{"id":25918,"date":"2014-05-25T21:11:29","date_gmt":"2014-05-25T19:11:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25918"},"modified":"2014-06-08T13:13:02","modified_gmt":"2014-06-08T11:13:02","slug":"o-castro-outro-recinto-fortificado-inedito-en-rianxo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/05\/25\/o-castro-outro-recinto-fortificado-inedito-en-rianxo\/","title":{"rendered":"O Castro: outro recinto fortificado in\u00e9dito en Rianxo"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Un importante recinto defensivo artificial domina o r\u00edo Ulla e&#8230;a autov\u00eda do Barbanza. <\/div>\n<p>Quer\u00eda comezar con esta imaxe grande que vedes aqu\u00ed enriba para chamar a atenci\u00f3n sobre o importante que \u00e9 que hoxend\u00eda sigan aparecendo novos sitios arqueol\u00f3xicos. En vermello est\u00e1n O Piloti\u00f1o (o novo castro rianxeiro do que dimos constancia o outro d\u00eda) e O Castro, o novo sitio arqueol\u00f3xico que presentamos hoxe. Ambos os dous te\u00f1en en com\u00fan cos xa co\u00f1ecidos -Isorna e Bexo- un control case paranoide sobre os cami\u00f1os, as v\u00edas de comunicaci\u00f3n naturais e o r\u00edo Ulla. O que vemos aqu\u00ed \u00e9 unha paisaxe arqueol\u00f3xica que cada vez se vai completando m\u00e1is, cunha intensa presi\u00f3n cultural ao redor deste magn\u00edfico recurso cultural do centro de Galicia, que \u00e9 este r\u00edo. Por iso ten sentido seguir explorando o territorio e procurando o seu pasado: hoxe sabemos a\u00ednda m\u00e1is sobre a intensidade do poboamento humano e o importante que foi o r\u00edo para culturas anteriores \u00e1 nosa, igual que o segue sendo para a nosa, como vedes nas infraestruturas p\u00fablicas. <\/p>\n<p>E iso \u00e9 a segunda reflexi\u00f3n da que \u00e9 imposible non darse conta. Que te\u00f1en en com\u00fan O Piloti\u00f1o e O Castro, o novo sitio arqueol\u00f3xico, ubicado exactamente ao car\u00f3n da glorieta de sa\u00edda\/entrada da autoestrada do Barbanza cara Catoira? Pois iso: a autoestrada. Que fixeron exactamente os equipos arqueol\u00f3xicos responsables de prospectar estes montes? Por que estes dous sitios arqueol\u00f3xicos non foron localizados e inventariados? Podo entender que O Piloti\u00f1o non fora visto (de aquela non hab\u00eda as tecnolox\u00edas actuais), pero O Castro \u00e9 un mazacote ben cantoso. E, adem\u00e1is, o sitio arqueol\u00f3xico que hoxe presentamos, est\u00e1 ubicado nunha zona chamada na cartograf\u00eda &#8220;Monte do Castro&#8221;. Curiosamente a autoestrada pasa ao car\u00f3n, pero sen tocalo (a\u00ednda que obviamente por dentro do per\u00edmetro de seguridade arqueol\u00f3xica do xacemento) e tam\u00e9n a glorieta desenv\u00f3lvese aos seus p\u00e9s. Ou sexa, ou ben os arque\u00f3logos responsables deste traballo non se enteraron da existencia do castro, ou ben enter\u00e1ronse e colaboraron a trav\u00e9s do seu silencio coa empresa e a Administraci\u00f3n en non declarar este lugar. D\u00e1 a impresi\u00f3n, pola proximidade das obras, que \u00e1s caladas apostouse por minimizar o impacto sobre el,  posiblemente sen aplicaren as medidas cient\u00edficas cautelares habituais (escavaci\u00f3n, etc.) para aforrarse pasta e tempo. Desco\u00f1ezo a documentaci\u00f3n e non vou facer acusaci\u00f3ns neste sentido, s\u00f3 sospeitas. Pero a cousa canta demasiado.<\/p>\n<p>O Castro non figura no PXOM de Rianxo. Se est\u00e1 inventariado pola Xunta, non se produciu unha transferencia de informaci\u00f3n cara o PXOM (cousa realmente dif\u00edcil). Pero como digo, \u00e9 case imposible non atoparse co castro, que est\u00e1 exactamente no l\u00edmite da autov\u00eda, algo absolutamente escandaloso. Tam\u00e9n desco\u00f1ezo se se fixeron sondaxes de control nesta zona, pero entendo que se o castro non foi declarado, as sondaxes non ti\u00f1an moito sentido facelas. Como cada vez se sabe m\u00e1is, e os arque\u00f3logos saben ben desde hai d\u00e9cadas, os castros son &#8220;m\u00e1is que castros&#8221;, f\u00f3ra deles hai vida, hai restos de gran valor (mirade Coeses), por iso hai \u00e1reas de cautela&#8230; <\/p>\n<p>En fin, unha xogada de moito nabo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castro_isorna_2_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Mapa de pendentes. Observade a posici\u00f3n do castro en relaci\u00f3n \u00e1 autov\u00eda.