{"id":26337,"date":"2014-08-19T19:01:22","date_gmt":"2014-08-19T17:01:22","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26337"},"modified":"2014-09-08T19:09:47","modified_gmt":"2014-09-08T17:09:47","slug":"explorando-o-muro-i-unha-ofrenda-para-comezar-a-viaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/19\/explorando-o-muro-i-unha-ofrenda-para-comezar-a-viaxe\/","title":{"rendered":"Explorando o Muro (I): unha ofrenda para comezar a viaxe"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Iniciamos unha serie de cr\u00f3nicas sobre Escocia. Desta volta, o Muro de Hadriano e unha sorpresa oculta que vincula aos seus varudos lexionarios con Galicia. <\/div>\n<p>O Muro de Hadriano non \u00e9 s\u00f3 o muro. Cont\u00e1bano moi ben <a href=\"http:\/\/elpais.com\/elpais\/2014\/07\/11\/eps\/1405090366_122316.html\">nunha reportaxe de El Pa\u00eds<\/a> hai pouco.  \u00c9 algo m\u00e1is, e sempre foi algo m\u00e1is. Desde cativo, quixen visitar este lugar. Porque hai sitios que non son monumentais, no sentido cl\u00e1sico: non son sitios que eles s\u00f3s enchen unha foto, ou si. Pero est\u00e1n a\u00ed porque precisas velos, porque \u00e1s veces imaxinas non lugares, sen\u00f3n sensaci\u00f3ns, sentimentos, percepci\u00f3ns. O Tempo fica moi lonxe, as\u00ed que empregamos o Espazo como suced\u00e1neo. <\/p>\n<p>A Escocia actual non comeza nesta ru\u00edna arqueol\u00f3xica que \u00e9 o Muro de Hadriano. Pero a Escocia dos relatos, mesmo a Escocia pol\u00edtica, sen d\u00fabida si o fai. Estamos a\u00ednda a bastantes quil\u00f3metros dos Borders (fronteiras) actuais entre Escocia e Inglaterra, pero o imaxinario dos dous pa\u00edses s\u00edntense c\u00f3modo neste miliario, neste campo aberto no que a Idade do Ferro se enfrontou coa Historia, con esa historia entendida no sentido cl\u00e1sico que comeza cando un romano domina unha terra nova. Quer\u00eda comezar Escocia al\u00e9n da propia Escocia, al\u00ed onde se forxou a primeira das s\u00faas grandes historias. <\/p>\n<p>Os escritores brit\u00e1nicos tiveron querencia por este lugar, sen d\u00fabida porque m\u00e1is al\u00e1 dunha evidencia arqueol\u00f3xica \u00e9 unha met\u00e1fora transplantable a todo imperio, a toda Europa. Sab\u00e9molo todos: sabemos que estamos aqu\u00ed e inmediatamente chegan imaxes de Ceuta e Melilla, de Novo M\u00e9xico, de Gaza. Esta fortificaci\u00f3n de m\u00e1is de cen quil\u00f3metros entre Newcastle e Carlile \u00e9 un resumo de todos os nosos medos, de todos os l\u00edmites, os impostos, os reco\u00f1ecidos e os que non o est\u00e1n. <\/p>\n<p>O Muro de Hadriano ten unha historia ben co\u00f1ecida. Foi erguido por este culto emperador como unha fronteira para o seu Imperio entre os anos 122 e 132, mantendo al\u00e9n do muro aos pictos, ese magma estra\u00f1o e desco\u00f1ecido que en Escocia s\u00f3 se entrev\u00e9, que aparece e desaparece ata fundirse no reino de Escocia. Hadriano toma a consciencia pol\u00edtica de que o Imperio, malia parecer tocado e agrazado polos deuses, \u00e9 finito, ten un l\u00edmite de poder. <\/p>\n<p>Conforme se suceden as correntes de historiadores e as propias tendencias intelectuais e culturais, o muro pasou de ser unha tapia infranqueable que separaba o mundo civilizado dunha barbarie estrema, inconcreta e suxa ata representalo coma todo o contrario: hai quen se esquence da murallla e s\u00f3 presta atenci\u00f3n \u00e1s portas. Segundo esta corrente, o limes, a fronteira, un lugar cruzado e comerciado con frecuencia. Outros enfatizaron o muro como un magn\u00edfico espazo da globalizaci\u00f3n, no que lexionarios e cultos de todos os puntos do Imperio d\u00e1banse cita; moitas veces nestas contemporizaci\u00f3ns non contemplamos ao propio individuo, e en que medida est\u00e1 ubicado nun determinado lugar por obriga