desde a direcci\u00f3n de Carlisle pode apreciar durante un rato a maxestuosidade de Housesteads. <\/p>\n<p>Son as nove e media e al\u00ed non se ve unha \u00e1nima. En d\u00faas horas todo o complexo estar\u00e1 a ferver, pero nestes momentos aqu\u00ed non est\u00e1 nin o tato. Despistados, pasamos para dentro, non sen antes ver un recordatorio ir\u00f3nico de que, a\u00ednda que no forte poden atoparse as letrinas mellor conservadas de toda Britannia, \u00e9 mellor ceibar as augas menores antes de entrar, xa que as hist\u00f3ricas est\u00e1n en desuso. <\/p>\n<p>Atendemos disciplinadamente \u00e1 suxesti\u00f3n, superamos o bosquete de cipreses e pasamos para o val de Housesteads entre balidos das ovellas que mante\u00f1en toda esta orograf\u00eda hist\u00f3rica limpa e verdeante. Co sol a\u00ednda cenital, p\u00f3dese apreciar unha das delicias invisibles que poucos turistas son quen de ver, comidos pola impaciencia. O sol, oblicuo, batendo naqueles prados irregulares, conforma con sombras o mundo do pasado. A t\u00faa vista bate cos obxectos opacos do presente: os valados, os regatos, os pozos; pero m\u00e1is al\u00e1, no territorio das sombras cenitais da alba e do solpor, apr\u00e9ciase de xeito espectacular todo o que a\u00ednda est\u00e1 tapado: parte do vicus (a aldea) auxiliar do campamento, aut\u00e9nticas r\u00faas e cami\u00f1os gardados baixo o c\u00e9spede, leiras grandes e pequenas que se remontan \u00e1 \u00e9poca do campamento. Todo est\u00e1 a\u00ed, todo se pode apreciar no territorio das sombras da ma\u00f1\u00e1, no c\u00e9spede m\u00ednimo que estas ovellas limpan cada d\u00eda. En Galicia, o abandono de todos os sitios arqueol\u00f3xicos, a maleza que os envolve, imposibilita este xogo case m\u00e1xico no que o territorio das sombras pertence ao pasado e a da luz ao presente. <\/p>\n<p>Vercovicium est\u00e1 arriba. \u00c9 coma unha alfombra voadora, ondulante: o campamento parte do Muro de Hadriano e descende lenemente: as s\u00faas murallas do sur dan contra o vicus. O nome non pode ser m\u00e1is axeitado. Vercovicium: \u201ca vila en pendente\u201d. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Casa do vicus<\/em><\/p>\n<p>A estas alturas xa sabemos que, involuntariamente, nos colamos en Housesteads. Reco\u00f1ezo que pasar de moca a un sitio arqueol\u00f3xico de pagamento para min ten certa emoci\u00f3n infantil, como roubar froita na horta do cura. A esta hora, o campamento, solitario, est\u00e1 fant\u00e1stico. Antes del, o vicus paga a pena de ver. No ano 1932 aqu\u00ed descubriuse un estra\u00f1o misterio: os arque\u00f3logos identificaron unha tenda con dous cuartos. O frontal era o espazo p\u00fablico que daba \u00e1 r\u00faa, e logo hab\u00eda un cuarto traseiro. Nese cuarto traseiro a sorpresa foi mai\u00fascula cando, soterrados no chan, atoparon os esqueletes dun home e unha muller de mediana idade. O home ti\u00f1a encastradas entre as costelas unha espada. Nas proximidades dun pozo sagrado, apareceu un adorable baixorreleve: os <em>genii cucullati<\/em>. <\/p>\n<p>Outra tr\u00edada, como Coventina, pero que van vestidos cunha singulares corozas presididas por ese cucurucho puntiagudo. De feito, <em>cucullatti<\/em> fai referencia a ese atributo. Hai certa pol\u00e9mica ao redor da celticidade de figuras coma este, porque os seus mantos con cucurucho son compartidos por unha deidade grega, Telesphoro, fillo de Asclepio, con propiedades curativas, protector dos nenos e habitante do mundo dos so\u00f1os. Pero a tr\u00edada que vemos aqu\u00ed en Vercovicium apunta outra vez a que, con independencia da orixe final destas intrigantes figuras, a s\u00faa triple representaci\u00f3n fala de que encaixaron ben no universo conceptual britano. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xenios_capucha.