<\/em><\/p>\n<p>Pero agora imos ao asunto. Un dos editores de patrimoniogalego.net, Elixio Vieites, localizou a trav\u00e9s do LIDAR a existencia dun promontorio de acusad\u00edsimas ladeiras xusto ao car\u00f3n da sa\u00edda da autov\u00eda a Catoira. A existencia dun top\u00f3nimo Monte do Castro na \u00e1rea tam\u00e9n chamou a atenci\u00f3n. As\u00ed que hoxe fumos dar un paseo ata o lugar e confirmamos o sitio arqueol\u00f3xico, que parece do m\u00e1is interesante. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castro_isorna_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Interpretaci\u00f3n do frontal oeste do castro con posibles elementos defensivos.<\/em><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun recinto fortificado de forma oval (N-S), que aproveita as pendentes naturais dun espor\u00f3n do Monte do Coto ou da Picota para achairalo na s\u00faa zona superior e fortificalo. O recinto est\u00e1 moi cheo de maleza e \u00e9 moi, moi d\u00edficl reco\u00f1ecelo. O LIDAR revela unhas posibles plataformas na zona este que non puideron ser verificadas, pero a visita ao sitio arqueol\u00f3xico permitiu reco\u00f1ecer m\u00e1is elementos que o LIDAR non amosa, como a posible existencia dun foxo na zona oeste, a m\u00e1is vulnerable, e un posible parapeto exterior, que se pode apreciar na imaxe, moi esmorecido, case inexistente. A plataforma superior \u00e9 totalmente chaira e artificial.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castro_isorna_2_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Artificializaci\u00f3n do outeiro. Imaxe LIDAR.<\/em><\/p>\n<p>A posici\u00f3n estrat\u00e9xica do Monte do Castro \u00e9 espectacular. As s\u00faas dimensi\u00f3ns suxiren que se trate dun castro de pequeno tama\u00f1o vinculado ao control do territorio, dos cami\u00f1os, e dunha ampla zona de potencial agrario que baixa ata o r\u00edo. <\/p>\n<p>Esta informaci\u00f3n foi transmitida \u00e1s autoridades competentes para que o sitio arqueol\u00f3xico poida ser protexido de forma legal, xa que a quen lle correspond\u00eda facelo non o fixo no seu d\u00eda. E mira que era dif\u00edcil non velo. Como sempre digo, n\u00f3s non dicimos que fumos os primeiros en velo, localizalo, saber del&#8230;basicamente d\u00e1nos igual. Pero o que si est\u00e1 claro \u00e9 que se trataba dun sitio arqueol\u00f3xico sen protexer no PXOM. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/60861\/2014\/05\/o-castro-4\/\">Localizaci\u00f3n do castro en patrimoniogalego.net<\/a><\/p>\n<p><strong>Actualizaci\u00f3n: <\/strong><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2014\/06\/08\/mais-datos-sobre-o-novo-castro-de-isorna\/\">aqu\u00ed podes consultar outro post con m\u00e1is datos sobre o castro<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un importante recinto defensivo artificial domina o r\u00edo Ulla e&#8230;a autov\u00eda do Barbanza. Quer\u00eda comezar&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/05\/25\/o-castro-outro-recinto-fortificado-inedito-en-rianxo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Castro: outro recinto fortificado in\u00e9dito en Rianxo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25922,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18],"tags":[],"class_list":["post-25918","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25918","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25918"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25918\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25922"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25918"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25918"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25918"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}