do poder. Dubido moito que o muro de Hadriano fose un destino preferido; m\u00e1is ben aproxim\u00e1base a unha cloaca do Imperio, de clima rigoroso, re\u00famas atroces e aillamento. Si, nese mundo, un grupo de homes e mulleres, sostidos polo erario p\u00fablico, teimaron por manter o seu modo de vida ante todas as dificultades. <\/p>\n<p>Al\u00e9n dos excesos est\u00e1 a realidade deste lugar: unha muralla grande (pero non tan grande como \u00e1s veces se ten representado, ten o ancho das murallas do Pindo), dous foxos -un por cada lado, e isto \u00e9 o intrigante-, e portas en puntos determinados (campamentos de control). <\/p>\n<p>A fortuna foi irregular con tramos e sectores. Os m\u00e1is fotox\u00e9nicos son a penas unha secuencia pequena de quil\u00f3metros ao redor do forte de Housestead; na s\u00faa preservaci\u00f3n (ou reconstruci\u00f3n) tivo moito que ver o National Trust, a asociaci\u00f3n centenaria sen \u00e1nimo de lucro que leva aqu\u00ed moitos anos e da que falarei m\u00e1is adiante; o resto dos tramos xa est\u00e1n nun estado, digamos, m\u00e1is arqueol\u00f3xico. Atravesan vilas, prados, granxas, estancias, pero tam\u00e9n os atravesas ti coa estrada. A UNESCO outorgoulle a carta de Patrimonio da Humanidade a este l\u00edmite a finais dos oitenta, pero canda el, tam\u00e9n a outro menos co\u00f1ecido, o Muro de Antonino, en Falkirk, Escocia, do que falarei m\u00e1is adiante. <\/p>\n<p>Al\u00e9n deses tramos ben conservados, o muro discorre de xeito irregular. Indo desde Newcastle, a muralla manif\u00e9stase en indicadores desde ben cedo. Axi\u00f1a quedan atr\u00e1s as vilas e espazos urbanos e aparecen paramos s\u00f3 coidados por ovellas. E, de s\u00fapeto, no medio destas nadas e ningu\u00e9ns, perc\u00edbense bruscas oscilaci\u00f3ns de terreo, que se marcan no aire con sombras , vol\u00famenos e intensidades de verdes h\u00famidos. Son foxos e parapetos, e o teu coche transita descoidado no medio deles, \u00e1s veces polo centro, \u00e1s veces polos lados. Este muro que son como unhas ondas de mar de herba abandonada, \u00e9 menos vistoso, est\u00e1 menos sinalizado, e vai aparecer de s\u00fapeto, comprometendo o provebial gusto ingl\u00e9s pola boa sinal\u00e9tica. Ondas estendidas por unha campi\u00f1a deserta, sen \u00e1rbores; no inverno han cristalizar as beiras destes sendeiros nos que agora andan en pequenos grupos<\/p>\n<p>Os escoceses gustan de falar do Muro de Hadriano, pero a historia deste limes \u00e9 m\u00e1is fascinante. Hai outro muro, moito menos co\u00f1ecido, m\u00e1is adiante, conectando as r\u00edas de Forth e Clyde, en plena Escocia. Comezouse a constru\u00edr despois do muro de Hadriano, no 142 e, a\u00ednda que eran m\u00e1is pequeno (uns sesenta quil\u00f3metros de longo), o muro, de pedra e turba, constru\u00eduse no que despois ser\u00eda un dos epicentros da rica Escocia feudal e logo da actividade industrial. Chamar\u00edase o Muro de Antonino, ter\u00eda unha vida ef\u00e9mera, ao capricho dos militares e emperadores que dictaban as campa\u00f1as do norte e non ti\u00f1an a visi\u00f3n estabilizadora de Hadriano. Oito anos m\u00e1is tarde ser\u00eda o muro de Severo, e de cada unha desas veces, est\u00e1 a memoria da incursi\u00f3n dos varudos corpos lexionarios na terra incognita, sementando as lowlands, as Terras Baixas escocesas, dun gran n\u00famero de campamentos e os seus artefactos, enormes castra aestiva, campamentos de ver\u00e1n, hoxe apaciguados polas ovellas. <\/p>\n<p>A Historia, \u00e1 que sempre miramos de esguello e desde o presente, \u00e9 se cadra demasiado verdadeira neste muro de Antonino, neste muro que mira \u00e1s Highlands. Se un vai a Falkirk, \u00e9 case imposible localizar os numerosos -malia que cativos- restos do Muro de Antonino, sobre todo se o comparamos co