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estamos outra vez na viaxe de ida e volta, dun l\u00edmite do Imperio a outro. Se cadra os lectores de Vento e Chuvia lembrar\u00e1n o sacerdote sacrificando que debuxou Manel Cr\u00e1neo cando vexan ver estes genii. Pero a nosa inspiraci\u00f3n chegounos de m\u00e1is preto, dunha preciosa figuri\u00f1a, id\u00e9ntica a estas, hoxe depositada no Museo de Astorga, en terras da nosa antiga Gallaecia. A peza do Museo de Astorga est\u00e1 nunha actitude ben clara: le as v\u00edsceras dun sacrificio sobre unha ara, pero o seu h\u00e1bito sagrado, un manto tupido, presumiblemente espeso, rematado nunha capa con cucurucho, \u00e9 id\u00e9ntico: est\u00e1 falando posiblemente de figuras que gardan un sentido ou unha relaci\u00f3n similar. Outra volta, o manto con cucurucho ter\u00eda unha funci\u00f3n que non sabemos completamente, pero eu imaxinei o fr\u00edo, o fr\u00edo atroz tralas pr\u00e1cticas m\u00e1xicas. O sacerdote gasta a s\u00faa calor vital na conexi\u00f3n co mundo das divinidades, e o que sobrev\u00e9n despois \u00e9 un fr\u00edo intenso, un fr\u00edo case parecido ao da morte; por iso se tapa aos xam\u00e1ns, e se cadra por iso os xenios do cucurucho, os <em>cucullati<\/em>, habitantes dos dous mundos, precisen estar ben arroupados. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O campamento cons\u00e9rvase nun estado magn\u00edfico. As cr\u00f3nicas falan de que ao redor do 1500 este lugar a\u00ednda era un perigoso refuxio de maleantes e salteadores. Imax\u00ednomos entre as ru\u00ednas dos barrac\u00f3ns, con lumes prendidos contra algunha destas paredes, co bafo da terrible humidade invernal. No XVI unha familia da zona ergueu unha casa forte aproveitando as estruturas da porta principalis, sen demasiado esforzo construtivo. Merecente de visita \u00e9 o hospital, un edificio con patio interior, polo que os soldados dar\u00edan os seus primeiros e vacilantes pasos despois dunha convalecencia. No centro do campamento est\u00e1n os horrea, fortemente custodiados, onde se almacena o sustento da cohorte, neste caso a Cohorte Primeira dos Tungrios. <\/p>\n<p>Como dic\u00eda, o campamento est\u00e1 coroado pola propia Muralla de Hadriano. \u00c1 esquerda, cara o oeste, a muralla parece metida dentro dun bosquete, e por al\u00ed anda alg\u00fan grupo de sendeiristas. Ao fondo, vemos que comezan a chegar os primeiros turistas pagadeiros, baixando pola lomba do centro. Como xa non podemos sa\u00edr sen delatarnos, decidimos pasar ao outro lado, ao norte, e cami\u00f1ar a rentes da Muralla ata poder continuar por ela. Un valado con puntas pecha a sa\u00edda da porta, as\u00ed que facemos algunhas acrobacias e cami\u00f1amos \u00e1 sombra dos muros coma dous esp\u00edas pictos que planifican un ataque, agardando non ser vistos en misi\u00f3n tan confidencial pola boa xente do National Trust. <\/p>\n<p>Soou ent\u00f3n para min, dentro, o tema Centurion que Ilan Eshkeri compuxo para a pel\u00edcula do mesmo nome. Inmediatamente, mesturadas entre si, as d\u00faas pel\u00edculas directamente relacionadas entre si, Centurion e The Eagle, vi\u00f1\u00e9ronseme a cabeza. Son d\u00faas pel\u00edculas de acci\u00f3n trepidante, unha volta de torca das pelis de romanos. As d\u00faas chegaron aos cines en 2011 para contar dous momentos dun episodio que sempre se viv\u00eda de xeito dram\u00e1tico na orgullosa sociedade romana: a perda dunha lexi\u00f3n enteira, a IX Hispana. Esta lexi\u00f3n estaba destinada en Eboracum (York) e \u00e9 a\u00ed onde se conserva a \u00faltima evidencia deste corpo do ex\u00e9rcito: unha pequena inscrici\u00f3n. S\u00e1bese que durante o reinado de Hadriano produciuse unha forte rebeli\u00f3n no norte de Britannia, pero non hai moitos m\u00e1is datos. O estra\u00f1o \u00e9 que non se conservan m\u00e1is rexistros documentais da IX Hispana despois do 120 d.C. Isto levou a moita xente a considerar que a lexi\u00f3n desaparecera no norte durante unha expedici\u00f3n de castigo aos rebeldes pictos; nesa expedici\u00f3n os pictos rematar\u00edan directamente coa lexi\u00f3n. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que non hai nin unha soa evidencia de que acontecera exactamente isto, pero a historia foise tecendo e asumindo ao longo de xeraci\u00f3ns de escritores, e ide\u00f3logos, inclu\u00edndo o mesmo Winston Churchill, ata cobrar a s\u00faa forma definitiva na novela para nenos de Rosemary Sutclif The eagle of Ninth, que xenerar\u00eda moitas versi\u00f3ns posteriores, entre elas, as d\u00faas pel\u00edculas \u00e1s que antes alud\u00eda. E, en realidade, toda a fantas\u00eda xurdida ao redor da IX Lexi\u00f3n ten unha raiceira real, pero lonxe do radio de acci\u00f3n destes campamentos lexionarios do muro. O precedente aconteceu no ano 9 d.C., no limes do Rhin, onde tres lexi\u00f3ns, a XVII, XVIII e XIX, ao mando de Publio Quintilio Varo, foron masacrados na Fraga de Teutoburgo pola coalici\u00f3n de pobos xermanos reclutados polo l\u00edder Arminio. Da malleira xerm\u00e1nica d\u00e1 conta o campo de batalla mellor conservado que temos en Europa, Kalriese, onde os arque\u00f3logos exhumaron a\u00ednda romanos e xermanos enleados entre si, como se a s\u00faa loita pretendera, ela mesma, chegar \u00e1 inmortalidade. No Romantismo europeo esta historia, vibrante, terrible e \u00e9pica -xa que logo, deliciosamente rom\u00e1ntica- foi ben co\u00f1ecida. Os ingleses e, sobre todo, os escoceses, non dubidaron en copiala para o seu fermoso muro. <\/p>\n<p>A gran paradoxa \u00e9 que, mentres que o feito real a\u00ednda non deu producido ningunha pel\u00edcula de \u00e9xito, a historia de ficci\u00f3n xenerou xa varias pel\u00edculas, novelas, c\u00f3mics, e infl\u00fae nos nosos \u00e1nimos e imaxinaci\u00f3ns coma o pode facer o imprevisible tempo do norte ingl\u00e9s. Historias regadas, historias fertilizadas xa desde moito antes dos medios de masas e a industria do entretemento de Hollywood; historias que agroman f\u00e9rtiles e vizosas nestas terras ata pasar a converterse, de alg\u00fan xeito, reais. Con independencia do que acontecera no pasado, estas historias amoblan a nosa visi\u00f3n del. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Inmediato \u00e1s murallas de Housesteads, un bosquete delicioso envolve \u00e1 muralla de Hadriano; vista desde dentro, entre os fieitos, as silvas, e os carballos, a muralla parece m\u00e1is ben a finca dun pazo pouco coidado. Logo, ao deixarmos o bosquete, a arquitectura v\u00f3lvese a\u00e9rea e caprichosa como unha monta\u00f1a rusa, salvando desniveis pronunciados, aproveitando sempre o risco, a creba na paisaxe, outorgando unha fractura ondulada \u00e1 sensaci\u00f3n de baleiro, alent\u00e1ndote inconscientemente a percorrer esta muralla sempre regular, s\u00f3 alterada polos milestone forts. As\u00ed o fai toda a xente que est\u00e1 facendo este trail, atravesando e seguindo o Muro dunha banda a outra de Inglaterra. \u00c9 aditivo: un ten ga\u00f1as de continuar, e continuar, amasando a monotonon\u00eda do contorno cos p\u00e9s. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/housesteads_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Det\u00e9monos moitas veces para ollar para atr\u00e1s e para diante, ollando a maxia das sombras que desvelan o pasado neste p\u00e1ramo herboso. Al\u00e9n da muralla, como gardi\u00e1ns na nosa quenda, vimos como chega o vento e move a herba con espasmos r\u00edtmicos, fac\u00e9ndose visible no decorrer dos prados. Nas sombras que deixa, cremos sentir o paso da Legio IX Hispana adentr\u00e1ndose no seu final. <\/p>\n<p>Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha visita ao forte de Housesteads e ao coraz\u00f3n da paisaxe do Muro de Hadriano&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/23\/explorando-o-muro-ii-as-sombras-da-novena\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Explorando o Muro (II): As sombras da Novena<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26366,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[61,18,8],"tags":[],"class_list":["post-26360","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escocia","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26360","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26360"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26360\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26366"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26360"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26360"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26360"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}