{"id":26298,"date":"2014-08-11T19:13:25","date_gmt":"2014-08-11T17:13:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26298"},"modified":"2014-08-12T14:24:57","modified_gmt":"2014-08-12T12:24:57","slug":"espanoles-en-el-mundo-minima-antoloxia-do-disparate-turistico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/11\/espanoles-en-el-mundo-minima-antoloxia-do-disparate-turistico\/","title":{"rendered":"&#8220;Espa\u00f1oles en el mundo&#8221;: m\u00ednima antolox\u00eda do disparate tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/forges_vacances2.gif\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Deber\u00eda haber unha palabra -e, se cadra, xa exista (agradezo comentario)- para describir esas conversas collidas, involuntariamente, ao voo no medio dunha multitude. Esa irrupci\u00f3n sen querer nunha conversa involuntaria que chega \u00e1s t\u00faas orellas como un peixe que se engancha accidentalmente nunha rede coa malla m\u00e1is pequena. Te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que cando est\u00e1s nun pa\u00eds cunha lingua allea a atenci\u00f3n magnif\u00edcase en canto se escoita algo nunha lingua pr\u00f3xima. Prestamos m\u00e1is atenci\u00f3n a esas frases soltas intercambiadas entre estra\u00f1os nunha cola, nun grupo pr\u00f3ximo ou na mesa do car\u00f3n, da que lle prestariamos aqu\u00ed.<\/p>\n<p>Durante a viaxe que fixemos este ver\u00e1n a Escocia -cunha pequena parada en Londres- cruz\u00e1monos con moit\u00edsimo turista espa\u00f1ol, pero unicamente nos puntos de masificaci\u00f3n tur\u00edstica (Lago Ness, castelo de Edimburgo, Torre de Londres). Uns poucos quil\u00f3metros al\u00e9n do tour programado ou do libro de Historia de secundaria, o turista espa\u00f1ol adoita desaparecer. Foron moit\u00edsimas as frases recollidas ao chou que fan reflexionar sobre que \u00e9 o que realmente percibe moita xente cando vai ao estranxeiro, cales son as motivaci\u00f3ns da viaxe e cantas destas motivaci\u00f3ns son persoais e cantas, realmente, son sociais, de estatus, de inercia, etc. E faime graza porque este Estado \u00e9 un lugar no que a xente adoita ter un concepto culturalmente moi elevado de si mesmos: aqu\u00ed reina o chiste do americano inculto e que viaxa sen saber por onde anda, ou a risa pailana sobre o mal que fala ingl\u00e9s aquel ou aquela que se atreve a facelo en p\u00fablico. A realidade, percibida ao chou, \u00e9 terrible. Xuro por Snoopy que estas dez frases foron escoitadas e son reproducidas literalmente. E deix\u00e1molo en dez, como unha m\u00ednima selecci\u00f3n, porque, desde logo, non nos parec\u00eda unha ocupaci\u00f3n interesante do ver\u00e1n andar a recoller frases do estilo. <\/p>\n<p>Como veredes, m\u00e1is que ignorancia -que tam\u00e9n-, o que resumen \u00e9 a arrogancia dun turista que viaxa sen saber por onde anda e cun interese m\u00ednimo pola propia idea de viaxe. <\/p>\n<p>1. <strong>British Museum. Sala do Parten\u00f3n.<\/strong> Se\u00f1or duns cincuenta anos a un amigo. &#8220;Pepe, esas dos rusas de ah\u00ed seguro que quieren rollo&#8221;.<br \/>\n2. <strong>Aeroporto de Stansted.<\/strong> &#8220;Me voy de aqu\u00ed y todav\u00eda no s\u00e9 qu\u00e9 co\u00f1o es el <em>porridge<\/em> ese&#8221;.<br \/>\n3. <strong>Castelo de Edimburgo.<\/strong> &#8220;\u00bfQuillo, pero entonces estos se van con Irlanda o no se van con Irlanda?&#8221;<br \/>\n4. <strong>Castelo de Stirling.<\/strong> Refer\u00edndose aos marabillosos medall\u00f3ns renacentistas do pazo de Xacobe V: &#8220;Estos botones los hac\u00edan para tapar las humedades&#8221;.