{"id":26133,"date":"2014-06-27T17:16:29","date_gmt":"2014-06-27T15:16:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26133"},"modified":"2014-06-27T17:31:52","modified_gmt":"2014-06-27T15:31:52","slug":"setenta-anos-da-edicion-do-sempre-en-galiza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/06\/27\/setenta-anos-da-edicion-do-sempre-en-galiza\/","title":{"rendered":"Setenta anos da edici\u00f3n do Sempre en Galiza: mira o v\u00eddeo"},"content":{"rendered":"<p>Este 4 de xullo c\u00famprense setenta anos da edici\u00f3n do <em>Sempre en Galiza<\/em> de Daniel A. Rodr\u00edguez Castelao, un libro senlleiro en moitos sentidos, como hoxe pola ma\u00f1\u00e1 subli\u00f1ou V\u00edctor F. Freixanes: de libro de memorias ou recompilaci\u00f3n heterox\u00e9nea de discursos, artigos de prensa e reflexi\u00f3ns en voz alta, a, por suposto, texto pol\u00edtico. O m\u00e1is soprendente \u00e9 que este libro foi dado ao prelo por un home derrotado: cando o <em>Sempre en Galiza<\/em> se presentou en Bos Aires, Castelao era un home maduro que vira como todo polo que loitara caera derrubado polo fascismo e, sobre todo, a barbarie. E, malia iso, o texto de Castelao segue a ter a forza da verdade, unha forza que si, procede da Historia, pero que, sobre todo, act\u00faa sobre todos aqueles problemas de Galicia que Castelao e a s\u00faa xeraci\u00f3n viu e que seguen sen estar resoltos. Por iso o <em>Sempre en Galiza<\/em> segue a xenerar emoci\u00f3ns cando o les.<\/p>\n<p>No CCG estamos preparando unha serie de acci\u00f3ns especiais para celebrar estes setenta anos, como unha app gratu\u00edta para tablets e m\u00f3biles cunha edici\u00f3n aumentada do <em>Sempre en Galiza<\/em>, en colaboraci\u00f3n coa Editorial Galaxia e outras acci\u00f3ns que podes consultar no <a href=\"http:\/\/www.consellodacultura.org\/sempreengz\">sitio web<\/a>, e que circulan ao redor do hashtag #sempreengz. Entre elas, at\u00f3pase este pequeno spot, que dirix\u00edn coa colaboraci\u00f3n de Fuco Prado na realizaci\u00f3n e Pablo Varela na produci\u00f3n, no que queriamos representar a forza optimista que se desprende do magn\u00edfico libro de Castelao. Frases poderosas, que apelan ao ti: Castelao sab\u00eda que hab\u00eda que convencer un por un a cada galego, e que a tarefa era inxente. Quero agradecer a todas as persoas e amigos que se prestaron a participar neste v\u00eddeo a s\u00faa colaboraci\u00f3n. B\u00f3talle un ollo, e se te apetece comp\u00e1rteo para facer m\u00e1is visible a obra de Castelao.<\/p>\n<p>Son estes d\u00edas tremendos, cheos de acci\u00f3n e actividades, e moit\u00edsimo traballo, como todos os ver\u00e1ns. Pero aqu\u00ed sigo: m\u00e1is calado no blog pero currando doce ou trece horas diarias. E os so\u00f1os e a forza deste home derrotado que foi quen de escribir palabras que seguen a falarnos a cada un de n\u00f3s son unha boa inspiraci\u00f3n para continuar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este 4 de xullo c\u00famprense setenta anos da edici\u00f3n do Sempre en Galiza de Daniel&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/06\/27\/setenta-anos-da-edicion-do-sempre-en-galiza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Setenta anos da edici\u00f3n do Sempre en Galiza: mira o v\u00eddeo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,2],"tags":[],"class_list":["post-26133","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-audiovisual","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26133","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26133"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26133\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26133"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26133"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26133"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}