hiperanunciado Falkirk Wheel, un capricho tecnol\u00f3xico e est\u00e9tico que conecta -tam\u00e9n- as r\u00edas de Clyde e de Forth a trav\u00e9s da Canle Caledonia e que \u00e9 usado amplamente nos medios e na publicidade institucional como s\u00edmbolo da Escocia moderna; en realidade, un parque de atracci\u00f3ns dedicado a ese entretemento xenuinamente brit\u00e1nico que \u00e9 observar o funcionamento dunha esclusa e ver cruzar as gabarras-vivenda, salvando o desnivel daquelas canles que durante a Revoluci\u00f3n Industrial levaron carb\u00f3n, ferro e la, e agora transportan turistas pouco habilidosos coa p\u00e9rtiga. <\/p>\n<p>O muro de Antonino, agachado na trama urbana de Falkirk, expresa unha divisi\u00f3n que, se cadra, sexa moito m\u00e1is real e moito m\u00e1is moderna -e por iso, m\u00e1is inc\u00f3moda-. A muralla irreal de Antonino est\u00e1 aos p\u00e9s das Highlands, as terras impenetrables, al\u00ed onde o mundo \u00e9 verdadeiramente distinto e as Illas Brit\u00e1nicas deixan de ser campesi\u00f1as e ver medrar o trigo, a cebada, o millo e a pataca. O muro de Antonino representou mesmo unha divisi\u00f3n que funcionar\u00eda como chaga, conflito, tensi\u00f3n e liberaci\u00f3n na posterior historia de Escocia. PO riso, se cadra, v\u00f3lvome tolo por estas r\u00faas da pequena vila de Falkirk para dar, a\u00ednda que sexa fisicamente, cun anaco do muro autenticamente m\u00e1is ao Norte. Non o atopo, pero si outras xent\u00eds explicaci\u00f3ns en carteis para veci\u00f1os e turistas. \u201cPor que hai gaivotas no centro de Falkirk malia non estarmos no mar? Polo lixo. As gaivotas aprov\u00e9itanse do lixo humano para obter alimentos de xeito doado\u201d. <\/p>\n<p><strong>As deusas voadoras<\/strong><br \/>\nPero volvamos ao sur. Ondulando cabo deses grandes foxos, o primeiro forte que nos apareceu foi Brocolitia, en Carrawburgh. Unha m\u00e1quina advirte do pago \u00fanico de 4 libras para o uso, nun d\u00eda, de todos os parkings da viaxe pola muralla. Hai un home solitario, coa porta aberta, cabo da cancela onde pastan as ovellas, pero non ten que ver co monumento; logo veriamos tam\u00e9n, con certa frecuencia, homes s\u00f3s cabo de cancelas. Alg\u00fans non se comunican pero outros abren e pechan xentilmente as cancelas ao teu paso. Non fumos quen de explicar a\u00ednda este h\u00e1bito. <\/p>\n<p>O antigo forte de Brocolitia \u00e9 unha poderosa elevaci\u00f3n de pasto custodiada polas ovellas: un muro masivo e elevado facendo a funci\u00f3n de custodia peri\u00f3dica do muro de Hadriano, levado a cabo pola Lexi\u00f3n VI Victrix, a Victoriosa. As guarnici\u00f3ns alternaban fortes de certa entidade con pequenos castella, fortes m\u00e1is cativos ubicados cada milla e torres de vixiancia intermedia. O mantemento militar do muro requer\u00eda un elevado custe en soldados, o cal sempre me fixo pensar na xesti\u00f3n da violencia e na capacidade intimidatoria daquelas aparentes tribos b\u00e1rbaras, de pel pintada -se cadra tatuada- sobre o territorio de Britannia. <\/p>\n<p>Un templo de Mitra, escondido aos p\u00e9s de Brocolitia, no medio do prado, un templo humilde ao que se chega por un carreiri\u00f1o, fala non s\u00f3 dos cultos orientais, sen\u00f3n se cadra tam\u00e9n da morri\u00f1a, e tam\u00e9n da intolerancia. O templo, moi tard\u00edo, do s\u00e9culo III, foi destru\u00eddo por cristi\u00e1n, e \u00e9 usado como un exemplo postmoderno do cosmopolitismo existente no Muro de Hadriano, xa que Mitra \u00e9 un deus de orixe no Mediterr\u00e1neo Oriental. Pero ao car\u00f3n, soterrado, hai outro lugar que nos fala de profundas conexi\u00f3ns, de torrentes de cultura subterr\u00e1nea, que seguen sendo moi ocultos malia abrollaren, coma termas, aqu\u00ed e acol\u00e1 chamando a atenci\u00f3n. <\/p>\n<p>Cabo deste tempo