<br \/>\n5. <strong>Castelo de Stirling.<\/strong> &#8220;Hazle foto tambi\u00e9n a la reconstrucci\u00f3n en 3D&#8221;, en referencia a unha maqueta posta nunha mesa.<br \/>\n6. <strong>British Museum.<\/strong> Neno duns 8 anos: &#8220;Pap\u00e1 dijo que nos encontr\u00e1ramos en la sala 25&#8221;. Nai: &#8220;A m\u00ed lo que diga tu padre me la suda, \u00bfeh? Me la suda&#8221;.<br \/>\n7. <strong>Camera Obscura de Edimburgo. <\/strong>Xogo de espellos deformantes na r\u00faa. &#8220;Vamos a entrar aqu\u00ed que esto s\u00ed que es divertido&#8221;.<br \/>\n8. <strong>Torre de Londres.<\/strong> &#8220;Vente, vente, que aqu\u00ed est\u00e1n los cuervos del poema&#8221;. A se\u00f1ora debeu pensar que os corvos homenaxeaban o poema de Poe, as\u00ed que debeu levarse un chasco ao saber que ti\u00f1an que ver, m\u00e1is ben, cunha profec\u00eda para Carlos II.<br \/>\n9. <strong>Fort William.<\/strong> Comedor dun Bed &#038; Breakfast. Moza adolescente: &#8220;\u00bfProbamos el desayuno escoc\u00e9s?&#8221;. Nai: &#8220;Vamos a comer cosas normales. Vete t\u00fa a saber qu\u00e9 tiene eso&#8221;.<br \/>\n10. <strong>Fort William. <\/strong>&#8220;\u00a1Tanta historia con la cerveza y luego son incapaces de serv\u00edrtelas fr\u00edas!&#8221;. En referencia a unhas <em>cask ales<\/em>, as cervexas de barril, que est\u00e1n sen filtrar, e que se sirven simplemente frescas, case mornas, na cultura local. <\/p>\n<p>Ollo, con isto non quero dicir que o turista espa\u00f1ol sexa m\u00e1is burro que o resto. Seguro que se din as mesmas barbaridades en italiano, en ingl\u00e9s, en alem\u00e1n ou en franc\u00e9s, pero faime graza que sempre se vexa a palla no ollo alleo. <\/p>\n<p>Por certo, dir\u00e1n que non hai ningunha frase en galego. \u00c9 certo. \u00c9 que s\u00f3 escoitamos falar en galego unha vez. Foi na habitaci\u00f3n dedicada ao <a href=\"http:\/\/www.britishmuseum.org\/explore\/galleries\/middle_east\/room_7-8_assyria_nimrud.aspx\">pazo real asirio de Nimrod<\/a> no Museo Brit\u00e1nico. Un pai amos\u00e1balle un marabilloso friso ao seu fillo e dic\u00edalle: <\/p>\n<p>&#8220;F\u00edxate, a escena representa a xerarqu\u00eda de poder establecida dentro da corte e do ex\u00e9rcito de Asurbanipal e exemplifica a gloria do soberano na captura desta cidade inimiga&#8221;. <\/p>\n<p>&#8230;que igual \u00e9 un pouco o outro estremo, non? En fin, que cadaqu\u00e9n xogue a tirar a conclusi\u00f3n que queira (se \u00e9 que se pode, que non creo) :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deber\u00eda haber unha palabra -e, se cadra, xa exista (agradezo comentario)- para describir esas conversas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/08\/11\/espanoles-en-el-mundo-minima-antoloxia-do-disparate-turistico\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&#8220;Espa\u00f1oles en el mundo&#8221;: m\u00ednima antolox\u00eda do disparate tur\u00edstico<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26302,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-26298","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26298","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26298"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26298\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26302"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26298"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26298"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26298"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}