{"id":25901,"date":"2014-05-21T22:08:36","date_gmt":"2014-05-21T20:08:36","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25901"},"modified":"2014-05-21T22:13:53","modified_gmt":"2014-05-21T20:13:53","slug":"repartidores-de-bulos-e-outras-miserias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/05\/21\/repartidores-de-bulos-e-outras-miserias\/","title":{"rendered":"Repartidores de bulos e outras miserias"},"content":{"rendered":"<p>Por suposto, os xornais manipulan a informaci\u00f3n desde sempre. E en campa\u00f1a electoral a\u00ednda m\u00e1is. Pero o que xa \u00e9 m\u00e1is novo \u00e9 a denuncia p\u00fablica e expresa da manipulaci\u00f3n dos xornais, o seu rexeitamento expreso por parte de moita poboaci\u00f3n e a perda crecente de credibilidade dos medios derivado do cada vez maior co\u00f1ecemento das redes financeiras que est\u00e1n por detr\u00e1s dos xornais. A manipulaci\u00f3n, si, pero tam\u00e9n o bulo con obxectivos declarados: desacreditar ou desactivar ao contricante fabricando historias a partir de medias verdades ou directas mentiras. <\/p>\n<p>A finais dos 90 e principios do 2000 moitos confidenciais, creados na corte madrile\u00f1a ou nas auton\u00f3micas, aspiraban a influ\u00edr e presionar a trav\u00e9s da circulaci\u00f3n do bulo ou da manipulaci\u00f3n argumental a cambio de determinados favores de influencia. Os confidenciais, case todos eles, foron flor de dous d\u00edas, un modelo realmente insustentable de pr\u00e1ctica de influencia, informaci\u00f3n e intoxicaci\u00f3n parlamentaria e cortesana. S\u00f3 resistiron aqueles que souberon acadar un ponderado equilibrio entre as partes. <\/p>\n<p>Por iso non deixa de sorprenderme o triste espect\u00e1culo que se pode ver estes d\u00edas no meu <em>timeline<\/em> de Facebook. O pat\u00e9tico do asunto non est\u00e1 na politizaci\u00f3n obvia que un pode agardar destes d\u00edas, sen\u00f3n do uso que fai moita xente, \u00e1 que un lle agardar\u00eda m\u00e1is cabeci\u00f1a, do uso do propio Facebook como mecanismo difundidor de bulos, trolas, infundios, mentiras e intoxicaci\u00f3ns que afectan \u00e1 imaxe p\u00fablica de persoas. Seudomedios que publican infamias sobre calquera dos candidatos, que son compartidas por persoas normais que, de s\u00fapeto, comparten unha estratexia de desinformaci\u00f3n e intoxicaci\u00f3n informativa promovida por organizaci\u00f3ns das que nin sequera, posiblemente, te\u00f1en carn\u00e9 de militante. As intoxicaci\u00f3ns son \u00e1s veces tan burdas que \u00e9 imposible que, tendo dous dedos de fronte, non se vexa \u00e1 legua que \u00e9 todo unha trola mal fabricada. O curioso \u00e9 que esas mesmas persoas son as que despois andan criticando portadas de El Mundo ou do ABC acus\u00e1ndoas de manipulaci\u00f3n, etc. <\/p>\n<p>Do que se deduce que a calidade da nosa democracia e da nosa cultura de medios segue sendo notablemente baixa, que do que se trata \u00e9 do de sempre, do uns contra os outros, e de que a manipulaci\u00f3n s\u00f3 molesta cando agrede as t\u00faas ideas, pero que \u00e9 l\u00edcita se alude ao partido\/ideolox\u00eda\/candidato contrario. Estes d\u00edas te\u00f1o visto como xente aparentemente normal rulaba burradas impresionantes contra Ca\u00f1ete, Elena Valenciano, Soraya S\u00e1enz de Santamar\u00eda, Beiras, etc. Se cadra, un dos casos m\u00e1is interesantes, porque a s\u00faa figura p\u00fablica como pol\u00edtico a\u00ednda se est\u00e1 fabricando, \u00e9 o de Pablo Iglesias, o de <em>Podemos<\/em>, constantemente atacado con bulos e infundios fabricados por partidos especialmente cr\u00edticos cos medios e os seus tratamentos informativos, como IU e o PCE. <\/p>\n<p>Nas nosas investigaci\u00f3ns sobre redes sociais apreciamos que a viralidade dunha mensaxe en Internet, cando non \u00e9 humor\u00edstica, ten que ver coa empat\u00eda do transmisor con respecto \u00e1 fonte orixinal. Transm\u00edtese para apoiar, con independencia mesmo da mensaxe ou do contido. Pero cando vexo a persoas aparentemente serias e cr\u00edticas comportarse como repartidores de pasqu\u00edns de tres ao cuarto, de xeito totalmente irresponsable, non podo menos que lembrar aquela m\u00edtica frase que me soltara o que hoxe se chamar\u00eda un &#8220;emprendedor&#8221; ao final dun c\u00f3ctel de empresarios (ou sexa, tras varias copas e conversas) no que tam\u00e9n andaban Fraga e uns cantos conselleiros: &#8220;Y a m\u00ed, por qu\u00e9 nadie me corrompe?&#8221;. <\/p>\n<p>Pois iso.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por suposto, os xornais manipulan a informaci\u00f3n desde sempre. E en campa\u00f1a electoral a\u00ednda m\u00e1is.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/05\/21\/repartidores-de-bulos-e-outras-miserias\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Repartidores de bulos e outras miserias<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25902,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-25901","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-medios","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25901","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25901"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25901\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25902"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25901"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25901"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25901"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}