de Mitra hoxe est\u00e1 tapado un dos lugares m\u00e1is emocionantes da arqueolox\u00eda brit\u00e1nica: o estanque sagrado da deusa Coventina. Un lugar oculto cunha historia de ida e volta que conecta directamente con Galicia. <\/p>\n<p>Os lectores de <em>Vento e Chuvia <\/em>lembrar\u00e1n a Sula Coventina, unha das tres Sulas Nantugaicas. Esta deusa c\u00e9ltica das augas est\u00e1 presente s\u00f3 en tres sitios do mundo romano: neste remoto santuario de Carawburgh, en Northumbria, onde se lle adicaron varias aras neste estanque, en Narbona (Francia), onde se lle adicou unha ara e en Galicia, onde conservamos altares dedicados a Coventina en tres lugares distintos! En Guitiriz, na aldea de Os Curveiros, preto de Parga, onde lle chaman <em>Cohuetene<\/em>, en Santa Cruz de Loio, en Lugo, onde tam\u00e9n manti\u00f1a un certo sabor dialectol\u00f3xico local, <em>Cuhvetenae<\/em>, e posiblemente, <em>Conventinae<\/em> en Santa Eufemia de Tui, desta volta nunha ara ofrecida por un militar. Al\u00e9n do sagrado, un f\u00edo cultural fermoso, l\u00edquido, une de xeito mari\u00f1o a Galicia e a este remoto e fr\u00edo Muro. <\/p>\n<p>Dic\u00eda que este estanque foi un dos grandes descubrimentos da arqueolox\u00eda brit\u00e1nica. Ver\u00e1s que non \u00e9 para menos. O seu achado foi cousa de mineiros, hai cento cincuenta anos. En plena Revoluci\u00f3n industrial, na procura de minerais, os mineiros deron cun peche cadrado cun pozo no medio. O terratenente local John Clayton, coleccionista afeccionado, far\u00eda o achado da s\u00faa vida. En colaboraci\u00f3n con John Collingwood-Bruce, un especialista no mundo romano, escavaron o lugar e decat\u00e1ronse de que o pozo en realidade era un santuario dedicado \u00e1 que parec\u00eda, de aquela, ser unha deusa desco\u00f1ecida: Coventina. Pero aquela era unha deusa poderosa: nas numerosas inscrici\u00f3ns cham\u00e1bana Augusta Coventina, un dos principais ep\u00edtetos, e adem\u00e1is atoparon, como a\u00ednda hoxe se pode ver tam\u00e9n en moitos pozos de atracci\u00f3ns tur\u00edsticas, un aut\u00e9ntico tesouro: unhas 14.000 moedas de bronce que se entregaron ao Museo Brit\u00e1nico. Cunhas 3.000 que estaban moi machacadas, o anticuario Collingwood-Bruce fixo unha aut\u00e9ntica cafrada: fundiunas e con elas elaborou unha aguia, moi romana, iso si, que adornou a s\u00faa biblioteca e que hoxe se pode ver no museo do Campamento de Chesters. <\/p>\n<p>Para ir \u00e1 procura de Coventina, soterrada baixo a turba, hoxe hai que enchoupar os p\u00e9s. Nacen regatos a\u00ed, e a chuvia lixeira mant\u00e9n nun estado de frescura case fosforescente esta herba que agacha esta fermosa historia. Coventina era unha poderosa deusa das augas, e a s\u00faa representaci\u00f3n como tres ninfas nunha (a Trindade non \u00e9 unha teosof\u00eda unicamente cristi\u00e1) denota, canda a s\u00faa proximidade ao mundo das augas e os mananciais, a s\u00faa ra\u00edz c\u00e9ltica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coventina.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Brocolitia deulle \u00e1 ciencia e \u00e1 cultura varias representaci\u00f3ns da deusa, a\u00ednda que a que ves na foto (e que se pode ver en Chesters) \u00e9 a m\u00e1is fermosa. Tres mozas descansan sobre carrizos, verquen auga dunha poti\u00f1a nunha man e soste\u00f1en auga noutra. Hai, na s\u00faa actitude, algo que vai m\u00e1is al\u00e1: un ritual e unha historia que nos falta nesa man que sost\u00e9n en alto unha xerra, mesmo na sutil diferencia entre unhas ninfas e outras. E m\u00e1is al\u00e1 da propia pedra, nesta representaci\u00f3n est\u00e1 a emoci\u00f3n dun mundo que en Galicia a\u00ednda segue incluso m\u00e1is vivo que nesta zona de Northumbria, a das augas que te\u00f1en un poder oculto e a sa\u00fade coma o principal valor para a felicidade. E si, se cadra esteas pensando o mesmo ca min. Parecen mouras ao car\u00f3n do r\u00edo.