{"id":26017,"date":"2014-06-08T13:02:08","date_gmt":"2014-06-08T11:02:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=26017"},"modified":"2014-06-08T13:41:45","modified_gmt":"2014-06-08T11:41:45","slug":"mais-datos-sobre-o-novo-castro-de-isorna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/06\/08\/mais-datos-sobre-o-novo-castro-de-isorna\/","title":{"rendered":"M\u00e1is datos sobre o novo castro de Isorna"},"content":{"rendered":"<p>O outro d\u00eda demos conta do achado dun <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2014\/05\/25\/o-castro-outro-recinto-fortificado-inedito-en-rianxo\/\">novo castro localizado na parroquia de Isorna<\/a>, en Rianxo. Nesa ligaz\u00f3n previa tedes os detalles, pero volvimos desta volta para poder botarlle un ollo m\u00e1is c\u00f3modo a trav\u00e9s da espesa vexetaci\u00f3n, co obxectivo de entender mellor o sitio arqueol\u00f3xico e xa afinar m\u00e1is a s\u00faa cronolox\u00eda. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, bot\u00e1delle un ollo \u00e1 foto do 56. Aqu\u00ed arriba s\u00f3 puxen unha visi\u00f3n xeral, pero perm\u00edtenos ver como hai s\u00f3 cincuenta anos a paisaxe era moi distinta \u00e1 actual e, desde logo, moito menos poboada. O castro, pendurado nun espor\u00f3n, est\u00e1 ollando cara o Ulla. Isto vai ser importante para o que vos contemos despois. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/isorna_2_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Despois de adentrarnos na &#8220;manigua&#8221;, como lle chamar\u00eda a mi\u00f1a avoa, eu creo que a fortificaci\u00f3n xa se pode entender totalmente como castro, \u00e1 luz das s\u00faas estruturas. Tr\u00e1tase dunha fenomenal obra de enxe\u00f1ar\u00eda: toneladas e toneladas de terra acumuladas para xenerar non unha, sen\u00f3n varias plataformas que acadan pendentes pronunciad\u00edsimas. A\u00ednda non est\u00e1 ben estudado o tema da construci\u00f3n dos castros, pero o dese\u00f1o desta fortificaci\u00f3n \u00e9 bastante eficiente, e mesmo puidemos apreciar parte da vontade dos seus creadores. <\/p>\n<p>Nesta foto panor\u00e1mica de arriba podedes apreciar a croa do castro, \u00e1 esquerda, como se conserva a\u00ednda lenemente un reborde da muralla e a partir de a\u00ed, chea de vexetaci\u00f3n, unha espectacular pendente duns cinco metros alomenos ata a zona inferior. Ollo, porque \u00e1 luz do que al\u00ed se ve (pouco, pola frouma) \u00e9 ben posible que a muralla tivese, alomenos, un n\u00facleo a partir de mamposter\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/isorna_2_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed podedes ver nas curvas de nivel como esta xente transformou totalmente a ladeira do monte, alterando o sentido das curvas de nivel a partir dunha formidable acumulaci\u00f3n de material. Moitas veces, os castros constr\u00faense a partir dunha pened\u00eda a partir da cal fan medrar a superficie habitable ao car\u00f3n. Neste caso, non localizamos a pened\u00eda no interior da croa, a\u00ednda que pode ser que estea formando parte da entullada inferior. Toda a croa \u00e9 unha plataforma totalmente regular: s\u00f3 hai alteraci\u00f3ns de altura nas proximidades da terraza do oeste. (flecha branca). Un dato m\u00e1is intrigante, e que posiblemente explique por que se &#8220;esquenceu&#8221; este castro na prospecci\u00f3n da autov\u00eda \u00e9 o que podemos observar na frecha negra: unha potencial estrutura arqueol\u00f3xica que descende pola ladeira e que acaba &#8220;colisionando&#8221; contra a autoestrada. Efectivamente, no descenso puidemos apreciar certas evidencias de derrubo, pero a vexetaci\u00f3n impediunos vela con claridade.<\/p>\n<p>Nesta nova visita podemos confirmar o que xa se v\u00eda no LIDAR: a existencia  dun aterrazamento intermedio, duns cinco metros de anchura, que monumentaliza a visi\u00f3n do castro na s\u00faa apreciaci\u00f3n desde as v\u00edas de comunicaci\u00f3n terrestres e fluviais da zona. Con isto sen \u00e1rbores, a vista do castro a\u00ednda hoxe debe ser espectacular e moi masiva. Nas seguintes fotos podedes ver a tremenda pendente do parapeto e a configuraci\u00f3n do castro -diriamos que cl\u00e1sica- con parapeto, terraza e novo parapeto antes da croa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/isorna_2_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Esquerda: Parapeto Oeste. A mochila vermella marca o inicio da terraza e Elixio est\u00e1 no borde superior do parapeto. Dereita: o mesmo parapeto visto desde arriba.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/isorna_2_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Aterrazamento na banda oeste.  <\/em><\/p>\n<p>Non \u00e9 prudente avanzar cronolox\u00edas -a arqueolox\u00eda am\u00f3sanos continuamente como un se pode equivocar con iso- pero as evidencias morfol\u00f3xicas estannos a falar claramente dun castro (eses aterrazamentos), e non s\u00f3 iso, sen\u00f3n dun recinto espectacular, complexo e bastante importante. <\/p>\n<p>Un dato intrigante \u00e9 que hoxe o castro est\u00e1 repoboado por eucaliptada infame, pero na foto do 56 apr\u00e9ciase a croa chea de material branco -posiblemente rochas. Ou ben esa pedra foi retirada, ou o que recolle a foto do 56 \u00e9 cachotada miuda que foi recuberta pola repoboaci\u00f3n, etc. Na foto do 56, de feito, p\u00f3dese apreciar moi ben unha muralla p\u00e9trea na banda leste que hoxe xa non existe. Inc\u00f3gnitas que non \u00e9 posible desvelar co nivel de abandono deste lugar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O outro d\u00eda demos conta do achado dun novo castro localizado na parroquia de Isorna,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/06\/08\/mais-datos-sobre-o-novo-castro-de-isorna\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">M\u00e1is datos sobre o novo castro de Isorna<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":26023,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18],"tags":[],"class_list":["post-26017","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26017","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26017"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26017\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26023"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26017"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26017"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26017"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}