<\/p>\n<p>A interpretaci\u00f3n do seu nome a partir do protoc\u00e9ltico \u00e9 fermos\u00edsima, escura e brillante \u00e1 vez. Te\u00f1o visto unha traduci\u00f3n na rede que entendo m\u00e1is como versos que como ciencia. A teor\u00eda \u00e9 que pode vir dun protoc\u00e9ltico *<em>kom-men<\/em> \u2018memoria\u2019 e *<em>ti-ni<\/em> (fusi\u00f3n, desaparici\u00f3n). A s\u00faa traduci\u00f3n ser\u00eda a \u2018memoria que desaparece\u2019 ou a \u2018memoria da desaparici\u00f3n\u2019 ou mesmo como a \u2018memoria da neve\u2019 na medida en que a neve, ao fundirse, t\u00f3rnase en auga. Coventina, a memoria que marcha, como a auga, coma o tempo. Quero pensar nese xarro que a deusa non verque no relevo como a oportunidade, o fado, o que pode ser cambiado e decidido, a auga que a\u00ednda est\u00e1 por verquer.<\/p>\n<p>En toda a antiga Britannia, s\u00f3 Coventina est\u00e1 aqu\u00ed. Pero faime graza coma os brit\u00e1nicos adoptaron a Coventina, convencidos da s\u00faa orixe local, malia en Galicia dispormos de m\u00e1is testemu\u00f1as desta enigm\u00e1tica ra\u00ed\u00f1a das augas que en todo o Reino Unido. Ao car\u00f3n, o Mitreo, no que xentilmente reproduciron as aras atopadas, \u00e9 posto como un exemplo de culto importado e do muro global, como global \u00e9 a city de Londres e a coci\u00f1a r\u00e1pida. Pero Coventina non, Coventina \u00e9 britana ata as n\u00e1degas. <\/p>\n<p>Que m\u00e1is ter\u00e1. Pero non me podo evitar certo sorriso e alg\u00fan chiste ir\u00f3nico. Sei que ti\u00f1a algo gardado no peto, agardando este momento. Busquei na paisaxe o lugar no que est\u00e1 soterrado o santuario da nosa se\u00f1ora das augas. E no peto, na mi\u00f1a carteira eternamente furada, conservo o que trouxen: un euro coa figura da Catedral de Santiago. D\u00e9ixoo caer discretamente, como home serio e ateo que son, e coa mi\u00f1a bota sot\u00e9rroo entre a turba, que abrolla auga, qu\u00e9ixase coma un gato cando te excedes da confianza, e a auga beirea a suela e a capa de goretex. <\/p>\n<p><em>Que te\u00f1amos boa viaxe ao cruzar o Muro, Coventina, as\u00ed cho pido. <\/em><\/p>\n<p><strong>PARA SABER M\u00c1IS: <\/strong><br \/>\nALBERRO, M. \u201cLa diosa c\u00e9ltica Coventina en las Islas Brit\u00e1nicas, las Galias y Galicia\u201d, in <em>Anuario Brigantino<\/em>, n\u00ba 27, 2004. <\/p>\n<p><em>Foto: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>*<em>Apreciar\u00e1s un estilo e unha extensi\u00f3n un pouco diferentes ao habitual en Cap\u00edtulo Cero. Estas cr\u00f3nicas formar\u00e1n parte dun libro de viaxes, m\u00e1is extenso, sobre Escocia. Agardo que te gusten. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Iniciamos unha serie de cr\u00f3nicas sobre Escocia. Desta volta, o Muro de Hadriano e unha&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/19\/explorando-o-muro-i-unha-ofrenda-para-comezar-a-viaxe\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Explorando o Muro (I): unha ofrenda para comezar a viaxe<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26353,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[61,18,8],"tags":[],"class_list":["post-26337","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-escocia","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26337","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26337"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26337\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26353"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26337"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26337"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26337"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}